Afganistán
“O mundo xa esqueceu a Afganistán e a situación agora é aínda peor”

Mohammed Ali Pakdel é un xornalista afgán refuxiado en Ourense que conta a súa experiencia e a situación que viven as persoas que tiveron que quedar no seu país trala chegada dos talibáns.
VÍDEO: PABLO SANTIAGO
20 ene 2022 06:44

Mohammed e a súa familia levan pouco máis de tres meses vivindo nunha nova casa en Ourense, despois de seren evacuados do país polo Goberno español. Os estantes do seu piso aínda están medio baleiros. No salón xace unha pequena mesa con dúas cadeiras, dúas cuncas de té, dous platiños con cacahuetes e un con galletas. Sabe como funcionan as entrevistas e non o intimidan as cámaras. Dende 2015 e ata a chegada dos talibáns ao poder o pasado agosto traballou como xornalista en Kabul.

pakdel 2

No fondo do cuarto hai unha gran fiestra con vistas a un campo verde no que se divisan algúns edificios ao fondo. Mentres falamos dun país no que, segundo datos da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura -FAO-, a metade da poboación padece fame aguda e as necesidades humanitarias aumentan a uns niveis sen precedentes, a luz do día vai morrendo ata facerse de noite.

Como foi o proceso de vir para aquí?

Cando chegaron os talibáns a Kabul moitos dos meus compañeiros xornalistas comezaron a vender os seus equipos, pero eu quedei na casa. Un día recibín a chamada dun xornalista chileno, Jorge Said. Eu, ao principio, tiña medo porque nunha situación así non te podes fiar de ninguén. El quixo entrevistarme e, poucos días despois da entrevista, chamáronme dicindo que fora ao aeroporto de Kabul.

Aquí chegáronnos moitas imaxes dun aeroporto de Kabul cheo de xente que se abalanzaba sobre os avións. Como viviches ti esta situación?
Foi moi duro. Ademais, eu viaxaba coa miña familia e levabamos un bebé. Tardamos varios días en poder entrar no aeroporto. Unha vez alí,  traballei co exército español, porque precisaban a alguén que falara dari. Había moita xente que me berraba que por favor a axudara, pero eu non podía facer nada. Foi moi duro.

Moitas desas persoas nunca lograron saír de Afganistán.

Moita xente quería marchar, pero tivo que quedar en Kabul: moitos xornalistas, activistas….Viven nunha situacion moi mala, porque contaron cousas no pasado sobre os talibáns, que agora están no poder. Eu coñezo a moita xente nesta situación que teñen que vivir agochadas.

“Algúns países non queren axudar a Afganistán polos talibáns, pero non deberiamos esquecer que aínda hai xente alí.”

Chegou un momento no que os gobernos occidentais deixaron de evacuar a xente.
Coñezo a moitos xornalistas que están en perigo en Kabul. Aínda hai moita xente alí que precisa axuda e quero que as grandes potencias non se esquezan destas persoas.

Como foi traballar como xornalista durante o goberno do anterior presidente, Ashraf Ghani, e como viviches a chegada dos talibáns ao poder?

Nos tempos de Ghani tiñamos voz. Podiamos ser críticos, tiñamos ese dereito. Pero despois da chegada dos talibáns moitos xornais tiveron que pechar, moitos xornalistas tiveron que fuxir e agora non creo que ningún medio de comunicación en Afganistán se atope nunha boa situación.

Segundo un informe de Reporteiros Sen Fronteiras, máis do 40% dos medios de comunicación pecharon e o 80% das mulleres xornalistas quedaron no paro dende a chegada ao poder dos talibáns.
É isto. Se cadra é peor ca isto. Moita xente perdeu o seu traballo. Actualmente hai unha gran crise de pobreza en Afganistán. Eu vin a xente vendendo os seus zapatos para comprar comida. Algúns países non queren axudar a Afganistán polos talibáns, pero non deberiamos esquecer que aínda hai xente alí. Hai cousas que son para a xente, non para o Goberno. Non nos podemos esquecer da xente de Afganistán.

