Violencia policial
O asasinato dun migrante a tiros por un axente na Coruña reabre o debate sobre a violencia policial

Colectivos antirracistas e antirrepresivos denuncian o “uso desproporcionado” da forza contra un home que portaba unha vara de ferro mentres os sindicatos policiais din que era “un delincuente que tentou asasinar a un Policía Nacional”.
Asesinato galicia
A Policía Nacional no polígono da Grela (A Coruña) onde se produciu o asasinato.

A Policía Nacional asasinou este luns a tiros a un home migrante de 35 anos que, segundo o relato policial, estivera golpeando cunha barra de ferro cristais de vehículos nunha gran avenida na cidade da Coruña, coa suposta intención de obter algo de diñeiro. Sempre segundo o relato policial, despois de “desobedecer” os primeiros avisos dos axente e debido á súa actitude “moi violenta”, os axentes utilizarían sen éxito unha pistola táser antes de dispararlle cun arma de fogo e causarlle a morte.

O asasinato a tiros no polígono da Grela do home armado soamente cunha barra de ferro puxo de novo sobre a mesa o debate sobre a violencia policial e a desproporcionalidade no uso da forza por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado. Estaban os axentes implicados o suficientemente formados para reducir á persoa falecida empregando a superioridade numérica e non causándolle a morte? En caso de cumprirse a presunta e aínda non contrastada necesidade de abrir fogo contra el, os axentes estaban capacitados para executar disparos a zonas non vitais que contivesen á vítima pero que non acabasen coa súa vida de forma inmediata? Influíu na decisión de matalo que fose unha persoa racializada?

Análisis
Análisis La policía ya no necesitará orden judicial para entrar en una morada aun sin delito flagrante
Un Jurado Popular ha sentado un precedente peligroso al absolver a los agentes de la “patada en la puerta” de un delito de allanamiento estableciendo que tienen derecho a entrar a la fuerza sin orden judicial por infracciones administrativas.

Sobre esta actuación policial, a principal organización de defensa dos dereitos humanos centrada no racismo e a xenofobia, SOS Racismo Galicia, ten claro que foi “unha actuación totalmente desproporcionada”. “A primeira hora do día [onte, luns], a causa do falecemento era que lle dispararon ás pernas e que, tras revolverse, matárano fortuitamente”, critica Esther Lora, de SOS Racismo. “Agora, a versión cambiou totalmente para dicir que o home lle ía a pegar a un policía cunha barra de ferro na cabeza”, explica Lora. A diferenza entre ambas as versións, emitidas polos sindicatos e as fontes policiais a través dos medios de comunicación de masas de Galiza, é fundamental: “Se a primeira é a correcta, queren dicir que mataron a un home que se escapaba para paralo? É gravísimo”.

No propio baile de versións que houbo nas últimas 24 horas, parecía quedar claro que a persoa asasinada pola Policía Nacional soamente rompería os portelos de varios coches e causado danos en caixeiros automáticos dalgunhas sucursais bancarias. “É moi perigoso normalizar disparar a unha persoa que se estaba escapando”, matiza Esther Lora. Algo que comparten plenamente desde o colectivo Coruña Antifa: “Se isto non se esclarece, pode sentar un precedente terrible de impunidade para outros axentes en futuras actuacións”.

Ambas as organizacións esixen que se abra unha investigación que esclareza os feitos: “Non é o mesmo disparar por detrás a unha persoa que esta fuxindo e matalo, que dispararlle supostamente a zonas non vitais porque ía atacar a un axente e matalo tamén. En ambas as versións cremos que é unha actuación intolerable”, argumentan desde SOS Racismo. O gran número de axentes acudidos na zona tamén é un agravante para os e as integrantes de senllos colectivos: “Foi nun escampado. Realmente era necesario chegar a iso?”. E a outra pregunta clave: “Terían actuado da mesma maneira se a persoa non fose un home negro? A hemeroteca e as estatísticas dinnos que non”, recalcan en SOS Racismo.

Dende Coruña Antifa inciden tamén nunha potencial vontade da Policía Nacional de “encubrir unha posible neglixencia” que, ao seu xuízo, tamén abona o campo para a aparición “dun racismo extremo” nas redes sociais: “Calquera pode botar un ollo a todas as manifestacións racistas e xenófobas onte nos comentarios de redes das noticias en prensa”. Algo que eles e elas atribúen á lezitimación durante o último lustro dos partidos de extrema dereita españois e a “radicalización á que levou aos corpos policiais”.

Deshumanización na prensa galega

Tanto SOS Racismo como Coruña Antifa reproban sen matices a actuación dos grandes medios de comunicación galegos que soamente deron a versión do Sindicato Unificado de Policía, “aínda que isto significase ir cambiándoa sobre a marcha e caer en contradicións en apenas horas de diferenza”. Ademais, o enfoque en radios, televisións e prensa escrita tratou de despersonalizar e deshumanizar o ocorrido. “A Policía abate”, “Un home violento morre”... “Estamos a falar dun cervo ou dunha persoa? Ven na necesidade de explicar unha e outra vez que era supostamente violento para lexitimar o asasinato? É intolerable esa falta de profesionalidade”, pregúntase Esther Lora, de SOS Racismo

Os sindicatos policiais piden “máis seguridade”

A versión ofrecida polo Sindicato Unificado de Policía céntrase agora en que o home “tentou asasinar” a un axente da Policía Nacional, ata que este o matou nas inmediacións do polígono da Grela, nun escampado xunto ás antigas vías do tren da Coruña. Segundo esa versión, os axentes tiveron que pedir reforzos aos policías municipais, algo que aproveitaron para pedir “medidas na cidade” sobre seguridade.

Na versión policial, sempre difundida a través da prensa, tamén se bailou no relato da utilización dunha pistola táser previa ao uso da arma de lume. Nuns primeiros testemuños, a pistola táser non funcionaría porque o home “era moi corpulento”, nas últimas versións, o que limitou o efecto foi “as capas de roupa” que levaba. “A violencia non pode medirse en abstracto, ten que traducirse en algo concreto e, polo de agora, non houbo ningunha proba que transcendera de que iso foi así. É moi necesario que se investigue de maneira independente”, rematan desde SOS Racismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Catalunya
Represión El 65% de los casos de violencia institucional en Catalunya se archivan sin que se complete la investigación
El informe sobre violencia institucional de Irídia, expone que en 32 de 49 casos de violencia institucional la causa se archivó sin que se realizarán al completo las diligencias de investigación que el Tribunal Constitucional considera correctas
Libertades civiles
Represión La cifra de ejecuciones por pena de muerte en el mundo superó las 1.500 en 2024
Amnistía Internacional denuncia que es la cifra más alta desde 2015 y que hay Estados que están utilizando la pena de muerte como arma contra manifestantes y grupos étnicos.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.