Deportes
As Brigantias Roller Derby: o deporte de contacto que medra malia a Covid-19

Este club coruñés, un dos pioneiros galegos, ten activas varias campañas para recadar fondos. En 2018 organizaron os 'playoffs' mundiais desta modalidade autoxestionada e feminista na que compiten patinadoras nunha pista oval. Malia a pandemia, están a bater rexistros de novas xogadoras.


Roller Derby 5
Lance dun encontro de 'roller derby' das Brigantias Roller Derby.
27 oct 2020 08:00

Existe un deporte practicando maiormente por mulleres. Exento de ‘pelotas’ de ningún tipo. Físico, agresivo, adrenalínico, esixente e sobre patíns. O 'roller derby', unha práctica nacida por e para as patinadoras. Unha modalidade declaradamente feminista que na Galiza ten varios equipos. As Brigantias Roller Derby A Coruña é un dos máis activos. Leva dende 2012 gastando pista e competindo contra conxuntos galegos, estatais ou doutras partes do globo.

Integrante da Women’s Flat Track Derby Association (WFTDA), o órgano rector desta modalidade a nivel mundial, e xunto ó que organizaron na Coruña uns 'playoffs' mundiais. Malia as restriccións impostas polo actual contexto, acumulan récord de inscricións nos últimos tempos. Para soster ese auxe, andan na procura de patrocinios e colaboracións que cubran os alugueres dos pavillóns, o material para as novas xogadoras e todos os gastos derivados dunha práctica que aposta pola autoxestión.

Para situármonos. O roller derby é un deporte de contacto e estratexia no que se enfrontan dous equipos que patinan por unha pista oval plana. En cada un deles hai unha 'jammer' cuxa función é superar ao máximo número de rivais dando voltas sen sairse do circuita. Esta é unha simplificación á que hai que engadirlle un denso código normativo que fai que algúns falen deste deporte coma un rugby sen bóla. As Brigantias volveron á actividade logo do confinamento e fixérono con iniciativas para manter vivo o proxecto como subatas e mercados. E con enorme optimismo logo de bater marcas nas xornadas de recrutamento de novas integrantes.

“É digno de estudo... Malia a situación, é o ano que máis incorporacións estamos a ter”, conta Rosa Rilo, xogadora das Brigantias Roller Derby

“É digno de estudo… Malia a situación, é o ano que máis incorporacións estamos a ter. Ó non haber partidos tamén podemos prestarlles máis atención á súa formación”, conta Rosa Rilo, xogadora e compoñente do comité de Organización das Brigantias. Ou máis ben 'Lady Moraton', o seu 'derbi name', alcume polo se coñecen ás que practican este deporte. “Pode ser o teu alter ego, servir de crítica social, un xogo de palabras… Entre nós xa case só nos chamamos por el. Nalgún caso cústame lembrar cal é o nome real dalgunha compañeira”.

POR E PARA AS PATINADORAS

As orixes do 'roller derby' están na década dos anos 30. Daquela había equipos mixtos e interraciais. Hoxe son maiormente femininos malia que hai algún masculino. “Desapareceu cando intentaron facer algo coma o 'pressing catch', onde primaba o espectáculo máis que outra cousa. A finais dos ‘90, unhas rapazas de Texas retomárono con ideas como a autoxestión e unha forte política de xénero. Sirva de exemplo que unha persoa transxénero pode participar sen ter que alegar nada, a diferenza do que sucede na maioría de deportes. Algunhas son destacadas xogadoras, moi queridas nun ambiente no que son comúns as bandeiras LGBTQ”, conta Rilo.

Roller Derby 1
As Brigantias Roller Derby adestran no coruñés Polideportivo Monte Alto, mais comezaron ó descuberto. Foto de arquivo das Brigantias.

“Por e para as patinadoras” é un lema que explica o funcionamento destes clubs organizados en comisións. Todas as xogadoras teñen que formar parte dalgunha. Nas Brigantias conflúe un grupo de diferentes de mulleres de entre 16 e 41 anos con diferentes niveis de patinaxe. Existe unha cota de 20 euros. Se non se pode afrontar o pago, pódese traballar en varias comisións. O principal gasto é facerse cun equipo seguro. Lady Moraton fala de que uns patíns básicos poden andar polos 180 euros, ó que hai que unirlle as proteccións, tendo especial atención ó casco, que oscila entre os 40 e os 60 euros.  Malia todo, non será unha barreira, xa que existe un fondo reciclado de patíns e outros materiais que van deixando as patinadoras cando renovan o seu equipo.

