Feminismos
Brigitte Vasallo: “Cando se toca a patria, como en canto se toca a parella, saltan as mesmas alarmas”

Tomamos un café coa charnega galega Brigitte Vasallo, que nos fala sobre o seu último libro, Pensamiento monógamo, terror poliamoroso, e sobre amor, Estado, capitalismo e revolución.

Brigitte Vasallo Entrevista
Brigitte Vasallo. Elena Martín
9 jul 2019 09:45

Tomamos un café coa charnega galega Brigitte Vasallo, que nos fala sobre o seu último libro, Pensamiento monógamo, terror poliamoroso, e sobre amor, Estado, capitalismo e revolución.

Dis que vivimos nun sistema monógamo, que ese é o problema. Con canta xente te deites na túa vida é algo ‘secundario’, non?
A cuestión é o sistema, que rexe unha forma de nos relacionar. Nel é difícil saber o que queremos ou o que non porque non hai moitas opcións para querer outras cousas, o que non quere dicir que non poidamos ter as relacións que nos apetezan e nos fagan sentir ben. A cuestión é que facer visible o sistema non vai en contra das persoas que deciden ter unha relación exclusiva nin das persoas que deciden non ter ningunha. O que intento é abrir espazos para que incluso esa forma de relación sexa escollida dun xeito máis libre. O libro fala de “terror poliamoroso” porque en canto empezas a poñer sobre a mesa esta cuestión sistémica, parece que saltan todas as alarmas da xente que se sinte atacada na súa relación. Como cando falas do feminismo e hai homes que se senten atacados ou cando falas de racismo hai persoas brancas que senten que as estás atacando.

Forma parte tamén do pensamento hiper individualista e hiper egocéntrico no que estamos, que fai que a xente o relacione coa súa vida privada, cando isto vai de todo o conxunto e do sistema. Logo cada unha faremos a vida que poidamos facer. Xa se sabe que as heroicidades non son as que nos van levar ao cambio.

Nacemos nunha sociedade patriarcal e, como dis, temos moitísimo que aprender para non deixar cadáveres sentimentais polo camiño. No libro falas de que unha das chaves radica en deixar de ver as relacións como unha xerarquía, onde a nosa parella é a persoa máis importante. A verdadeira revolución radicaría en que nos importe toda a xente que forma parte da nosa vida, incluso a nosa veciña. O capitalismo non soporta que tezamos redes de apoio para coidarnos?
Cando falamos de relacións poliamorosas e dicimos que nelas hai un consumismo e descoido, hai que ter en conta que é unha problemática que ten que ver coa monogamia. Sen ir máis lonxe, as mortas non son poliamorosas, as nosas mortas estaban dentro de relacións monógamas. Na monogamia tamén descoidamos á xente —e agora xa me refiro a relacións exclusivas—. Ti coidas a relación a dúas cando realmente queres que a relación perdure. Entón, invertes, baixo a lóxica do capital, esforzos e recursos na relación porque buscas unha retribución. En canto te deixa de interesar, pois rematou. E, ás veces termina con tanta violencia que chega á morte, ao asasinato. No poliamor tamén hai estas dinámicas pero precisamente non son as fendas das que estamos falando. Independentemente do número de persoas coas que esteas, o que me interesa é buscar precisamente as fendas para todo iso: como nos relacionamos máis aló da parella, como seguimos a centrarnos na parella, como desmontamos iso e cales son as condicións necesarias para desmantelalo.

O amor non basta, a economía tampouco; e o capital non será o que nos manteña unidos dunha forma resistente fronte ao sistema

Ao pensar en desmontar a parella o interesante é que se pon en evidencia cantas cousas precisamos. De que tipos de redes temos absoluta falta para que poida ser realmente unha realidade que ti poidas escoller ter unha parella ou non e non sexa este mandato social e este soporte de supervivencia tan besta. Iso é o interesante, o político de todo isto; non as axendas de ‘folleteos’ que teña cada unha, iso é banal, anodino e incluso esquecible. É máis, debería ser esquecible.

