AGANTRO
A fantástica integración e a deconstruente sociedade do porvire

Convén razoar que o declive demográfico galego pode mudar grazas ás persoas migrantes que son as que, nos últimos tempos, xa teñen alterado os números de natalidade. Iso para nós é un milagre.
parada de bus en Ourense
Unha parada de bus da provincia de Ourense. Sara Garchi

Tradutor e profesor de idiomas

30 dic 2023 06:00

Os camiños da vida levan as persoas das outras latitudes do mundo a chegaren a cidades tan alleas aos vieiros da migración internacional como pode ser a cidade áurea. Ourense ten acollido nos últimos anos grandes fluxos de migración, especialmente, económica, que se ve representada nos elevados números de persoas latinoamericanas residentes na urbe e que se constitúen como na primeira grande minoría de habitantes de orixe foránea. Os latinoamericanos e latinoamericanas sobrepasan os dez mil e xa non é estraña nin admira a ninguén a presenza de venezolanos ou colombianos nas rúas da cidade. Moitos deles son descendentes de galegos que, outrora, fixeron a viaxe inversa á procura dun futuro mellor, mais outros moitos non tiñan nin teñen ningunha vinculación familiar ou afectiva coa nosa terra.

Son diversas as formas de entrar nun país, quer como turistas, quer como estudantes, etc., e sabemos que moitos deles quedan en situación de vulnerabilidade á espera dunha regularización do seu estatuto. Moitos son simplemente incógnitos ou inexistentes para o sistema, mais, como todos comprendemos, os pobres non poden esperar e o estómago non aguanta os tempos da burocracia, polo que cadaquén procura o seu mellor esquema para sobrevivir.

Na fonda urbe encontramos pobos que nunca tiñan marcado presenza entre nós, estou a referirme aos ucraínos e aos rusos -na súa diáspora europea- e ás xentes de recantos tan afastados e diferentes como son os vindos dos países Siria, Afganistán ou dos africanos Burkina Faso, Angola, mesmo os nosos veciños do sur, os de Marrocos ou do Sáhara. Estes veñen por outras razóns ben diferentes. Existen institucións que acollen as persoas que son demandantes de protección internacional, asilo e refuxio (na cidade de Ourense: a Cruz Vermella e a Provivenda). En tal estatuto poden integrarse todas as persoas que cumpran cuns parámetros definitorios sempre e cando existan unhas causas que o xustifiquen.

Polo tanto, primeiramente, debemos distinguir o que é unha migración económica do que é fuxir dun país por causa dunha guerra, da violencia ou da persecución por motivos de xénero ou orientación sexual, por asuntos de cariz relixioso ou político. É por iso que o primeiro razoamento que discrimina uns dos outros é que os migrantes económicos, que tamén abandonaron o seu lar pola precariedade e para labrar un futuro mellor á procura de satisfacer as necesidades, chegados a un punto, con moito, con pouco ou con nada, sempre poden regresar á súa terra, pois, aínda que perdesen todo no novo mundo, terán sempre unha terra onde volver. No caso dos refuxiados, non, pois se volvesen correrían o risco sufriren graves violacións dos seus Dereitos Humanos: cárcere, torturas, castigos, e demais miserias humanas que se subentenden. Non teñen onde volver.

A cidade, en xeral, aínda descoñece bastante as historias dos migrantes, sexan eles económicos, sexan beneficiarios de estatuto de refuxiado ou calquera protección internacional análoga. Moitos deles refiren a soidade, a amargura e a incomprensión, alén de vérense bastante atados e dependentes dos programas de axuda, que, non esquezamos, son temporais e non totalmente comprensivos, pois están vinculados a servizos profesionais que teñen un horario oficial e cando a tenda pecha, eles vense sos, sen redes de contacto, sumidos en depresións e excluídos socialmente.

Cabe a todos os profesionais, ben como as mentes pensantes da sociedade non contentarse con repartir as migallas do pan entre os pombos, e non acomodarse no statu quo e tornarse en esquerda de caviar, pois temos notado ben os efectos do retroceso civil e a vitoria do conservadurismo. É na persistencia en lograr un Estado Social para todos onde ten que estar o foco das actuacións para a inclusión colectiva, a igualdade de oportunidades e a redistribución da riqueza. Nós sabemos que hoxe en día a palabra revolución ten outro nome: cultura. Ese é o único camiño.

Mais, como han de integrarse nesta nosa suciedade-sociedade colectiva que xa é exclúente de seu? As liñas de financiamento a través das institucións privadas de solidariedade social ou do propio Estado e os seus entes periféricos tentan unha integración “fantástica” que, na práctica, se ve revestida de múltiples precariedades. O proceso de integración local é lento e a sociedade receptora tamén debe estar preparada para acoller, e non o está. Existen moitas barreiras para eles, non só o idioma, a súa situación legal, social, relixiosa ou cultural. Sabemos do estigma que pesa sobre os estranxeiros, sabemos como os xornais linguarudos e os outros media sensacionalistas atácanos e etiquetan malintencionadamente. Tamén somos conscientes de que o noso pobo non destaca por aceptar facilmente as mudanzas nin acoller de boa maneira a aqueles que son diferentes.

