Deportes
Roller derby, un deporte de coidados contra a cisheteronorma

As Sereas Bravas combinan a velocidade, a adrenalina e os golpes na pista coa horizontalidade, a inclusión e o compañeirismo.
Roller derby 1 principal artigo
Momento de xogo entre As Sereas de Vigo e As Brigantias da Coruña | Foto: @gravidade0.0
16 jun 2023 11:50

Adoitamos asociar o ambiente deportivo coa masculinidade hexemónica. Temos a sensación de que os corpos e identidades disidentes non teñen cabida nese contexto agresivo e falto de coidados. Pero non sempre é así. O exemplo perfecto disto é o roller derby, un deporte de contacto sobre patíns que se establece como paradigma doutra forma de entender a competición e a organización dos equipos. A autoxestión, a diversidade corporal e a ideoloxía transfeminista son algunhas das carácterísticas que o diferenzan doutras disciplinas.

O roller derby é unha práctica maioritariamente feminina que naceu nos Estados Unidos. Consiste en que os equipos, formados cada un por cinco persoas, patinen ao redor dunha pista ovalada en sentido contrario ás agullas do reloxo. A jammer consegue puntos para o seu equipo adiantando aes xogadores contraries, mentres que es catro bloqueadores intentan impedilo.

Este deporte chegou a España no ano 2010, e a Galiza en 2012. Actualmente hai cinco equipos galegos: as Brigantias e as Irmandiñas, na Coruña; as Jabatas, en Ourense; o equipo Negra Sombra, en Pontevedra; e as Sereas Bravas, en Vigo. Compiten entre eles e a nivel estatal na liga da ARDE (Asociación Española de Roller Derby). Falamos con algunhes des integrantes do equipo vigués, actuais campioes da liga galega, sobre a súa experiencia.

Es noses informantes son veteranes, aínda que non todes se achegaron ao deporte pola mesma vía. Algunhes comezaron no equipo porque coñecían a alguén que xa estaba metide no mundo do roller. Así, Olalla (Wallalla #75) conta como entrou seguindo os pasos da súa irmá, Iria (Iriascible #77), que á súa vez coñeceu as Sereas grazas a unha persoa do equipo. Papu (Rodi Roar #23) chegou despois dun ano xogando coas Lion Girls de León. Pola súa parte, Albx (Severus Skates #999) é unhe des fundadores do equipo vigués. Nas Sereas, como en todos os equipos de roller derby, es xogadores identifícanse cos seus derby names, polo que ao longo do artigo empregarei estes “nomes de guerra”.

Roller Derby 2 Sereas panorámica
O respecto cara aes árbitres é un dos piares deste deporte. | Foto: @gravidade0.0

Todes practicaran outros deportes: baile, fútbol, hockey… “Antes fixera patinaxe artística, tenis, taekwondo e natación, mais non acababa de encaixar en ningures”, conta Severus Skates. Houbo moitas dinámicas que lles chamaron a atención aes xogadores ao se adentrar no roller derby: a xestión horizontal, o compañeirismo entre equipos reforzado nas afterpartys dos partidos, o cambio da figura de autoridade de adestradore pola ensinanza mutua, o respecto cara aes árbitres… Non obstante, Severus recoñece que “nin Sereas nin ningún outro equipo foi un espazo seguro ao longo de toda a súa historia. No pasado xurdiron problemas, e houbo discrepancias por desinformación, pero aí é onde se ve que tipo de espazo queres crear e manter: un que está en constante mutación e formación”. É imposible que todo o mundo que se inicia no deporte estea ao tanto da súa base ideolóxica. Como conta Rodi Roar: “Cando comezamos coa equipa de León, non traballabamos dun xeito horizontal nin autoxestionado, era coma noutros deportes, cun adestrador que era quen mandaba e tomaba as decisións. Funcionaba así por descoñecemento”.

Trabállase frecuentemente en desenvolver e mellorar as bases sobre as que se rexe o deporte co obxectivo de garantir a protección das persoas que participan desta comunidade

Ao final, o importante do roller derby é que se establece coma unha porta aberta á aprendizaxe e a mudanza. Explica Wallalla: “En roller, sen ser perfecto, trabállase frecuentemente en desenvolver e mellorar as bases sobre as que se rexe o deporte co obxectivo de garantir a protección das persoas que participan desta comunidade, o que leva a debates e reflexións sobre problemáticas que nin se contemplan noutros espazos deportivos. [...] Ademais, existe un comité de mediación nos equipos para dar solución a posibles conflitos entre as persoas integrantes e evitar que escalen, interferindo na boa convivencia entre nós”.

roller derby 3 preparando a pista
Un deporte horizontal onde son as propias xogadoras quenes preparan a pista. | Foto: Raúl Iglesias.

