Menores tutelados
CONVIVE.COMigo: Educación e tribo para menores con medidas xudiciais

A adolescencia é o período da vida que menos defensores ten, e se é unha adolescencia difícil, ou se hai un delito de por medio por parte do adolescente, entón a estigmatización xa é completa -cando son precisamente o grupo de persoas que moitas veces máis apoio precisan-. Así o entenden as profesionais do programa ‘CONVIVE.COMigo’, da Asociación Arela, un programa de “captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias” para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial de convivencia.

Tamara Castro e Eva Piñeiro, do programa CONVIVE.COMigo.
Tamara Castro e Eva Piñeiro, do programa CONVIVE.COMigo. Elena Martín
22 ago 2019 12:00

“Hai un proverbio africano que di que para educar a un neno fai falla unha tribo”, di Eva Piñeiro, educadora e parte deste programa de axuda e asesoramento, “Cando falamos de violencia filio-parental pensamos que este proverbio é importante. Se facemos unha comparativa coa nosa sociedade, cada vez máis individualista, onde se dedica cada vez máis tempo ao traballo ou á escola e falla a relación no barrio, cos veciños, etc., acontece que a educación recae sobre todo no que é a familia entendida como os proxenitores -a familia máis extensa case sempre está lonxe, non como acontecía tradicionalmente-. Moitas veces, estes pais e nais teñen que pasar moito tempo fóra polos ritmos de traballo actuais e séntense culpables polo pouco tempo que pasan cos seus fillos. Deste xeito, cando chegan a casa, evitan corrixir certas condutas para ter un pouco de harmonía e evitar tensións. Isto pode dar lugar a que os roles parentais se afrouxen e se dean dinámicas non moi boas para a educación destes adolescentes”, di Eva.

Esta educadora explica que a isto se lle suma que a nosa sociedade ten cada vez máis normalizada a violencia e que moitos destes pais veñen de ambientes familiares moito máis autoritarios, algo que eles queren evitar na educación dos seus fillos. “O que acontece é que acaban buscando unha relación de amizade no canto dunha paterno-filial, evitando todo o que teña que ver con regras e límites, e iso non axuda”, engade esta educadora. “Ao chegar a adolescencia moitas veces se confunde unha conduta non axeitada, que requiriría de corrección, cunha rebeldía adolescente. Así vanse conxugando moitas cousas que poden levar a que esta violencia vaia aparecendo”, engade Eva. Cando xurde a violencia, moitas familias atopan dificultades para pedir axuda chegando a ocultar o problema xa sexa por vergoña, culpabilidade ou sensación de fracaso. Unha roda que acaba levando a disfuncionalidade na familia e situacións viciadas cada vez máis, por iso é fundamental que dean o paso e busquen apoio externo.

O Programa ‘CONVIVE.COMigo’
É precisamente aquí onde entra o programa ‘CONVIVE.COMigo’, que nace polo convenio asinado entre a Consellería de Política Social da Xunta e a Asociación ARELA, unha entidade con máis de 20 anos de experiencia con nenas e adolescentes en situación de desprotección e/ou conflito social. Este programa, que xa está a funcionar nas provincias de Pontevedra e A Coruña, busca axudar ós menores a reconducir unha situación de conflito na súa dinámica familiar, facéndoo ademais nun ambiente positivo e socializador. “Unha vez que as familias piden axuda, cunha denuncia ou como sexa, é importante que o resto saibamos como responder e recibamos apoios a través de institucións sociais e demais”, continúa Eva. “O programa nace entón nun contexto xudicial onde hai unha familia que denuncia unha situación de violencia familiar, e o Xulgado de Menores, entre as diferentes medidas xudiciais que pode poñer a ese menor, busca corrixir esa conduta coa medida de convivencia con persoa ou familia, que é xusto o que facemos neste programa”, conta Eva. E aínda que esta medida si implica cumprir a parte penal, non é de castigo senón máis ben de re-educación. “Búscase que o adolescente aprenda para que non lle volva a acontecer o que o levou a esa situación, e que o faga dun xeito natural e positivo”. Esta medida xudicial está recollida na Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penal dos menores ou Lei do Menor.

