O prelo
13 Editora: "Queremos xerar procesos de empoderamentoa través da lectura”

“Verbas disidentes para construír contrapoder”. A plataforma ECOAR))) presenta un proxecto editorial enfocado na divulgación do pensamento crítico para a transformación social.
13 Editora Galicia
Paula Pérez e Judith González, membros do colectivo ECOAR))) Sara Guerrero Alfaro
25 nov 2022 13:06

Imaxinemos por un momento a relevancia do acto de ler. Mais non como un xesto de erudición, senón máis ben, como un acto de liberación. Para Paulo Freire, coñecer é loitar porque supón un exercicio de transformación. Nese sentido, o coñecemento forma parte dun proceso de construción colectiva no que están implicadas varias complicidades. Ler, pois, de xeito crítico é un acto que nos axuda a imaxinar o futuro, a superar o realismo capitalista, esa especie de bruma que nos fai crer que o sistema actual é o único posible.  

É desde esa convicción de creación de redes e de transformación a través da divulgación do pensamento crítico, que xorde 13 Editora. A principios de 2022, o Espazo de Contradiscurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta Social (ECOAR),  presentou o seu proxecto editorial orientado á formación e información social, económica, política e cultural.  

Falamos cun membro deste colectivo activista, Guillermo Cid, sobre este novo campo de acción que pretende encher un oco editorial en Galicia a través da edición de textos de formación no eido do activismo.  

13 Editora xorde dun proxecto de organización colectiva con xa case 10 anos de traxectoria. Por que dar o paso ao sector editorial? 
Neses 10 anos de andar polo mundo e de organizar accións colectivas, cando nos xuntabamos con colectivos doutros países, víamos que había un oco no sector editorial no noso territorio. Había literatura relacionada co activismo, pero aínda así, sempre estabamos a pasarnos PDFs, fotocopias grampadas... Entón, xa tendo a vantaxe de acceder a certo tipo de literatura relacionada coa formación no activismo e pensamento crítico, xorde a idea de poñela en valor, pois sempre parece estar relacionada co puño negro. O proxecto é editar outro tipo de libros que nos permitan chegar a un sector de lectoras máis amplo, aínda que sabemos que quen vai consumir este tipo de libros van ser as persoas dedicadas ao activismo. Pero a idea é procurar achegala a máis xente.  

Pero, como definiriades a vosa liña editorial? 
13 Editora leva dúas liñas. Por unha banda, unha está enfocada no ensaio. Esta liña ten como obxectivo un público máis xeralista, como o libro sobre Anonymous ou Alternativas ao poder corporativo. 
E logo está a outra liña de literatura máis técnica, que ten que ver máis con definir conceptos e con xeitos de organizar accións colectivas. Por exemplo, o libro Manual para campañas noviolentas, está pensado para achegar ese tipo de coñecemento ás persoas que están dentro de organizacións. É unha liña adicada á xente que xa está mobilizada.  

O acto de ler, por si mesmo, non implica necesariamente un exercicio reflexivo. Como é que o voso proxecto concibe e espalla o proceso de pensamento crítico? 
Buscamos textos que acheguen temas de actualidade e os relacionen con temas e problemas da vida cotiá. Un dos libros que vai saír pronto, O municipalismo libertario de Janet Biehl y Murray Bookchin, é un libro que che permite imaxinar outras posibilidades de organización social. As Múltiples Caras de Anonymous, por outra banda, achégate a unha realidade e axuda a entender como é a construción dese tipo de movementos de resistencia e loita dixital. Require que te poñas nunha ollada da realidade diferente.  

Coñecemos os problemas dos medios de comunicación respecto á invisibilización do procesos autoorganizados e resistencia colectiva e cidadá. Como opera a censura ou a perspectiva sesgada no sector literario. Que vos levou a crear unha editorial e encher o espazo nese sentido? 
Normalmente, cando as persoas comezan a achegarse ao activismo, fano desde unha posición voluntariosa, pero en xeral, estamos apegados a unha visión máis romántica ca a dunha máis técnica relacionada coa formación.  
Nós vimos que non había moita literatura deste estilo. As grandes editoriais chegan a publicar libros sobre organización colectiva ou de análise de incidencia política, pero sempre son títulos moi puntuais, de autoras moi concretas que están insertas na cultura xeral.  
Ao final, o sector editorial, en último termo, ten que ter unha sostenibilidade económica, polo que a oferta para a xente decidida a achegarse ao activismo de xeito técnico é bastante escasa. 

