Resistencia guerrilleira en Valdeorras

Feminismos
Mulleres: base da resistencia guerrilleira en Valdeorras

Fontes orais e grupos de investigación como Sputnik Labrego demostran que o tecido organizacional se sostivo grazas aos enlaces que loitaron dende o chan.
25 ene 2023 09:00

Valdeorras foi o epicentro da guerrilla antifranquista do noroeste da Península Ibérica. A partires do 21 de xullo de 1939, despois de que o bando fascista se alzara, rematando así a Guerra Civil o 1 de abril do mesmo ano, as persoas desta comarca comezan a botarse ao monte.

Os traballos de recuperación da memoria histórica da comarca non serían posibles sen a implicación do grupo de investigación “Sputnik Labrego”. A documentación e os traballos de escavación no entorno de Casaio, onde se atopa a famosa “Ciudad de la Selva”, constitúen unha parte importante do engranaxe histórico da guerrilla antifranquista de Valdeorras. Ademais, veñen de presentar, xunto coa produtora Metropolis.coop, o documental co mesmo nome: “Ciudad de la Selva”, o cal seguirá a proxectarse neste 2023.

Así, tal e como explica este grupo de investigación, nos primeiros momentos, serían pequenos grupos de fuxidos. Constátase que entre 1941 e 1946 é onde se acada un maior grao de organización, debido á creación e desenvolvemento da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Alejandro Rodríguez, historiador e arqueólogo do mesmo grupo, defende que “a Federación se caracteriza pola diversidade política dos seus integrantes, xa que o que se defendía era o antifascismo por enriba das loitas dos partidos políticos”.

Regulamento Ciudad de la Selva
Regulamento da Federación de Guerrillas de León-Galicia asinado na Ciudad de la Selva. Foto: Sputnik Labrego. Alba Prada
Federación fundación
Congreso fundacional da Federación en Ferradillo (León). Foto: Sputnik Labrego. Alba Prada

Esta organización tivo o seu epicentro nunha das frontes de intervención máis relevantes: a “Ciudad de la Selva”, un conxunto de campamentos da guerrilla situados nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras). “É un punto estratéxico, xa que se atopa na Serra do Eixe, e na fronteira entre Ourense, León, Zamora e Portugal, polo que se converteu nunha zona de paso que permitía unha gran mobilidade se se coñecían os montes”, explica Rodríguez. Tal e como documenta José Antonio Gurriarán no seu libro “As mulleres do monte”, un dos altos mandos da Federación, Marcelino Fernández Villanueva “Gafas”, describiu a “Ciudad de la Selva” como “montes cortados a pico coma se fose un acordeón, nos que a Garda Civil prefería non entrar… Eles, tranquilamente nas súas casas e nós tranquilamente no noso campamento”.

Ciudad de la Selva
Ciudad de la Selva Alba Prada

A rede de enlaces, sostida fundamentalmente por mulleres

Porén, aínda que as ideas das persoas que formaban parte da Federación eran adiantadas en moitos aspectos, seguía a ser unha sociedade profundamente machista. En xeral, existía discriminación de xénero e había reticencias cara que as mulleres subirán ao monte. Segundo explica o colectivo Sputnik Labrego, era ata tal punto que mentres que Marcelino Fernández Villanueva “Gafas” ocupou a Xefatura do Estado Maior da Federación de Guerrillas León-Galicia, prohibiu ter compañeiras no monte.

Desta maneira, tal e como o confirma Celtia Rodríguez, doutora en arqueoloxía de xénero, o papel das mulleres consistiu, de forma xeral, en actuar como enlaces, xa que foron poucas as que se incorporaron aos destacamentos. Rodríguez explica que para o desenvolvemento da guerrilla “foi especialmente importante a existencia das coñecidas como mulleres do chan, xa que representan a resistencia campesiña e a valentía do cotián”.

Por iso, se a represión neste período foi desmedida, contra as mulleres foi incluso peor. Debido ás súas actuacións para soster todo a armazón guerrilleiro, agochando a persoas nas súas casas e de enlaces, sufriron violacións, torturas e por suposto, asasinatos. Ademais, en forma de humillación, moitas foron rapadas. Ermitas Iglesias, recorda dende a cociña da súa casa de Rubiá de Valdeorras o caso da súa cuñada: “Dixéronlle que se non se pasaba ao seu bando, rapábana. E así foi”.

