Laboral
Alcoa: traballadoras si, chantaxe non

O candidato de EQUO ás eleccións galegas, Alberto Prieto, analiza neste artigo de opinión a situación de Alcoa e os retos que temos no futuro, segundo a súa opinión, moi ligados á industria agroecolóxica, á xeración de enerxías limpas e aos aproveitamentos forestais ecolóxicos.

Lata Alcoa Opinión
Candidato de EQUO á Xunta de Galicia
5 jun 2020 06:00

O ano pasado Ecoloxistas en Acción outorgoulle unha bandeira negra a Alcoa. Esta organización ecoloxista recoñecía o demérito da transnacional de ser unha das máis contaminantes de Galicia e do estado. No seu informe anual explicaban que a empresa tiña unha balsa de lodo vermello de 78 hectáreas, situada a menos dun quilómetro do mar. Tamén lembraban que ano tras ano viñan denunciando os vertidos de sosa cáustica que tiña que ser reutilizada pero que se vertía ao mar. Os ecoloxistas tamén lembraban que Alcoa acumulaba dez condenas xudiciais por contaminar o seu medio. Este mesmo ano, a asociación Galiza sen Carbón situaba a esta transnacional como segundo emisor de CO2 na comunidade xa que liberou 1,1 millóns de toneladas deste gas.

Mentres todo isto sucedía, tanto Xunta como goberno central calaban e cedían ao chantaxe da empresa que ameazaba con pechar. Alcoa segue apertando porque non lle chega con se lle permita estragar o entorno e cos 37 millóns en axudas públicas que a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto veu de lembrarlles que recibiron. Ademais queren que lles regalen a enerxía. Probablemente cando isto suceda, xurdiranlles novas necesidades indispensables para manter os postos de traballo.

Todas temos claro que o peche de Alcoa sería un mazazo na economía de toda a comarca mariñá. Sen dúbida, as traballadoras merecen a nosa solidariedade e o apoio e axuda dos poderes públicos. Non poden ser elas as que paguen os pratos rotos deste modelo de industria. Porén é inquietante o chantaxe que a empresa exerce. Parece que o resto de partidos políticos e as institucións estean mercando o marco ideolóxico da empresa. Todas, mesmo as traballadoras, están demandando que se lle dea a Alcoa unha enerxía máis barata. Nós preguntámonos: para que? Soamente para manter os postos de traballo? Temos que rescatar ou nacionalizar empresas contaminantes para asegurar o futuro económico do noso país? Cando teñan unha enerxía barata, asegurarán os postos de traballo para sempre? Moito nos tememos que se Alcoa permanecera no país continuaría turrando no seu propio beneficio e, finalmente, pechando cando atopara mellores condicións ou cando o colapso dos sistemas produtivistas fose unha cruenta realidade.

Non podemos evitar preguntarnos a cantas autónomas e cooperativas que realmente contribúen ao desenvolvemento local e que traballan en sectores sustentables poderíamos ter axudado con eses 37 millóns de euros que se lle deron á multinacional estadounidense

Hoxe escoitamos moitas voces que se alzan para dicir que hai que protexer a industria do país mais nós non concordamos con que Alcoa sexa o tipo de industria que deberíamos preservar e axudar xa que nin é local, nin é sostible. Unha industria que depende dun uso tan intensivo de enerxías de orixe fósil non pode ser considerada “de futuro”. Deste xeito, entendemos que sería moito máis acaído investir en sectores que tiveran maior proxección tendo en conta a perspectiva da actual crise climática e da transición que temos que acometer. Por que habíamos de dedicar cartos públicos á produción de aluminio cando podemos destinar eses mesmos fondos á transición da nosa industria agroalimentaria, á posta en valor da riqueza forestal ou a xeración de enerxía eólica? Por que habíamos de dedicar cartos públicos en alimentar sectores contaminantes ou axudar á xigantes estranxeiros?

Non podemos evitar preguntarnos a cantas autónomas e cooperativas que realmente contribúen ao desenvolvemento local e que traballan en sectores sustentables poderíamos ter axudado con eses 37 millóns de euros que se lle deron á multinacional estadounidense. Non sabemos como poderíamos estar reclamando un abaratamento da enerxía para unha gran empresa cando a cidadanía non se lle rebaixa nin un céntimo da factura.

Por estes motivos, dende EQUO Galicia, como partido político ecoloxista non podemos reclamar nin apoiar un rescate a unha empresa transnacional que fai un uso tan importante de recursos que custan moi caros á nosa poboación e que hipotecan o noso entorno de cara a próximas xeracións. Tampouco pensamos que, observando o seu modelo de negocio, sexa unha empresa que pague a pena nacionalizar. Isto non quere dicir que non apoiemos aos traballadores senón que pensamos que hai que facer un uso máis racional dos cartos públicos que saen dos petos de todas as contribuíntes. Os xestores do público temos que traballar para crear opcións para estas traballadoras (e para todas as demais) que agora se ven sen emprego para que non se vexan sen máis alternativa que pedir que se ceda ao chantaxe do seu empregador.

Se finalmente pechan, ademais de devolver as axudas, que non esquezan limpar a súa balsa de lodos. Nós tampouco esqueceremos reivindicalo

Galicia ten que ser quen de activar eses sectores verdes que tanta man de obra precisan. As administracións deben pór todos os seus esforzos en garantir que a nosa estrutura económica sexa quen de sobrevivir a esta crise e aos retos que temos no futuro. Sen dúbida, o noso futuro está nas industria agroecolóxica, na xeración de enerxías limpas e nos aproveitamentos forestais ecolóxicos.

Se finalmente pechan, ademais de devolver as axudas, que non esquezan limpar a súa balsa de lodos. Nós tampouco esqueceremos reivindicalo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial La demanda energética de los centros de datos de IA se cuadruplicará para 2030, según un informe
Un estudio de la Agencia Internacional de la Energía predice que los centros de datos aumentarán la demanda de electricidad en un 20% de aquí a 2030 en el Norte global.
Crisis climática
Inversiones 'marrones' España gastó más de 23.000 millones de dinero público en actividades nocivas para el medio ambiente en 2024
Un estudio analiza el impacto climático de las subvenciones otorgadas por el Gobierno español. Solo el 14% del monto total de las ayudas se destinó a actividades o proyectos que fomentan la transición ecológica.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.