Memoria histórica
Memoria da loita medioambiental na Galiza da transición (II)

Na primeira parte do artigo o autor recolle os casos de conflitividade medioambiental na Galiza. Nesta segunda parte analizamos os aliados e as implicacións democráticas da loita medioambiental durante a chamada transición.
Canteira Coto de Eira Galiza
Canteira nas inmediacións do Coto de Eira Sara Guerrero Alfaro
19 mar 2023 17:00

Igual que ocorreu nos principais polos industriais, ao longo dos anos sesenta e setenta foron aparecendo no mundo rural plataformas de oposición ao franquismo, vencelladas sobre todo ao movemento comunista e aos nacionalismos periféricos. E como tamén aconteceu nas cidades, os sindicatos foron organizacións situadas na primeira liña da loita antifranquista.

Tanto foi así que un dos elementos máis determinantes da conflitividade medioambiental da Galicia da época foi a participación dos sindicatos agrarios. A alianza entre as comunidades rurais e os sindicatos foi un dos piares do movemento medioambiental. A elaboración do discurso e o abano de mecanismos de acción colectiva postos en práctica polas primeiras non se entenden sen o influxo dos segundos.

Aparición dos sindicatos agrarios

A aparición destes sindicatos desmitifica, de feito, a idea dun mundo urbano e un mundo rural como esferas separadas, e pon de manifesto a súa correlación. É que as principais organizacións sindicais do momento, as Comisións Campesiñas (CCCC), o Sindicato Agrario Galego (SAGA) e as Comisións Labregas (CCLL) deberon a súa aparición a figuras situadas entre o campo e a cidade. Sacerdotes e mestres destinados a parroquias rurais, técnicos agrarios ou universitarios emigrados ás urbes para cursar os seus estudos.

A súa estratexia de implantación orgánica tamén tivo moito que ver con esta idiosincrasia. Sen ir máis lonxe, as Comisións Campesiñas xurdiron froito da estratexia do Partido Comunista de Galicia para capitalizar a conflitividade campesiña, imitando o modelo de organización do proletariado das Comisións Obreiras. Non por casualidade as CCCC se deron a coñecer na loita contra a presa de Castrelo de Miño, desenvolvendo unha importante actividade na comarca do Ribeiro.

As súas diferenzas

Do mesmo xeito que o movemento comunista redefinía os seus postulados ao longo da década dos sesenta, emerxeu por aquelas datas unha nova xeración do nacionalismo galego, ligada á Unión do Povo Galego (UPG), cuxo ideario político se construíu sobre a teoría do colonialismo interior. Esta doutrina defendía que a expansión imperialista e o capitalismo global situaban a Galicia nun lugar periférico. Os proxectos industriais eran o resultado do desvío dos seus excedentes de produción ao resto do Estado e a usurpación dos seus recursos naturais.

En coherencia con estes feitos, apareceron a comezos dos setenta os Comités de Axuda á Loita Labrega, que darán paso en 1973 ás CCLL, cuxo programa de actuación se encamiñou en todo momento á instauración dun marco político de dúas forzas desiguais: os campesiños galegos contra todopoderosas empresas, que mediante as súas alianza co Estado se beneficiaban do espolio colonial.

A orixe da SAGA sitúase no mesmo plano que as CCLL, e de feito tratouse dunha escisión, motivada polas discrepancias dun sector crítico coa dependencia orgánica que o sindicato mantiña coa UPG. Pese a facer especial fincapé no seu carácter independente, libre de inxerencias partidistas, o SAGA acabaría por relacionarse coa órbita do PSG.

A súa implicación

Así as cousas, os tres sindicatos participaron na conflitividade medioambiental do mundo rural galego, ofrecéndolles aos afectados asesoramento e apoio loxístico, mais sen dúbida foron as CCLL as que tiveron un papel máis activo. No caso das Encrobas, por exemplo, xa en febreiro de 1976 un grupo de técnicos da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG, plataforma ideada pola UPG) redactaría un informe sobre a mina, no que se recollían os seus efectos medioambientais. As CCLL e a ANPG foron tamén as encargadas de organizar a manifestación que percorreu as rúas da Coruña contra a mina, e tamén as que deron soporte á concentración que ateigou as rúas de Carballo contra o espolio da praia de Baldaio.

