Caso Carioca
A peza principal do caso Carioca chega a xuízo desinchada polos pactos coa Fiscalía

Dous gardas civís e tres proxenetas sentarán este martes no banco de acusados, transcorridos máis de cinco anos desde que Pilar de Lara concluíu a instrución
Carioca protesta Audiencia
Acción de protesta realizada este luns á entrada da Audiencia Provincial de Lugo pola Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca. Fran Pérez

Estalou en outubro do 2009, cando un operativo policial destapou unha rede de proxenetismo que implicaba a numerosos prostíbulos en sucesos arrepiantes acontecidos na provincia de Lugo. O caso Carioca foi engrosándose ata acadar os 310 tomos a medida que se ían descubrindo novos feitos de enorme gravidade vertebrados sobre a explotación sexual de centos de inmigrantes que vivían nun clima de terror e violencia. Desde ameazas a punta de pistola a agresións físicas, desde abortos forzados ata o posible asasinato de mulleres. Todo isto ocorría, segundo a investigación, coa conivencia de numerosos axentes da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil que eran convidados a consumicións e sexo nos clubs que frecuentaban.

A dos clubs Queens e La Colina, a das actuacións da Policía Nacional e Estranxeiría... A macrocausa escindiuse en 47 pezas xudiciais das que só queda unha por xulgar: a número 1. Esta parte afecta ás actividades de Armando Lorenzo Torre, garda civil que conecta as distintas ramificacións do Carioca e lle confire ao caso carácter de rede, así como do seu superior xerárquico, Julio Baquero Rodríguez. Este último dirixía o Equipo de Persoas e o Equipo da Muller e o Menor (Emume) dos que os dous formaban parte. Entre as súas funcións estaban as inspeccións nos prostíbulos para a persecución de delitos relacionados coa prostitución e labores de xestión dos pisos de acollida municipais.

Trata
A xuíza do Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta
Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España.

Na peza principal está incluída a violación que catalizou a investigación xudicial tras unha denuncia interposta no 2008: Armando tomáralle os datos persoais á denunciante nunha inspección ao club no que exercía e acudiu ao seu domicilio baixo o pretexto de axudala a regularizar a súa situación administrativa, pero unha vez alí forzouna a manter relacións sexuais. Ao día seguinte Armando entregoulle un permiso de residencia aparentemente oficial, pero continuaría requiríndoa sexualmente e, ante a súa negativa, comezaría a sufrir persecución policial e incoaríaselle unha orde de expulsión.

O garda civil Armando estaba enteiramente involucrado nas redes de proxenetismo. Extorsionaba aos proxenetas para que lle pagasen importantes sumas de diñeiro a cambio de blindaxe policial.

A instrución do caso Carioca revelou que Armando, ademais de utilizar o seu cargo para esixir relacións sexuais a mulleres estranxeiras a cambio de regularizalas ou frear actuacións contra elas, estaba enteiramente involucrado nas redes de proxenetismo. Armando extorsionaba aos proxenetas para que lle pagasen importantes sumas de diñeiro a cambio de blindaxe policial, e actuaba contra aqueles que non accedían. Nos clubs afíns era convidado a consumicións e sexo, e Armando implicábase en que todo lles fose ben: advertíaos de actuacións policiais, intercedía para que non prosperasen, disuadía ás mulleres alí explotadas de calquera pretensión de denunciar a súa situación, actuaba contra a competencia e mesmo instaba ás mulleres interceptadas neses clubs a exercer nos clubs amigos.

Ao brigada Julio Baquero, ascendido a subtenente no ano 2010, chegoulle a denuncia interna, promovida por dúas gardas civís do seu equipo, de que Armando incluso ordenara a traballadoras municipais xestionar o desprazamento desde os pisos de acollida ao club Luxor de dúas mulleres identificadas na operación Rodicio, realizada contra o club Atenea. Acudían por indicación de Armando. As traballadoras negáronse e acabaría encargándose Armando persoalmente. As gardas civís puxeron os feitos en coñecemento do capitán e do tenente coronel aos que estaban supeditadas sen que ninguén emprendese ningunha acción.

Julio Baquero non só non investigou as actuacións do seu subordinado, senón que asistía con el aos clubs a tomar copas gratis e acompañaba a Armando nas súas intervencións. Segundo a instrución, tamén usou o seu cargo para requirir sexualmente a varias prostitutas, entre elas unha das trasladadas ao Luxor, e algunha muller chegou a exercer no club Queens recomendada por el. Mesmo entorpeceu investigacións contra os donos dos prostíbulos.

