Centros sociales
CSOA A Insumisa: pasado, continxencias, futuro

Catro artigos e un mapa sobre o caso do CSOA A Insumisa.

Ergosfera_1
integrante do colectivo de arquitectos e arquitectas Ergosfera
31 jul 2018 11:04

Gustaríanos escribir, polo menos, catro artigos sobre o caso do CSOA A Insumisa.

O primeiro sería unha análise do sucedido en termos políticos. Poderíase resumir así. A única decisión digna e radical que se podía tomar e que tomou a asemblea da Insumisa foi negarse a asumir á eliminación do centro social e rexeitar a inaceptable proposta do Concello: desaparecer durante o ano e medio que se empregaría en destruír o traballo colectivo do anterior ano e medio para integrarse nun proceso participativo, non só deseñado, organizado e controlado pola institución, senón de resultado incerto e dependente das próximas eleccións municipais. Salvo esta, se o obxectivo foi algunha vez forzar o goberno local a asumir a continuidade do CSOA nas súas mesmas condicións de independencia, a maioría do resto das decisións da Insumisa só poden ser cualificadas como erros políticos. Dous son quizais os máis graves: simplificar a imaxe pública do centro social, xa que en case ningún momento se expresou a diversidade de opinións, obxectivos, sensibilidades e formas de vida que o fixeron posible, e rexeitar a súa condición implícita de actor político de primeira orde no contexto da Coruña, é dicir, non explorar a súa capacidade real de enfrontarse ao discurso construído desde os medios de comunicación e o Concello.

Pola outra banda, tras o auto xudicial que relata a tolerancia coa ocupación do espazo por parte das dúas administracións implicadas, Defensa e Concello, e salvo a invitación á cidade de Giuseppe Micciarelli e Margherita D’Andrea (para participar nun foro público que finalmente non se desenvolveu), estamos en completo desacordo con todas as decisións do goberno municipal da Marea Atlántica desde finais de 2017, cando se decide apostar polo proxecto das Naves do Metrosidero a costa de perder toda posibilidade de diálogo real co CSOA. Ben por que se cre que ese proxecto é “mellor” que o existente, o cal é un recoñecemento do non recoñecemento da comunidade arredor da Insumisa. Ou ben, ou ademais do anterior, para poder asumir as obras deseñadas para o CIDEA, un proxecto do anterior goberno do PP, financiadas polo Ministerio de Fomento, e utilizadas como elemento de desgaste pola oposición no pleno municipal e por todos os medios de comunicación masivos, en especial os propios e os afíns á Corporación Voz.

Moitos outros asuntos de interese quedarían aínda por tratar sobre este proceso en termos políticos. Unha reflexión sobre a violencia, por exemplo, que neste caso se materializou en todas as direccións e en múltiples formatos e graos (desde as continuas presións mediáticas cunha clara axenda política ata a violencia policial contra as persoas que construíron e defenderon o centro social, desde as presións legais e xudiciais en defensa do statu quo ata os insultos e ameazas aos membros do goberno local, desde os discursos neutralizadores que se aproveitaron da asimetría no acceso aos medios de comunicación ata o famoso ataque á sede da Marea), pero case sempre sen o respaldo dun debate colectivo sobre a súa lexitimidade. Ninguén entendeu o contexto político actual como unha oportunidade para, polo menos, optar por unha insumisión radical ante o uso da violencia. Neste sentido, se ben algunhas das accións e reaccións das persoas arredor da Insumisa son inxustificables desde a perspectiva social e política, en termos históricos parece máis preocupante o posicionamento do goberno local: por triste que pareza, é posible que o relato construído, principalmente desde a administración municipal e os medios de comunicación masivos, mais tamén desde A Insumisa, teña como consecuencia que, finalmente, o desaloxo incluso signifique un aumento do apoio electoral para o partido do goberno. Ningunha proba sería máis clara do fracaso da vía municipalista para recompoñer o Estado e a súa conexión coa “xente do común” que a aceptación da violencia institucional como medio de resolución deste tipo de conflitos sociais.