Abastecer hospitais ou enviar axuda humanitaria ao país, por exemplo, implica recoñecer o réxime talibán?
Non. O recoñecemento dos talibans é outra cousa. Eu non quero que ningún Goberno lexitime aos talibáns. Agora mesmo están matando xente e non deixan que as nenas vaian á escola ou á universidade. Como podería un país recoñecer un Goberno que actúa así?

Son os mesmos talibáns que en 2001?

Os talibáns non cambiaron. Son os mesmos que estiveron matando á nosa xente nos últimos 20 anos. Non imos esquecer o que nos fixeron. Eu non vou esquecer. Un dos meus compañeiros de clase morreu nunha explosión provocada polos talibáns, ao igual que algúns amigos meus, que tamén faleceron tras un atentado na axencia de noticias na que traballaba. 

pakdel 3
Falabamos antes de que os xornalistas locais están en perigo, pero hai moitos corresponsais occidentais reporteando dende Afganistán na actualidade. É isto unha forma a través da que os talibáns limpan a súa imaxe?

Os xornalistas occidentais están protexidos. Pero, quen protexe aos xornalistas afgáns? Quen protexe aos xornalistas que no seu momento informaron sobre o que estaban a facer os talibáns? Quen os quere protexer?

Zabiullah Mujahid, un dos portavoces dos talibáns, dixo que as mulleres ían ter dereitos no marco da sharia, a lei islámica. Que significa isto realmente?

Que van facer o que queiran. Eles falan doutro Islam. Na miña relixión, no Islam, unha muller pode traballar, ten o dereito de expresarse libremente, o dereito de ir á universidade, de mellorar… os homes e as mulleres son iguais. Pero os talibáns non pensan así,e non queren pensar así. Cando falan da sharia, falan da sharia que eles queren, do que eles queren interpretar.

Segundo un informe das Nacións Unidas, en 2021 houbo cerca de 600.000 persoas desprazadas internas en Afganistán. Moita desta xente fuxiu das súas vilas cara Kabul cando chegaron os talibáns e algunhas destas persoas continúan alí. Que está acontecendo?

Moita xente fuxiu de lugares como Kandahar. A súa mellor opción era ir a Kabul e vivir na rúa. Un dos maiores problemas que ten a xente agora mesmo é a pobreza. Hai un vídeo que circula polas redes sociais no que se amosa como unha nai ten que vender ao seu fillo. Nesta frase podemos explicar toda a situación. 

A situación en Afganistán agora é mala, pero xa había moita xente fuxindo do país incluso antes da chegada ao poder dos talibáns. Despois de que comezara a guerra de Siria había moitos refuxiados afgáns nas illas gregas e nos Balcáns que se facían pasar por sirios para obter o asilo.

No pasado tiñamos moitos problemas, refuxiados, pobreza… e era polos terroristas que nos atacaban. Pero agora, eses terroristas son os que teñen o poder no país.

“Os talibáns non cambiaron. Son os mesmos que estiveron matando á nosa xente nos últimos 20 anos.”
O teu pai foi un refuxiado en Irán.

Ao meu avó asasinouno o goberno daquel momento e o meu pai, cando tiña 10 anos, tivo que fuxir a Irán. Eu nacín nun país que non era o meu, é a primeira cousa mala da miña vida. Eu era un refuxiado de pequeno. Aos 5 anos volvín a Afganistán e tiña moita esperanza para o meu futuro. Medrei en Afganistán, fun á universidade e convertinme nun xornalista. A xente da miña xeración fixemos o mellor que puidemos para mellorar o noso país e o final perdemos todo.

Tes familia aínda en Afganistán?

