We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Personas refugiadas
Remata o prazo para a acollida de persoas refuxiadas co incumprimento do goberno
Os seis países máis ricos, donos do 50% da riqueza mundial, acolleron só un 8% das persoas que precisan refuxio. En troques, outros seis países que só ostentan o 2% da riqueza mundial acollen á metade das persoas refuxiadas do globo.
O goberno español comprometeuse no 2015 a acoller 17.337 persoas refuxiadas que tiñan recoñecida protección internacional, pero estaban en países que non podían darlles seguridade e acollelas. Estas 17.337 persoas representan tan só o 0,08% dos 21,3 millóns de refuxiados do mundo.
Destes, 1.449 persoas debían ter chegado de Turquía, Líbano ou Xordania. Ningún veu desde este último, pero si dende o Líbano, país onde o 20% da poboación ten o estatuto de refuxiado; e de Turquía, polo acordo UE-Turquía, que creou unha gran polémica, tanto a nivel social como político. Trátase dunha política de reasentamento habitual en moitos países como Canadá, Estados Unidos, Australia, Noruega e Reino Unido.
O resto, as 15.888 persoas que compoñen a maior parte do acordo, debían proceder de Grecia e Italia. Este mecanismo de solidariedade interna da UE –a reubicación– responde ao elevado número de persoas que chegaron ás costas de ambos países nos últimos anos.
A evolución do compromiso foi bastante desigual para cada categoría: só o 8% das persoas tiveron que ser reubicados finalmente se atopan en territorio español, mentres que preto da metade dos reasentamentos foron realizados. En ambos casos o resultado foi o flagrante incumprimento polo goberno.
Mobilización social
A falta de vontade do goberno para cumprir os seus compromisos foi clara, ata o punto de mobilizar centos de miles de persoas nas rúas en Barcelona o 18 de febreiro e a unión de 400 entidades nunha campaña de presión para a acollida dos refuxiados. Durante 6 meses a plataforma VindeXa foi denunciando que o tempo pasaba e as chegadas ían moi por debaixo do necesario para acadar as 17.337 persoas.
Tivo efecto esta mobilización? Parece que así é. Desde entón, dobrou o número de refuxiados que chegaron aos aeroportos españois, subindo a acollida a 1.983 mulleres, homes e nenos.
Orgullo de incumprir
En xullo escoitamos á Vicepresidenta do Goberno, Sáez de Santamaría, prometendo que o país ía facer un "esforzo extra" para acomodar 500 refuxiados máis ao mes ata a data límite. O Ministerio do Interior recoñece que máis de dous meses despois, chegaron menos de 500 persoas.
Por iso, a unha semana do vencemento do prazo, nace a campaña ‘orgullo de incumprir’ por parte de numerosas organizacións sociais, denunciando que o goberno acolleu menos do 12% do total inicialmente prometido.
E en Europa?
A UE comprometeuse a acoller 180.000 persoas a través destes mecanismos e finalmente acolleu unha cuarta parte. Dos 24 países que estaban acollendo, España está no 17º lugar. Por detrás atopamos principalmente estados que foran expedientados polo tribunal da UE por rexeitar a reubicación de persoas refuxiadas. O tribunal decidiu que é unha obriga que se debe cumprir. Os 16 países que xa acolleron máis persoas que España teñen unha media de acollementos do 48%, contra o 11% do estado Español: Finlandia, Irlanda, Letonia, Suecia... gañan en solidariedade a este respecto.
Compromisos de segunda
As persoas que teñen chegado a España pola reubicación e reasentamento veñen principalmente de Siria, onde máis do 60% da poboación foi desprazada, pero tamén desde Eritrea e de Iraq, países con máis do 10% da poboación desprazada ou refuxiada. Persoas que non teñen máis remedio que deixar a súa casa.
Sorprende a deixadez do Goberno no cumprimento destes compromisos, cando o 78% da poboación apoia acoller aos que foxen de conflitos armados. 15.354 persoas aínda permanecen nos campos de refuxiados en lugar de compartir as nosas casas e cidades. Levan alí meses e anos esperando por pechar este suposto paréntese na súa vida.
O goberno español deixou claro que os compromisos teñen categorías. Existen compromisos financeiros que poden supoñer perder 40.000 millóns de préstamos aos bancos ou facer reformas constitucionais ‘express’, pero as cuestións humanitarias, os compromisos coas persoas refuxiadas, son relegados a un último plano.
Unha vergoña. Hai compromisos de moitos tipos. Que triste que deixemos sen cumprir os que nos fan máis humanos!
Xa estamos no #26S
— VindeXa (@Vinde_Xa) 26 setembro 2017
Onte chegaron 0 persoas refuxiadas
Faltan por chegar 15.354
O Goberno Incumpriu#VindeXa #VenidYahttps://t.co/4aqjHQLoph pic.twitter.com/NLbBgXIIi5