Fiestra dende o chozo con Casaio ao fondo
Ampliar
Fiestra dun dos chozos situados na Ciudad de la Selva. Alba Prada

“Hai documentadas 114 mulleres nos tribunais que foron relacionadas como enlaces e 7 documentadas como fuxidas do monte”, explica Celtia Rodríguez. A situación nos cárceres “era moito peor para elas, xa que aparte dos abusos, hai que sumarlle que moitas estaban embarazadas”. Moitas deron a luz entre os muros, e as que foron encarceladas sendo nais, foron separadas dos seus fillos e fillas, en moitos casos sen ter con quen deixalos ou ben deixándoos de casa en casa de familiares.

A represión e o exilio, realidade de moitas

Noutros casos, tiveron que pasar á clandestinidade. Laura Rodríguez, historiadora de Sputnik Labrego, apunta que “moitas foron represaliadas e víronse obrigadas a exiliarse ou a botarse ao monte”. Aínda así, tamén está documentada a actuación de moitas mulleres en movementos sociais, clandestinos, ou organizados fóra do país.

Este último é o caso das irmás Chelo e Antonia Rodríguez López, de Soulecín (O Barco de Valdeorras). Actuaron de enlaces dende que os seus irmáns se botaran ao monte, en 1939. A súa casa de Soulecín era denominada polos guerrilleiros como “a fortaleza”, xa que durante moitos anos acolleron a compañeiros que fuxiran.

Chelo e Antonia
Chelo e Antonia Rodríguez López de mozas Alba Prada

O 18 de outubro de 1939, o I Terzo da III Bandeira da Lexión asasina aos seus pais debaixo dunha árbore, metendo aos fillos máis pequenos nunha corte, e en presenza dos veciños. Segundo lle explicaba Chelo á escritora Aurora Marco para o libro “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, este acto foi o que provocou que todos os fillos loitaran, tanto no chan coma no monte, pola causa republicana.

Despois de pasar por diferentes cárceres como a do Barco, a de Ponferrada ou a de León, botaríanse ao monte en 1945, xa que a súa vida estaba ameazada. Foron directamente a Ricosende e despois aos vales de Morteiras e Bruña (Casaio, Carballeda de Valdeorras), lugares que forman parte da denominada “Ciudad de la Selva”.

Viviron nos chozos, en condicións difíciles, pero Chelo confesáballe a Aurora Marco que foi a época máis feliz da súa vida, xa que “alí defendíase a súa causa e estaba co que consideraba o seu amor”. Este amor era Arcadio Ríos, xefe da II Agrupación da Federación de Guerrillas León-Galicia, pertencente a Ourense.

As irmás permaneceron na “Ciudad de la Selva” ata o ataque da Garda Civil de 1946, cando se celebraba o Congreso de Reunificación. A historiadora Laura Rodríguez, confirma que “neste ataque, Arcadio Ríos, o compañeiro de Chelo, foi asasinado”.

Despois, Chelo marchou a Madrid e Antonia a Francia co seu compañeiro César Ríos, na famosa viaxe organizada por Indalecio Prieto o 23 de outubro de 1948. O 12 de abril de 1949, Chelo tamén conseguiría chegar a Francia, lugar onde as dúas residirían ata a súa morte (Antonia en 2012 e Chelo en 2019).

Indalecio Prieto
Españois que conseguiran exiliarse a Francia con Indalecio Prieto. A única muller é Antonia Rodríguez López Alba Prada

Oval, un pequeno pobo situado no concello de Rubiá de Valdeorras, tamén viviu un suceso tráxico, pero esta vez relacionado cunha denominada “muller do chan”. Este foi o caso do aforcamento de Concepción e Remedios Rodríguez Cadórniga, alcumadas “as Xobas”.

Felicitas Rodríguez Cadórniga mantiña unha relación co guerrilleiro de Xagoaza (O Barco de Valdeorras), Jesús Arias Quiroga “Chucho”. Debido a malas relacións e traizóns coa familia, Jesús Arias matou a un veciño, e como vinganza, o irmán denunciouno ante as forzas franquistas.

Tal e como recolle Santiago Macías en “El monte o la muerte”, acto seguido, a Lexión foi a Oval a capturalo, pero conseguiu escapar, matando a un dos lexionarios. Como Chucho mantiña unha relación con Felicitas, en represalia, o 23 de outubro de 1939 aforcaron á súa nai, Concepción, e á súa irmá, Remedios.

Este asasinato destaca pola súa crueldade, xa que o aforcamento produciuse nun cereixo á entrada do pobo, diante de todo o mundo. A Milagros, filla de Remedios, obrigárona a presenciar o aforcamento.

