We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Medio ambiente
A conselleira de Medio Ambiente suxire que opoñerse a Altri vai contra a lei
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángelez Vázquez, suxeriu este mércores nunha rolda de prensa que as loitas sociais e políticas que enfrontan a celulosa que Altri, Greenalia e a Xunta queren construír en Galiza piden, ao seu xuízo, “que se prevarique”. Unha das persoas de confianza de Alfonso Rueda e máxima responsable ambiental do Goberno galego respondía así ás críticas dos alcaldes dalgunhas das zonas máis afectadas da comarca da Ulloa, como Arzúa, Santiso e Melide: “Eu nunca lle pediría a un alcalde que prevaricase”, sostivo.
Medio ambiente
Galiza Unha manifestacion histórica contra a celulosa de Altri e a Xunta desborda Compostela
A conselleira, que recibiu o encargo por parte de Rueda de asumir o rol de ariete contra a contestación social pide aos alcaldes o que, segundo ela, deben facer: “Rexer os seus municipios, achegar riqueza e informar dentro do que é a lei en si”. A xuízo de Vázquez, ningunha crítica ecolóxista contra a celulosa de Altri e Greenalia ten fundamento: ”Non hai base ata que non haxa declaración de impacto ambiental".
Nesta liña, Vázquez instou aos alcaldes a “respectar a lei igual que ten que respectala a Xunta de Galicia”. “Respectar a lei son uns prazos e, dentro deses prazos, se a documentación non é clara ou esta incompleta, a Xunta ponse en contacto co promotor para que clarifique ou faga as achegas necesarias”, manifestou.