Medios de comunicación
Francotiradores do morbo: a prensa ante a morte de persoas empobrecidas

Os medios de comunicación diseccionan os casos de mortes en precariedade extrema ata a náusea. Ofrecen datos confidenciais de historiais clínicos e policiais, presupoñen drogadicción e ocupación de vivendas porque se saben impunes.
Infravivienda Galiza 1
Edificio calcinado en Vigo onde morreron unha nai e os seus tres fillos en outubro. Miguel Núñez

Activista de @OsNinguéns

18 nov 2023 06:00

Despois de sufrir o insoportable regueiro de perdas humanas de perfís empobrecidos, que golpeou sen descanso nun durísimo 2023, espertamos esta semana con outra terrible noticia. Un veciño apareceu morto nunha infravivenda, elevando a catorce as persoas que perderon a vida desde o verán nun contexto de precariedade extrema nesta cidade, Vigo.

A prensa local e autonómica adicouse a diseccionar os detalles do caso ata a náusea, chegando a publicar, como noticia, que ía ser moi difícil discernir se esta persoa morrera de sobredose “porque estaba en avanzado estado de descomposición, duns tres días”.

Tamén repetiron sen cesar, como se fose remotamente relevante, que era de orixe marroquí e que tiña “un largo historial delitivo”. Atrevéronse tamén a publicar unha foto da porta da súa casa e a describir con pelos e sinais que “o corpo” —non hai que personalizar demasiado— aparecera nun colchón, preto dunha xiringa, e que na súa mesa había analxésicos “que podía ter usado como opiáceos” —ou quizais estaba enfermo, eu tamén teño analxésicos na mesa... Pero todo vale—.

A quen lle vai importar ese morto se era marroquí, delincuente e se drogaba? Case todos os titulares iguais. Non unha persoa, non un veciño en precariedade severa: “Okupa morto”.

En resumo, nin o respecto nin un ápice de dor se translucen de ningunha das vergoñentas noticias. Ademais cuspiron en case todas, sen cortapisa, datos legalmente protexidos do historial policial, sanitario, ou o que faga falta. A quen lle vai importar ese señor, se era marroquí, e delincuente, e se drogaba. Case todos os titulares incluían as palabras “okupa morto”. Non persoa, non un veciño en precariedade severa, non un varón de tal idade, non: “Okupa morto”.

O compañeiro R. foi sinalado, nun día triste que daba pé á reflexión social colectiva por unha morte prematura máis en Vigo, como un okupa, drogodependente, delincuente, nunha sorte de equilibrio por montar un relato de relacións entre conceptos-estigma dirixido a quitarlle importancia ás condicións de pobreza e sufrimento previo do malvivir ao que estaba condenado.

Cando lin que “estaba custando demostrar que fora unha sobredose”, como se tivese algún tipo de interese positivo este feito, e os detalles espeluznantes que se acumulaban nas diferentes “noticias”, imaxinei como me sentiría eu se o meu irmán ou pai aparecese na prensa nesas palabras.

En primeiro lugar, o reducionismo e a falta de coñecemento que se transluce de que, atopar alguén cunha xiringa e automaticamente deducir que iso é proba de sobredose, é dunha persoa cuxo coñecemento das drogas baséase na película Trainspotting. Quizais R. estaba enfermo, quizais se lle parou o corazón, quizais morreu de frío, quizais a carencia severa da súa vida en pobreza acabouno matando.

Se calquera persoa doutro perfil social saíse estigmatizada nun medio de gran tirada, tería dereito a súa familia a interpoñer unha demanda millonaria.O que creo que se pensou neste caso é: “Quen a vai poñer?”.

Pois si, francotiradores do morbo, estas persoas teñen xente na súa contorna a quen doe moito ler a vosa porcallada, ese instrumentalizar a un compañeiro para instigar un discurso de odio

Pois si, francotiradores do morbo, si que esta persoa —a ver se aprendemos a diferenza entre persoa e número, entre persoa e expediente, entre persoa e okupa— tiña xente na súa contorna a quen doeu moito ler a vosa porcallada, ese instrumentalizar un compañeiro para instigar un discurso de odio, neste caso resumido na intención informativa de que, “ala morreu outro, pero tranquilos, era okupa, pobre, delincuente e marroquí”.