E iso sen contar con que a monogamia entende que temos que vivir coa nosa parella, algo que non a todo o mundo lle parece funcionar, non?
A monogamia como sistema é todo iso. Cando dou clases de xénero para compañeiras que aínda non teñen ningún tipo de formación en xénero —pero si experiencias— e lles explico a heterosexualidade, sempre lles comento que ser heterosexual non é deitarse con homes. Ser heterosexual é todo o que acontece ao redor. Póñolles de exemplo que, se isto fose unha cuestión de sexo, as heterosexuais deitaríanse con homes e vivirían coas súas amigas, que é con quen se vive ben. Pero non vai de sexo, vai de todo o demais. Ter unha parella e non querer vivir con ela, ou preferir vivir coas túas amigas, forma parte do mesmo sistema que nos impide imaxinar outras formas de vida e ao mesmo tempo fainos crer que ese compromiso con esa persoa é máis débil se non o apuntalamos cunha serie de cuestións materiais. Se non hai un piso, convivencia, criaturas e economía de por medio, como que o amor non basta. Porque o amor non basta, pero a economía seguro que tampouco, e o capital non será o que nos manteña unidos dunha forma resistente fronte ao sistema.

Nunha sociedade patriarcal dá a impresión de que é máis complicado que unha relación heterosexual sexa igualitaria, e o poliamor entre persoas de distinto sexo parece tamén máis difícil que se dea dun xeito máis aberto.
Si, e coma nós, tamén o pensou todo o lesbo-feminismo ao longo da historia —que desgraciadamente non se está lendo o suficiente—. Agora que o feminismo se puxo de moda, aconteceu que non se para de facer feminismo para ‘dummies’, que é bo, pero con un libro xa temos bastante. E, ao mesmo tempo tamén hai unha cuestión de teitos de cristal: as que chegan a determinados espazos de palabra son as que teñen menos barreiras de por medio e, polo tanto, son na súa maioría heterosexuais que non lle deron bola ao lesbo-feminismo porque para elas semella unha cousa para as lesbianas, e isto non ten sentido porque precisamente sobre todo isto tería que ternos ensinado o feminismo. Así acabamos cun ‘refrito’ dun feminismo hiper heterosexual, hiper branco... que non sei que vai supoñer, verémolo nuns anos. Dáme un pouco de medo cando se fala de cuarta onda do feminismo cando estamos máis ben nunha segunda a destempo, que no seu momento tivo sentido pero que agora é bastante problemática.

As compañeiras que traballaron nisto moito antes xa o explicaron: a heterosexualidade fai o xénero: é a que fai que existan homes ‘marca rexistrada’ e mulleres ‘marca rexistrada’. Esa é a idea da heterosexualidade cruzada co sistema monógamo: homes e mulleres son diferentes e complementarios, e é na súa unión onde hai un ser completo. Desmontar o xénero é desmontar as dinámicas que o rexen. E é imposible nunha relación de corte heterosexual, senon que cando iso se fai nunha relación, esa relación xa non é heterosexual, porque o que define a relación heterosexual son precisamente as dinámicas de xénero intrínsecas.

Relacionas o amor romántico coas fronteiras.
Interésame a cuestión do Estado-nación e as dinámicas de namoramento porque criticamos o amor romántico pero namorámonos da idea dunha república feminista que, de momento, de feminista non ten nada. É como cando te namoras dun imbécil e pensas que cambiará, porque lle ves as posibilidades e a través do amor farás que cambie. Que todos eses machos dun lado e doutro que prometían non sei que ás mulleres —prométeno no momento en que precisan de nos—, ás persoas de xéneros non binarios e a toda a periferia do cotarro, e que despois nos traizoan e nos abandonan. Iso sabémolo e aínda así seguimos a caer unha e outra vez do mesmo xeito que caemos no amor romántico. É o único mandato de xénero que non hai xeito de romper. E segue a parecernos que con nós non será así, porque nós somos mellores e co amor fará que cambie. É fascinante que isto nos pase ás feministas.

Creo que a vida é como tecer, porque son as puntadas pequenas, as lentas e que levan máis tempo, as que despois resisten cando tiras da tela

As dinámicas son as mesmas, e non quere dicir nin que teñamos que deixar as nosas parellas nin que deixemos de loitar por ter Estados independentes. Hai unha simplificación que é bastante aburrida. Estamos intentando comprender a complexidade do real, e non o imos solucionar cun chío ou un titular. A realidade é complexa. Non é que non haxa que buscar estados e que os pobos non teñan dereito a decidir cal é o seu futuro. Iso é básico. O interesante disto son as dinámicas de poder, e nese sentido si temos exemplos constantemente: en canto se toca a nación ou a patria, como en canto se toca á parella, saltan as mesmas alarmas, que ademais nos piden que non sexamos críticas. E claro, se non somos críticas con iso, onde imos ir? 

