Memoria histórica
Crimes impunes: os galegos no holocausto e a responsabilidade franquista

Houbo 78 casos de deportados nos campos de exterminio da provincia da Coruña, 46 de Ourense, 40 de Pontevedra e 34 de Lugo, aumentando en 91 casos os datos que dera o BOE en 2019. Este xornal falou con 4 familiares dos afectados para coñecer as súas historias e entender por que estes crimes se sumaron á querela arxentina de 2010.

Acto en Vigo na embaixada Arxentina para denunciar a complicidade de Franco co holocausto nazi.
Acto en Vigo da ARMH na embaixada de Arxentina para denunciar a complicidade do réxime franquista co holocausto nazi Miguel Núñez

No mes de agosto de 2019, publicouse no BOE un recoñecemento a case 4.500 españois 109 galegos que foran deportados aos campos de concentración nazis. Pola contra, segundo os membros da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), o BOE “recolleu a investigación de Benito Bermejo e Sandra Checa no seu memorial, publicado en 2006 e ten actualizacións non recollidas”. Segundo investigadores históricos, hai máis de 9.300 deportados españois, dos que 200 son de orixe galega. Esta semana cumpriuse o 75 aniversario da liberación do campo de Mauthausen, onde esiveron uns 7.000 españois, dos que foron asasinados máis de 5.000.

“Houbo 78 casos de deportados da provincia da Coruña, 46 de Ourense, 40 de Pontevedra e 34 de Lugo”, indica Carmen García-Rodeja, portavoz da ARMH en Galiza. A maiores do de Mathausen, houbo deportados nos campos de Natzweiler-Struthof, Flossenburg, Buchenwald ou Dachau, entre outros.

“Os nazis preguntaron ao Ministerio de Asuntos Exteriores de España polos españois detidos e este rexeitounos, declarándoos apátridas”

Desde a ARMH, denuncian que as deportacións foron causa da complicidade do réxime fascista de Francisco Franco co holocausto nazi, do que segue impune 74 anos despois dos xuízos de Nüremberg. “Facemos responsábel ao franquismo das calamidades que viviron os deportados españois”, manifesta Eladio Fernández profesor de historia e coordinador do grupo de investigación dos Ourensáns deportados aos campos de concentración. “O goberno nazi preguntou ao Ministerio de Asuntos Exteriores de España  levado por Serrano Suñer polos españois detidos e este rexeitounos, declarándoos apátridas”, explica García-Rodeja. Ademais, “intercedeu nalgún caso individual para salvalo, por temas de amizades”, engade.

Presos republicanos traballando nos campos de concentración nazis. Foto do arquivo de Francesc Boix, que se usou nos xuízos de Nuremberg
Presos republicanos traballando nos campos de concentración nazis. Foto do arquivo de Francesc Boix, que se usou nos xuízos de Nuremberg

Durante a transición española, “todos os crímenes franquistas quedaron impunes coa lei de amnistía e posteriomente cando a xusticia arxentina interviu, o Estado español anulou a xustiza universal”, expón García-Rodeja. Porén, a ARMH vén de sumar no pasado mes de febreiro á querela arxentina iniciada en 2010 os crimes da ditadura no caso dos deportados en campos de exterminio nazis. “É unha vergoña que se teña que facer desde Arxentina —o que ralentiza o proceso e non por depuración propia do actual Estado español. Ademais, non se lles fixo ás víctimas o recoñecemento estatal que se debería”, lamenta Eladio Fernández.

En canto a eses galegos deportados, “atopábanse no leste do Estado español, xa que era zona republicana durante o final da guerra”, indica García-Rodeja. Unha vez perderon os republicanos, foron cara a Francia, “nunha retirada co intento de volver a España para vencer ao fascismo”, xunto a case medio millón de exiliados españois. No país galo, estiveron en campos de refuxiados situados en praias como a de Argelés, Mer ou Rivesaltes e no interior como o caso de Septfonds. Estas zonas, “eran campos de concentración onde deixaron morrer a moitas persoas. O goberno liberal-conservador do momento tiña ese ‘temor rojo’ aos exiliados españois”, explica Fernández.

Unha vez iniciada a Segunda Guerra Mundial, o goberno francés viu nos refuxiados españois un potencial de man de obra para o conflicto bélico. “Sobre todo, traballaron na liña Maginot, en autoestradas ou instalacións militares”, relata o tamén profesor de Historia na Estrada.