Ademais dos gardas civís, tres proxenetas figuran como procesados na mesma peza separada polas prebendas aos axentes a cambio de protección e acceso a información reservada.

Dez anos de instrución e cinco de propina

Se algo caracterizou o desenvolvemento xudicial do caso Carioca foi o crecente antagonismo protagonizado pola maxistrada instrutora, Pilar de Lara, que impulsou unha investigación de colosal envergadura cuns recursos persoais e materiais moi limitados, e o Ministerio Fiscal, que non correspondeu os esforzos da xuíza e optou por reducir á mínima expresión, con argumentos máis propios da defensa ca da acusación, unha macrocausa que afecta a piares do Estado tan importantes como as Forzas e Corpos de Seguridade. De nada servía a demostración de delitos na fase de instrución se ninguén os levaba a xuízo.

A Fiscalía non apreciou colaboración con prostitución coactiva, suborno, nin omisión do deber de perseguir delitos nos 7 policías nacionais que eran convidados a consumicións e sexo nos prostíbulos. Tampouco considerou que o axente destinado no aeroporto de Madrid-Barajas en cuxo armario se atopou unha nota cos nomes das mulleres que debía deixar pasar colaborase coa rede. Non creu que estivese implicado o policía local que asumiu boa parte das obras do club Queens e que se reunía co proxeneta no despacho, controlaba o rexistro de subidas ás habitacións das mulleres e era sinalado como socio do club. Nin apreciou prostitución coactiva no club Liverpool, onde inmigrantes contraían unha débeda cos propietarios e exercían ata 10 horas diarias nun local en condicións insalubres. Todo iso quedou indemne.

Só tres proxenetas recibiron penas de prisión. Pola súa banda, Pilar de Lara non continúa á fronte do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, tras unha controvertida sanción de carácter excepcional feita efectiva en xaneiro do 2020 que lle aplicou o Consello Xeral do Poder Xudicial, quen a responsabilizou dunha serie de atrasos e lle atribuíu desatención da actividade instrutora.

O auto que conclúe a investigación asinouno Pilar de Lara o 25 de marzo de 2019. Os acusados sentarán no banco de acusados esta semana tras máis de cinco anos de estancamento.

O auto que conclúe a dilatada investigación da peza principal asinouno Pilar de Lara o 25 de marzo do 2019, nove anos e medio despois da operación Carioca. Os acusados sentarán no banco de acusados esta semana tras máis de cinco anos de estancamento na fase de formulación de acusacións e apertura do xuízo oral.

A peza principal da Carioca, desinchada e con pactos en marcha

Se Pilar de Lara apreciou a posible comisión de ata máis de 70 delitos por parte do cabo primeiro Armando Lorenzo e de 8 por parte de Julio Baquero, o Ministerio Público é máis comedido nas súas consideracións, ao que se engade o resultado de aplicar ás peticións fiscais as atenuantes por dilacións indebidas moi cualificadas.

Exonera a Armando dos delitos de colaboración coa prostitución coactiva, tráfico de influencias, falsidade documental, fraude á Seguridade Social e obstrución á Xustiza. Os 21 delitos relacionados cos requirimentos sexuais, en concurso con 9 abusos sexuais e un acoso sexual, sintetízaos nun único delito de solicitude sexual continuada con respecto a 15 persoas, en concurso con 5 abusos sexuais; os 8 delitos de suborno resúmeos nun único delito de suborno continuado; dos 8 delitos de omisión do deber de perseguir delitos como a prostitución coactiva, prostitución de menores ou tráfico clandestino de persoas só aprecia un en relación cun matrimonio de conveniencia; dos 6 delitos de extorsión a proxenetas só considera un en grao de tentativa. Adxudícalle tres delitos por favorecer a prostitución e coincide, iso si, en atribuírlle un delito de revelación de segredos continuado e outro de agresión sexual en relación coa violación cuxa denuncia orixinou a macrocausa. Por todo isto solicita unha pena total de 25 anos e 1 mes de prisión, dos que 11 se corresponden coa violación.

Con respecto a Julio Baquero, o Ministerio Público só aprecia un delito de solicitude sexual por funcionario público en concurso con abuso sexual en relación cunha das mulleres derivadas por Armando ao club Luxor e un delito de omisión do deber de perseguir delitos en relación co antedito matrimonio de conveniencia. A pena de prisión total á que se enfronta é de 19 meses.

No tocante aos proxenetas, a Fiscalía solicita para cada un deles 18 meses de prisión por un delito continuado de suborno pasivo.

Catro dos cinco acusados xa chegaron a acordos de conformidade coa Fiscalía que se agarda que ratifiquen na primeira sesión.