O segundo artigo sería unha hipótese sobre como se podería abordar o asunto para lograr a continuidade do CSOA nos seus mesmos termos de autonomía. As accións que se deben realizar serían as seguintes:

  1. A partir da okupación da parcela e a constatación da súa condición social e aberta, acelerar a cesión do solo por parte de Defensa para iniciar canto antes o proceso de recoñecemento do CSOA desde o Concello (un recoñecemento unilateral, que xa se vería co tempo que significa materialmente, pero que nun principio non necesitaría nin a vontade explícita nin a participación da asemblea).
  2. Traballo de pedagoxía na cidade sobre as cualidades deste tipo de espazos, un labor fundamental que, por desgraza, non foi asumido por ningunha das partes, pouco por parte da Insumisa e nada por parte do Concello: o fundamental nesta situación era que, polo menos, unha parte significativa da cidadanía sentise curiosidade por coñecer de primeira man o que alí estaba a acontecer.
  3. Estudo técnico sobre a necesidade de trasladar o investimento de Fomento cara aos outros edificios da parcela para facer o mellor uso posible dos recursos públicos. Diálogo co ministerio. Se non acepta, batalla política: fronte á moi probable condición estratéxica da licitación como ferramenta do PP local e estatal e fronte ao discurso da imposibilidade de frear a inercia burocrática, debate público sobre os argumentos técnicos que recomendan reformular o proxecto no novo contexto da cidade. Se así tampouco acepta o ministerio, inicio do proceso para tombar o proxecto mediante “enxeñería xurídica” como faría calquera outra organización de interese urbanístico: procura de defectos formais na proposta, explotación das cualidades patrimoniais relativas ás edificacións da parcela e á muralla da cidade vella, explicitación da inexistencia do proxecto cultural (CIDEA) que deu orixe ao proxecto arquitectónico, etc.
  4. Unha vez paralizadas as obras nos espazos en uso, o Concello xa tería a carta negociadora que podería asumir a asemblea: a posibilidade da súa continuidade.
  5. Traballo de innovación xurídica: aquí é onde entran as aprendizaxes da experiencia napolitana. Respecto á autoxestión: recoñecer a informalidade como xeito de organización social lexítimo, é dicir, fronte aos cargos convencionais, a responsabilidade distribuída, anónima, para a xestión dos comúns. Respecto á autoconstrución: imaxinar fórmulas para achegarse ao Código Técnico da Edificación desde os tempos e metodoloxías dos procesos de traballo colectivo.
  6. Simultaneamente, formular novas esixencias e mínimos para a negociación coa asemblea, por exemplo: a realización conxunta dun plan de obra para permitir a rehabilitación dos dous edificios sen uso, un plan de mellora autoxestionada das edificacións do CSOA en termos de seguridade estrutural, antiincendios e de accesibilidade, e un plan de uso compartido da parcela para cando entren en funcionamento os outros edificios como equipamentos municipais.
A Insumisa_4

O terceiro artigo afondaría na perspectiva técnica, quizais a máis útil para sustentar, non só o interese público obxectivo da paralización das obras e da continuidade da Insumisa, senón a esixencia ética de evitar a inxustiza. Para empezar, describiríanse as edificacións existentes en termos arquitectónicos co apoio dos informes sobre a parcela realizados polos catedráticos da UDC Pérez Valcárcel e Soraluce Blond (ambos profesores na E.T.S. de Arquitectura da Coruña, o primeiro redactou en 2014 o informe sobre o estado da estrutura das naves incluído no proxecto definitivo, e o segundo realizou en 2013 un estudo sobre as murallas da cidade vella no cal se inclúe unha análise da parcela da Comandancia). En resumo: a parcela conta con cinco edificacións na actualidade. As tres naves dianteiras que conformaban xunto aos espazos exteriores anexos o CSOA e que non teñen valor arquitectónico salvo algúns dos seus elementos estruturais; unha nave central en moi mal estado, pero que conserva os seus paramentos, cunha singular estrutura metálica e unha fachada de grandes vidreiras que conforman un lugar polivalente dunha enorme calidade espacial; e un edificio dos anos trinta, antiga residencia de oficiais, cunha arquitectura racionalista volumetricamente moi potente e con espazos de grande interese como a azotea ou as estancias miradoiro.