Medios de comunicación
Medios de comunicación Francotiradores do morbo: a prensa ante a morte de persoas empobrecidas
Os medios de comunicación diseccionan os casos de mortes en precariedade extrema ata a náusea. Ofrecen datos confidenciais de historiais clínicos e policiais, presupoñen drogadicción e ocupación de vivendas porque se saben impunes.

É, polo tanto, labor de todos, deconstruír os esquemas de pensamento para tombar os discursos de odio que condicionan o seu futuro á hora de teren acceso a cousas tan básicas como o alugueiro dun apartamento ou o acceso a un traballo con condicións dignas. Vivimos por toda a Europa Occidental tempos de patente xenofobia. Tamén aquí na nosa Iberia existen partidos de corte neofascista que que pregoan mensaxes disparatadas que agochan no fondo un sentimento de odio ao estranxeiro. Na fantástica integración destas xentes, temos que salientar que os programas de axudas non son transparentes nin existe un seguimento real e detallado do seu camiño e tanto o mercado de traballo, como o mercado inmobiliario, aquilo que lles ofrece e á miserabilidade que os naturais de aquí xa non aceptan.

Entendamos xa o significado da palabra “fantástico” polo seu primitivo sentido, pois, talvez hoxe en día, se entenda a palabra como ideal, excelente ou magnífico, mais, realmente, fantástico procede da palabra fantasía, é dicir, algo que non existe: unha integración de fantasía. Somos conscientes de que se teñen creado guetos e grupúlsculos de exclusión, o que pode levar a estas xentes a acabar en escuros camiños ligados á delincuencia, ás drogas, ás perpetuas depresións, á prostitución ou á violencia. Lembremos que son persoas que chegan con problemas psicosociais profundos e que precisan dun cariñoso acollemento e atención e non dunha integración fantástica, senón máis ben dunha integración efectiva, ou mellor da súa inclusión.

Convén razoar que o declive demográfico galego pode ser remediado grazas ás persoas migrantes que son as  que, nos últimos tempos, xa teñen alterado os números do natalino. Iso para nós é un milagre. Somos conscientes de que a pluralidade de idiomas, cociñas, culturas, formas de vestir, de ser e de proceder enriquecen o noso presente.

Coa fin de sensibilizar sobre este asunto e a premente necesidade descontruír a sociedade presente con vistas a construír unha sociedade da inclusión, compartimos abaixo o que é considerado un dos maiores poemas desta temática, escrito polo xa finado escritor da Galiza polaco-ucraína: Adam Zagajewski.

Refuxiados, de Adam Zagajewski (tradución libre)

«Encurvados por unha carga
que ás veces é visible, outras non,
avanzan polo barro, ou a area do deserto,
inclinados, famentos,
homes taciturnos con grosos caftáns,
vestidos para as catro estacións,
anciás con caras cheas de engurras
levando algo, que pode ser un bebé, unha lámpada
(familiar), o talvez o último pan.
Isto pode ser Bosnia, hoxe,
Polonia en setembro do 39, Francia
(oito meses despois), Turinxia no 45,
Somalia, Afganistán, Exipto.
Sempre hai un carro, ou como mínimo un carreto
cheo de tesouros (colchas, cuncas de prata,
e o aroma da casa que se evapora rapidamente),
un coche sen gasolina, abandonado na cuneta,
un cabalo (será traizoado), neve, moita neve,
neve de máis, sol de máis, chuvia de máis,
e esta inclinación tan característica,
como cara a outro planeta mellor, un planeta
que ten xenerais con menos ambición,
menos canóns, menos neve, menos vento,
menos Historia (este planeta, por desgraza,
non existe, só existe a inclinación).
Arrastrando as pernas
van devagar, moi devagar
ao país de Ningún Sitio,
á cidade Ninguén
na beira do río Nunca.»

Ademais, queremos traer ao celme do razoamento as verbas do poeta celanovés Camilo Cao, no ámbito do libro de poemas que trata o asunto da emigración galega dunha forma tan humana. Tal como o canto dá conta do agarimo dado polo outro, tal debe ser o acollemento colectivo que a nosa nova sociedade debe realizar para con estes novos habitantes que connosco se encontran e entroncan:

«Cando me atopas coitado nas agras,
fondos queixumes e aloias
arrevoan no teu sangue
co mentes de chamusgar os feros,
que, pouco a pouco, debalan.
A neve, a sarabia e mailo travesío
atopan antergo pouso
no achego do teu colo;
ti eiquí non están salaiosa:
a todo sorrís, aínda ó máis bulreiro,
e tamén non hai ouxeto que non che chiste
por moi baixado que sexa,
pois até nas silveiras e saltasebes
alcontras folganza prós teus tresvaríos.»

A nosa conservadora cidade continúa moi indiferente a todos estes asuntos. A integración, ou mellor, a súa inclusión educativa, social, laboral e financeira, non consiste en facelos coma nós, consiste en sermos todos tolerantes e aceptar a diversidade para -no camiño da deconstrución- crear unha nova estrutura de sociedade harmónica na pluralidade e onde caian os estigmas que pesan sobre cada colectivo.

Archivado en: O Salto Galiza AGANTRO
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Últimas

Más noticias
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.

Recomendadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.