Parlamento Europeo
Ana Miranda: “A voz do BNG en Bruxelas é a das causas xustas. Dende Palestina ata a celulosa de Altri”

A candidata do BNG-Agora Repúblicas ás eleccións europeas defende que boa parte do seu traballo é canalizar as denuncias da sociedade civil organizada e internacionalizalas, ser un altofalante institucional “dun traballo colectivo”.

A candidata do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións europeas, Ana Miranda (Cuntis, 1971), vén de longo no seu andar en Bruxelas. Formada nos mellores anos electorais do BNG en Europa, colleu o testemuño do histórico dirixente nacionalista Camilo Nogueira e preséntase a estes comicios co obxectivo de revalidar aquel fito do 1999, mais, desta vez, baixo a coalición Agora Repúblicas, composta por ERC, EH Bildu e Ara Més, onde ocupa o número tres na lista.

Miranda defende que boa parte do seu traballo é canalizar as denuncias da sociedade civil organizada e internacionalizalas, ser un altofalante institucional “dun traballo colectivo”. Por iso, aproveitou os seus máis de tres anos de deputada para levar á capital da Unión Europea ás vítimas de Angrois; aos afectados polas preferentes; ás organizacións que loitan contra as minas de Corcoesto, de Touro ou de San Fins; e, nos últimos meses, tamén a veciñas afectadas pola macrocelulosa que a empresa Altri e a Xunta de Galiza queren instalar no corazón do país.

Cal é o obxectivo electoral que ten o BNG para estas eleccións?
O oxectivo electoral é que Galiza siga tendo voz no Parlamento Europeo. Ese é obxectivo máximo. Nós sabemos que é a única condición para a representación e a voz directa, non só dos temas galegos, senón de moitas causas, é que BNG estea de novo no Parlamento Europeo. A voz do BNG en Bruxelas é a das causas xustas. Dende Palestina ata a da loita contra a celulosa de Altri. Aspiramos a sacar un escano na noite electoral que non se saca dende ano 1999, con Camilo Nogueira. Hai 24 anos que non se saca.

Alí diches os teus primeiros pasos en Bruxelas, non? Hai 24 anos.
Si, estiven a traballar cinco anos con Camilo, dende o 1999, aprendín moito del.

Entendo que para que se consiga esa meta, a participación en Galiza ten que medrar e o Bloque conseguir arrastrar parte dese voto socialista que xa levou nas galegas. Cal está sendo a aposta para mobilizar o voto?
A cuestión é que tivemos unha mobilización e ademais un bo resultado electoral nas eleccións galegas. A clave é que a xente sinta que isto tamén é parte dese cambio e desa alternativa ao Partido Popular. Tivemos un resultado bo no que a xente nos apoiou como opción ao PP e iso é tamén parte de que Galiza non pode perder a oportunidade de estar no Parlamento Europeo. Ademais hai unha cousa clara: se non estamos nós, o noso espazo vaino ocupar a extrema dereita. Non é unha opción de esquerda por esquerda, ocuparíao a extrema dereita pola Lei D'Hondt. Iso é o peor que lle podería pasar a Galiza. Que non entre o Bloque é que ese espazo sexa ocupado por xente que defende xusto todo o contrario, que non entenden os pobos, que non entenden as linguas e as culturas e que son racistas, homófobos e machistas.

Ana Miranda BNG - 3
Ana Miranda na sede do BNG en Pontevedra. Candela Balboa

Na construción do teu relato como eurodeputada conseguistes instalar o marco de que es “a única eurodiputada galega que leva os intereses de Galiza á Bruxelas”. Máis alá do lema, hai méritos propios que o sosteñan en base ao balance destes anos?
Cando dicimos o da voz galega en Europa trátase dunha decisión electoral baseada na análise do traballo. Se nos poñemos a analizar as causas distintas que se levaron nestes anos, en distintos períodos, pero sobre todo no momento no que estiven de deputada nos tres anos e medio, vemos que son causas que ninguén levou. Empezo coas vítimas de Angrois, que evidentemente é un dos temas máis sangrantes e ademais que se deciden Bruxelas. Hai moitos temas galegos que se deciden alí e nós somos a garantía de que poidan estar presentes e de que poida haber un retorno. No caso de Angrois hai dous puntos clave que se dirimen en Bruxelas que son a seguridade marítima e seguridade ferroviaria europea. Se non o chegamos a levar, non habería un cambio de normativa como hai agora. Despois de 11 anos conseguímolo, malia que fora unha batalla de David contra Goliat.

