Maz, arte urbano no rural galego - 6
O artista galego, Maz, diante dunha das súas obras en Sober (Lugo). Pablo Vázquez Varela

Grafiti
Arte urbano no rural: os muros da Ribeira Sacra que falan sobre aqueles cos que non podemos falar

O artista urbano vigués Maz atopou nas paredes da Ribeira Sacra a canle perfecta para compartir coas veciñas e co resto de seres vivos da zona o seu particular modo de ver o mundo.
23 dic 2023 05:30

Xusto antes de chegar ao campo de fútbol da Carqueixa, en Sober, viramos cara a esquerda rumbo a Mer. Ao pouco, topamos en medio dun piñeiral cunha pequena construción que serve como depósito de auga e, agora, tamén de lenzo para Maz. “Aquí no rural non hai apenas información visual, polo que cada imaxe que introduzas no medio vai ter moito maior impacto que nunha cidade”, comenta o artista urbano ou, neste caso, rural. No muro que dá cara a estrada, aproveitando a función da caseta e o seu material, pintou o encoro de Belesar, situado a 30 quilómetros de alí. O formigón da presa é o propio formigón do depósito: “Gústame xogar cos materiais e os elementos que xa están aí e crear unha ficción baseada en feitos reais. O mundo non é un folio en branco, hai información que quero aproveitar”, explica. O resto da obra son tons verdes e ocres para evitar “eclipsar ás plantas e chamar máis a atención ca elas”.

Arte urbano
Paredes que falan
Desordes Creativas exporta un modelo de festival que coloca Galiza na escena internacional do muralismo de gran formato. Historia dunha década

Nun dos laterais do mesmo depósito vemos un tríptico formado por tres árbores solitarias que conseguiron sobrevivir o asfalto, o ladrillo e, en definitiva, a man humana: “Mentres pintaba comezaron a talar o piñeiral de en fronte; un momento de creación e destrución moi intenso. Por sorte non se pode facer leña da arbore pintada”. Nas outras dúas caras atopamos catro viñetas que forman parte dun proxecto de cómic á intemperie, todavía en proceso, espallado pola Ribeira Sacra chamado M.A.L. (Museo ao Aire Libre). Na parte traseira, que dá cara co bosque, un paxaro laranxa lémbralle a unha árbore que lle debe cartos: “En graffiti chámaselle secret spot a un lugar que ninguén sabe moi ben como acabaches pintando aí”, conta o vigués, quen gusta de darlle un toque de humor surrealista a moitas das súas pezas.

Sementa-la testa

A seguinte parada é Mañente, onde o muro exterior dunha casa loce outra das súas obras, pero dun estilo completamente distinto. Só liña branca sobre o gris amarelento polo mofo da parede. “Estimúlame pintar tanto en lugares moi ocultos como noutros moi expostos, que non podes evitar miralos, como un panel publicitario. Penso no explorador que atopa unha intervención artística agochada pero tamén na violencia coa que se impón a publicidade na paisaxe”, di Maz.

Maz, arte urbano no rural galego - 13

Aquí atopámonos claramente co segundo caso, unha peza que ademais interactúa coas silvas e a estrada que ten arredor. Pintouna de noite para que á mañá seguinte aparecese aí como por arte de maxia: “Cando non sabes de onde saen as cousas ese misterio faiche inventar e crear novos significados. Cada un pode apropiarse dela”. Un cartel amarelo de “Véndese” estraga un pouco a estampa, pero o artista agradece que “tivesen a sensibilidade de colocalo a un lado, onde menos molesta”.

Nin nas súas redes sociais nin en prensa atopamos o verdadeiro nome ou unha foto de Maz: “Gústame manterme á marxe, que sexa a obra a que fale e camiñe de forma autónoma. Tampouco vou forzar o anonimato e montar unha película diso. Prefiro que a miña imaxe non sexa o eixo da narrativa nas miñas redes”, xustifica. Tampouco é moi dado, agás algunha excepción, a pedir permiso para pintar en paredes alleas: “Non o vexo necesario. Tiven problemas e multas hai moito tempo, pero agora escollo con moito coidado e agarimo onde pintar”, rememora. A ubicación, o material, a época do ano, a propiedade, o valor arquitectónico… o traballo previo para escoller cada muro é unha investigación sociolóxica e urbanística en si mesma.

Zona de xogo

En Monforte, a nosa seguinte parada, tivo varias chamadas de atención: “Pero sempre acabo convencendo á policía de que non hai problema”, engade coa picardía de quen ten moitas horas de rúa ás costas. O barrio da Estación, situado á beira da terminal do ferrocarril, é un dos lugares nos que máis desfruta paseando e pintando. A decadencia da zona é palpable pero, a diferenza de gran parte da vila, mantén moitos edificios da época na que Monforte era o nó ferroviario máis importante de Galicia. Un barrio que sería carne de xentrificación se alguén quixese facer tal cousa na urbe lucense. Nestas rúas grises atopamos varios trípticos que funcionan a modo de tiras de cómic, un mural de grande escala na medianeira dunha casa ou un máis pequeno no interior dun local comercial abandonado, repleto de latas de cervexa baleiras, un colchón sucio e demais refugallos.