Alén diso, as Brigantias teñen acordos con varias tendas e fan obradoiros para o arranxo e mantemento. Calquera rapaza que queira iniciarse nesta disciplina pode facelo no coruñés Polideportivo de Monte Alto, a ‘casa’ das Brigantias. “Agora temos máis acceso a horarios, malia que sempre é difícil atopar espazo xa que hai equipos de hóckey importantes na cidade. Pero non ten comparación a como comezamos. Nunhas pistas de Oleiros, tapadas como podiamos, ás 21:00 da noite… Pasando ben frío”. Así foi a primeira liña dun proxecto que comezou de casualidade. Cuns comentarios cruzados nunha páxina de Facebook inactiva dunha iniciativa anterior de 'derby'

Cando Galiza acolleu uns ‘playoffs’ mundiais de ‘roller derby’

Pasiño a pasiño até converter A Coruña nun vector do derbi estatal. O punto álxido, en 2018, cando a cidade acolleu os 'playoffs' mundials da WFTDA logo de resultar gañador o proxecto das Brigantias. “Viñeron os mellores equipos do mundo. Pensamos que teriamos bastante afluencia de público mais non se encheu o Pazo dos Deportes. En Malmö (Suecia), o ano anterior, dedicáranlles até unha páxina especial nos xornais”, lembra Lady Moraton.O conxunto coruñés forma parte de varias competicións. Entre elas, a Liga Galega, que ten o apoio da Federación Galega de Patinaxe. As xogadoras están federadas polo que contan cun seguro, importante nunha práctica tan física. Tamén lles facilita o acceso ás pistas.

Pero sobre todo, este soporte axuda a costear os desprazamentos dos árbitros.“É un deporte tremendamente táctico”. Nun encontro pode haber ata 19 colexiados, sete deles en patíns e outros doce anotando as accións que se poidan dar. Moitos veñen de fóra. Por sorte, nas Brigantias milita Poison Isy, “a árbitra con máis experiencia a nivel galego e cunha morea de partidos arbitrados”. Este colectivo tamén se nutre de rapaces dalgún equipo de 'roller derby' masculino ou dalgunha xogadora lesionada que se forma para seguir colaborando nas ligas.

As Brigantias compiten na Liga Galega, son cuartas no 'ránking' estatal e disputan partidos a nivel internacional

Na última edición do torneo galego participaron as Jabatas Roller Derby de Ourense; as Sereas Bravas Roller Derby Vigo e o outro equipo coruñés, o Roller Derby Coruña Irmandiñas. Brigantias tamén forma parte de ARDE, a organización que coordina as actividades do 'roller derby' a nivel español e cuxa presidenta é a citada Poison Isy. Son cuartas no 'ránking' español. Como integrante da WFTDA, a escuadra coruñesa disputou varios encontros internacionais. O ano pasado participaron nun torneo intercéltico cunha escuadra bretoa. Financiaron a viaxe cunha campaña de 'crowdfunding'. Para este curso estaba planificada a volta do trofeo en Coruña, adiada pola pandemia.

Lonxe de frear ás Brigantias, a situación actual foi un pulo en tódolos sentidos. Manteñen activas varias campañas para obter fondos. Pero non a calquera prezo, respectando os valores do propio deporte e o seu carácter autoxestionario. “Non imos meter un coche nun campo de 'derbi'. Nin anunciar unha marca de refrescos”. Paralelamente continúa a formación das 'fresh tofu' -adaptación do termo 'fresh meat', co que se coñece ás iniciadas no derbi-, que en breve pasarán un exame de habilidades básicas.

Véxase: ser quen de dar 27 voltas en menos de cinco minutos, facer contacto e traballar no 'pack' (conxunto de bloqueadoras) sen tropezar; e unha parte teórica. Superada esa proba, adoptado o 'derbi name', só queda defender con orgullo o escudo desa moza cefalópoda, irredenta e mariñeira que plasma o escudo das Brigantias, “onde todas as rapazas teñen un espazo seguro para compartir o que queiran, sen ser xulgadas. E onde se empoderan a través dun deporte físico e estratéxico”.

Roller Derby 4
Cada xogadora ten un 'derbi name', un alcume polo que é coñecida no seu equipo. Foto: Ederon Körst.

Como se xoga o roller derby?

É un deporte de contacto e estratexia que se disputa nunha pista oval entre dous equipos de cinco xogadoras que utilizan patíns en paralelo. Os encontros son de dous periodos de 30 minutos que se dividen en pequenos intervalos de ata dous minutos denominados 'jams'. Estes bautizan ás 'jammers'. Hai unha por cada equipo e levan unha estrela no casco para diferenciarse do resto. O seu obxectivo: superar ó máximo de bloqueadoras. A pívot é a líder da defensa e porta unha franxa no casco. A primeira 'jammer' que puntúa convértese na líder e ten a potestade de cortar a acción cando queira.

Un dos árbitros controla á 'jammer' e vai contando os seus puntos. Suma un por cada rival superada. Se cometen unha falta sobre ela, a sancionada vaise ao 'penalti box'. Está prohibido calquera tipo de insulto baixo pena de expulsión do pavillón. Cando unha xogadora recibe un bloqueo, ten uns segundos para erguerse. Non vale o teatro. Está prohibido bloquear coa cabeza, polas costas… Faise coa cadeira ou os ombreiros, sempre dende o lateral. Ó remate dos encontros: o 'after party', coma o terceiro tempo do rugby, para confraternizar logo da disputa.

Movilidad
Patinaje urbano: diversión y derecho a la ciudad
La tradición del patinaje en Iruñea viene de lejos. Sin embargo, la ciudad no está adaptada para este modo de transporte y diversión.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.