Sanidad
A Xunta delega o ensaio dunha vacina para a gripe nun centro financiado pola empresa que a fabrica

O ensaio estuda a substitución da vacina empregada ata o momento entre as persoas de 65 e 79 anos. De resultar favorable, produciría un negocio multimillonario para Sanofi, a empresa que a comercializa e que financia regularmente ao IDIS.
vacunas montaje boli
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo. Patricia Bolinches

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza, liderada por Julio García Comesaña, decidiu delegar no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) un ensaio que abre a porta a cambiar a actual vacina da gripe para persoas de entre 65 e 79 anos. Como puido comprobar O Salto e denunciaron varias organizacións de profesionais sanitarios, ese mesmo centro de investigación recibe financiamento desde hai anos da mesma empresa que fabrica a vacina: Sanofi-Aventis. De chegar a resultar favorable o ensaio e aprobarse o cambio de tipo de vacina, a súa aplicación afectaría a máis de 450.000 galegos e galegas e engrosaría excesivamente as contas do conglomerado farmacéutico francés cun negocio multimillonario.

Sanidad
Sanidade Colapsa o sistema informático do Sergas: ambulancias e urxencias a cegas e farmacias sen receitas
Un fallo de orixe aínda descoñecida afecta os servidores base do Servizo Galego de Saúde e pon en xaque toda a información clínica de pacientes en hospitais e centros de saúde de Galicia. Nin se pode acceder a historiais nin recetar fármacos.

Os investigadores que dirixen o ensaio pertencen ao Grupo de Xenética, Vacinas e Enfermidades Infecciosas (GENVIP) do IDIS, que conta coa multinacional farmacéutica como unha das empresas coa que asina algúns dos seus convenios máis xenerosos. É o sétimo organismo que máis achega en cantidade de ingresos dun total de 36, segundo as súas últimas contas publicadas, que datan do ano 2021. Sanofi Aventis achega máis do dobre de financiamento que a propia Universidade de Santiago de Compostela, con quen o Instituto de Investigación comparte estrutura humana e material. De feito, en só oito anos (2014-2021), dos únicos dos que existen datos públicos, o conglomerado farmacéutico ingresou nas contas do Instituo de Investigación de Santiago de Compostela un total de 225.297,16 euros.

É por iso mesmo que algúns colectivos médicos quixeron pór en dúbida o rigor metodolóxico destes ensaios e “as tentacións” nas que se poden ver involucrados os investigadores ante a magnitude do negocio. Un deles é Suso Sueiro, voceiro da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitariq (Agamfec): “Cremos que a xente que investiga neste tipo de ensaios e que de cuxos resultados depende a aplicación ou non de novas vacinas debería ter un nivel de obxectividade e neutralidade moi grande”. Algo que desde Agamfec consideran deficiente neste caso. “Se isto supón que vai cambiar a política de compra de vacinas por parte da Xunta, non parece a forma máis honesta de proceder”, denuncia Sueiro.

A literatura científica respecto disto demostrou en varias ocasións a influencia negativa dos provedores que financian os estudos sobre os resultados dos mesmos

De feito, a literatura científica respecto diso e a hemeroteca demostraron en varias ocasións a influencia negativa dos provedores que financian os estudos sobre os resultados dos mesmos. Un artigo de investigación publicado en Cochrane en 2017 por varias investigadoras e investigadores de universidades europeas titulado Patrocinio da industria farmacéutica e resultados da investigación demostrou, tras a análise comparativa de 75 traballos, que o patrocinio de estudos de medicamentos e dispositivos por parte da empresa fabricante conduce “a resultados e conclusións de eficacia máis favorables que o patrocinio doutras fontes”. Ademais, as súas análises suxiren a existencia dun “nesgo da industria que non pode explicarse mediante avaliacións estándar de risco de nesgo”.

“A investigación clínica que afecta á forma na que os médicos practican o medicamento está cada vez máis patrocinada por empresas que fabrican medicamentos e dispositivos médicos”, sosteñen os investigadores. E fan fincapé en que revisións sistemáticas anteriores á súa xa concluíran que os estudos patrocinados pola industria farmacéutica “son a miúdo máis favorables ao produto do patrocinador en comparación con estudos con outras fontes de patrocinio”.

Ao peche desta edición, a Xunta de Galiza aínda non respondeu as preguntas desta redacción á mantenta do rigor metodolóxico e científico do IDIS e do seu potencial conflito de interese á hora de avaliar unha vacina que produce unha empresa que o financia.

