We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
O Teleclube
'O Teleclube' afonda na obra arquitectónica de 'O Brutalista'
Unha das favoritas para gañar o Oscar, “O Brutalista” chega a cines. Brady Corbet dirixe esta obra de máis de 3 horas e media sobre un arquitecto e sobrevivente do holocausto, László Tóth (Adrien Brody), que emigra aos Estados Unidos na posguerra.
Un filme grande cunha duración grande sobre ideas grandes, “O Brutalista” promete ser un evento imperdible para cinéfilos. No podcast falamos dos logros técnicos e preguntámonos se ten unha mensaxe polémica ou incluso problemática.
Se queres saber que pensamos dela, non perdas este episodio. Tamén en Ivoox e Spotify.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?