A nivel Galicia, cal é o contexto particular ao que vos enfrontades? 
Porque 13 Editora ten unha visión moi ampla. Se ao longo prazo o proxecto vai ben, pode ser que editemos noutras linguas, pero, cando comezamos a traballar fóra, noutros países, decatámonos que, aínda que podíamos editar en calquera outro idioma, a sociedade galega constrúese de xeito moi diverso. É dicir, hai moitos grupos e colectivos traballando desde distintos frontes. Entón, vimos que tiñamos a oportunidade de ofrecerlles este tipo de literatura, pois non hai ningunha outra editora no territorio que se encargue disto. A nivel estatal hai editoras como Traficantes de Sueños ou Pepitas de Calabaza, que si traballan nese tipo de liña, pero é unha máis das que editan. Nós queríamos que a liña sobre activismo fose a nosa columna vertebral.  

Pasaches de activistas a editores. Como se reflicte isto na escolla de textos? 
Nós seguimos a ser activistas e o proxecto central segue a ser ECOAR))). O proxecto editorial trata de reciclar e espallar moito dese coñecemento que fomos construíndo cos anos. O que pensamos foi que, se nós imos polo mundo adiante a dar formacións e dando asesoramento a distintos colectivos ou comunidades, a editora podería ser outro xeito de trasladar esa realidade e chegar a outras agrupacións.  

Os vosos textos avogan pola construción dun futuro. Paulo Freire chamaríao o “inédito viable”. Cal é ese futuro que vós queredes construír? 
Nós non buscamos tanto un modelo concreto, senón xerar oportunidades e procesos de empoderamento das comunidades. Somos unha plataforma 100 por cento activista, entón non é que teñamos unha resposta definitiva nin que apostemos por unha liña concreta como o anarquismo, comunismo ou algunha das derivadas destas. Procuramos espazos nos que haxa distintos modelos de resolución, só que quen leve a iniciativa sobre o que se constrúa sexa a sociedade, sempre respectando o noso triángulo de valores: ecoloxismo, anticapitalismo e dereitos humanos. Partindo deste triángulo, o que buscamos nas nosas campañas é saber que o que quere e necesita a sociedade nun contexto particular. Non buscamos un modelo específico, senón que queremos xerar procesos de empoderamento dos grupos sociais.  

Como facer sostible un proxecto editorial de contradiscurso? 
Moitas veces non podemos traducir as obras que nos gustaría, porque non podemos facer fronte aos dereitos que hai que pagar, polo que o factor económico si que repercute dalgún xeito na produción. 

Mais desde un principio soubemos que 13 Editora non ía ser un proxecto que nos enchese de recursos económicos. O que queríamos era facer unha editorial que se puidese autososter con tiradas pequenas e que, dalgún xeito, as ventas fosen asegurando a edición de novos títulos. 

Agora mesmo, facemos tiradas pequenas de 250 a 300 exemplares, temos distintos puntos de venda e pensamos que cada libro estará dispoñible por un período de sete anos. Ao final, 13 Editora non é un proxecto en que busquemos nutrirnos economicamente, senón xerar un sistema sostible que permita publicar distintos títulos pouco a pouco. Neste momento xa practicamente recuperamos o diñeiro preciso para imprimir a seguintes tandas.  

Tendes novidades en porta? 
Temos dúas. A primeira, como xa comentara, é Municipalismo libertario de Janet Biehl e Murray Bookchin, que vai sobre ecoloxía social. E o outro é unha guía sobre as dinámicas da policía, pero este último, apenas estamos a comezar a traballar nel. Logo hai dous ou tres libros máis, pero aínda estamos no proceso de negociación dos dereitos. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Galicia
Galicia Los sindicatos exigen a Trabajo que tome medidas en el “cierre patronal” de Sargadelos
El dueño, Segismundo García, ha permitido la entrada de casi toda la plantilla tras cuatro días de lo que califican de “chantaje”. Desde CCOO y CIG denuncian que este miércoles se ha “ninguneado a 12 trabajadores”.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
València
València La Generalitat supo del primer desaparecido el día de la dana ocho horas antes de enviar los SMS
La delegada del Gobierno, Pilar Bernabé, testifica delante de la jueza que avisó a la consellera Salomé Pradas de una primera desaparición en torno a las 12.30h de esa mañana.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.

Recomendadas

Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.