Placas solares en el tejado
.

Energía
Desmontando o fume da planta de hidróxeno de Balaídos

O proxecto presentado pola Zona Franca de Vigo é unha mostra das falsidades e perigos ocultos tras a grande especulación ao redor do hidróxeno verde.

Coordinador do Instituto Resiliencia

19 ene 2021 11:34

A pasada semana presentouse cun importante eco mediático o proxecto da Zona Franca de Vigo, coa colaboración da Universidade de Vigo e da empresa —tamén situada no campus vigués— EnergyLab, para crear unha planta do chamado “hidróxeno verde” no polígono industrial de Balaídos. Con este fin propuxéronlle ao goberno galego que o presentase como candidato aos fondos europeos do programa Next Generation EU, vehiculados a través do Plan de Recuperación e Resiliencia do goberno español. Custaría 10 millóns de euros, dos que se solicitan á administración pública o 60%. Mais analicemos, desde o punto de vista do realismo termodinámico e da conveniencia ecosocial, este proxecto empresarial denominado Atlantic Hydrogen Logistic Industrial Hub (AHLIH), a partir da información que fixeron pública os seus promotores.

Comezaremos polas críticas do detalle. O proxecto pretende alimentar, ademais de vehículos do polígono empresarial, cinco autobuses urbanos e dez camións de recollida do lixo. Isto implica dúas cuestións problemáticas. En primeiro lugar, que ao contrario dunha alimentación dos motores diésel destes vehículos con aceite reciclado —por exemplo—, que apenas ía implicar unhas pequenas e baratas modificacións nos seus motores, cambialos a vehículos de batería de hidróxeno ía supor un investimento económico moi importante para as arcas municipais, á parte do custo enerxético e en emisións de CO2 de fabricar eses vehículos novos e de despezar os actuais, perfectamente operativos (se é que non os van revender para que continúen a queimar gasóleo noutro lugar, claro).

Para os vehículos municipais existen alternativas máis seguras, eficientes e económicas ao hidróxeno

A segunda cuestión é incluso máis preocupante: os vehículos movidos con hidróxeno son susceptibles dun risco importante de explosión, debido ao carácter altamente inflamable do hidróxeno, varias veces maior có da gasolina ou do propano. Pode alguén asumir cabalmente o risco dun accidente de tráfico nas rúas da cidade de Vigo e a conseguinte explosión de gran magnitude en caso de verse implicado un bus urbano ou un vehículo da limpeza? De verdade van permitir as nosas administracións pequenos Hindenburgs ou Challengers a rodar polas nosas cidades? Parece algo difícil de asumir cando existen outras alternativas como o citado aceite vexetal usado ou a volta a un sistema de tranvía eléctrico, sen dúbida un dos sistemas de transporte urbano máis eficientes que existe e que evitaría as enormes perdas de enerxía inherentes ao emprego da electricidade para xerar hidróxeno. Por non mencionar que o risco de explosión ía afectar aínda a unha escala moito maior á poboación veciña da zona franca, en caso de producirse na propia planta, algo non descartable e que xa se ten producido numerosas veces en plantas de hidróxeno por todo o mundo.

Por outro lado, nos cómputos das emisións que supostamente se ían evitar substituíndo gasóleos por hidróxeno fai trampa o consorcio presidido polo alcalde Abel Caballero, pois non teñen en conta as emisións asociadas á fabricación e mantemento da propia fábrica, á substitución dos elementos fotovoltaicos e outros ao final da súa breve vida útil nin os que implica a fabricación dos vehículos novos movidos a hidróxeno e o desmantelamento dos vellos. Polo tanto, non é certa a afirmación dos seus promotores de que a produción e o consumo do chamado hidróxeno verde “é neutral climaticamente e non xera emisións contaminantes”.

Non é certo que o chamado hidróxeno verde estea libre de emisións contaminantes.

Outros dos cálculos feitos públicos acerca do proxecto tamén parecen estar bastante interesadamente errados, concretamente os referidos á superficie fotovoltaica precisa para xerar a cantidade de hidróxeno anunciada (140 toneladas anuais), dado que, polas cifras achegadas, só parecen ter en conta as perdas durante o proceso de electrólise (un optimista 79% de eficiencia, aparentemente) sen considerar as derivadas da almacenaxe e as producidas no seu uso final. Isto vai implicar, se o proxecto se leva finalmente a cabo, que, ou ben se acaba obtendo moito menos hidróxeno do anunciado ou se vai precisar multiplicar a superficie ocupada con paneis solares.

