Balea Cultural
O cinema ultraviolento: o mellor aliado do capitalismo

Se hai algo que pode relacionar a todos os directores que fan actualmente cinema ultraviolento é o absoluto individualismo. Nun mundo capitalista en descomposición como o actual pode ser comprensible, mais que non pretendan ocultar os intereses reais aos que obedecen.

Gaspar Noe. Irreversible Balea Cultural
Fotograma de ‘Irreversible’ (Gaspar Noé, 2002)
23 mar 2019 12:30

O cinema non se debe analizar como algo illado. Ao igual que tampouco é illado a roupa que vestimos polas mañás, os comportamentos que ten un home soamente por selo ou o uso das redes sociais. Todo ten un por que e deriva dunha estrutura superior. Paréceme realmente importante entender esta afirmación tendo en conta o tema a tratar: o cinema ultraviolento.

“A violencia nunca é só violencia en abstracto”. Deste xeito comeza o filósofo Slavoj Zizek a súa análise de Taxi Driver, que remata coa afirmación de que “dirixir a violencia cara un mesmo sería facelo ao que nos ata á ideoloxía, sería poder cuestionala e criticala para porlle fin”. Disto pódense sacar unha morea de conclusións.

Balea Cultural
Gaspar Noé, figura controvertida do cinema
Hai moita polémica respecto á figura de Gaspar Noé. A maioría de criticas céntranse na súa crueza, na violencia sen disfrazar que exhibe.
Entendendo por tanto que a violencia nunca se pode entender como violencia por si mesma, senón que ten unhas causas e motivacións, non se pode entender o cinema ultraviolento como unha sorte de casuísticas onde o creador ten a intención de incomodar ao espectador ou expulsar algún tipo de pulsión interna. Tampouco é casual que esteamos nun punto onde cada vez este tipo de cinema estea máis normalizado e que ante calquera crítica se conteste cun dos adxectivos máis baleiros da lingua galega: provocador.
Lars Von Trier A Casa de Jack Balea Cultural
Fotograma de ‘The House That Jack Built’ (Lars Von Trier, 2018)
Seguindo con Zizek, el diferencia violencia subxectiva e violencia obxectiva. A obxectiva é en principio invisible porque é sistémica (facendo unha análise simplista e sen meternos en termos como acumulación orixinaria). Percíbese como normal, é cotiá e está asumida dun xeito ideolóxico pola poboación como inexistente. A subxectiva é a que exerce un actor, xa sexa este un asasino, un manifestante ou un indixente. A máis violencia subxectiva, máis percepción de violencia. Por tanto, o cinema ultraviolento é o que maior violencia subxectiva posúe, que non violencia de por si.

Con todo isto o que quero dicir é que a propia categorización é errónea e interesada. A violencia é o sustento do todo sistema político pero os medios de comunicación hexemónicos soamente falan de actos violentos que axudan a reforzalo. Asasinatos e violencia contra minorías e persoas de fóra do Estado que funcionan como reclamo que nos impide pensar. Algo parecido aparece con este cinema que podemos ver nos directores agrupados no Novo Extremismo Francés, Nicolas Winding Refn ou a última etapa de Lars Von Trier.

A violencia obxectiva percíbese como normal, é cotiá e está asumida dun xeito ideolóxico pola poboación como inexistente

Nestes directores, cos seus matices e diferencias, vemos como nunha estética polo xeral destacable se efectúa un discurso de impacto a través de actos explícitos e reprochables dende o punto de vista da moral cristiá sobre as que se constrúen as sociedades occidentais. O efecto que conseguen no espectador é de impacto. Unhas imaxes desagradables que se nos venden como que saen unicamente da cabeza de quen asina o filme e iso é rotundamente errado. Nin os pretendidamente subversivos nin os tolos teñen responsabilidade a nivel estrutural. A mostra máis orgánica é que unha película non se produce soa, non se distribúe soa. Hai moitos elementos por enriba do creador. Pero tampouco é culpa desas persoas, o fomento destas películas non pode ser atribuído a individuos concretos. Obedecen a lóxicas sistémicas, e polo tantos anónimas.

Sonatine Taskeshi Kitano Balea Cultural
Fotograma de Sonatime (Takeshi Kitano, 1993)
Se hai algo que pode relacionar a todos os directores que fan actualmente este tipo de cinema é o absoluto individualismo. Nalgúns aderezado co consumo de drogas, outros cun ego descomunal. Pero tampouco considero que isto sexa culpa dos directores directamente. Eles fano dende un punto de vista que pensan propio e si, nun mundo capitalista en descomposición como o actual é incluso comprensible en certos puntos, aínda que obedezan aos intereses que obedecen.

E por suposto podo entender que este tipo de películas teñan boa acollida. Nun mundo onde os traballadores viven con xornadas eternas por catro pesos e cunha redución do tempo libre reducido até niveis irrisorios. En tempos de traballos atomizados onde se tenta que non haxa ningún contacto colectivo. En momentos onde se fomenta un emprendemento imposible, onde se pretende que a mocidade coma de experiencia e exposición, entendoo. Non quero que estas liñas se entendan como unha crítica ao consumidor, soamente como unha análise dos por que das cousas.

Un filme non se produce só, non se distribúe só: hai moitos elementos por enriba do creador

O cinema ultraviolento cumpre, a través do exceso, a de tapar a violencia obxectiva. Por exemplo, películas que en teoría son reivindicativas, como Cafanaúm de Nadine Labaki, rematan sendo case un cartel dunha ONG. Ao final sempre é a mesma lóxica. Choromicar e ter unha rabincha por iso sería cuspir para o ceo, máis a situación é como é.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.