We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
Poesía, música e sobremesas
Columna Vegana é un grupo musical quen de pór música a unha oda ao xamón que Otero Pedrayo escribiu de sobremesa. Isto abondaría para que todas as miradas se virasen cara a este conxunto que botou a andar en Mollavao (Pontevedra) no 2019, pero aínda contan con máis argumentos: concertos cun enfoque performativo e mesmo teatral, unha enorme capacidade literaria para a ironía e unha ampla variedade de recursos musicais que conforma un variado repertorio.
A Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, recibe o dúo pontevedrés para coñecer mellor a súa historia, os seus procesos creativos, a súa visión sobre a escena actual da música galega e a importancia de espazos como o Liceo Mutante para a cultura do país. Tamén adiantan algúns detalles do seu inminente novo álbum, Pequenos Éxitos, e do concerto que darán o vindeiro sábado 1 de febreiro no Playa Club da Coruña abrindo para o colombiano Julián Mayorga.
Como sempre, cada episodio pode escoitarse en formato podcast en Ivoox e Spotify.A Catapulta volverá o luns 10 de febreiro para conversar coa poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.