A partir dese punto, os nazis comezaron a deter aos españois durante a guerra. Foron levados aos stalag, campos de prisioneiros dos alemáns. Nese preciso momento realizouse a pregunta ao goberno franquista sobre qué facer cos españois, aos que se lles retirou a nacionalidade. Os detidos comezaron a ingresar nos campos de concentración entre 1940 e 1941 cun triángulo azul de apátridas cara a abaixo coa S de España (En Mauthausen todos levaban este). Por outra banda, no resto dos campos, os españois que se uniron á loita contra o nazismo, cos maquis, o que estaban nas Compañías de Traballadores Españois (CTE) do Exército Francés, ou os collidos nos ghettos francesesforon deportados co triángulo vermello cara abaixo coa S, xa que todos os españois eran considerados como roxos.

Triángulos holocausto apátridas republicanos españoles
Á esquerda, o triángulo azul que declaraba apátridas aos españois en Mauthausen. Á dereita, o triángulo vermello que levaban os españois detidos despois da ocupación nazi en Francia. Extraída do documental 'Los últimos españoles de Mauthausen y del resto de campos nazis' de Carlos Hernández. Cecilia Vázquez

No 2018 a ARMH propiciou unha homenaxe institucional no Parlamento de Galicia, asinada por todas as forzas políticas. Realizáronse tamén homenaxes individuais en diferentes Concellos do territorio galego. Mais subliñan que “debe haber unha homenaxe estatal e institucional a todas estas víctimas. Non pode ser que se ignore que houbo deportados polas súas ideas políticas ou que aínda haxa xente nas fosas comúns”, defende Eladio Fernández.Débese rematar coa política da desmemoria. Semella que non é o mesmo describir os fusilamentos dos franceses do 2 de maio que os crimes da represión durante o franquismo”, conclúe.

“O relato oficial do estado español, resalta os intereses da superestructura ideolóxica dominante do franquismo”

“Cando facemos charlas en centros educativos, hai quen pregunta se os galegos deportados eran xudeus”, quéixase a portavoz da ARMH sobre a ignorancia xeralizada co tema. Con todo, “o relato oficial do Estado español, resalta os intereses da superestructura ideolóxica dominante no franquismo”, conclúe.

No caso dos familiares, moitos non sabían que fora deles; ben porque morreran na guerra, ben porque os que sobreviviron, non querían ou non eran capaces de contar as calamidades que viviran. Grazas ás investigacións históricas realizadas, puideron reconstruír as vidas dos seus familiares. Agora, cómpre lembrar as vivencias dos deportados galegos da man dos seus familiares. 

Acto en Vigo denunciando na querella Arxentina a impunidade do franquismo.
Acto en Vigo denunciando na querella Arxentina a impunidade do franquismo. Miguel Núñez

FRANCISCO CORTÉS MARTÍNEZ, DEPORTADO DA PROVINCIA DE OURENSE

Francisco Antonio Cortes Martínez naceu no 1913 en Calvos de Randín, ao sur da provincia de Ourense. O seu pai, José, era tenente de Carabineros, destinado en Calvos e en Ourense, e tamén foi coronel durante a guerra. Segundo narra Luz Cortés, a súa sobriña: “Francisco estudou na Escola Superior de Veterinaria de Madrid, chegando ao segundo curso e o meu pai Arquitectura, chegando ao cuarto. Alí, afiliáronse á Federación Universitaria Escolar, de carácter laico e republicano e máis tarde ao Partido Sindicalista”. 

Unha vez iniciada a Guerra Civil, pertenceu á 124 ‘Compañía de Asalto en el Cuerpo de Investigación y Vigilancia’ e destinado na Sección de Investigaciones Especiales e Inteligencia en Madrid. Unha vez decidida a Guerra, a familia formada polos pais e seis fillos fuxiu a Francia por Figueres, sorteando os bombardeos da aviación fascista xunto ao Goberno republicano. En cambio, “ao meu pai, do mesmo corpo, collérono en Valencia e foi mandado ao cárcere, até os anos 50 que volveu a Galiza”, conta a familiar.

En Francia, os homes estiveron no campo de Argelés. En cambio, a nai e as dúas fillas acubilláronse nunha fonda, regresando máis tarde a Calvos de Randín, coa axuda dun tío oficial do exército franquista. Alí, “sufriron insultos, desprezos e até roubos dos falanxistas, pero pudieron refacer a súa vida grazas ao apoio da maioría da veciñanza”, sinala Luz.

