Sector del juego
Xogar coas voltas do café?

Analizamos, a partir dun estudo sociolóxico realizado na Universidade da Coruña (UDC), a proliferación dunha cultura do xogo que cada vez medra máis nos barrios populares das cidades, coa complicidade de axencias publicitarias, personaxes públicas e grandes corporacións que alimentan de xeito irresponsable unhas pautas de consumo que acaban en adición e no sometemento da poboación a débedas moi elevadas.

reta apuestas
Máquina en un local de apuestas Ione Arzoz
1 oct 2018 06:00

“Comecei apostando en partidos do Barça e acabei metendo diñeiro na liga húngara” así o relataba Juan para o diario El Español, así empezan a maioría das historias relacionadas co xogo. Trátase da trampa das apostas, que comezan como un lecer inocente e que, en numerosas ocasións, acaba como unha sentenza ao ostracismo e á exclusión social.

As casas de apostas foron aos poucos integrándose na estrutura das cidades de todo o Estado, atacando especialmente os barrios máis excluídos. Seguindo a cultura británica de apostas, pero levándoo a un novo nivel coa integración dos terminais de xogo nos bares e cafeterías que van aos poucos substituíndo á xa clásica máquina comecartos á que estabamos tan mal afeitos. Con todo, neste caso as maquinas actúan como unha invitación, non son simplemente un fin en si mesmas, se non, unha porta de entrada, accesible e aceptada, onde poidas “apostar as voltas do café” a diversos espectáculos deportivos. Estas terminais, teñen unha clara finalidade, o obxectivo é que tras un tempo contentándote coa “ máquina do bar”, acudas directamente a un local ou a internet para dar renda solta a apostas de maior contía, xerando un compromiso entre usuario e apostas do que resulta especialmente difícil desprenderse.

Ademais destas máquinas, con presenza física nun bo número de locais de lecer, atopámonos cun sistema perfectamente orquestrado que trata de vincular o público habitualmente alleo, como pode ser o colectivo de xente nova, achegando as apostas a unha das fontes de lecer xuvenil como, por exemplo, os videoxogos. Tamén tratan de involucrar as mulleres, afortunadamente máis ausentes nesta práctica mediante a inclusión da “aposta social”, é dicir, aquela que non está vinculada con espectáculos deportivos.

Trátase de articular a maquinaria empresarial e poñer as persoas a disposición dos beneficios, cebándose especialmente cos barrios máis humildes.

Non é casualidade que a maior presenza de locais de apostas se atope, no caso da cidade da Coruña, na Rúa Barcelona, unha das zonas máis populares e multiculturais da cidade. Con todo, esta tendencia de situar as casas de apostas en barrios con maiores taxas de desemprego e problemáticas de exclusión social non é algo que suceda exclusivamente nesta cidade, se non que se repite no resto de Galiza e do Estado, tamén fóra das nosas fronteiras. No Reino Unido, por exemplo, as cidades con máis casas de apostas non son aquelas con maior poboación ou extensión, se non, aquelas con maior taxa de paro, como indican os informes trala investigación no territorio británico levada a cabo por ResPublica, onde destacaba por exemplo a cidade de Glasgow, cunhas cifras de desemprego superiores á media e cunha das maiores taxas de casas de xogo por habitante, unha por cada 2700 habitantes.

reta apuestas 2
Establecimiento de una conocida casa de apuestas vasca en Iruñea Ione Arzoz

Atopámonos ademais cunhas campañas de publicidade dirixidas ao público masculino, utilizando rostros facilmente recoñecibles: futbolistas, tenistas, xornalistas alén dun desproporcionado investimento en patrocinar equipos de fútbol. É dicir, sempre preto da mocidade e sempre preto do lecer das clases máis desfavorecidas, cunha abraiante permisividade durante o horario infantil. Nun Estado que á vez que di defender o xogo responsable, e o “só para maiores de 18 anos”, prohibe os anuncios de tabaco mentres que permite as apostas e o bombardeo de marketing.

Neste senso, resulta especialmente importante analizar a publicidade que realizan as casas de apostas, que se relaciona estreitamente con elementos asociados coa masculinidade hexemónica e que pensamos que afecta de dúas maneiras diferentes ao mundo das apostas. En primeiro lugar, os roles masculinos de éxito, racionalidade e triunfo económico preséntanse como unha das claves. Pois os principais afectados son homes de mediana idade e de escasos recursos que son educados baixo a falsa premisa dunha igualdade que non existe. A mensaxe que lanzan é un tipo de éxito inalcanzable, pero aí están as apostas para salvarnos do fracaso, prometendo ingresos sinxelos e rápidos, tratando de convencer os clientes de que a súa posición se converterá en algo máis relevante e influínte. Atacando ademais, en segundo lugar, o fráxil ego masculino que a nosa sociedade constrúe. Esta necesidade de recoñecemento social vese intensificada se temos en conta cuestións étnicas, pois, en moitas das observacións realizadas nos distintos locais de xogo que se sitúan ao longo da Coruña, atopamos unha afluencia moi elevada de público estranxeiro.