E así como cando se vive en parella parece que unha terceira persoa vivindo nesa casa está ‘de máis’, semella a mesma lóxica cando se fala de compartir a terra con migrantes?
Si. Mira, un exemplo do máis parvo. Hai un coche, eu vou ao volante e recollo a un grupo de persoas: a miña parella e as miñas amigas. Naturalmente, a miña parella vaise sentar diante e as miñas amigas van dar ese espazo. Non ten sentido pero é un acto reflexo, hai uns espazos que están claros porque amosan unha xerarquía. Coa nación e coas persoas que veñen de fóra pasa o mesmo. Hai ese terror a que se dilúa a identidade e hai que poñer unha serie de barreiras para que poidan estar máis ou menos, segundo interese, pero que nunca cheguen ao estatus de cidadás plenas, sabendo que iso vai transformar o concepto de cidadanía que hai. Non é só unha cuestión emocional: todas esas ‘emocionalidades’ que sentimos están rexidas polo capitalismo. Para o capitalismo é un choio que haxa persoas sen dereitos laborais. Logo veñen os empresarios a dicir cousas... pero que dicides se estades gañando un montón de pasta a costa disto?

Levamos unha deriva moi heavy desde hai anos, incluso séculos, pero desde hai uns anos semella que todo isto non ten complexos. O fascismo, a represión... Temos que poñernos as pilas e montar unha resistencia que sexa transversal e que realmente nos protexa do que está por vir. E que protexa tamén ás persoas que xa teñen a bota no pescozo, como son as compañeiras e compañeiros musulmáns.

Semella que ao capitalismo lle interesa que convertamos ao traballo no noso gran amor.
Temos a tendencia de pensar que hai unha serie de traballos que están lexitimados a dedicarlles a vida, os chamados poeticamente vocacionais: escritora, artista... En cambio, un traballo como o de zapateira, non. Hai unha cousa que é o traballo que temos que facer para comer e pagar a merda dos recibos e logo están as cousas que nos sae de dentro facer, incluso dedicarte a mirar ao teito. É fundamental poderlle dedicar tempo ás túas paixóns, que non son produtivas, nin interesantes para o sistema. A min interésanme as cousas pequenas, como tecer. Non é que eu teza, pero si creo que a vida é como tecer, porque son as puntadas pequenas, as lentas e que levan máis tempo, as que despois resisten cando tiras da tela.

0 poliamor neoliberal é a última fenda para nos converter en individuos coa fantasía de estar illados.

O poliamor neoliberal vai precisamente disto: a parella era como o último reduto que nos quedaba e, así, o poliamor neoliberal é a última fenda para nos converter en individuos coa fantasía de estar illados. Como diría Almudena Hernando, a fantasía da individualidade: persoas só dedicadas a si mesmas, egocentrismo puro e duro. Entón, o poliamor neoliberal si que é unha axuda bestial para o capitalismo.

Entón a solución é rematar co sistema monógamo, por nós e polas que virán despois.
Si, sendo conscientes e reivindicando os nosos límites. Agretar o sistema monógamo non vai de cantidades, non vai de deixar a túa parella nin de que a túa parella teña outras parellas. Se nos quedamos só con iso non imos avanzar nunca porque nos quedamos outra vez en solucións simples e moito máis bobas que o sistema, que é moi intelixente. Non vai diso. Vai de como te sitúas ti coa túa parella, que redes constrúes, que afectos tes en conta e cales non. Despois ti estate con quen che dea a gana. E atrévete tamén a respectar os teus límites, cando o corpo te di que algo non, pois estupendo.

Tamén hai un tema cando algunha compañeira di: “é que eu son heterosexual”. Que si, cariño, pero que a ti che gusten os homes non quere dicir que cando entra un tío na sala ti teñas que cambiar a actitude, non que logo te deites con el. O preocupante é que fagas como que es unha nena pequena. Iso é o ‘jodido’, e non me digas que non o podes evitar. Non me digas que iso o fas porque queres. Pois diso vai, e iso é o perigoso. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 42 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Más noticias
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Rusia
Opinión ¿Es Rusia una amenaza para Europa? Lo que nos muestra la historia
¿Cuál es el motivo para tanto rearme y actitud belicista? Pues, según muchos en la UE, la causa es Rusia, que supuestamente está lista para invadir y anexionarse Europa en cuanto termine de derrotar a Ucrania. ¿Tiene base real esta amenaza?
Memoria histórica
Memoria republicana El capitán Sediles, un extremeño en la insurrección republicana de Jaca de 1930
Semblanza del cacereño Salvador Sediles, capitán republicano, intelectual, escritor y figura olvidada de la sublevación de Jaca del 12 de diciembre de 1930 contra la monarquía de Alfonso XIII.

Recomendadas

Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.