O feito de traballar con brocha e cubos de pintura e non con spray, cre, axuda a que os veciños leven mellor as súas intervencións: “Unha característica interesante do graffiti é a destrución da propiedade porque é algo que non podes controlar nin capitalizar. A min oféndeme cando alguén pinta enriba duns petróglifos, e a esa persoa ofenderalle que alguén pinte na porta da casa da súa nai. O vandalismo non se casa con ninguén”, di Maz. Algúns concellos, como Vigo mediante a iniciativa Cidade de Cor, tentan dalgún xeito domesticar esta corrente artística subversiva. O propio Maz participou con dous murais neste proxecto ideado polo goberno de Abel Caballero, non sen ter un forte debate interno: “É das cousas máis controvertidas polas que pasei no meu traballo. Por un lado agradeces que te chamen para pintar na túa cidade e contribuír ao seu patrimonio cultural, xa que levas toda a vida pintando alí de forma alegal sen ver un euro e sentes que está xustificado. Pero ao mesmo tempo dá baixón que sexa por medio dun proxecto tan espectacular co que non estou de acordo en moitas cousas e sobre todo que estea ligado a unha alcaldía que resulta tan nociva para todas as actividades culturais. É unha contradición”, admite.

Maz, arte urbano no rural galego - 10

A nosa última parada está ás aforas de Monforte, nunha fábrica de azulexos abandonada. O edificio principal, de ladrillo laranxa, é inmenso e ten unha fachada triangular do máis atractiva: “Algunha vez pensei en facer un mural aquí, pero o edificio paréceme tan impresionante que non tería sentido”. Noutra construción anexa, de ladrillos xigantes, atopamos unhas siluetas brancas de temática exipcia. “Xeroglíficos exipcios en Monforte? E por que non? Ao final isto tamén son ruínas”, di MAZ ao ver de novo a súa creación. Esta fábrica é como unha zona de xogo para el, onde experimentar sen que ninguén o moleste. Deste xeito, atopamos tres murais de temáticas e técnicas moi distintas: “Non entendo o estilo como unha marca distintiva. A pintura é unha ferramenta para expresarme e o estilo depende do que queira contar, do muro, da localización ou do meu momento vital. Cando estou cómodo nun estilo busco outras posibilidades de comunicar as ideas, de seguir investigando. Os resultados son moi gratificantes”, explica.

Campo e cidade

Os seus murais tamén foron evolucionando a nivel temático a escenas máis complexas e poéticas que deixan un pouso no espectador. “Nas cidades paréceme interesante colocar mensaxes máis fortes e propagandísticas”, di en referencia a obras de hai bastantes anos como o polbo que pide non ser comido fronte á Colexiata de Vigo, unha das zonas máis turísticas da cidade; ou outro preto da estación de tren, na mesma urbe, que satirizaba sobre o capitalismo duns grandes almacéns baixo o lema “El Corte Bangladesh”. “Hai sitios para dar labazadas e outros para dar abrazos. O rural invita a facer cousas que vibren máis baixo pero que cheguen máis lonxe”, conclúe.

Os dous temas máis frecuentes das súas pinturas son, en aparencia, opostos: o natural e o urbano: “É parte do mesmo. Falo de como nós, os primates humanos, nos desenvolvemos e nos relacionamos co resto de cousas. Eu nos muros falo comigo mesmo e cos que están ao meu redor e comparten a miña cultura, pero falo sobre aqueles cos que non podemos falar: animais, plantas…”, conta. Segundo el, do mesmo xeito que hoxe tomamos conciencia do racismo, do sexismo ou do especismo, a nosa relación coa paisaxe vai ser unha loita social que está por vir en Galicia, “onde hai unha visión moi extractivista da natureza e unha ordenación nada harmónica do territorio”.

Maz, arte urbano no rural galego - 9

Afondando máis nesa investigación antropolóxica, outro dos proxectos de Maz é Alén do cascallo, un traballo colectivo xunto con Riaq Miuq no que combina de novo exploración, estudo de campo e pintura ao aire libre. Nel plasma petróglifos situados nas provincias de Pontevedra e A Coruña nas paredes de edificios inacabados. Estes mamotretos asolan o país, especialmente na beira das estradas nacionais e nos centros urbanos. Mediante esta idea buscan, lonxe de ofrecer respostas, formular preguntas sobre os cascallos do futuro: “Gústanos a idea de mirar cara adiante e cara atrás e xuntalo todo nun mesmo plano”, explica.

Maz lembra unha anécdota cando pintou en Rosende, Sober, na caseta dun pozo en medio dunha finca. Trabou boa amizade coa veciñanza e mesmo se reuniron o día que rematou a obra, a modo de inauguración. Nas paredes vemos, entre árbores, un texto que di “Imos abrir un museo aquí”, ironizando coa manía que temos as persoas de crear simulacións e convertelo todo en museos, atas as propias cidades e parques. Unha das veciñas presentes, afeccionada ao Geocachin (xincanas no medio da natureza), díxolle que ía poñer un dos puntos de procura alí e de paso explicar a obra. Outro veciño saltou e dixo que entón el ía poñer un posto de verduras ecolóxicas. “Ao final creei un monstro”, brinca Maz. Segundo el, este tipo de actuacións invitan á reflexión sobre como una pintura modifica o modo en que vemos os espazo e sobre o absurdo de “querer darlle un valor cultural humano a algo que non necesita validación”, como a propia natureza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta Silvia Penas, a creatividade na procura
A poeta, performer e creadora repasa na Catapulta a súa carreira e o súa visión sobre a poesía
Religión
Religión ‘El minuto heroico’ rompe el silencio sobre el Opus Dei: “Es un documental sobre la vulneración sistemática de derechos”
Dirigido por la prestigiosa periodista Mònica Terribas, el documental visibiliza los testimonios de 13 mujeres que relatan abusos y coerciones sufridas dentro de la organización. Conversamos con Terribas y con Marina Pereda, exagregada de la Obra.
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.

Últimas

Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Más noticias
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.

Recomendadas

Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.