Despois, pesca, agricultura, marisqueo, sectores produtivos e os preferentistas. Grazas á súa loita e grazas a esa perseverancia coa loita na rúa, conseguimos que se recuperaran 1.800 millóns de euros roubados coa estafa dos bancos. Si que serviu estar en Bruxelas e levar todas as causas xustas. Isto sempre é un traballo colectivo, pero tamén conseguimos que aos emigrantes retornados non se lles penalizara por traballar toda a súa vida fóra. Parouse a mina de Corcoesto e nós axudamos moito para internacionalizalo. Tamén na recuperación do Pazo de Meirás, a loita contra San Fins, a mina de Touro... Son loitas da cidadanía galega que nós axudamos a que tiveran o seu eco en Bruxelas.

Por que cres que existe esta distancia tan grande entre o traballo que facedes as eurodeputadas en Bruxelas e Estrasburgo e o groso da poboación?
Non se ve cercano e, porén, decide sobre o 85% da nosa vida. Creo que non interesa tampouco os gobernos que se fale de temas europeos porque en moitas das cuestións que se deciden en Bruxelas, moitas son culpas dos estados, da Xunta ou doutros gobernos. Aprovéitase moito para usala de coartada e botar as culpas a Europa. Logo a UE ten unhas posicións moi inhumanas e moi antisociais en moitas cousas e iso fai que non se xere unha simpatía. Sen ir máis lonxe, co que está acontecendo con Israel e Palestina, onde a Unión Europea está a ser totalmente cómplice. Se non conseguimos ter voces como as nosas, pois non se falará das grandes causas da humanidade.

As enquisas auguran un crecemento da onda reaccionaria tanto en Europa como no Estado español. Que nos xogamos se a ultradereita sae reforzada destas eleccións?
A ultradereita xoga coa información, con noticias falsas e xoga co lobby económico. Xogámonos que haxa voces populares, voces da xente traballadora. Xogámonos que non se escore máis á dereita en gasto social ou limitar que haxa máis gasto en defensa. Xogámonos tamén que esas voces non vaian cara políticas racistas ou que negan os dereitos reprodutivos das mulleres ou que van contra as persoas migrantes. Opóñense dúas visións: as das políticas económicas de austeridade ou as de políticas de gasto social. Entón, se hai máis poder no Parlamento Europeo da dereita e a extrema dereita, que traballan xuntas, pois haberá esa confrontación.

Falemos do xenocidio palestino. A posición do BNG e a túa persoal semellan claras, pero que rango de acción ten a UE nesta lexislatura, máis se se reforzan as posicións ultradereita?
A Unión Europea mantén unha oposición moi hipócrita e estou moi decepcionada, aínda que non agardaba moito. Non é quen nin de cumprir as resolucións de Nacións Unidas. Só agora está a dicir que isto é un xenocidio, pero levamos meses moitos deputados pedíndoo. O que vemos máis claro é a dependencia que ten a Unión Europea dos Estados Unidos e no tema de Palestina é moi evidente. Pero tamén é certo que hai voces diferentes dentro dos estados que levan pulando moito tempo polo recoñecemento do Estado palestino. As cousas van mudando. Eramos uns 50 os deputados que estabamos reclamando a fin do xenocidio e hoxe somos case 400, algo si que se fixo. Non me quedo coa idea de loitar contra o imposible, se non, non estariamos facendo política.

“Estivemos presentes defendendo á xente do Rif e á do Curdistán. Pídolle a todo o mundo que fagan unha reflexión da nosa traxectoria en defensa dos dereitos humanos”

Estás cómoda concorrendo en coalición con ERC malia as posicións que están a tomar con Israel? Votaron en contra de romper relacións con eles hai nada no Congreso.
Escoitei o outro día a Raúl Romeva sendo clarísimo pedindo a ruptura de relacións e a súa condea absoluta tamén por parte da candidata Diana Riba. Eu preséntome como unha deputada galega que vai nunha coalición instrumental é que son nomeadamente propalestina e creo que o demostrei loitando por eles e por elas. Entón, que haxa xente en Galiza, como eu vin na rede, defensora absoluta dos dereitos humanos, poñer en dúbida esta posición sendo unha deputada que fun secuestrada por Israel, que fun expulsada, que parto as mans e o corazón por eles... Pois creo que é non estar na vida real, a verdade. Estivemos presentes cando se nos pediu defender á xente do Rif ou no Curdistán. Entón pídolle a todo o mundo que fagan unha reflexión da nosa traxectoria en defensa dos dereitos humanos. A cuestión é: como somos máis útiles, sendo teóricos criticando aos outros ou apoiando aos nosos para cambiar as cousas?

