We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
Paco Macías, tres décadas publicando poesía transgresora á fronte de Edicións Positivas
A Catapulta, o programa sobre poesía dixirido e conducido por Samuel L. París, recibiu a visita de Paco Macías, editor á fronte de Edicións Positivas.
Esta editorial, fundada no ano 1990, leva máis de tres décadas publicando poesía transgresora e afastada do canon literario que, ata a súa chegada, non encontraba oco en proxectos máis tradicionais. A obra de Ronseltz ou Lois Pereiro e as primeiras traducións de Bukowski ou Gingsberg ao galego viron a luz grazas á aposta desta editorial compostelá.
A conversa con Paco Macías, repleta de humor e ironía, tratou sobre as orixes do proxecto, sobre os cambios que se produciron tanto no mundo editorial galego como no literario e mesmo sobre o traballo e vicisitudes que ten un proxecto editorial independente a día de hoxe.
Cada emisión do programa pode seguirse en directo e revisitarse en diferido nas canles de Youtube e Twitch de El Salto. Ademais, tamén pode escoitarse en formato podcast.
O vindeiro episodio, que contará coa presenza do poeta Quico Valeiras, emitirase en directo o luns 10 de xuño ás 19.30h.