Polo menos, un titular así sería máis sincero por parte dos iluminados que se sentaron a publicar sen pensar un só minuto en como se sente a xente da súa contorna cando ve reducido o relato tráxico dunha perda humana ao de “cadáver aparece en casa okupada”.

Pero en Vigo pasa isto. Non na televisión, onde somos noticia constante polo noso gran desfile de nadal de faraónicos dispendios e fastuosos ornatos, a mellor festa do mundo, todos os sentidos postos nela, ou na nova obra de moda, ou na última excentricidade divertida do “alcalde total”.

Pero na intimidade dos nosos edificios, cando se apaga a música, miles e miles de veciños e veciñas viven unha vida moi distinta.  A da neveira baleira, a de non cear os adultos para que o fagan as crianzas. A da rapaza de vinte anos que convive a cambio de teito cun señor de sesenta que busca “compañía”, porque teme a rúa como a peste.  A dos labirintos burocráticos que desesperan a quen precisa axuda inmediata pero ve como os recursos van para outro lado. A dos desafiuzamentos constantes e imparables. O último, colectivo e de corenta veciños, segue sen solución estable.

A de persoas compartindo unha infravivenda por 180 euros ao mes para evitar a rúa, non porque lles guste ser sete en casa, vivir con ratas, as chinches ou as pingueiras, senón porque é a súa única alternativa a durmir no chan. A dos pisos precintados. á carreira, despois de anos de desinterese sobre eles, nos que algún traballador baixa a garda e razoa “é que como morra alguén máis, cáenos o pelo”.Pois morreu alguén máis. Dúas persoas desde aquela traxedia. E a ninguén lle caeu o pelo. Todo segue xirando, a xente segue anestesiada co festival de luz e cor que se porá en marcha o día 24 de novembro, mentres os desafiuzados deste mes descoñecen que acontecerá con eles esa data que todo eclipsa, aínda que o seu teito, a súa seguridade, estea no ar.Nesta cidade campa ás súas anchas o cinismo político, a opacidade, a presión dirixista, o veto discrepante.

Nesta cidade hai nais que entregan entre bágoas os seus fillos menores porque non os poden manter.

Nesta cidade morren 14 veciños en menos dun semestre e hai cero reaccións de intervención urxente.

Nesta cidade a obvia fobia á pobreza e ao inmobilismo interesado por perpetuala e facer dela un negocio rendible e sinistro é unha realidade constante que fai o ambiente irrespirable.

Nesta cidade as prioridades políticas dalgúns nunca son as persoas. E, menos, as que non poden votar: cidadáns de segundo aos que non se pode exprimir.

Nesta cidade a pobreza mata de forma exponencial cada ano. Sigan circulando.

Sacade a fanfarra dos nosos funerais. Parade dunha vez. Deixádenos en paz. Provocádesme unha enorme vergoña. Eles viviron a miseria, pero vós sodes os miserables.

Os responsables do goberno local e autonómico desta cidade, que non parades un minuto a pensar no voso papel. Os xornalistas que trituraches a imaxe dunha vítima dun sistema corrupto sen ningún pudor. Os que portaches unha pancarta que dicía “fóra yonkis dos nosos barrios”, como se non soubésemos desde os noventa como se confronta de forma civilizada a pandemia das drogas. Todos os que non aguantariades nin dez minutos nos zapatos do que vive esta xente empurrada ao marxe, pero permitídevos o luxo enfermizo de xulgalos e frivolizar, de miralos por riba do ombro. Quérovos ben lonxe.

Causades tanto dano e impórtavos tan pouco. Tedes as mans tan sucias e durmides tan ben.

Sacade a fanfarra dos nosos funerais. Parade dunha vez, deixádenos en paz.

Provocádesme unha enorme vergoña.

Eles viviron a miseria, pero vós sodes os miserables.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
Más noticias
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Galicia
Galicia Cuidar sin derechos: la lucha de las trabajadoras en las residencias privadas de Galicia salta a la huelga
Sin tiempo ni medios para ofrecer unos cuidados adecuados, alertan de una situación insostenible en los centros y denuncian la privatización de un servicio a costa del bienestar de las personas mayores y dependientes.
València
València Convocan una huelga general contra Mazón el próximo 29 de mayo
CGT, CNT, COS e Intersindical llaman a la movilización por la gestión de la Dana, los recortes y la situación de acceso a la vivienda.

Recomendadas

Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.