O roller derby é tamén unha porta aberta, como di Severus Skates, “á inclusión de todo tipo de persoas por riba de todo: peña lgbtiqa (sobre todo trans e non binaria), peña disca, racializada, gorda… xente en risco de exclusión social, ou directamente excluída; cousa que noutros deportes pois brilla pola súa ausencia...” Sobre isto, Wallalla pon como exemplo que as normas da WFTDA, que é a asociación internacional de roller derby, están redactadas en xénero neutro.

“Nunca tiven un corpo “normativo” e sempre me sentín útil e valorada”, comenta Iriascible. “Podía mellorar se me esforzaba e sentía o apoio do resto do equipo. Ademais, adoptei unha visión máis ampla da diversidade, que quizais hai dez anos non era tan falada, e sobre todo asumir o valor principal de respecto”. Os coidados, a unhe mesme e aes compañeires, son un piar central no equipo. “Aprendín moitísimo en Sereas Bravas, como debían ser as cousas, e descubrín que isto se asemella moito a como quería eu que fose a miña propia vida”, apunta Rodi Roar.

As Sereas autoxestiónanse mediante comités de traballo. Todo o que facemos vótase de xeito horizontal e transparente mediante reunións asemblearias

Como resultado da autoxestión, ser xogadore de roller derby implica tamén unha serie de obrigas alleas á práctica do deporte. Explica Rodi Roar: “As Sereas autoxestiónanse mediante comités de traballo. Todo o que facemos vótase de xeito horizontal e transparente mediante reunións asemblearias. No meu caso, son a responsable dos comités de mediación e convivencia e do comité de comunicación”. “Os comités xestiónanse de xeito independente e organizan o que sexa a súa responsabilidade, si”, engade Severus. “Tanto sexa recrutar, como formar aes noves integrantes, como organizar un partido, un treino, ou unha cea de Nadal. Facémolo todo de nós para nós. Eu, por exemplo, estou no comité de treinos, en deseño e no de eventos”.

As tarefas organízanse conforme ás habilidades de cada persoa. Por exemplo, Iriascible axuda cos adestramentos, estratexias e aliñacións para os partidos, e tamén traballa na parte audiovisual e no deseño gráfico de carteis, publicacións para as redes, equipamento e merchandising. “Son deseñadora UX [...] e trato de dar apoio ao equipo cos coñecementos que teño, dado o meu traballo”, comenta.

Xúntanse persoas con situacións familiares e laborais moi diversas, polo que se intentan dar facilidades tanto económicas como de conciliación

En Sereas Bravas xúntanse persoas con situacións familiares e laborais moi diversas, polo que se intentan dar facilidades tanto económicas como de conciliación. “Estudei Xornalismo e na actualidade traballo na xerencia dunha empresa de enxeñaría. En canto á conciliación, o máis destacable son os horarios [...] Doutra banda, adoitamos organizar coches para adestramentos e partidos e tamén flexibilidades nos pagos das cotas se alguén tivese algún problema”, conta Wallalla. Engade Severus Skates que, aínda que obedezan á marxinalidade do deporte, os horarios tardíos aos que teñen dispoñible o pavillón favorecen ás persoas do equipo que estudan ou traballan. Elu estudou Belas Artes e é deseñadore gráfique.

Por último, Rodi Roar é neuropsicóloga e directora nun centro de dano cerebral. Tamén vencella o roller derby á súa profesión, xa que “existe unha colaboración directa entre o meu centro de traballo e a equipa, da que saen cousas moi bonitas que favorecen ás dúas partes, levando así o tema da inclusión a outros sectores da diversidade funcional, que teñen pouca representación en deportes de patín”.

Desde logo, Sereas Bravas están nun bo momento despois de resultar vencedores da liga galega no mes de maio. Orgulloses, e aínda sen crelo de todo, miran cara a próxima tempada co ánimo ben alto. Cóntanos Iriascible: “Coñecemos xente xenial doutros equipos cos que non tiveramos a oportunidade de compartir pista todavía, aprendimos moitísimo e conseguimos remontar un partido no que non levabamos moitas expectativas. Pero sobre todo pasámolo moi ben”. “Esta vez tocounos a nós, outro ano será outro equipo, o importante é poder participar nas competicións e gozar do xogo e a comunidade”, remata Wallalla.

Roller Derby celebración
Celebrando unha vitoria. | Foto: Raúl Iglesias

Preguntámoslles ás Sereas que podemos facer para adentrarnos no mundo do roller derby. “Escríbenos ao Instagram, mándanos un correo, pétanos na casa, o que mellor che veña. O máis importante é que ti desfrutes, se desfrutas patinando, adiante, se queres formarte como árbitre, tamén, se prefires só ir de público, podes colaborar berrando dende a bancada e mercando merchan dos equipos. Hai sitio para todes” contesta Severus. “Difundilo, partillalo, falar de roller derby, lembrarse de nós”, engade Rodi Roar.