Ana Miranda BNG - 1
A eurodeputada do BNG na praza da Peregrina de Pontevedra. Candela Balboa

Parece bastante claro que a caída de Esquerra en votos vai afectar a coalición, hai previsión de danos?
Non é tanto por Esquerra, non sei como pode afectar. Nós estamos centrados en facer campaña percorrendo o país e niso estamos, en sacar votos aquí porque iso afectará directamente ao canto tempo de escano que teñamos. Non sei ata que punto a situación catalana pode influír ou non. Na anterior vez, sobraron moitos votos para poder ter tres escanos, haberá que ver como vai a participación.

“Facemos parte do grupo Os Verdes-Alianza Libre Europea porque cando entramos no Parlamento Europeo, IU vetounos como delegación galega”

Sei que Bruxelas e Estrasburgo funcionan diferente coa disciplina de voto e que ti mesma disentiches moitas veces das posicións oficiais dos teus grupo e subgrupo, tanto publicamente como no teu voto. Pero por que o BNG decide ir no grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea?
Cando entramos por primeira vez con Camilo Nogueira no 1999 queriamos entrar nese grupo que se chamaba Esquerda Unitaria Europea. Entón, Camilo foi a negociar cos dous grupos a ver con quen entrabamos e aí foi cando nos vetou Esquerda Unida como delegación galega. Non adoito dicilo moito, pero así foi. Entón Camilo volveu a Galiza á Comisión Permanente do BNG e trasladou a cuestión dicindo “aquí vétannos e no outro ábrennos tódalas portas”. Entón acabamos alí un pouco de forma casual, pero porque era un grupo progresista, vaia. Pero dende alí, xa nos constituímos como o que agora somos, Alianza Libre Europea. É certo que, nestes últimos anos, houbo diferenzas manifestas con algunhas delegacións, non con todo o grupo. Hai disidencias, sobre todo, coa delegación alemana. Pero tamén lle pasa a Die Linke no grupo The Left ou aos socialdemócratas cos seus. Non hai máis grupos de esquerda, entón ese é o mapa. Non seguimos por inercia, senón porque nos recoñecen como delegación galega.

Medio ambiente
Manifestación na Ulloa O rexeitamento á celulosa da Xunta e Altri desborda o corazón de Galiza
Unha manifestación multitudinaria desborda o concello lugués de Palas de Rei, onde se pretende instalar a industria papeleira, coa gran ausencia do PSOE e unha gran fronte ampla da sociedade civil.

Estiveches en Palas de Rei durante a mobilización histórica do outro día, levaches á representación das veciñas e a expertos á UE. Tanto o BNG coma ti en particular xa aclarastes que ides tentar paralo sexa como sexa. Cal será a estratexia dende Europa?
Primeiro temos que sacar o escano e logo seguir vendo de preto como evoluciona. Logo neste mes vaise decidir se se presenta un PERTE ou non, que ademais coincide uns días despois de que haxa eleccións europeas. E tamén teñen que responder ás alegacións que están pendentes. Entón, eu creo que o primeiro é chegar ao Parlamento, coller unha posición na Comisión de Peticións e presentar xa a denuncia para dar unha batalla con iso. Dende o propio Parlamento con intervencións, coa denuncia, levar de novo aos colectivos e que iso sexa un cabalo de batalla. Non podemos permitir que veñan os fondos europeos para depredar o territorio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ecuador
Ecuador El día que Simón Bolívar escuchó del ‘Ecuador’: un análisis de la segunda vuelta electoral
Las elecciones entre el conservador Daniel Noboa y la correista Luisa González han sido definidas como “históricas”. Sin embargo, no parece que ninguno de los candidatos represente la “gran figura” que el momento lo requiere.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
Ecuador
El Salto Twitch Ecuador: cuando el Estado asesina
Cuatro menores afrodescendientes de Guayaquil fueros asesinados en diciembre pasado por militares. El cruel hecho, ya que fueron encontrados incinerados y con signos de tortura, desató la indignación nacional e internacional.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 42 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Más noticias
Rusia
Opinión ¿Es Rusia una amenaza para Europa? Lo que nos muestra la historia
¿Cuál es el motivo para tanto rearme y actitud belicista? Pues, según muchos en la UE, la causa es Rusia, que supuestamente está lista para invadir y anexionarse Europa en cuanto termine de derrotar a Ucrania. ¿Tiene base real esta amenaza?
Memoria histórica
Memoria republicana El capitán Sediles, un extremeño en la insurrección republicana de Jaca de 1930
Semblanza del cacereño Salvador Sediles, capitán republicano, intelectual, escritor y figura olvidada de la sublevación de Jaca del 12 de diciembre de 1930 contra la monarquía de Alfonso XIII.

Recomendadas

Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.