"Se facemos unha comparativa coa nosa sociedade, cada vez máis individualista, acontece que a educación recae sobre todo no que é a familia entendida como os proxenitores

Pero para que esta medida se poida dar, é necesario que haxa familias dispostas a convivir con estes adolescentes, e iso é precisamente o que buscan desde este programa, persoas dispostas a axudar abrindo a súa casa a estes menores con problemas. “Entendemos que nunha convivencia, saíndo do núcleo onde se deu esta situación en primeiro lugar, todo se pode traballar mellor, con distancia”.

Os profesionais do ‘CONVIVE.COMigo’ acompañan a estas familias de destino, mentres os profesionais que levan as medidas xudiciais fan intervencións co mozo ou moza que ten que modificar esa conduta e coas familias de orixe que tamén teñen que mudar malos hábitos, polo que hai un apoio en todo momento a diversos niveis. “O importante”, engade Eva, “é que durante a convivencia coa nova familia, o adolescente tamén ten a oportunidade de coñecer novas formas de facer e novas formas de asumir situacións que se poidan dar sen recorrer á violencias”.

Folleto do programa CONVIVE.COMigo
Folleto do programa CONVIVE.COMigo

O adolescente ten contacto coa súa familia de orixe mentres dure esta convivencia, xa que o obxectivo último da mesma é que poida volver coa súa familia pasado un tempo -que adoita ser entre seis meses e un ano-, pero que en ningún caso se amplía, pois a familia de destino é unha ponte para conseguir esa reconexión coa familia na que houbo unha crise en primeiro lugar. O rompedor desta iniciativa está tamén en que persoas solteiras e sen fillos, e incluso xente nova maior de idade, poden apuntarse para ser familias de convivencia. “Os requisitos son: ser maior de idade, ter estabilidade emocional, un espazo propio para o adolescente, e que algunha das persoas adultas poida ter dispoñibilidade de tempo para os coidados e a atención do adolescente”, explica Eva. E os gastos están cubertos pola Consellería de Política Social, que financia con 40 euros diarios mentres dure a convivencia.

A tribo como motor de axuda e de cambio social
As profesionais de ‘CONVIVE.COMigo’ inciden en que unha sociedade onde se reparte a educación é chave para lograr un cambio e evitar este tipo de situacións. “A tribo somos todas e a nivel social temos que concienciarnos de que se queremos cambiar cousas que non nos gustan, temos que poñer da nosa parte do xeito que poidamos. Ao final o programa ‘CONVIVE.COMigo” ten moita relación con todo isto porque necesita de xente, de tribo, que queira formar parte del, para apoiar a estes adolescentes e que poidan ter unha segunda oportunidade”, conta Eva.

Tamara Castro, psicóloga, engade que este tipo de programas tamén existen para axudar aos proxenitores. “Buscamos desafogar e que non recaia todo o peso da educación só nos pais (ou nas figuras paternas e maternas), así como da culpabilidade, porque hai certas dinámicas que igual non funcionaron nunha familia e é en comunidade onde se pode reconducir e reaprender”, explica Tamara. “As persoas que forman comunidade poden dar apoio e tempo a esa familia para buscar unha solución e empezar de cero para buscar mellores xeitos de se relacionar”.

