We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
O Teleclube
'O Teleclube' aterriza no 2025 cun especial que repasa as mellores películas do ano pasado
O Teleclube estrea 2025 cun episodio especial que mira atrás ás mellores películas do ano pasado coas nosas listas de Top 10 do 2024. Porque, antes de empezar coas obras emocionantes do ano novo, queremos celebrar o ano que xa pasou.
Escoita o novo episodio para averiguar cales pensamos que foron as obras imprescindibles do ano 2024. E non esquezas deixar a túa opinión sobre cales foron para ti as mellores. Así poderás dicir se estás de acordo, se nos esquecemos de algo ou se toleamos coas nosas eleccións. E, sen dúbida, a unha de nós se lle dá mellor facer listas que á outra. Es capaz de averiguar a quen?
Despídete con nós doutro gran ano nos cines e prepárate para todo o que nos depara o 2025. Que ganas! Tamén en Ivoox e Spotify.
E lembra que se te subscribes agora a O Salto levas 6 meses gratis en Filmin.