Ganadería
A Innomeable: crónica dun absurdo disparate

Esta é unha crónica escrita en tempos prepandémicos, xusto antes de que todo dera a volta e mudaran tódalas nosas prioridades repentinamente. Mais fala dun grave problema social, económico e medioambiental, que non deixa de estar presente no medio rural galego durante este período tan excepcional, e que cando todo isto remate seguirá a estalo, incomodando, esperando, interpelando ao conxunto da sociedade para que lle atopemos unha solución.

Ganderia A Limia
26 mar 2020 09:00

Na Limia, Ourense, Galicia, un deses territorios rurais que hoxe chamamos “baleirados”, onde pechan paritorios como paradoxal estratexia para facer fronte á crise demográfica, había unha lagoa enorme, a segunda máis grande da Península Ibérica. A Lagoa de Antela era un ecosistema acuático capaz de albergar unha extraordinaria biodiversidade que, nestes tempos de crise climática, ambiental, económica e civilizacional, poderiamos comezar a valorar na súa xusta medida... demasiado tarde, como tantas cousas.

Ao seu redor, as comunidades rurais e labregas, tiñan un modo de vida absolutamente sostible (palabra tan de moda na actualidade), que foi perfeccionado por xeracións, integrando agricultura e gandería co uso respectuoso dos recursos naturais e dos comunais. Esta xestión do territorio permitiu a supervivencia da poboación mesmo nos tempos máis duros da posguerra, resistindo as maiores carencias e a extraordinaria represión que, a mediados do século XX, mantiña aínda vivos os privilexios feudais, facendo que os mellores froitos das colleitas —que con tanto esforzo e sacrificio obtiñan as nosas avoas e avós— foran saqueados polos poderes fácticos da época (igrexa, falanxe, etc.), sumindo ao campesiñado na máis absoluta das miserias, e arrebatándolle a súa soberanía económica e política mediante o terror máis atroz.

Pero chegaron a modernidade e o progreso. As institucións do Estado tiñan un plan: baleirar a lagoa para descubrir unha chaira extensa, impoñer unha traumática e violenta concentración parcelaria para arrasar co deostado minifundismo, e converter a rexión nunha pequena Castela no corazón da impracticable orografía ourensá, que tanto se resistía aos ideais de mecanización defendidos con entusiasmo pola enxeñería agronómica do momento.

A Revolución Verde. Industrialización e progreso na Galicia rural

O paquete tecnolóxico da Revolución Verde axudaría a transformar o lugar no novo “celeiro de Galicia”, especializado na produción de trigo e patacas. Unha pataca que haberían de protexer máis tarde cunha denominación de orixe. Pero que a poboación local, na súa infinita sabedoría campesiña, se nega obstinadamente a consumir por mor do exceso de pesticidas cos que se produce, facendo dela outro produto agrícola máis destinado á exportación, esa que tan escasos beneficios aporta ao noso maltratado sector agrario local.

A industrialización agraria galega trouxo aparellada tamén unha especialización no sector lácteo e forestal, e un drástico cambio na estrutura territorial que fomentaría a produción intensiva de leite, madeira e pasta de papel, transformando os usos de gran parte da superficie agraria, e abandonando o resto á súa sorte. A negra sorte de producir masivamente a biomasa que alimenta cada ano a terrible ameaza do lume destrutor. Exemplo paradigmático do insensato desperdicio de recursos que implica esta nova orde mundial, obsesionada co produtivismo e a acumuación de capital.

Eran os tempos do progreso económico, que tan pouquiño nos durou, e agora déixanos miles de explotacións familiares pechadas e un deserto verde en forma de piñeiral e eucaliptal

Eran os tempos do éxodo agrario, que alimentaría as fábricas e as cidades cunha clase obreira de nova creación e que, a día de hoxe, mantén aínda vivo ese fluxo migratorio (ininterrompido durante máis de seis décadas), provocando un envellecemento e un despoboamento que xa parece irreversible. Eran os tempos do progreso económico, que tan pouquiño nos durou, e agora nos deixa milleiros de explotacións familiares pechadas e un deserto verde en forma de piñeiral e eucaliptal, creado para alimentar a industria do papel beneficiada polo decretazo de Rajoy, o que lle permitirá seguir contaminando a ría de Vigo durante polo menos 40 anos máis.