A continuación, analizaríanse os valores urbanísticos do proceso de uso cidadán representado pola Insumisa. Falaríase da prevalencia do uso fronte ao abandono da cidade en termos de racionalidade, así como sobre a propia lexitimidade urbanística que adquiren estes usos unha vez que a ocupación destes lugares por procesos e colectivos informais non é unha casualidade, senón que forma parte da teoría urbana e ten cada vez un maior grao de aceptación no campo dos estudos urbanos críticos (TAZ, terrain vagues, terceiras paisaxes, post-it cities, etc.). Falaríase tamén da condición de diferenza radical á escala metropolitana que representa o CSOA, da súa relevancia en termos de diversidade urbana, unha das procuras fundamentais da investigación sobre a cidade contemporánea. Falaríase por último dos “comúns urbanos”, un campo de interese a escala global de primeira orde na actualidade, e da súa condición de laboratorio nun sentido multidimensional (en termos de organización colectiva, autoconstrución, prácticas culturais, sociais ou políticas, etc.).

A Insumisa_5

Conclusión: se se pensa na parcela da antiga Comandancia desde a análise arquitectónica e urbanística, é imposible xustificar unha intervención que implica investir recursos públicos na rehabilitación de tres naves que non teñen valor patrimonial e que xa estaban a ser rehabilitadas e a acoller usos cidadáns (implicando ademais a súa eliminación), mentres se deixa avanzar cara á ruína total aos outros dous edificios da parcela, estes si cunha clara condición de patrimonio arquitectónico e sen usos formais (a excepción das incursións esporádicas da xuventude) desde finais do século pasado.

O cuarto artigo sería unha descrición dalgúns dos usos e procesos experimentados no CSOA e relacionados con cuestións de debate da máxima actualidade: as realidades que dan conta da singularidade deste tipo de comúns urbanos respecto aos centros cívicos municipais. Nin mellores, nin peores, pero si moi diferentes e necesarios para asegurar a riqueza e a diversidade do ecosistema social, cultural e político da cidade. O desaloxo da Insumisa implica que o público recupera un espazo para o público á conta de destruír un espazo do común. Ningún espazo é 100 % accesible. Hai moita xente que xamais entra nun centro cívico e outra que non vai nunca aos centros sociais autónomos. A diferenza relevante é que na actualidade existen 28 centros cívicos ou similares no municipio da Coruña. E só había un CSOA.

Falaríase aquí de conceptos como o empoderamento feminista, a través de experiencias de asemblea onde, en presenza de homes máis vellos e con máis experiencia en procesos de okupación, eran mulleres novas as que tomaban a voz nos momentos clave. Ou da responsabilización e solidariedade radical cos excluídos, algo perceptible nas actividades relacionadas cos presos ou nun debate sublime sobre a necesidade de dar espazo ás persoas “problemáticas” do barrio, aínda que iso signifique ter que xestionar os seus conflitos. Falaríase tamén da intensidade das relacións humanas que se forxan nos experimentos de acción cidadá directa como este, en que, entre outras cousas, son só os corpos voluntarios os que poñen en crise a algúns dos grandes temas que dificultan a vida nas cidades, desde a lexislación vixente, ao urbanismo hexemónico, a mercantilización total do solo ou o control sobre as actividades sociais non normativas. Tentaríase ademais, contra o relato da “superioridade” do público, explicar a apertura radical dos comúns, neste caso, a través do exemplo dos skaters, que construíron unha pista de patinaxe incrible unicamente por e para a acción, sen necesidade ningunha de participar no posicionamento político ou no funcionamento cotián da asemblea (unha posibilidade fomentada ademais polas condicións do lugar: o seu tamaño e diversidade de espazos e a súa centralidade urbana). Ou tamén, fronte ao relato da “competencia desleal”, a necesidade da diversidade e a relevancia deste tipo de lugares no ecosistema sociocultural global: por exemplo, os múltiples grupos de música que participaron do espazo e que doutro xeito non terían visitado a cidade pois non dispoñen doutros circuítos.

