Medio ambiente
A futura planta de celulosa en Palas de Rei enerva a veciñanza: nin “bio” nin sustentable

Monocultivo de eucalipto, perda de biodiversidade e 640 litros de auga por segundo: a veciñanza afectada inténtase mobilizar para frear o proxecto, asinado pola portuguesa Altri.
Eucaliptos Euskadi
O cultivo masivo de especies pirófilas ataca a biodiversidade dos montes. Hibai Agorria

A falta de auga en diferentes rexións do Estado español non parece ser óbice para que o Goberno central impulse unha factoría de celulosa en Palas de Rei (Lugo). As máis de 350 hectáreas de hábitat natural que ocupará a planta veranse gravemente afectadas pola súa actividade, ademais de que repercutirá na gandería e agricultura da zona. O máis alarmante: os 640 litros de auga que consumirá cada segundo, as especies animais en perigo de extinción que se verán danadas e a perda de biodiversidade ao expandir o monocultivo de eucalipto.

A veciñanza afectada enterouse polos medios de comunicación: “O primeiro que fixemos foi convocar unha reunión con Altri como empresa, a Xunta e o Concello de Palas como Administración pública e algúns expertos que puidesen dar boa conta de que estaba a suceder. Tan só foron representantes de Palas e os expertos, os demais non se presentaron”, relata Marta Gontá, voceira da Plataforma Ulloa Viva, colectivo formado para intentar frear esta planta de celulosa na zona.

Medio ambiente
Galiza destingue: os montes perden cor
VV.AA.

A lóxica capitalista na xestión forestal está mudando de cor os montes galegos, atacando á biodiversidade e condenando o seu futuro. A Galiza baleirada dificulta unha resposta social, mais hai outros xeitos de relacionarse co monte.

Aquilo sucedeu en decembro de 2022. Pouco despois, os medios de comunicación informaron a bado aberto dos centos de postos de traballo que se crearían, “unha serie de informacións que non se sostiñan en ningún estudo ou informe porque aínda non había proxecto presentado algún”, completa esta veciña de Monterroso e traballadora en Palas de Rei.

O tempo pasaba e a incerteza medraba. Nin sequera nos concellos do lugar tiñan moita máis información que a publicada pola prensa. Así chegou novembro de 2023, cando a Plataforma se decatou de que Altri, a través dunha entrevista na radio co director do proxecto, afirmou que levantarían unha fábrica combinada de lyocell e celulosa. “Pouco despois fíxose público o proxecto de captación, que é o único que temos agora, e caeunos a alma ao chan”, remarca a voceira.

Romper un ecosistema en dous

Os datos non deixan lugar a dúbidas sobre a magnitude do proxecto, e máis nun momento no que a seca ameaza a parte da xeografía española: a planta que construirá Altri en Galiza consumirá 640 litros de auga por segundo, cunha captación total de 46.000 metros cúbicos ao día, é dicir, 17 piscinas olímpicas. “Ademais, aínda que Pepe Blanco dixese o ano pasado que esa auga volvería apta para o consumo ao seu ciclo natural, no proxecto non aparece como tal”, engade Gontá.

No proxecto de captación recollen a creación dunha canalización de 12,5 quilómetros que afecta boa parte dunha zona da Rede Natura 2000.

Máis alá do estratosférico consumo de auga que terá a próxima fábrica de celulosa en Galiza, no proxecto de captación tamén recollen a creación dunha canalización de 12,5 quilómetros de longo que afecta boa parte dunha zona considerada Rede Natura 2000 e protexida pola propia Xunta. En total, en boa parte do percorrido, veríanse afectados ata 10 metros de ancho, que é o que ocuparán os dous tubos de captación desde o embalse de Portodemouros, e a da vertedura, que remata no río Ulla. Isto ten unha consecuencia directa: os afectados non poderán plantar nin árbores nin arbustivos nese espazo.

Desde a Plataforma Ulloa Viva denuncian que eses predios rematarán en desuso. “Cunha servidume dese tamaño, a xente non as vai atender porque non van arriscarse a que pase a canalización por aí en calquera momento e derrame o cultivado”, sinala a voceira do colectivo. É dicir, de forma previsible a zona empezará a estar desatendida por gandeiros e agricultores.

Gran perda de biodiversidade

Alén diso, o factor vexetal tamén xoga un papel clave. A planta de celulosa e lyocell nutrirase de eucaliptos, e “nun eucaliptal non vive nada máis ca as árbores, apenas hai vida animal”, quéixase Gontá algo triste: “Estamos falando dunha zona de gran biodiversidade e un gran bosque autóctono. Se a planta de Altri se constrúe, en arredor de 70 quilómetros á redonda tan só haberá monocultivo de eucaliptos”.

Se a planta de Altri se constrúe, nuns 70 quilómetros á redonda tan só haberá monocultivo de eucaliptos”.

Neste sentido, hai tres especies de plantas endémicas estritas, isto é, que de todo o mundo só se atopan nesa zona, e catalogadas como en perigo de extinción. Son a Armeria merioni, Santolina melidensis e Leucanthemum gallaecicum.

Por outra banda, na parcela que queren converter para uso industrial viven animais considerados como ameazados en Galiza. Entre os invertebrados destacan o caracol Elona quimperiana e a bolboreta Zerynthia rumina, ambos en perigo de extinción. Tamén de especial interese son os grupos de aves propias de hábitats abertos, en declive tanto en Galiza e España como a nivel europeo, onde neste caso destacan a tartaña cincenta e a gatafornela.