A Gandería Industrial. O camiño sen saída do modelo neoliberal

En Ourense, esta industria está en mans da meirande cooperativa agraria do Estado español, nacida hai máis de 55 anos, no berce do sindicalismo vertical da ditadura franquista. Mais non son nin a forma xurídica, nin a súa galegidade, nin o seu discurso de sostibilidade, razóns que lle impidan funcionar como calquera outra das integradoras da industria cárnica, impoñendo un modelo produtivo que non se permite cuestionar. Modelo protexido e apoiado activamente polas políticas agrarias da nosa administración, que espera e desexa que o rural se acabe de baleirar dunha vez por todas, ao tempo que nos fala da súa inmensa preocupación polo medio ambiente e a crise demográfica, demostrando unha extraordinaria capacidade para o exercicio do cinismo, resultado de longas décadas de práctica e refinamento.

Deste xeito, as persoas que habitamos este territorio, quedamos condenadas a unha única alternativa posible para permanecer neste recuncho da xeografía rural: integrarnos na cooperativa ou emigrar. Falando claro: se non queres contaminar, lisca daquí.

Nin falar doutras posibilidades fóra do seu marco ríxido e prefixado, como a gandería extensiva, a produción agraria a pequena escala, ou calquera outra opción creativa que nos permita escapar das gadoupas da escravitude neoliberal e o seu desastroso impacto ambiental. Nin falar de agroecoloxía ou da soberanía alimentaria. Iso é pecado mortal.

Mais as propostas de cambios e melloras que poderían reducir o impacto ambiental, acéptanse de mala gana, logrando desviar sempre tódolos custos económicos cara ao elo máis feble da cadea

Porén, non está todo perdido. Á denuncia exercida durante anos polo Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), e á análise científica e rigorosa, desenvolvida voluntariamente pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), engadiuse no último ano, a iniciativa dun grupo de veciños e veciñas do territorio afectado. Este grupo, con inmensa preocupación polo excesivo desenvolvemento desta industria, e ante o risco de que a súa actividade produza danos irreversibles, decidiu organizar e constituír a plataforma Auga Limpa Xa!

Esta plataforma reclama unha xestión adecuada dos residuos contaminantes da gandería industrial, e demanda unha moratoria que evite aumentar aínda máis a carga gandeira que soporta a comarca, xa que a superficie agraria útil dispoñible no territorio, resulta claramente insuficiente para asimilar o volume cada vez maior de xurros que produce esta actividade. Mais as propostas de cambios e melloras que poderían reducir o impacto ambiental xeran numerosas resistencias, acéptanse de mala gana, pola obriga das leis que chegan mal e tarde, cando non queda outro remedio e, en definitiva, logrando desviar sempre tódolos custos económicos cara ao elo máis feble da cadea, a xente que realmente traballa a cotío na produción gandeira.

Polarización do conflicto. Emprego vs. Medioambiente

Abríuse o debate, e ferve como nunca. Até a Consellería do Medio Rural decidiu constituír unha mesa de negociación que incluíra ao conxunto de actores, recoñecendo a gravidade deste problema social, económico e medioambiental. Iso sí, aínda sen resultados.

Non obstante, as actividades de denuncia e sensibilización desenvolvidas por calquera destas tres organizacións, semellan enfrontarse a unha teimuda campaña de acoso e persecución coa que se pretendería censurar as súas mensaxes máis incómodas, as que cuestionan a lexitimidade do “business as usual”, aquelas que representan unha ameaza para o vello statu quo, que dende hai tempo, protexe ás oligarquías locais, acomodadas á externalización dos custes, e favorecidas por este marco de impunidade total.

Mesmo parece que se trata de desviar sempre o debate, trasladando o conflicto cara abaixo, para confrontar a quen máis sufre as consecuencias deste perverso sistema

Mesmo parece que se trata de desviar sempre o debate, trasladando o conflicto cara abaixo, para confrontar a quen máis sufre as consecuencias deste perverso sistema, cunha visión reduccionista que limita a discusión ao xa clásico —e doutra banda falso— dilema, que forza a elixir entre dúas posibilidades excluíntes, incompatibles, e absolutamente polarizadas: nun extremo a defensa dun modelo produtivo insostible (como única opción para xerar emprego), e no outro, a protección do medio ambiente e da saúde das persoas, que está moi ben, sí, pero levaría á ruína económica e inevitable da nosa comarca.

