We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
O mapa afectivo conectado a través da poesía
O famalicense Tiago Alves aterrou na Coruña no ano 2009 e de inmediato prendeu unha “relación de amor” co país e a súa cultura. Estes afectos canalizaron a través do vínculo lingüístico e materializáronse en diferentes proxectos nos que participou con entusiasmo e decisión. Exemplifican esta conexión o feito de ser o primeiro escritor portugués que forma parte da AELG, a participación no proxecto Palavra Comúm ou a revista Quiasmo, da que é editor xefe e co-director.
A Catapulta, o programa que dirixe e conduce Samuel L. París, recibiu o escritor “galego-portugués” para conversar tamén sobre hábitos lectores ou o seu día a día como creador e dinamizador.
Como sempre, o episodio tamén se pode escoitar en formato podcast.
No mes de maio, A Catapulta volverá cunha nova conversa ao redor da poesía.