Medio rural
O medo á política: apuntamentos sobre a despolitización do rural

A represión, o illamento e a falta de acceso a medios de información de calidade son só algúns dos factores que limitan e condicionan a participación política nas comunidades rurais.

3 jul 2020 21:23

Un día ocorréusenos colgar fóra da nosa casa a bandeira galega deseñada por Castelao. A serea bailaba ao compás do aire mentres sostiña con orgullo o escudo para que calquera que se acercase puidera ler o xa afamado “Denantes mortos que escravos”.

Estabamos tan concentrados decidindo o sitio da casa no que lucía mellor, que non nos decatamos dos varios pares de ollos que nos miraban agochados desde lonxe. Unha vez ficamos satisfeitos e a bandeira colgada, saímos camiñar. En canto nos viron marchar, os ollos retomaron os seus corpos completos. Toda a nosa veciñanza achegouse mirar de preto a bandeira.

Segundo nos contaron despois, as persoas do noso barrio tomaron a bandeira coma unha afronta. Por unha banda, a lenda que se le no escudo, para eles significaba que nós non queriamos traballar. “Eu fun de escravo ao monte aos 13 anos, ho”, dixo un dos veciños nun ton de reclamación. Mais, pola outra banda, o que máis espertaba inquedanza eran os símbolos debuxados dentro do escudo: un fouciño e unha estrela vermella. “Aquí non queremos comunistas”, exclamou alguén. “Non, iso é dos falanxistas”, responderon. “É todo o mesmo”, concluíuse para evitar afrontar a confusión e para impedir calquera conversa que puidera xurdir desa cuestión.

DESPOIS DA REPRESIÓN

“Moita xente desapareceu por aquí. Non se podía falar do goberno nin nada porque podían vir e levarte. Eu xa non presenciei tantas cousas como miña nai, mais aínda lembro ver a homes correndo detrás doutros para facerlles dano”, cóntame a miúdo Maruxa, unha das miñas veciñas, quen tamén ten a confusión sobre os responsables da represión.

A propaganda franquista adicouse a confundir a poboación e, sobre todo, a infundir medo directa ou indirectamente; perseguindo e castigando, ou vixiando e intimidando a través de discursos. Desde entón, falar de política converteuse nun tabú que perdura até o día de hoxe.

A pesar de que o medo desapareceu, na miña aldea non se fala das eleccións entre a veciñanza. Preguntar por quen se vai votar ou sequera abrir o tema das eleccións é unha proposta de conversa destinada ao fracaso. “Eu non sei de política”, “os políticos son todos iguais” son algunhas das frases feitas que teño escoitado para evadir o tema.

Alén dos bares onde ocasionalmente os homes inician unha acalorada discusión sobre candidatos ou sobre as distintas decisións tomadas polos partidos, a política é un tema escuro, case prohibido. Nunca antes mirara que se tomara tan a pé da letra “o voto é segredo”.

A IMPLICACIÓN DA PEQUENA COMUNIDADE

A vida no medio rural na Galiza acostuma estar marcada polo illamento, a crise demográfica e o envellecemento da poboación. Secasí, o estado de precariedade derivado destes factores, acaba por reforzar os vínculos sociais da comunidade para poder afrontar en común os obstáculos que aparecen ao realizar diversas actividades de reprodución. Esta reafirmación permanente do sentido da interdependencia fan complexas as relacións ao mesmo tempo que as volven particularmente delicadas, valiosas. Esta, quizá, podería ser unha das razóns da reticencia xeral a falar de política: é mellor non ter discusións sobre certos temas que podan comprometer os vínculos vitais.

Ao mesmo tempo, as comunidades acostuman ser tan pequenas que é común que varias persoas das aldeas militen nos partidos políticos municipais. En épocas electorais, as casa fican cheas de propaganda política previamente repartida por algún veciño ou veciña que está en la lista dalgún partido.

Neses casos, o voto pode tornarse nun compromiso veciñal independentemente e por riba do partido político da propia preferencia. Unha das mulleres que vive preto da miña casa ten estado nese dilema varias veces, o cal é máis do que podería parecer, e vive a votación con ansiedade e, posteriormente, con certo sentimento de culpa.

Para a maioría da miña veciñanza a política redúcese á xestión do gasto público. E unha boa xestión é aquela que aforra máis cartos.

Mais tamén hai outras cuestións, que se ben non suceden exclusivamente no ámbito rural, fanse particularmente visíbeis pola cohesión da comunidade: os favores políticos.

Moitas das persoas que representan un partido político esfórzanse por regalar cousas ou facilitar outras. O meu compañeiro coñeceu un día unha candidata e foi razón suficiente para que desde entón non deixara de recibir propaganda do Partido Popular no seu móbil, ademais de chamadas nas que a muller lle ofrecía axuda “desinteresada” e lle dicía cousas como “comunícate co Concello, pide falar con tal, di que falas de parte miña e pídelle un carro de compra”. A política e o voto limita a quen dá máis cousas, ignorando accións concretas, obxectivos, propostas, ideoloxías...