Evitamos así falar doutras opcións, e dos múltiples problemas asociados a esta cuestión. Como o control da cadea de valor dos produtos agroalimentarios (que nunca está en mans de quen realmente os produce), as condicións laborais das persoas que traballan na industria cárnica, as dificultades para emprender e soster unha iniciativa de produción agraria que respecte o medio ambiente, os regulamentos e normativas que sempre benefician o grande prexudicando o pequeno, a cantidade absurda de emisións de CO2 que producimos cando transportamos alimentos dunha parte a outra do planeta, e un longo etcétera que nos permitiría abordar de forma máis útil e sensata a complexidade de todo este asunto.

O caso é que, apenas uns días antes de realizar unha das máis importantes actividades previstas ata o de agora para informar desta problemática á cidadanía de Ourense, a integradora que fornece o mercado global coa carne producida na Limia, decidiu presentar unha demanda contra un coñecido activista ecoloxista, polos supostos danos causados ao seu honor hai varios meses, durante a súa intervención nun programa de TVE. Con esta demanda, parecen lanzar un aviso a navegantes para que a partir deste momento, quen queira que trate este asunto públicamente, poña moito coidado en evitar nomear o seu nome, que deste xeito debería quedar excluido do noso vocabulario.

Estes danos ao honor foron valorados pola mesma cooperativa en nada máis e nada menos que 1 millón de euros. Ridícula cantidade para considerar algo tan etéreo e caduco coma o honor dunha persoa xurídica. Exceptio veritatis, que din os que dominan os termos legais.

Pese a todo, neste recuncho do mundo globalizado, aínda quedan xentes que seguirán loitando pola verdadeira sostibilidade da vida… mesmo cando para falar públicamente do problema teñan que referirse á sua causa e orixe como: “A Innomeable”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Precariedad laboral
Precariedad laboral Europa presiona de nuevo a España para que modifique la indemnización por despido improcedente
El Consejo de Europa concluye que el sistema español viola la Carta Social Europea al considerar que la compensación española no repara el daño a los trabajadores ni disuade de hacerlo.
Myanmar
Terremoto Myanmar: un país bajo los escombros
Con el cronómetro en contra, los equipos de rescate de Myanmar continúan buscando bajo los escombros a los supervivientes del que ya se considera el peor terremoto sufrido en las últimas siete décadas en el país.
Opinión
Vivienda Abrazar la reacción para salvar la propiedad privada
La rearticulación de las posiciones políticas de las clases propietarias con los discursos de extrema derecha alumbran la hipótesis del rentismo nativista.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los trabajadores de Metro celebran el nuevo convenio pese al temor de perder empleos por las automatizaciones
“Es el mejor acuerdo que he visto en 43 años que llevo trabajando aquí”, explica el representante de Solidaridad Obrera en la mesa negociadora, Braulio del Pozo, que destaca que se recupera en parte el poder adquisitivo de la plantilla.

Últimas

Sexualidad
Consultorio de sexualidad Los mil y un orgasmos femeninos
El clítoris, la vagina y el cérvix están inervados por distintos nervios que, al ser activados en distintas combinaciones, producen sensaciones diversas.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De amenazas ambientales y memoria histórica
VV.AA.
La ciudadanía gallega y extremeña alza la voz contra proyectos que amenazan sus territorios y medioambiente.
Opinión
Opinión Sonará tu nombre cuando nazca el mío
No fue hasta que empecé a habitar mi propio cuerpo que entendí que podía contar mi historia. Una carta de amor travesti en el Día de la Visibilidad Trans.
Análisis
Análisis Inmigración, trenes e ilusiones de soberanía
El mayor beneficiario de la situación política en Catalunya sigue siendo el PSC, que ve cómo la definitiva irrupción demoscópica de Aliança Catalana reduce el campo de los principales partidos del independentismo.
Más noticias
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.
La vida y ya
La vida y ya Cinco chimpancés
Les dijo que cuando se caza a una cría en su entorno natural, de media se mata a diez chimpancés de su grupo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.