A pesar da transcendencia dos feitos investigados, o Ministerio Fiscal trata de evitar sometelos a un macroxuízo que produciría resultados moi atenuados e que se estendería, segundo o programado, a todos os martes e mércores do mes de xuño: un total de 8 sesións. Non se prevé que ocorra, posto que catro dos cinco acusados xa chegaron a acordos de conformidade coa Fiscalía que se agarda que ratifiquen na primeira sesión. Recoñecerán os feitos a cambio de reducións de penas que xa estaban atenuadas.

Julio Baquero rexeitou a oferta das fiscais e insiste na súa inocencia. Aínda que a súa estratexia podería obedecer á procura dun pacto in extremis máis beneficioso, un incentivo para manter a súa postura é que se enfronta a unha petición fiscal reducida, polo que non é un movemento arriscado. Así, prevese que o xuízo se celebre só contra el e xulgue a comisión de dous únicos delitos, a pesar dos feitos considerados probados pola instrutora.

Cando no 2008 unha muller denunciou unha malleira do encargado do club La Colina, Baquero intentou convencela para regresar a Brasil, instruíuna para que limitase a súa declaración en sede xudicial á agresión física e non falase “de nada máis” e paralizou con Armando a investigación. No 2009, tras unha redada que identificou unha menor de idade que exerceu nos clubs Queens e Liverpool, Baquero non só non actuou contra os proxenetas senón que acudiu a falar con ambos os dous ás costas dos investigadores para asesoralos e mitigar as repercusións, e planificou con Armando represaliar aos investigadores, a un dos cales se refiriu como “fillo de puta” en conversa con Armando. A proxeneta do club Las Vegas declarou que Baquero lle expresara admiración polo seu “valor para rexentar o negocio”, asistía con frecuencia ao seu local e lle propoñía insistentemente ter relacións sexuais, ante o que recorría ás evasivas porque temía unha redada en caso de negación rotunda. Nada disto é delito de acordo co escrito de acusación fiscal.

Outro factor que puido contribuír a minguar a causa foi a incomparecencia da Garda Civil, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo. No auto de conclusión da instrución, Pilar de Lara ordenou comunicar ofrecemento á Garda Civil, como responsable civil subsidiaria, e á Xunta de Galicia, para presentarse como acusación popular. Ningunha das dúas asumiu involucrarse. Tampouco o fixo o Concello, por negativa do PP e do PSOE, cando o propuxo no ano 2018 o grupo municipal ACE-Esquerda Unida. A acusación quedou exclusivamente en mans da Fiscalía.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
La vida y ya
La vida y ya Una espiga entre los dientes
La idea de que las armas sirven para mantener la paz se coloca con la confianza con la que el polvo se deposita encima de los libros apilados en un desván sabiendo que nadie vendrá a limpiarlo.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De violencia institucional y protestas
VV.AA.
Mientras Granada se revela contra el acoso de seis policía local a una víctima de violencia machista, en Catalunya se presenta un informe que concluye que el 65% de los casos de violencia institucional se archivan sin que se completen las pesquisas

Últimas

Podemos
Izquierda Podemos mantiene el ‘modo revancha’ y en Sumar se dividen entre el hartazgo y la resignación
En su V Asamblea Estatal, la formación morada pisa el acelerador en su confrontación pública con el grupo de Yolanda Díaz. Con Montero ya precandidata, la confluencia electoral parece una quimera aunque algunos yolanders no ven otra opción.
Sanidad
Sanidad La Atención Primaria, uno de los escalones de la Sanidad más abandonados
Este 12 de abril se celebra el Día Internacional del primer peldaño de acceso a los servicios sanitarios. Falta de inversión, largas listas de espera y falta de tiempo para atender son algunas de las denuncias más repetidas.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Memoria histórica
Memoria histórica Sin fondos para identificar los restos de la primera exhumación en la Comunidad de Madrid
La asociación impulsora de los trabajos de recuperación en el cementerio de Colmenar Viejo denuncia que no tienen contestación sobre la financiación prometida por el Gobierno.
Palestina
Palestina Israel avanza en su plan con la anexión de Rafah y el sur de la franja de Gaza
Con este movimiento, Israel ha declarado “zona de seguridad israelí” el 20% del territorio del sur mientras que mantiene bajo su custodia el 66% de la franja.
Más noticias
Opinión
Opinión Sindicalismo que gana: la clave no es la unidad, sino organizar a las mayorías
Mientras el anarcosindicalismo debate estructuras, las plantillas siguen desmovilizadas. La verdadera batalla es organizar a las mayorías. Sin victorias concretas, incluso el modelo más puro es papel mojado.

Recomendadas

Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.