Si, moita. Familia e amigos. Cando chegaron os talibáns ao poder houbo protestas de mulleres xornalistas. Eu coñézoas, algunhas son as miñas amigas. Agora estanas buscando e teñen  que moverse  de cidade en cidade. Eu sigo en contacto con algunhas e están nunha situación moi mala. Son moi valentes. Deixa que che conte algo sobre a xeración máis nova de Afganistán. Pode que algunhas persoas pensen que esta xente é debil e que non fixeron nada polo seu país, pero nos últimos anos os talibáns explotaron as nosas mezquitas e nós non deixamos de ir, continuamos acudindo. Eles matáronnos en hospitais, nas rúas... e aínda así non paramos. Continuamos ata que o anterior goberno vendeu o noso pais. Cando os talibáns entraron en Kabul non atoparon resistencia. O noso país vendeunos.Despois destes 20 anos, despois de todos os cartos investidos, Estados Unidos marchou do país. Cal é o papel que teñen os Gobernos occidentais agora en Afganistán?
Se les a historia, verás que todos os países que axudaron a Afganistán non o fixeron en beneficio da xente de alí, senón polos seus propios intereses. Ninguén pode crer que un país como os EEUU non poida vencer aos talibáns. Supostamente viñeron aquí para traer paz, seguridade, mellorar a economía e a democracia  e… despois de 20 anos marchan e deixan o país na man dos talibáns? Os medios de comunicación non queren preguntar estas cousas porque están baixo a influencia destas potencias. Os países van e veñen de Afganistán, pero ao final o que queda alí é a xente en situacións de pobreza. Esta é a historia da miña xente. 

En agosto, cando os talibans chegaron ao poder, todo o mundo aquí falaba sobre Afganistán, pero agora o tema foise apagando. 

Nos primeiros días publicábanse moitos artigos sobre Kabul, pero día a día iamos tendo menos e menos noticias. O mundo xa se esqueceu de Afganistán e a situación agora é aínda peor.

A Unión Europea repite que está moi preocupada pola situación das mulleres e da democracia en Afganistán, pero continúanse levantando muros e evitando a chegada de persoas migrantes.
Eu sigo pensando que algunha xente non sabe o que realmente está acontecendo no meu país. E algunha xente non quere sabelo. Deberíamos estar todos xuntos, sentirnos uns aos outros. Por que temos a nenos pasando fame e ao mundo non lle importa? Porque a xente en Afganistán está nesa situación e ao mundo non lle importa? Estas son algunhas cuestións que nos preguntamos pero para as que non hai resposta.

Ti agora estás aquí, estás a salvo, pero hai moita xente que non puido marchar. Como é para ti ter que vivir con isto?

Eu e a miña familia estamos ben, e quero agracederllo a todas as persoas que me axudaron. Pero non me sinto completamente feliz ao dicir isto, porque son consciente da situación do meu país, da miña xente… Eu estou a salvo, teño unha vida normal, pero quero esta vida normal para todo o mundo. Non só para a xente de Afganistán, para todos. Todo o mundo ten dereito á vida. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Afganistán
Afganistán Mujeres afganas: vetadas de la vida pública, expuestas a la violencia sexual
La extensión de los matrimonios forzados por razones económicas, la disolución del Ministerio de la Mujer y el desmantelamiento de los albergues para víctimas han propiciado que estos crímenes se cometan cada día con mayor impunidad.
Análisis
Análisis Afganistán: el país de las prohibiciones
El régimen talibán aprobó una nueva ley que recorta todavía más los derechos de los pobladores, en especial las mujeres. Desde Occidente, las reacciones apenas tocan la tibieza.
Personas refugiadas
Personas refugiadas Entre dos mundos: voces afganas en Barcelona
Tres años después del retorno de los talibanes al poder, tres refugiados afganos comparten el relato de cómo consiguieron salir y cómo viven en la distancia el callejón histórico en el que parece inmerso Afganistán, después de 20 años de ocupación.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.