As marchas protesta contra a nuclear de Xove son un caso aínda máis representativo da loita entre sindicatos por gañar apoios no rural

As marchas protesta contra a nuclear de Xove son un caso aínda máis representativo da loita entre sindicatos por gañar apoios no rural. A primeira delas remataría cun enfrontamento entre membros UPG e outros sindicatos de esquerdas, como o Partido Comunista de Galicia, o Movemento Comunista de Galicia, a Liga Comunista Revolucionaria ou o Partido do Traballo. Na segunda marcha, a de maior afluencia, só participarían organizacións próximas á UPG, mentres Comisións Obreiras e Unión Sindical Obrera organizaran uns días antes outra protesta de escaso seguimento.

Praia de Baldaio CCLL
Manifestación en defensa do uso público da praia de Baldaio. A simboloxía e os lemas nacionalistas acompañaron ás proclamas en defensa do medio.
En realidade, estas manifestacións eran para as organizacións nacionalistas eventos que transcendían o propio motivo da protesta. A simboloxía e as proclamas non só se cinguían á oposición á central nuclear ou á explotación mineira, tamén realizaban proclamas xerais en defensa da identidade e a soberanía de Galicia. Que a estreleira, símbolo do nacionalismo galego de esquerdas, fose habitual nestas marchas da boa conta disto.

Outros aliados

Os sindicatos non foron o único actor que participou nos conflitos medioambientais da Galicia dos anos sesenta e setenta, outros sectores sociais apoiaron a causa. Un perfil moi común e de suma importancia foron os sacerdotes desvinculados do ideario nacionalcatólico.

Sen dúbida o máis famoso foi Ramón Valcarce, crego de Sésamo (Culleredo), quen fora expulsado do seminario de Santiago polas súas críticas á proximidade da Igrexa co franquismo, e se converteu nun referente do nacionalismo e dos movementos sociais do rural galego. Foi un dos detidos durante a ocupación dos terreos das Encrobas, que o levaría a ser coñecido como o Cura das Encrobas, mais a súa participación se limitaría a este conflito, tamén sería un dos líderes doutras manifestacións, como a que percorreu as rúas de Carballo reclamando o uso público da praia de Baldaio.

No seo do propio réxime tamén xurdiron algúns colaboradores coa causa medioambiental. Moitos alcaldes, xefes de Falanxe ou membros do sindicalismo vertical defenderon ferreamente a estrutura do poder, pero outros non gardaron esa fidelidade. O alcalde de Cerceda, por exemplo, adoptaría un rol de mediador entre Fenosa e os encrobeses, apoiando o traslado dos afectados, e os representantes do sindicalismo vertical dos concellos afectados pola presa de Castrelo de Miño (pese á oposición da organización sindical provincial) amosaríanse favorables á protesta, facilitando unha mellora das condicións nas expropiacións. Ben é certo que neste caso a súa posición foi vacilante, xa que acabarían por negociar os prezos das expropiacións de costas aos veciños.

O papel dalgúns medios de comunicación de masas, que actuando como voceiros facilitaron a mediatización da protesta

Ben pola presión social ou por solidariedade coa causa, algúns representantes do Estado acabaron por converterse nun apoio para os afectados, o que pon de manifesto as fisuras internas do aparato franquista, pero tamén o potencial do descontento social e os movementos en defensa do medio ambiente. Uns feitos que non poderían entenderse sen o papel dalgúns medios de comunicación de masas, -que actuando como voceiros facilitaron a mediatización da protesta-, nin tampouco sen a sensibilización e o respaldo social coa causa medioambiental.

O movemento de oposición á mina das Encrobas contou co apoio da práctica totalidade dos partidos políticos e sindicatos nacionalistas e de esquerdas, mais as mostras de apoio tamén chegaron de parte das asociacións culturais, de veciños, de amas de casa, colectivos de universitarios, feministas, estudantes e profesores de ensinanza secundaria, obreiros industriais ou traballadores do sector servizos (incluídos trinta e novo empregados do Banco Pastor, entidade que pertence ao mesmo grupo empresarial que Fenosa).