O tío e o avó de Luz Cortés, uníronse aos comités de traballadores franceses e á resistencia francesa, “pensamos que seguían exercendo as súas tarefas de Intelixencia”, detalla Luz. “Do meu avó só sabemos que estivo nos campos de Francia e que debeu morrer alí”. Os nazis detiveron a Francisco en Tours, en decembro do 1943. Estivo no stalag de Compiègne e tras o rexeitamento de Franco, aos trens da morte, “onde xa morría moita xente”. En Alemaña, estivo no campo de concentración de Buchenwald, co número 4353, rexistrado coma preso político, co triángulo vermello aos seus 30 anos.

No campo, Francisco inscribiuse coma carpinteiro. Foi destinado ao kommando de traballo número 30, na fábrica de armas de Gustloff II en 1944. Despois, a outro subcampo de Buchenwald: Langestein Zwienberge. Segundo Luz, “isto era para que non formasen grupos e que non se organizasen”. 

As torturas nazis deixáronlle secuelas de por vida como os tímpanos reventados e os pulmóns enfermos”

Pouco antes da liberación do campo, algúns presos sabían que a orden das SS era asesinar aos que ficaban alí. Moitos presos estaban organizados, “o meu tío xunto a outros 7 decidiron fuxir, aínda que non sobreviviron todos, pero Francisco sobreviviu”. “Desde alí, cruzaron un río e recolleuno un barco que o levou a un campamento para curalo. Despois, estivo vivindo entre París e Burdeos”, conta Luz Cortés. 

Nos anos 50, conseguiu volver a España grazas a un indulto, apoiado por un familiar seu do bando franquista. Viviu en Xixón como Delegado de Abastos, até o 1970. Tras isto, foi a Vigo coas súas irmás, a causa das súas enfermidades, onde faleceu en 1987.

Dábanlles de comer peles de patacas e sopas só de auga, mentres que aos porcos lles daban as patacas. O meu tío medía 1,80m e chegou a pesar só 39kg”

Pese a que Francisco conseguiu sobrevivir ao holocausto nazi, “deixoulle secuelas de por vida, como os tímpanos rebentados e os pulmóns enfermos a causa das torturas”, lamenta Luz. “Aos militares castigábanos cos brazos cara atrás, dislocándolle os ombros”, e engade que “buscaban que morreran nos traballos forzados de esgotamento, pero ao mínimo ápice de rebelión fusilábanos”. En canto á comida, “dábanlles de comer peles de patacas e as sopas eran só auga, mentres que aos porcos lles daban as patacas peladas, engadindo a tortura psicolóxica que supón”, explica. “Medía 1,80m e chegou a pesar só 39kg despois das calamidades que viviu no campos de exterminio”.

“Durante a maior parte da súa vida, el non quería falar do que viviu en Alemaña porque lle afectaba moito e había medo á represión franquista. Foi nos seus últimos anos de vida cando comezou a contarme algunhas cousas”, destaca a súa sobriña. Con todo, “recordarei sempre ao meu tío e ao meu pai coma persoas que aproveitaban a vida que lles quedaba e, sobre todo, moi pacíficas”.

“Hai que facer xustiza con quen loitou pola democracia e pola liberdade”, demanda Luz. “Queixámonos agora polo confinamento da COVID-19 e non pensamos nas penurias que se viviron hai menos de 100 anos”, pero advirte que o máis importante coa extrema dereita en auxe é “recordar o que eles pasaron para que non se repita”.

Francisco Cortés Martínez, anos depois de fuxir do campo de concentración, xa en España.
Francisco Cortés Martínez, anos depois de fuxir do campo de concentración, xa en España. Cedida pola familia

JOSÉ FERRADÁS PASTORIZA, DEPORTADO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

José Ferradás Pastoriza naceu en 1912 en Beluso, unha parroquia ao oeste do Concello pontevedrés de Bueu. A súa historia, comeza a ser de interese para José González Ferradás, o seu sobriño cando tiña oito anos e, mirando as fotos,  preguntou por quen era ese cuarto irmán que saía coa miña nai e cos meus tíos”. “Dixéranme que o meu tío morrera na guerra, pero na igrexa da Rosa había unha placa cos mortos da guerra, e non estaba el. O teu tío era dos outros, contestarame miña nai”, relata Pepe aos seus 65 anos.