As compañías non captan xogadores que apostan en máquinas deportivas, se non que captan simplemente xogadores potenciais de todos e cada un dos seus servizos.

Unha das fontes á que este medio tivo acceso confirma ademais ser capaz de realizar apostas de forma habitual, case de xeito cotián desde que tiña 15 anos: “A primeira aposta fíxena con 15 anos no Luckia (…) botaba apostas cada certo tempo e ata que fun maior de idade (…) eu creo que me deberon botar dúas veces só ao pedir o DNI, tamén é que nos bares as máquinas xa non cho piden”.

Ademais, realizando observacións en distintos locais, puidemos observar que unha boa cantidade de xogadores de apostas deportivas, son tamén xogadores de xogos tradicionais de casino. É dicir, as compañías non captan xogadores que apostan en máquinas deportivas, se non que captan simplemente xogadores potenciais de todos e cada un dos seus servizos. Como confirman as cifras ofrecidas pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo que amosan un ascenso dos xogadores tradicionais de casino ou bingo a medida que aumentan os xogadores de apostas, só tendo en conta o xogo en liña, o auxe das apostas presenciais vén acompañado dunha subida nas realizadas en liña e esta á súa vez deu lugar a unha suba dun 40 % nos xogadores rexistrados en páxinas de casino. Deste xeito crean un círculo perfecto de consumo no que o gran perdedor é sempre o cidadán pertencente a esa suposta clase media tan falaz, herdeira dunha transición non menos enganosa e dun sistema, que deixa as clases baixas como un medio para alcanzar o único fin que lles parece relevante, aumentar os beneficios económicos e a dependencia no consumo. En definitiva, a saúde da clase obreira posta en liza para continuar o impasible xiro do sistema capitalista.

Existen diferentes medios para frear este auxe das apostas e realizar traballos de control/regulamento, como así expón o psicólogo da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (AGALURE): “A solución é limitar o acceso. Incluíndo lectores de DNI nas máquinas”. De feito, isto xa se inclúe en Italia nas máquinas de tabaco, cruzando o DNI cunha base de datos sanitarios e impedindo a menores de idade ou enfermos consumilo. Polo tanto, pódese concluír que non nos atopamos fronte a un problema técnico, o control/regulamento só depende da vontade política, pero esta non parece de momento disposta a cambiar o funcionamento do sistema. Así mesmo, a asociación reivindica destinar parte dos beneficios obtidos mediante impostos ao xogo, para o tratamento dos problemas que deste se derivan, como así se fai co recadado por alcol e tabaco.

A mocidade merece un futuro digno e para iso é necesario investir en educación para cambiar os intereses que poden desenvolverse, resultando tamén indispensable xerar programas de lecer sustentable. Estas alternativas deberían ser ofrecidas nos barrios en risco de exclusión, nos que resulta moito máis complicado atopar unha zona habilitada para xogar ao fútbol que un local para apostar. Ademais, a regulación tanto do uso dos terminais de apostas, como da publicidade das apostas son dous puntos fundamentais para tratar de xerar un mercado ético, que minimice os riscos para os usuarios e que evite na medida do posible as consecuencias que se derivan do xogo, que dependen das intencións da nosa clase política, mais que de limitacións técnicas.

Sector del juego
Vivir fuera de juego, antes de que sea demasiado tarde

Las casas de apuestas continúan creciendo Euskal Herria al mismo tiempo que se incrementan los casos de ludopatía. 

Sector del juego
Madrid, territorio de apuestas
Madrid no impone límites a los locales de juego, importados de Reino Unido y que proliferan desde su regulación en 2006.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Videojuegos
Videojuegos Denuncian a las empresas tras los juegos Minecraft, Fortnite y FC24
Organizaciones de consumidores de 17 países, entre las que se encuentran las españolas Asufin y CECU, denuncian ante la UE las prácticas desleales de las principales compañías de videojuegos.
Sector del juego
Decreto Garzón La apuesta errónea del Supremo
Mientras la ludopatía es una de las mayores adicciones del país y el juego el tercer motivo de suicidio, el Tribunal Supremo ha tumbado varios puntos del Decreto de la publicidad de las apuestas.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.