Arte urbano
Entre o graffiti e a 'street art'

A street art está collendo gran forza sobre as fachadas dos edificios das rúas de Vigo. A cidade sempre estivo chea de grafiteiras e grafiteiros mais cunha concepción do mural que se movía, e aínda se move, entre o vandálico e o artístico.

Street art pa
Mural de Maz, integrante do colectivo de Royer e Lupita nas paredes da antiga panificadora de Vigo. Zelia García
As imaxes inflúen na percepción da realidade. Teñen un poder propio. A súa evolución ao longo da historia vai da man da evolución das sociedades. Cada modelo de organización social leva emparellado un imaxinario colectivo. A nosa sociedade está repleta de iconas: publicidade, vídeos, fotografías, memes… Mais un tipo destas xeran especial controversia no espazo urbano: o graffiti e a street art.

Hai quen defende que ambas as dúas concepcións do muralismo ou da pintada son o mesmo, que a street art é unha evolución do graffiti ou que son incomparables. O caso é que actualmente, na cidade de Vigo, a arte de rúa e a ampla cantidade de murais subvencionados polo Concello xeran un intenso debate entre os practicantes de ambas as especialidades.

O graffiti nace a finais dos anos sesenta coma un movemento de protesta e vandalismo social. Posúe un amplo contido cultural, tanto na súa carga política —nas orixes— coma nos procesos sociais que conduciron á creación dos colectivos e das pandillas. A día de hoxe perdeu parte dese compromiso coa protesta social e percíbese como unha práctica máis enfocada cara ao individualismo e o crecemento do ego do graffiteiro: pintan pezas nas que o elemento máis importante é o seu alcume ou sinatura nos diferentes spots das cidades para “marcar” a zona. O sector considerado como máis “conservador” sostén que o graffiti non pode ser institucionalizado, xa que ten que ser vandálico per se e non debe ser imprescindiblemente artístico. Están totalmente en contra das obras subvencionadas polo Concello e consideran que, mentres o Concello “lávase a cara” financiando murais nas fachadas dos edificios, os e as graffiteiras sofren grandes multas que consideradan excesivas por pintar na rúa.

A adrenalina como impulso para pintar

Hai diferentes estudos sociolóxicos e psicolóxicos que tentan explicar as razóns polas que a xente se reúne para pintar. Nós falamos cos alias vigueses Lupita Hard, Ofen e Royer e todos sosteñen que o impulso que os leva a pintar é a busca da adrenalina do momento. Ofen, que tamén ten pezas por Barcelona, sinala que “ese momento pintando un muro ou un tren no medio da noite, atento a que ninguén te vexa, de que non te pille a policía, deixando una ‘pegada’ túa é algo ‘especial’”.

Para construír a filosofía que fundamenta o contido das diferentes pezas, existen diferentes motivacións. Lupita Hard, graffiteira comprometida co movemento feminista pinta “todo aquilo relacionado cos tabús da sexualidade feminina”, a ela resúltalle “interesante o feito de descontextualizar algo tan íntimo e facelo público na rúa”. “Coma unha cona”, exemplifica. A isto engádese que "guste ou non, vai chocar".

Royer, integrante do mesmo colectivo de graffiteiros que Lupita, sinala que o que o leva a coller os sprais é “foderlle o spot guapo ao graffiteiro de turno e que as pezas sexan vacilonas”. En canto ao seu colectivo, Lupita apunta que, cando saen a rúa, “ás veces realizamos bosquexos previos onde abundan a abstracción e as gamas de cores reducidas e, outras veces, simplemente fan o que xorde nese momento”. Ofen, máis espontáneo, asegura que a filosofía que o empuxa a pintar é “o que che pida o corpo, o que che saia, tanto un debuxo ou unha peza son algo feito por ti ao 100% e ese muro ou tren son un folio en branco”.

Grafitti
Graffiti de Royer nunha parede no concello de Vigo. O Salto Galiza
De todos os xeitos, os tres —aínda que entenden a postura conservadora— teñen unha mentalidade aberta coa street art. “Imaxínaste traballando e gañando cartos con algo que che encanta facer? O graffiti tal e como o coñecín é pintar a morte por onde unha vaia. Que hai mellor que o recoñecemento e a satisfacción persoal?”, sinala Ofen. Lupita destaca que “todos temos que comer, pagar un alugueiro e sobrevivir. Eu intento non perder a esencia”. Royer, o máis crítico, replica aos conservadores: “Deixa de coller rabietas por alguén que se busca as fabas e céntrate en que as túas pezas deixen de ser unha merda”. Consideran coma “boa” a iniciativa do Concello, mais piden un maior recoñecemento aos artistas da cidade, e que conten con estes para os murais. “Hai moito potencial en Vigo que non se ten en conta”, sinala Ofen.
Gafitti de OFEN
Graffiti de Ofen nun muro de Vigo. Zelia García

Desde a banda da 'street art'