O mesmo día, xa na casa, “contoume que loitara pola República, que era un rapaz con inquedanzas socialistas, que buscaba máis melloras colectivas para a súa época”. Cando foi o golpe do 36, “José Ferradás pediulle á miña nai que estivese alerta por se viñan os fascistas a por el. O día que viñeron, fuxiu pola ventá da casa cara a Praia de Tulla. A partir de aí ninguén máis soubo del. Miña nai pensara que escapara cara Portugal”, narra José González. Aínda así, cando o seu pai voltou emigrado dos Estados Unidos, “tentou buscar algo sobre o meu tío, pero tiña que facelo con coidado, xa que eramos unha familia con fama de “roxos”.

Non lle puiden contar a miña nai que foi en realidade do meu tío, pero sentinme aliviado por saber qué fora del”

Máis tarde, no 2010, Pepe atopou un libro no que se falaba de que moitos republicanos en Catalunya remataron na Praia de Argelés. Xa buscando no Portal de Arquivos Españois (PARES), do Ministerio de Cultura, apareceu o seu tío ao que daban por morto en setembro de 1941 no campo de concentración de Gusen, subcampo de Mauthausen a 5km deste. Grazas á investigadora Maria Torres, puido reconstruír a vida do seu tío e saber que loitou en Asturias e en Euskal Herria coa compañía México da UGT.

“Non llo puiden contar á miña nai, pero sentinme aliviado por saber que fora del”, confesa o sobriño da víctima. “Enorgulléceme a consecuencia cos seus ideais, pero doeme que non se recorde, que non se queira saber e que incluso se oculte desde as institucións”, conclúe José González.

Rexistro da morte de José Ferradás Pastoriza no campo de concentración alemán. Cedido pola familia
Rexistro da morte de José Ferradás Pastoriza no campo de concentración alemán. Cedido pola familia

MANUEL RODRÍGUEZ LOURO, DEPORTADO DA PROVINCIA DA CORUÑA

Xaquín Rodríguez Louro e Manuel Rodríguez Louro alias “Marrolas” son dous irmáns do Ézaro, na provincia da Coruña, de 1918 e 1916 respectivamente. Ambos eran comunistas e loitaron na Guerra defendendo a República. Segundo expresa Juan Carlos Rodríguez, o seu sobriño, eles estaban refuxiados nas covas do Monte Pindo xunto a un centenar de homes: “Non querían loitar cos fascistas, tiñan conciencia de clase”. Tras un par de meses, xa en 1937, os dous irmáns decidiron xunto a once homes máis baixar do monte para embarcar nunha lancha xeiteira e fuxir da zona franquista.

Marrolas e Xaquín cantando a Internacional co puño ergueito ao chegar ao porto de Bristol tras escapar do bando franquista.
Marrolas e Xaquín cantando a Internacional co puño ergueito ao chegar ao porto de Bristol tras escapar do bando franquista. Fonte: Evening Times. Cedida pola familia

Estando en alta mar, quedaron sen combustible. Recolleunos un barco inglés e remontounos até Bristol. Eles, ao chegar, cantaron a Internacional co puño ergueito no porto inglés. A xente de alí avisounos de que non estaba ben visto —daquela era Primeiro Ministro o conservador Chamberlain—. Os ingleses mandáronos elixir bando no conflicto bélico en España e repatriáronos.

Xa de volta e no bando republicano, “loitaron na batalla do Ebro, onde sabemos que se atoparon co outro irmán. Este último, estivera tamén escondido no Monte Pindo, pero entregouse e forzárono a loitar cos fascistas”, explica Juan Carlos.

Tras perder a guerra, foron aos campos de refuxiados franceses e traballaron na liña Maginot. A familia, cre que Marrolas estivo tamén en Dunkerque por unha carta que recibiu a súa nai: “Había tantos avións alí coma ghaivotas no trámito do Ézaro un día de mal tempo”, escribiu.

Marrolas tiña poliomielite. Saben que foi dos primeiros en ser collido e asasinado en Gusen, onde levaban aos presos “máis moribundos” de Mauthausen. Fora declarado apátrida e asarinárono no 1941 con 25 anos. “Enterámonos da súa morte por unha carta do goberno, por se tiña fillos ou viúva”, conta Juan Carlos.

Por outra banda, o Partido Comunista Chileno, mandou grazas a Pablo Neruda un barco chamado Winnipeg á búsqueda de comunistas a Francia, onde viaxou Xaquín. Lamentablemente, este foi asasinado en Suramérica “sen saber aínda moi ben os motivos”, relata Juan Carlos.