Urbanismo
Urbanismo Expropiacións e sobrecustos: os restos da xestión de Feijóo na reforma do hospital da Coruña
A ampliación do principal centro sanitario do norte de Galiza enfronta administracións e levanta en pé de guerra a corenta familias que poden quedar sen casa

Un ensaio “pioneiro” sen pasar pola comisión de vacinas

O relato da Xunta de Galiza e das súas terminais mediáticas ao redor deste ensaio estivo fiado ao redor do adxectivo 'pioneiro' e outros cualificativos ao redor do seu potencial éxito. Ademais, desenvolveu até unha web monográfica e paseou por roldas de prensa e entrevistas tanto á directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, como a Federico Martinón, promotor e investigador principal do ensaio desde o IDIS. En cambio, como denuncian desde Agamfec, nin a decisión da consellería nin a información detallada pasaron pola Comisión Galega de Enfermidades Inmunoprevenibles. Tamén coñecida no gremio como a 'comisión de vacinas': “Nin sequera puxeron en coñecemento dos especialistas esta manobra”.

A información aos médicos de Atención Primaria tamén foi escasa, pero máis se cabe cara aos e as pacientes, que soamente recibiron unha mensaxe de texto coa oportunidade e a forma de acceder a ela: “Este ano pode elixir entre a campaña habitual da gripe ou participar nun ensaio clinico (Galflu), no que tera un 50% de posibilidades de recibir unha vacina xa comercializada con proteccion reforzada fronte a gripe”.

En esencia, o ensaio resúmense niso que a Xunta desenvolve un pouco máis na súa web. Existen diversas variantes de vacinas contra a gripe, pero para a actual campaña de vacinación antigripal empregaranse dous tipos específicos: unha de alta dose e outra de dose estándar. A vacina de alta dose demostrou ser máis eficaz na prevención da gripe e as súas complicacións en pacientes maiores de 80 anos, razón pola cal se administra regularmente neste grupo en Galiza.

O propósito deste estudo é avaliar se a vacina de alta dose supera en eficacia á vacina de dose estándar na redución de casos de gripe, hospitalizacións e complicacións asociadas en persoas de 65 a 79 anos, para quen normalmente se administra a vacina estándar na rutina de vacinación contra a gripe. Con todo, nin a consellería de Sanidade nin o IDIS mencionan este potencial conflito de interese coa empresa que as fabrica.

Unha empresa condenada por omitir información nos seus prospectos

Tampouco se fixo fincapé na recente condena recibida pola multinacional farmacéutica no Estado español tras o seu paso pola Xustiza. En marzo de 2022, un tribunal en Madrid ditaminou que a empresa farmacéutica Sanofi era a responsable das malformacións conxénitas e trastornos do espectro autista que padecen hoxe tres adolescentes nacidos entre 2003 e 2007. Estes trastornos atribúense ao consumo durante o embarazo de Depakine, un medicamento antiepiléptico cuxo principio activo é o valproato de sodio e que producía a farmaceútica.

A sentenza sentou ademais un fito nos tribunais españois ao establecer, por primeira vez, unha relación causal entre o fármaco e os danos. Sostense que a empresa non informou adecuadamente sobre os riscos deste medicamento até 2015, a pesar da existencia de evidencia científica abundante durante máis dunha década. Do mesmo xeito que a Xunta non informou adecuadamente a case medio millón de galegos e galegas sobre o quen é quen detrás da agulla que picará os seus brazos durante esta campaña de vacinación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.

Últimas

Derecho a la vivienda
Manifestación estatal Mapa | Más de 40 ciudades se movilizan este 5 de abril por el derecho a la vivienda
Decenas de miles de personas en más de 40 localidades de todo el Estado español saldrán a la calle el próximo 5 de abril para reclamar medidas para hacer frente a la crisis de vivienda.
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.
Más noticias
Myanmar
Terremoto Myanmar: un país bajo los escombros
Con el cronómetro en contra, los equipos de rescate de Myanmar continúan buscando bajo los escombros a los supervivientes del que ya se considera el peor terremoto sufrido en las últimas siete décadas en el país.
Precariedad laboral
Precariedad laboral Europa presiona de nuevo a España para que modifique la indemnización por despido improcedente
El Consejo de Europa concluye que el sistema español viola la Carta Social Europea al considerar que la compensación española no repara el daño a los trabajadores ni disuade de hacerlo.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.