Moitos outros temas serían tratados aquí: desde a territorialización por grupos de rapaces e rapazas de certos espazos do CSOA sen, aparentemente, o máis mínimo interese político, ata o cariño infinito que expresaba a materialidade das instalacións para a ximnasia e o boxeo ou a condición de auténtico “laboratorio de innovación cidadá” que representaba, ante a falla de conexión coa rede, o sistema de recollida de auga da chuvia ideado.

Como non podíamos facer eses catro artigos, fixemos o mapa adxunto, que representa os principais espazos liberados mediante a súa okupación para o desenvolvemento de actividades colectivas autoxestionadas xurdidos nas últimas décadas na Coruña metropolitana. Neste presente que unha vez máis se demostrou irracional e inxusto, representar o pasado parece o máis oportuno para entender a consistencia deste tipo de materializacións dos comúns e confiar na seguridade do seu futuro. Dous desexos: que o próximo goberno local que se atope con este dilema teña unha maior ambición política, para non claudicar ante a lóxica imperial da inxustiza e a violencia, e para asumir a existencia e a necesidade dos aforas ao poder institucional; e que chegue ese seguinte dilema canto antes.

* Xusto despois de escribir este artigo, comezaron a producirse detencións de varias das persoas que participaron nas concentracións fronte ao centro social o día do desaloxo. Sendo testemuñas directas do que alí aconteceu, temos que dicir que algunhas das afirmacións do relato policial só poden ser cualificadas de erros inexplicables e inxustificables ou directamente de mentiras, así como que os delitos dos cales son acusados varios veciños da cidade son un auténtico disparate moi acorde co contexto de descrédito crecente na xustiza estatal. Un novo paso na represión dos movementos sociais da cidade e un novo erro das institucións públicas que non axuda a ter esperanza nun pronto recoñecemento dos comúns urbanos na Coruña.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Green European Journal
Green European Journal El valle de Can Masdeu: la agroecología como una cura para el futuro
VV.AA.
El sector agrícola es uno de los mayores emisores de gases de efecto invernadero en la UE. En Catalunya, una iniciativa local inspirada en los principios del decrecimiento se ha convertido en un gran ejemplo de agricultura ecológicamente responsable.
Madrid
Centros sociales El Barrio del Pilar y La Piluka: 25 años de lucha y resistencia
En 2025, el Centro Social Autogestionado (CSA) La Piluka celebra su 25 aniversario, un cuarto de siglo resistiendo y promoviendo la autogestión, el apoyo mutuo y el pensamiento crítico.
Granada
Represión La Policía vulneró los derechos durante el intento de desalojo ilegal en Granada por parte de AMA Desokupa
La Red de Observación de Granada denuncia decenas de graves vulneraciones de derechos contra los manifestantes por parte de los agentes de la ley durante el intento de desalojo coordinado entre agentes de la Policía y la empresa AMA Desokupa.
#21427
3/8/2018 16:40

estupenda visión da complexidade do conflicto.
moi bo artigo

3
0
#21304
31/7/2018 22:23

Pois nada a comezar de novo e facelo ben desde o principio e a non cagala. E de paso, por que non okupades a casaza de Amancio Ortega en Cambre?

1
6
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Trump y JD Vance matonean en un show televisivo a Zelensky, que se va de vacío de la Casa Blanca
El presidente de Ucrania abandonó Washington DC sin firmar el pacto por el que se comprometía a vender los recursos minerales del país a cambio de garantías de seguridad.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Dana
El Salto Radio Relatos para no olvidar de víctimas de la dana
Este podcast recoge la parte más humana, los detalles y los nombres propios de lo que sucedió el pasado 29 de octubre, relatos para no olvidar de víctimas de la dana.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.

Últimas

Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.
Cuidados
En primera persona Relato de una furgoneta robada y un embarazo que perdimos
Para tener la libertad de sentir sin morir sepultadas en el propio silencio es necesario que sean habilitadas, consideradas y acompañadas todas las maneras, todos los dolores, todas las dudas y todos los lamentos en todos los ámbitos de la vida.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Más noticias
Ley de dependencia
Derechos sociales Reclaman más financiación para la ley de dependencia ante el nuevo anteproyecto
Bustinduy garantiza como universales servicios como la teleasistencia o recibir sanidad se resida donde se resida, en referencia a los protocolos del covid en las residencias.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.

Recomendadas

Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.