Cartaz Encrobas
Manifestación contra a política industrial no medio rural galego. Foto: Xosé Castro

Do mesmo xeito, a batalla por evitar a construción da nuclear de Xove contou coa alianza das CLL e a ANPG, pero tamén co apoio de colectivos do movemento veciñal, o estudantil, o feminista ou cristiáns de base, ademais do asesoramento prestado por diferentes expertos económicos e biólogos. Por enriba de todos eles destacaron as Asociacións Culturais Valle Inclán, con sede en Lugo capital, e Sementeira, de Viveiro, e a participación das primeiras organizacións ecoloxistas, o Comité Antinuclear Galego e ADEGA.

ADEGA foi a primeira Asociación Ecoloxista que coñezo en Galiza e en España, relata Adela Figueroa

O caso desta última merece ser destacado, pois alén da súa colaboración contra os vertidos na fosa Atlántica, ADEGA participaría na práctica totalidade de conflitos medioambientais da época, desenvolvendo un papel pioneiro na divulgación do ideario ecoloxista. “ADEGA foi a primeira Asociación Ecoloxista que coñezo en Galiza e en España. Foi conseguindo unha praxe de traballo que se consolidou, combinando informes científicos, legais, axitación social e divulgación. Equipos de Educación Ambiental expandían por todo o país a consciencia ecolóxica, mobilizando moito voluntariado de distintos estamentos sociais e mesmo establecendo relacións alén dos límites da Galiza”, relata Adela Figueroa.

Democracia e medio ambiente

A mobilización cidadá contras as políticas industriais do réxime no medio rural representou unha loita pola democracia. A denuncia da expropiación das terras nas que desenvolvían as súas vidas e os danos sobre o ecosistema superou a fronteira do local, transcendeu alén das súas comunidades veciñais e converteuse nun desafío ás redes de poder do Estado.

Os labregos das Encrobas ou de Castrelo de Miño non conseguiron frear a mina nin a presa, pero lograron desacreditar publicamente o procedemento unilateral e pola forza de Fenosa, en conivencia coa administración. A central nuclear de Xove e os diferentes proxectos de plantas de celulosas non sairían adiante, grazas en boa medida á organización das comunidades afectadas e á sensibilización da opinión pública coa causa. O movemento contra a privatización da marisma de Baldaio non conseguiu o seu propósito na época, pero a loita non cesou e a praia foi aberta ao público xa entrados os noventa.

En resumo, democracia e defensa do medio ambiente son variables que non poden separarse. En palabras de Adela Figueroa, “A ecoloxía ten que ser por forza democrática porque sempre persegue o ben común. Unha distribución equitativa da riqueza, unha conciencia biocentrica do mundo, a análise sistémica e a complexidade como paradigmas de traballo. Ecoloxía é equidade e democracia. Non son separables. Representa a capacidade do pobo para autoorganizarse na defensa dos bens comúns. A consciencia ecolóxica é determinante para formar democraticamente unha sociedade”.

Algúns daqueles conflitos quedaron atrás, outros seguen moi vivas, como a loita contra a fábrica de celulosa de Lourizán

A conflitividade medioambiental contribuíu a rachar as costuras do franquismo e dotar de poder de decisión á cidadanía, nun tempo no que se dirimían as coordenados do novo -e actual- sistema político. Algúns daqueles conflitos quedaron atrás, outros seguen moi vivas, como a loita contra a fábrica de celulosa de Lourizán, cuxa actividade ven de ser prorrogada ata 2073.

Novos e vellos problemas medioambientais atravesan a historia da democracia ata os nosos días. A defensa dun modelo de vida sostible e no que encaixe a vida da maioría social é xa un dos grandes desafíos actuais: “O reto agora está contra esas grandes empresas que teñen máis poder que os estados para depredar o territorio e roubarnos o que é de toda a poboación e dos ecosistemas. A voracidade pirata das multinacionais, a globalización, explotación de seres humanos e os transportes, a crise enerxética está a plantar novos retos. A capacidade de destrución polas maquinas é a maior nunca antes alcanzada. Xa foron espoliados os nosos ríos e rías, agora están a ser espoliados os nosos montes e o noso mar coa ameaza dos macro parques eólicos, a invasión polas masas de eucaliptos ou a balsa de residuos de ALCOA”, advirte a Figueroa.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Industria textil
Industria textil #Tirandodelhilo: la industria textil al descubierto
Comprar ropa se ha convertido en un gesto automático, pero detrás de cada prenda barata se esconde una realidad marcada por la explotación laboral, la violencia de género y el deterioro ambiental.
Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.