En canto á proposta de dotar de batería de hidróxeno ás carretas elevadoras das empresas da zona (en número de 60), resulta especialmente sorprendente porque xa hoxe en día adoitan ser maioritariamente eléctricas neste tipo de polígonos. Substituílas por outras tamén eléctricas pero nas que a electricidade se almacena en forma de hidróxeno resultaría un absurdo desde o punto de vista termodinámico, polas perdas producidas (entre un 30 e un 50%, segundo Pedro Prieto), e polo tanto un desbaldimento inxustificable de recursos económicos e enerxéticos. O enxeñeiro técnico, co-autor de Spain’s Photovoltaic Revolution: The Energy Return on Investment, formula a seguinte cuestión ao respecto da proposta do AHLIH: “Por que non enchufar directamente as carretas eléctricas que xa teñen á xeración verde, no canto de producir hidróxeno con esa electricidade (70% de rendemento), almacenalo despois (perdas de entre 10-100% a medida que pasa o tempo) e finalmente pasalo pola célula de combustible para xerar enerxía eléctrica de novo (con perdas do 50%)?”.

A continuación centrarémonos en críticas máis de fondo. Para comezar, o hidróxeno verde ten moi pouco de verde, pois ademais das emisións de carbono non contabilizadas na infraestrutura, produce un importante impacto ambiental debido principalmente aos diversos contaminantes xerados en función do tipo de auga usada para electrolizar. Vai ser auga do subministro municipal? Auga da ría? Auga do Lagares? Non se coñece o dato, e tampouco onde van ser vertidos os residuos tóxicos potencialmente producidos (hipoclorito de sodio, por exemplo).

Antes de falar de combustibles alternativos cómpre planificar unha redución importante dunha mobilidade hipertrofiada

Detrás do absurdo deste proxecto subxace o feito de que non se acaba de asumir que non precisamos substituír todos e cada un dos vehículos que actualmente se moven con derivados do petróleo nunha mobilidade claramente hipertrofiada por outros que se movan con outra enerxía. O que percibimos se botamos contas e vemos o metabolismo termoindustrial no seu conxunto, é que isto é inviable. A Transición Enerxética en mobilidade e transporte debe pasar necesariamente por unha notable redución da necesidade de desprazarmos persoas e mercadorías. E unha vez planificada e posta en marcha esa redución da necesidade de mover vehículos, podemos entrar a falar de enerxías ou motores alternativos para os vehículos que realmente sigamos a precisar.

Mais facelo ao revés é comezar a casa polo tellado, un tellado demasiado grande para o pequena que vai acabar sendo a casa, e que, polo tanto, correremos o risco de se nos derrubar enriba ou quedar sen materiais para rematar o resto da casa. Isto faise especialmente patente no sector da loxística: unha sociedade pospetróleo non pode soster a cantidade de desprazamentos (e polo tanto de vehículos) da que parte o proxecto do AHLIH (5.000 km/día nada menos, sen contar as carretas elevadoras, uns cálculos que semellan feitos sen moita precisión pois sorprendentemente coinciden os quilómetros que afirman percorre ao ano cada camión da Peugeot-Citroën cos de cada camión do lixo e tamén cos de cada autobús urbano).

Polo tanto, podemos concluír que o proxecto está sobredimensionado e implica un desbaldimento de cartos do erario público, moi necesarios para outras necesidades máis básicas. Podemos ver isto claramente precisamente no caso de PSA, unha das empresas da zona franca cuxos camións pretende alimentar esta planta: se aceptamos que a fin de mobilidade privada masiva á que nos vai levar a fin do petróleo aboca esta fábrica á súa desaparición ou, cando menos, a unha redución enorme da súa produción, cal é logo o sentido de crear unha planta de hidróxeno para uns camións que máis cedo que tarde van deixar simplemente de ter coches que transportar para fóra da Zona Franca? Lembremos que o coche eléctrico só vai ser para unha minoría e que os cambios na mobilidade, mesmo sen ter en conta o Peak Oil, levan a falar do Peak Car e a prever a morte da industria automobilística.