O programa ‘CONVIVE.COMigo” necesita de xente, de tribo, que queira formar parte del, para apoiar a estes adolescentes e que poidan ter unha segunda oportunidade”

Para Tamara e para Eva e indicativo de que o programa funciona que as familias que participaron ata agora queiran repetir. “Nunha experiencia que xa rematou en Pontevedra, tanto a valoración por parte do adolescente, como da familia de convivencia foi positiva”, conta Eva. Para Tamara, ser unha familia de convivencia é moi gratificante e enriquecedor, e por iso moitas queren volvelo ser. “Aprendes de ti mesmo, coñeces outro tipo de ámbitos... se a familia ten nenas ou adolescentes na casa, tamén é bo para eles xa que lles axuda a ser máis cooperativos e solidarios. Creo que é significativo do espírito do programa que queiran repetir”, engade.

Eva ten claro que os resultados son positivos. “Segundo os datos de execución de medidas xudiciais que ARELA ten rexistrado no 2018 do servizo de intervención educativa en medio aberto que xestionamos na Provincia de Pontevedra, o 84% dos adolescentes non reincide mentres están cumprindo a medida xudicial. Moitas veces poñemos a etiqueta de delincuentes a estes adolescentes e non entendemos que os mozos e mozas teñen dereito a equivocarse e reconducir esa conduta errada. E se poñemos unha etiqueta parece que esteamos agardando xa que vaian por certos camiños e sigan cumprindo certas condutas. En cambio se cremos neles, os apoiamos e lles damos a oportunidade de que poidan aprender dos seus erros e mellorar, isto ten resultados moi positivos”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Menores tutelados
Precariedad laboral Exigen que el servicio sea público en la protección de los menores tutelados
Tanto en las medidas judiciales como de protección, auxiliares, educadores y trabajadores sociales piden más recursos para el bienestar de niños y niñas y la seguridad de las empleadas.
Menores tutelados
Servicios sociales Una pareja exige a Servicios Sociales de València que les devuelvan a sus hijos
La abogada del matrimonio de origen rumaní ha presentado un escrito de oposición a la quita de custodia de su cuarta hija. Ellos denuncian clasismo y racismo en su caso.
Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
La vida y ya
La vida y ya Una espiga entre los dientes
La idea de que las armas sirven para mantener la paz se coloca con la confianza con la que el polvo se deposita encima de los libros apilados en un desván sabiendo que nadie vendrá a limpiarlo.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De violencia institucional y protestas
VV.AA.
Mientras Granada se revela contra el acoso de seis policía local a una víctima de violencia machista, en Catalunya se presenta un informe que concluye que el 65% de los casos de violencia institucional se archivan sin que se completen las pesquisas

Últimas

Podemos
Izquierda Podemos mantiene el ‘modo revancha’ y en Sumar se dividen entre el hartazgo y la resignación
En su V Asamblea Estatal, la formación morada pisa el acelerador en su confrontación pública con el grupo de Yolanda Díaz. Con Montero ya precandidata, la confluencia electoral parece una quimera aunque algunos yolanders no ven otra opción.
Sanidad
Sanidad La Atención Primaria, uno de los escalones de la Sanidad más abandonados
Este 12 de abril se celebra el Día Internacional del primer peldaño de acceso a los servicios sanitarios. Falta de inversión, largas listas de espera y falta de tiempo para atender son algunas de las denuncias más repetidas.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Memoria histórica
Memoria histórica Sin fondos para identificar los restos de la primera exhumación en la Comunidad de Madrid
La asociación impulsora de los trabajos de recuperación en el cementerio de Colmenar Viejo denuncia que no tienen contestación sobre la financiación prometida por el Gobierno.
Palestina
Palestina Israel avanza en su plan con la anexión de Rafah y el sur de la franja de Gaza
Con este movimiento, Israel ha declarado “zona de seguridad israelí” el 20% del territorio del sur mientras que mantiene bajo su custodia el 66% de la franja.
Más noticias
Opinión
Opinión Sindicalismo que gana: la clave no es la unidad, sino organizar a las mayorías
Mientras el anarcosindicalismo debate estructuras, las plantillas siguen desmovilizadas. La verdadera batalla es organizar a las mayorías. Sin victorias concretas, incluso el modelo más puro es papel mojado.

Recomendadas

Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.