Ademais, despois leváronas nun carro para o cemiterio de Rubiá, onde estiveron todo o día. Josefina Núñez Vega, veciña de Oval, explica, negando coa cabeza en sinal do horror que tivo que supoñer, que a nai, Concepción, “estaba viva porque tiña bocio e non apertou ben a corda”. As fontes orais dan dúas versións: a primeira é que se deron conta de que estaba viva porque se lle levantou a saia, e a segunda é porque pediu auga. Despois diso matáronas e enterráronas nun buraco sen caixa.

Cemiterio Rubiá
Cemiterio de Rubiá de Valdeorras. Alba Prada

Felicitas, despois diso, botouse ao monte co seu compañeiro Chucho, ata que se entregou á policía porque estaba embarazada. Levárona ao cárcere de Ourense, onde no 22 de maio de 1941 nacería a súa filla Lola.

Por outra banda, outro caso caracterizado pola súa brutalidade é o de Carmen Jérez Rodríguez, natural de Fervenza (O Barco de Valdeorras). Foi colaboradora e enlace da guerrilla, e tamén compañeira de Abelardo Macías “o Liebre”, compoñente da Federación de Guerrillas León-Galicia.

Viña dunha familia de esquerdas, na que a súa nai estivera no cárcere por axudar aos fuxidos, e en 1944 foi a súa quenda, despois dun combate que tivo lugar en Fervenza, e o cal rematou coa morte do delator Manuel Rodríguez Rodríguez.

Segundo recolle Aurora Marco en “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, a noite do 25 de xullo de 1946 sacárona enganada e forzada da súa casa, facéndose pasar por guerrilleiros e tentando que lles dixera o paradoiro do “Liebre”. Levárona ao cuartel da Rúa, onde a retiveron dous meses, e despois trasladárona a Ponferrada, sufrindo violacións en ambos lugares. En maio de 1947, o seu cadáver, en avanzado estado de xestación, apareceu nunha cuneta de Montearenas (Ponferrada), lugar onde foron executados e sepultados moitos republicanos.

Nun intento de que a xente crera que fora un asasinato a mans da guerrilla, expuxeron a súa fotografía en varios escaparates de Ponferrada para a súa identificación. Ao final, foi enterrada espida no exterior do cemiterio, ata que a súa familia se decatou do acontecido e a sacaron da fosa común.

Tamén preto de Fervenza, concretamente no Meiral (Santa Mariña, O Barco de Valdeorras), o caso da enlace Clarisa Rodríguez Rodríguez (1900-1965), non foi menos importante. Ela non foi asasinada, pero sufriu encarceramentos e abusos.

A súa historia remóntase xa á súa familia, a cal era de esquerdas dende antes da Guerra Civil. Aos 17 anos, despois de casar e ter unha filla, comezou a rexentar un muíño que quedaba un pouco afastado do que era o pobo. Lugar perfecto que serviu de acubillo para os fuxidos, xa que cando comezaron a andar polos montes da zona os primeiros guerrilleiros da Federación de León-Galicia, agocháronse alí. Aínda que segundo afirma o seu fillo, Xoán Xosé Rodríguez, sentado nun banco da vila do Barco de Valdeorras, lugar onde reside actualmente, “tamén se agochaban na propia casa do Meiral”.

As forzas represivas tíñana controlada ata tal punto que lle rodearon a casa. Pero por sorte ou por benevolencia dun dos axentes,  finalmente non a mataron. Xoán Xosé Rodríguez relata que “un dos guardias díxolle ao que sostiña a pistola que a deixara, que estaba xorda, e xa non lle disparou”.

Resistencia guerrilleira en Valdeorras Xoan Xose
O fillo de Clarisa Rodríguez, Xoan Xosé, sostendo a súa foto. Alba Prada

Porén, Clarisa pasou polos cárceres de Ourense e de Celanova, onde lle contaba aou seu fillo que coincidira con moitas compañeiras da zona como Carmen Jérez. Ademais, da segunda vez que estivo presa naceu o seu fillo Xoán Xosé, concretamente o 12 de xuño de 1944. “Deixárona vir para casa porque me ía parir a min, para que non lles molestara alí”, explica Xoán Xosé.

Á súa volta ao Meiral, atopouse coa casa desvalixada, sen comida e sen a colleita que tiña. “Nos anos seguintes seguiu vixiada, e os axentes acosábana continuamente, preguntando por fuxidos e requisando comida e todo o que tiña”, lamenta o seu fillo. Finalmente, faleceu o 17 de xaneiro de 1965, aos 65 anos.

“As traxedias como as da miña nai acontecían todos os días a moitas mulleres da comarca e do país”, condena Xoán Xosé. Con todo, esta vítima indirecta da represión xa non pide xustiza, “o que queremos é que se saiban estas historias para condenar o que pasou hai non tantos anos”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.