Tamén tendo en mente o cambio de paradigma da mobilidade e un amplo proceso socioeconómico de relocalización, perde sentido o argumento da creación de postos de traballo que anuncian os promotores, pois nunha economía máis relocalizada que non se basee en traer a maioría do que consumimos de fóra en camións, senón en producilo localmente, a creación de empregos ía ser dunha magnitude moi superior, ademais de verdadeiramente sustentable e consolidadora da resiliencia da comarca viguesa. Ademais, desde a Zona Franca afirman que a planta de hidróxeno ía crear 500 empregos, pero recoñecen que só 50 serían directos e 140 indirectos: de onde sairían o resto, non o aclaran.

O proxecto da planta de hidróxeno verde no polígono de Balaídos é tecnicamente viable pero económica e ecoloxicamente absurdo.

“O hidróxeno renovable ou verde é unha solución sostible clave para a descarbonización da economía e para lograr a neutralidade climática en 2050”, afirma a nota de presentación, facéndose eco dos slogans promovidos tanto pola UE co seu European Green Deal como polo goberno español, pero non así polo mundo científico, como explicabamos hai pouco nestas mesmas páxinas. O hidróxeno pode ter o seu lugar nunha sociedade pospetróleo, porén só debería ser para usos moi específicos, recoñecendo que non vai solucionar os problemas que nos abocaron nin ao caos climático nin ao declive enerxético: isto é, a compulsión insá por manter o crecemento económico custe o que custar nun planeta finito e moi danado, o transporte hipertrofiado consecuencia da mundialización neoliberal, e os mitos culturais asociados a un concepto puramente material do Progreso. Pretender que un vector enerxético tan problemático e ineficiente coma o hidróxeno é a solución a estes problemas só pode beneficiar ás empresas que se van lucrar no proceso até que como sociedade nos vexamos forzados a recoñecer que foi un custoso camiño sen saída.

Energía
Hidrógeno: muchas dudas y ninguna certeza
La Unión Europea busca el incremento de potencia instalada para la electrolización del hidrógeno: de los 60 MW actuales pasaría a los 40.000 MW en 2030.

En definitiva, debido á súa grande ineficacia termodinámica como vector enerxético, aos numerosos problemas para a súa almacenaxe e transporte e os riscos de seguridade e ambientais que implica, o hidróxeno só debería ser empregado en usos moi concretos e limitados, onde non sexa viable ningunha outra opción máis segura e sustentable, coma por exemplo o transporte marítimo de grandes cargas. E a proposta dunha institución pública como é o Consorcio da Zona Franca co seu proxecto AHLIH non parece encaixar en absoluto nestes criterios de sensatez, de utilidade pública, de eficiencia na xestión dos recursos públicos ou de obxectivos ecosociais.

Dado que non consta ningunha expresión previa por parte das empresas do polígono de Balaídos nin do consistorio vigués acerca da necesidade de dispoñeren de hidróxeno para os seus vehículos antes da aparición destes fondos europeos, só cabe sospeitar que a razón detrás deste proxecto é o dun pelotazo para lucro das empresas beneficiarias dos contratos coa desculpa dunha presunta “descarbonización”. Nunha comunicación persoal remitida a partir das informacións aparecidas sobre o AHLIH, o enxeñeiro experto en cuestións enerxéticas, Pedro Prieto conclúe acerca do proxecto: “Tecnicamente é posible. Economicamente, é unha insensatez. E ecoloxicamente, un absurdo”.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Inversiones 'marrones' España gastó más de 23.000 millones de dinero público en actividades nocivas para el medio ambiente en 2024
Un estudio analiza el impacto climático de las subvenciones otorgadas por el Gobierno español. Solo el 14% del monto total de las ayudas se destinó a actividades o proyectos que fomentan la transición ecológica.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Granada
Medio ambiente El movimiento vecinal y ecologista consigue paralizar la planta fotovoltaica en Víznar
Ecologistas en Acción celebran la decisión con una “sensación agridulce”, ya que “los daños han sido muy graves y creen que irreparables. Actualmente en la provincia de Granada hay en marcha más de cien proyectos de energía renovable
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Asturias
Asturias Cinco muertos en la mina de Zarréu: demasiadas preguntas sin respuesta
El accidente más grave en la minería asturiana en casi tres décadas vuelve a poner en cuestión el sistema de permisos, controles y ayudas públicas para minas en proceso de reconversión.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.

Últimas

Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Más noticias
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.