Máis que nada, o roller derby abre portas. Porque abre a porta ao demostrar que si, un deporte transinclusivo e diverso pode funcionar. Porque en cada equipo se abre a porta a todas as voces ao establecer unha estrutura de xestión horizontal. Porque se abre a porta a que todes nos acheguemos a coñecer e practicar esta actividade.

As Sereas pechan a entrevista, por unha parte, facendo notar que o equipo non posúe o apoio institucional que debería. Non teñen, por exemplo, unha pista municipal pintada como si a hai noutras cidades, e moitas veces non son incluídes en eventos de deportes femininos ou deportes de patín. Por outra parte, fan un chamamento a que suplamos esta marxinación indo aos eventos, xogando, difundindo ou colaborando co equipo como poidamos cada unhe. “Gustaríame engadir que o roller derby é especial por tódalas cousas que non son estritamente deportivas pero, amais, é que é un deporte moi completo e divertido” –remata Rodi Roar– “e non contamos, por desgraza, coa difusión nin os medios suficientes para que chegue a máis xente”.

Deportes
As Brigantias: deporte de contacto feminista

Este club coruñés, un dos pioneiros galegos, ten activas varias campañas para recadar fondos. En 2018 organizaron os 'playoffs' mundiais desta modalidade autoxestionada e feminista na que compiten patinadoras nunha pista oval. Malia a pandemia, están a bater rexistros de novas xogadoras.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Feminismos
Economía Feminista Frente a la crisis capitalista Economía Feminista
Coincidiendo con el comienzo del encuentro de Economia Feminista Abya Yala que está teniendo lugar estos días en Argentina, reflexionamos sobre el papel de las Economías feministas en las crisis derivadas del capitaloceno.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Naturae, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Carapuchiña
18/6/2023 10:12

Boas
Quiza as Sereas terían que explicar porque teñen a un maltratador confeso nas suas filas.
Defender o roller derby e o feminismo tendo un maltratador non parece dar lugar a ter un ambiente seguro.
Un articulo sobre a verdade sería unha boa opcion.

0
0
Roller Derby Vigo
Roller Derby Vigo
30/6/2023 11:46

Boas! Se tes algún tema a tratar concerninte ao equipo poñémoste en contacto co noso comité de Mediación. Podes contactar a través deste correo mediacion.rdv@gmail.com

0
0
Almería
Medio ambiente La demolición del Algarrobico será “este mismo año”
El Gobierno ha publicado en el BOE el proceso de expropiación de la parcela. La ministra de Hacienda asegura que el derribo será “con o sin la colaboración de la Junta de Andalucía”.
León
Accidentes laborales Cuatro mil personas despiden en Villablino a los mineros muertos
Los sindicatos se concentran en Oviedo y exigen al Principado que se persone como acusación particular en el proceso penal. En 2023, un vecino alertó de las condiciones de inseguridad bajo las que operaba la mina.
Desempleo
Empleo El paro en mujeres marca un mínimo histórico desde 2008
El desempleo se ha reducido en 146.865 personas en los últimos 12 meses, de los que casi 79.000 son mujeres. La tasa de población activa femenina llega al 47%.
Asturias
Asturias Cinco muertos en la mina de Zarréu: demasiadas preguntas sin respuesta
El accidente más grave en la minería asturiana en casi tres décadas vuelve a poner en cuestión el sistema de permisos, controles y ayudas públicas para minas en proceso de reconversión.

Últimas

Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Formación El Salto
Formación Masculinidades neoliberales: afectos de odio, cultura bro y extrema derecha
Abiertas las inscripciones para esta nueva propuesta de formación online, que abordará la relación entre el fortalecimiento de las derechas, el avance de un neoliberalismo desbocado y la aparición de culturas de género cada vez más conservadoras.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Ecuador
Hacia el 13 de abril Acuerdo histórico de la izquierda y el movimiento indígena para la segunda vuelta de las elecciones en Ecuador
La alianza entre la Revolución Ciudadana y Pachakutik, el brazo político del movimiento indígena, no se producía desde 2006 y podría ser determinante para la victoria de la candidata correísta, Luisa González, en las elecciones del 13 de abril.
València
València La turistificación masiva asfixia los distritos valencianos de Camins al Grau y Algirós
El vecindario se organiza en una plataforma para luchar por el derecho a la vivienda en dos de los distritos con mayor presión turística de la capital del Turia.

Recomendadas

Violencia obstétrica
Violencia obstétrica Helena Eyimi, matrona: “El parto es un misterio y queremos controlarlo todo, pero no podemos”
Consentimiento informado, trato personalizado y libertad de elección. Para Helena Eyimi (Madrid, 1975) , matrona asesora de Naciones Unidas, es fundamental que las mujeres se sitúen en el centro de las decisiones durante el parto y esos tres conceptos son clave.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.