Medio ambiente
Eucaliptos: conflitividade, impactos e solucións
Despois de oito décadas de avance descontrolado dos eucaliptos en Galicia faise cada vez máis necesario dar ao monte unha resposta ecolóxica e de futuro.

A contaminación do aire é outro dos elementos que non pasan desapercibidos para a Plataforma Ulloa Viva, desde onde se amosan preocupados por este extremo do que nin sequera teñen información: non saben que gases ou substancias emitirán á atmosfera nin que cantidades. “Estamos moi preocupados porque cremos que afectará á saúde das persoas”, comenta esta veciña de Monterroso.

Tal será a destrución de biodiversidade que numerosos científicos e investigadores do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela publicaron un manifesto no que alertan da ameaza que supón a planta de Altri nesa zona.

Un polígono industrial rodeado de bosque

Tendo en conta que segundo o plano do proxecto a planta ocupará unhas 366 hectáreas, Gontá ilustra a cuestión: “Van poñer un polígono industrial en medio do monte. Unha persoa calquera non pode construír unha vivenda nun polígono, pero esta xente si pode meter un polígono industrial onde hai casas. Onde queda a ordenación do territorio?”, cuestiónase. De feito, hai vivendas que apenas quedarán a 50 metros da factoría, como as aldeas de A Vacariza e Ramil.

Agolada é o municipio que máis predios atravesará a futurible canalización: 218. “Aí, os gandeiros levan organizados unha década pedindo unha parcelaria, unha agrupación de predios para podelos traballar de maneira máis cómoda, sostible e rendible, pero non llela aceptaron nunca”, contextualiza Gontá. En cambio, agora ven como os seus predios serán atravesados por esta instalación para a captación. “A nivel económico, non todo é tan bonito como din desde Altri”, destaca a voceira.

Ademais, Palas de Rei e Melide, dous dos municipios próximos á factoría de celulosa, son parada obrigatoria no Camiño de Santiago. “Temos moitas dúbidas de como vai afectar porque desde certos puntos do percorrido se verá a fábrica, con todo o que significa en canto a olor e feísmo”, determina a traballadora de Palas de Rei.

O enclave do que Altri sacará auga será o embalse de Portodemouros: “Que vai pasar cos gandeiros? Seguramente esas explotacións teñan que pechar”.

O enclave do que Altri sacará a auga será o embalse de Portodemouros: “Que vai pasar cos gandeiros que se nutren de aí para facer fronte aos seus predios e animais? Seguramente, esas explotacións teñan que pechar porque non hai nada que substitúa a auga”, pregúntase Gontá. Ademais, trátase dunha zona cunha alta gandería extensiva con vacas tanto de leite como de carne que pacen arredor do río Ulla.

Memoria histórica
Memoria da loita medioambiental na Galiza da transición (I)
Ensaio histórico de como na Galiza as mobilizacións na defensa do medio xogaron un importante papel democratizador na derradeira etapa do franquismo e durante a transición.

A pesar de que a plataforma intentou reunirse cos concellos afectados, de pouco serviu. Tan só Santiso, gobernado polo BNG, abriu unha oficina para axudar á veciñanza á hora de realizar as alegacións pertinentes. Por outra parte, o proxecto está impulsado pola Xunta e o Goberno central apóiao: “Non entendemos por que o impulsan se non hai ningún beneficio para os veciños e veciñas”, di Gontá. Os ministerios aos que se dirixiu a plataforma por carta tampouco responderon.

Lonxe do “bio”

“Esa fábrica non é nin sustentable nin é bio. Son dúas palabras que non deixan de utilizar constantemente para enganar á poboación, para facela dubidar. Os recursos que necesita para a súa actividade non son renovables, gasta moito máis do que a entorna é capaz de soportar, así que non é sustentable por definición”, explica unha Gontá algo desesperada ao ver que os principais medios de comunicación tanto locais como rexionais apenas publican noticias sobre a cuestión máis alá de relatar as bondades de Altri.

Suso quere ser presentado como a persoa que menos quere que se contamine o río Ulla. Veciño de Palas de Rei, considera innecesaria totalmente unha factoría así no lugar: “Sempre se esqueceron de nós, así que agora que non veñan vendernos ningunha moto”, expresa. El é quen detalla que o río Ulla, que estaría contaminado polas verteduras da planta de Altri, segundo comenta, desemboca en plena Ría de Arousa, un extremo que lle fai pensar “se esta é a herdanza e o patrimonio que queremos deixar ás seguintes xeracións”.

Tal e como engade, “moitas aldeas en verán xa non teñen auga, nin sequera cumpren coa normativa europea de saneamento e sobre a rede de sumidoiros que a inmensa poboación mundial coñece no século XXI. E eles que pretenden? Pois gastar máis auga”, respóndese a si mesmo. Suso teno claro: “Non nos entendo, a nós como persoas, que poidamos chegar a deixar un futuro así, tan hipotecado, por diñeiro”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

México
México El Coyul, un ejemplo de resistencia indígena frente al despojo en el Istmo de Oaxaca
La Sociedad Agrícola y Ganadera El Coyul continúa apelando la sentencia por despojo agravado y secuestro interpuesta a 21 de sus miembros
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
Minería
Mina de Cañaveral No a la mina de Cañaveral recurrirá ante la Comisión Europea su designación como proyecto estratégico
El estatus de proyecto estratégico europeo implica tramitación exprés de autorizaciones y exención de cumplir determinadas exigencias medioambientales, algo que, denuncian, estaba ocurriendo de facto en el Proyecto de Las Navas.
Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y Greenalia está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Más noticias
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.