Segundo teño observado, para a maioría da miña veciñanza a política redúcese á xestión do gasto público. E unha boa xestión é aquela que aforra máis cartos. Ao depender da popularidade da comunidade, os funcionarios acaban por xerar políticas de austeridade nas que varios proxectos quedan descartados só polo seu custe, sen importar os beneficios que poda traer a longo prazo. Nese sentido, adornar a praza chega a ser considerada mellor inversión que a programación de actividades culturais.

A POLÍTICA NA VIDA

O contexto de illamento no que se vive nestas zonas labregas limita o dereito á información. A carencia dun servizo de internet con prezos accesíbeis é un dos exemplos da carencia en termos de acceso a outros medios informativos. Dese xeito, a televisión adoita converterse no principal medio de comunicación.

As persoas do medio rural non só entenden a política, senón que a levan practicando a diario desde hai séculos. Só que o fan na forma da xestión da auga, nas asociacións de montes comunais, nas asociacións veciñais...

Mais hai unha tendencia perigosa e en moitos dos noticiarios das cadeas televisivas privadas: simplifican certas cousas (as manifestacións populares, os desaloxos, a migración...) e complican outras (os discursos políticos, as propostas de lei, os temas que se abordan no congreso...). E, ao final, a conclusión xeral na miña aldea é case sempre a mesma: “eu non entendo nada de política”.

No entanto, non hai nada máis alleo da verdade. Porque a política vai alén dos partidos. A política non é mais que o xeito no que nos poñemos de acordo para organizarnos e vivir todas xuntas. As persoas do medio rural non só entenden a política, senón que a levan practicando a diario desde hai séculos. Só que o fan na forma da xestión da auga, nas asociacións de montes comunais, nas asociacións veciñais...

E, cando unhas doses de boa información chegan a pasar as barreiras que manteñen illadas ás poboacións, ou cando as inxustizas son tan evidentes que non poden ser ignoradas nin enmascaradas, as mobilizacións xorden dun xeito natural como nos teñen demostrado as manifestacións na década dos 80 que impediron a construción da presa de Cela, a recente defensa do paridoiro de Verín ou a loita por recuperar o servizo de pediatría en Mondariz.

Sen dúbida, os medios masivos, as malas xestións públicas e a represión danaron o sentido da política. O dilema é como pasar esa consciencia comunal que rexe nas pequenas poboacións rurais, a contextos máis amplos nos cales tamén hai que defender a xustiza, os dereitos e a igualdade. O que se precisa é que se recoñeza con máis facilidade a importancia da participación política en pos de inquirir as decisións que atentan contra a vida e defender a dignidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Tribuna
Tribuna Carta abierta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proyecto que Galicia ni quiere ni necesita”
Los argumentos para apoyar lo que decimos son muchos. Se situaría en un terreno en el borde de la ZEC Serra do Careón; provocaría un nuevo ciclo de plantación masiva de eucalipto o de importación desde países del Sur; y no tiene licencia social.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
#70244
19/9/2020 13:53

Moi bo, unha mirada para comprendermos que pasa coa exemonía do PP neste país

0
0
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
Residencias de mayores
Residencias de mayores Naces, creces, te reproduces, envejeces y sigues generando beneficios
El capitalismo extractivista emplea un ‘fracking’ similar sobre la última etapa de nuestras vidas: exprimir nuestra capacidad de producir beneficios hasta el último aliento.
Ni hablar
Ni hablar La clase obrera no va al paraíso
La explotación se aligera con el relato torticero de la explotación y de los héroes del capital, y con la asunción íntima de que capitalismo y democracia son conceptos sinonímicos.
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel el 23 de marzo
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Opinión
Opinión Los eufemismos y el gasto militar
Los profesionales en la confección de los mensajes políticos y manipulación de la opinión pública han debido apreciar que el termino “rearme” era demasiado explícito y contundente y que podría provocar cierto rechazo.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Fin a la privatización Un tsunami marcha por Madrid por la gestión totalmente pública de los servicios a la ciudadanía
La plataforma Tsunami por los Servicios Públicos nace este domingo para aglutinar a decenas de organizaciones sociales que quieren hacer frente al “modelo neoliberal de destrucción masiva de los derechos humanos y sociales”.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.

Últimas

Gobierno de coalición
Consejo de Ministros Ángel Víctor Torres anuncia que tiene cáncer, pero seguirá al frente del Ministerio de Política Territorial
Reducirá su agenda como titular de Política Territorial en las semanas previas a una operación a finales de abril. Fuentes ministeriales dicen que la enfermedad “va bien” y “tiene solución”.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.
Más noticias
Tribuna
Tribuna Carta abierta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proyecto que Galicia ni quiere ni necesita”
Los argumentos para apoyar lo que decimos son muchos. Se situaría en un terreno en el borde de la ZEC Serra do Careón; provocaría un nuevo ciclo de plantación masiva de eucalipto o de importación desde países del Sur; y no tiene licencia social.

Recomendadas

Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huida del dictador.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
México
EZLN Genealogía del “común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.