We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Medio ambiente
Activistas de Greenpeace instalan 'unha celulosa' na sede da Xunta en protesta contra Altri
Activistas de Greenpeace instalaron a mañá deste xoves unha cheminea industrial nas portas da sede da Xunta de Galiza en San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña). Fano en sinal de protesta pola macrocelulosa que o Goberno galego de Alfonso Rueda, a multinacional portuguesa Altri e a empresa galega Greenalia queren instalar no corazón do país. Tamén, é unha acción que serve de antesala da manifestación que hai convocada para este domingo ás 12.00h na Praza do Obradoiro na capital galega.
Medio ambiente
Medio ambiente Quen lidera o negocio do eucalipto en Galiza ao que Altri quere sumarse?
As protestas de centos de miles de galegos e galegas contra a fábrica de celulosa que Altri quere construír no corazón de Galiza conseguiron sumar xa medio millón de firmas contra o proxecto industrial que ameaza o ecosistema e as formas de vida na comarca da Ulloa, onde a Xunta abriulle as portas á instalación dun complexo industrial do tamaño de 500 campos de fútbol.
Mentres, as protestas seguen focalizadas a través dúas vías: a política e a empresarial. As principais concentracións, manifestacións, accións, manifestos e intervencións políticas sitúanse fronte á Xunta, a propia multinacional portuguesa e a empresa galega Greenalia.