Considérase en liñas xerais que a street art ten unha finalidade máis estética que o graffiti, e que usa máis técnicas que este. Nesta modalidade atopamos o mural, o esténcil ou o cartel. Para termos en conta a posición dos que participan da elaboración de murais financiados polo Concello na cidade de Vigo, falamos co artista alicantino Antonyo Marest —Antonio Martínez Estevan—. A súa é unha temática abstracta e tropical, considerado como abstracción pop con influencias desde a Art Deco ata a estética da década dos oitenta. En Vigo salienta a súa obra dos pelícanos no Castro. Ten tamén murais en Madrid, Barcelona, Marrocos ou Romanía. “Desfruto de non ter un xefe nin unhas obrigas diarias cara a alguén, senón cara a min mesmo”, subliña sobre o seu traballo e engade: “Amo o que fago”.
Flamencos Street Art
Antonyo Marest participa da elaboración de murais subvencionados polo Concello de Vigo. Zelia García
No que se refire á súa motivación para realizar os murais destaca coma chave “facelos coma se fosen para colgalos na miña casa, sentir o detalle e desfrutar da limpeza dos mesmos”. Polo que ten que ver coa iniciativa do Concello –no seu caso– considéraa boa pola remuneración, a incorporación de artistas internacionais e a calidade dos materiais que brindan. Os temas das obras de Vigo non deben envolver a atmosfera e a estética da cidade, senón que, como indica Antonyo, neste caso “é o artista o que manda”.

Unha reflexión sobre o graffiti

En canto escoitamos a opinión que ten a xente allea do graffiti sobre este, non faltan as críticas que ten a xente allea do graffiti sobre este, sempre escoitamos criticas contra o vandalismo ligado a esta forma de expresión. Moitas destas acusacións débense aos “taqueos” que algúns fan en propiedades privadas ou no mobiliario urbano. Sobre isto Royer comenta que “o graffiti sempre foi, é e será vandálico por natureza”. Iso si, matiza que “persoalmente, dentro disto, intento pintar sempre superficies que supoñan a menor faltada”. Ofen apunta unha posible solución ao problema e comenta as medidas doutros países nos que os municipios “deixan muros libres para que a xente pinte sen ningún problema”. Desde o outro lado Antonyo subliña que “lle chaman graffiti a calquera cousa”.
Grafitti Pussy de Lupita
Lupita Hard enche de conas o espazo público nun contexto cultural esencialmente masculino. Zelia García
Por outra banda, Lupita Hard comenta que ela prefire “ver unha parede chea de firmas que de carteis de publicidade” e engade: “Esteticamente, gústame ver todo rebentado”. En canto ao suposto narcisismo que se achaca á figura do graffiteiro ela sostén que “realmente non deixa de ser un ‘eu existo’. Véxoo coma unha postura errónea”.

Posiciónase tamén na cuestión de xénero. En canto á que o graffiteiro sexa percibido sempre coma home, sostén que debería haber máis presenza feminina, mais que, ao mesmo tempo entende o posible medo entre as rapazas e argumenta: “Un dos motivos polos que se pode dar isto é polo feito de ir pintar a altas horas da noite, saír ti soa…”. Ela mesma engade que “algunha vez tiven medo, incluso cheguei a pensar: prefiro que me pille a policía pintando a que un tipo me siga, me grite cousas ou que se baixe do coche para achegarse a min”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Granada
Urbanismo 146.574 m² de solares vacíos en Granada por disfrutar
“¿Y si estos espacios no estuvieran esperando al próximo gran inversor? ¿Y si ya fueran nuestros?”. Esta y otras reflexiones sobre la especulación inmobiliaria, en un proyecto artístico exhibido en el Centro José Guerrero.
Arte urbano
Comunidad de Madrid Borran parte de un mural de apoyo a Palestina en Collado Villalba
El Ayuntamiento del Partido Popular accede a borrar parte de un mural por una denuncia de antisemitismo. La alcaldesa tuvo que pedir perdón en 2014 por un exabrupto antisemita.
Grafiti
Muralismo Arte urbano no rural: os muros da Ribeira Sacra que falan sobre aqueles cos que non podemos falar
O artista urbano vigués Maz atopou nas paredes da Ribeira Sacra a canle perfecta para compartir coas veciñas e co resto de seres vivos da zona o seu particular modo de ver o mundo.
Furadeira
29/11/2018 23:34

Gran graffiteira a Lupita, gosto dos seus tremendos piezons Wild style

0
0
#26865
29/11/2018 17:36

Interesante, obrigado pola achega. Só unha cousa, este parágrafo non se entende: "En canto ao suposto narcisismo que se achaca á figura do graffiteiro ela sostén que “realmente non deixa de ser un ‘eu existo’. Véxoo coma unha postura errónea”." Quere dicir que si é narcisista? Que é errado ver tal coma narcisismo ou que o taqueo é narcisismo e, de tal forma, un erro?. Tampouco entendo que Lupita Hard (e mais) insistan no falso dilema de "ou taqueo porcallán e infantiloide (e si, narcisista) ou publicidade obscena". Pois non: muralismo onde gostemos, paredes limpas onde queiramos, non?

2
1
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.