“É vergoñento que a xente non saiba que os seus propios veciños viviron un xenocidio e o holocausto nazi. A xente nin sequera sabe que na Galiza existiron campos de concentración franquista, como o de Muros e Noia ou o de San Simón”, lamenta o mesmo familiar. “Queremos que se saiban estas cousas na sociedade”. Enorgullécese cando lembra aos seus tíos: “Téñoos coma heroes, a miña nai de mozo sempre me dicía que eu semellaba ao Marrolas polos meus ideais e era algo que me alegraba”.

RAFAEL PARDO VALES, DEPORTADO DA PROVINCIA DE LUGO

Rafael Pardo Vales naceu no 1912 en Laxosa, na provincia de Lugo. A súa sobriña-neta, Isabel de la Cruz, lembra que, como toda a familia, traballaba no ferrocarril e ía dun lado cara ao outro. Despois, meteuse a garda de asalto da República no 1937 e tocáralle Barcelona. Avanzada a guerra, ascendeu a sarxento. Unha vez perdida a guerra, marchou co seu sobriño a Francia.

Fotografías de Rafael Pardo Vales antes de ser asasinado polas SS.
Fotografías de Rafael Pardo Vales antes de ser asasinado polas SS. Cedida pola súa familia

“Grazas ás cartas que mandou, sabemos que tivo unha noiva no exilio, polo ano 39”, explica a súa familiar. En Francia, “supoñemos que estivo nos campos de refuxiados. Estivo nun stalag preto da cidade alemana de Bremen”. O 3 marzo do 1941 enviárono a Mathausen. En xuño trasladárono a Gusen e foi asasinado o 7 de xaneiro de 1942. “Enterámonos da súa morte por unha carta da Cruz Vermella Internacional que lle chegara ao meu tío avó en 1946”.

“Teño a lembranza de ver chorar á miña avoa sempre que había filmes sobre nazis. Ela contoume a historia do seu irmán”, recorda Isabel. “Coa represión da posguerra aos fillos non se lles contaba nada. Había medo de que puidesen ser asasinados por ser de esquerdas”. “Meu pai sabía menos do meu tío avó ca o que sei eu hoxe”, asegura. Ademais, sobre algunhas das obrigas “mínimas” da época detalla: “Cando Franco pasaba pola rúa da miña avoa para ir a Meirás, ela estaba obrigada pola policía a colgar a bandeira fascista para que o dictador a vira”.

“As cousas polas que pasou esta xente non deben volver pasar. Debemos poñer nome, apelidos e adxectivos aos culpábeis. Saber a verdade”, defende Isabel. “Polo que escribiu quen sobreviviu ao holocausto, sabemos as condicións nas que viviron estas persoas, pero aquí aínda hai xente que nin sequera sabe que foi dos seus familiares”, engade. “Agradecemos moitísimo os actos coma os da ARMH, pero botámolos en falta desde as institucións oficiais”, manifesta.

Mauthausen
Republicanos españoles fotografiados días después de la liberación de Mauthausen. Imagen de Francesc Boix.
Crímenes del franquismo
Las causas pendientes de Billy el Niño

Represaliados y represaliadas del franquismo presentaron un total de 18 querellas criminales por torturas contra Antonio González Pacheco, alias Billy el niño, uno de los pocos miembros de la Brigada Político Social que quedaban en vida y que hoy ha fallecido a causa del covid-19.


Memoria histórica
Memoria de loita, exemplo de vida
Este é o relato da vida dun traballador que o entregou todo —até que foi asasinado como moitos outros— na procura da igualdade entre a humanidade e a xustiza social.

Crímenes del franquismo
La caja negra del asesinato de españoles en el campo de Mauthausen

El Gobierno español ha autorizado la publicación del nombre de las víctimas españolas de uno de los peores campos de concentración del régimen nazi. La decisión se toma una década después de que el Ejecutivo socialista de Zapatero dificultara la investigación penal contra criminales de guerra nazis.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Memoria histórica
Holocausto Conmemoración del 80º aniversario de la liberación de Auschwitz en Berlín
La conmemoración del 80º aniversario de la liberación de Auschwitz en Berlín ha quedado empañada por la complicidad de Alemania en el genocidio en Palestina
Francia
Obituario Jean-Marie Le Pen, el antisemita y torturador que resucitó a la extrema derecha francesa
La muerte a los 96 años del fundador del Frente Nacional representa el final de un dirigente que contribuyó a la derechización del país, pero se ganó una mala reputación que ha frenado la llegada al poder de los ultras en Francia.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?