Urbanismo
Agricultura, seca e turismo de luxo en Marrocos

A promotora inmobiliaria Fadesa emprendeu a construción dun complexo turístico de luxo nunha das zonas máis afectadas polo cambio climático en Marrocos despois de que o seu plan urbanístico no concello galego de Miño fora criticado por varias organizacións ecoloxistas.

Berkane, Marrocos
29 oct 2019 11:30

A paisaxe que acompaña a estrada a Saidia é árido. Con todo, ao chegar a esta turística cidade do noroeste marroquí o entorno transfórmase por completo, como se se atravesara unha fronteira climática. As campiñas amarelas desaparecen e tan só se ven campos de golf, piscinas e xardíns.

Varios hoteis de luxo, praias privatizadas, un centro comercial, un parque acuático e outras instalacións dedicadas ao entretemento conforman o complexo hoteleiro de Mediterranea Saidia, situado na provincia de Berkane. O proxecto inaugurouse en 2009 dentro do marco do Plan Azur, que pretendía impulsar o sector turístico en Marrocos. Porén, a localización escollida para o que chaman “a perla do Mediterráneo” continúa sendo controvertida e criticada polas organizacións ecoloxistas locais. Najib Bachiri, director da asociación Homme et Environment, posicionouse en contra do proxecto dende o inicio da súa creación: “Os campesiños e a poboación local sufrimos cada vez máis a seca e en Saidia, mentres tanto, teñen piscinas enormes e dous campos de golf”. Segundo Bachiri, a área de Berkane será unha das máis afectadas polo cambio climático nos próximos anos. Datos do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento estiman que as temperaturas medias na zona terán aumentado entre dous e cinco graos centígrados e as precipitacións diminuído un 20% ou 30% a finais de século.

fadesa saidia

MÁIS seca

Berkane é unha rexión que vive na súa gran maioría da agricultura. Na estrada que leva a Saidia é normal que conflúan coches de persoas indo á praia e vehículos con remolques repletos de labregos que se dirixen ao traballo. Con todo, a agricultura na zona sufre cada vez máis a seca. Rohmari Yahya, enxeñeiro agrónomo centrado na cuestión da auga na área, asegura que na actualidade o gran debate céntrase en se destinar os recursos hídricos ao regadío ou a proveer auga potable a poboación local. “Non temos suficiente para todo, nin sequera cando chove”, asegura. Este é un dos principais argumentos que utiliza Bachiri para arremeter contra o complexo turístico de Saidia: “Á poboación local, as veces, no verán, córtannos temporalmente a auga e a poucos quilómetros de aquí gástase sen límites nun complexo hoteleiro”.

“Os campesiños e a poboación local sufrimos cada vez máis a seca e en Saidia, mentres tanto, teñen piscinas enormes e dous campos de golf”.

Non obstante, Mounir El Farissi, director de Desenvolvemento Sostible da Sociedade de Desenvolvemento de Saidia (SDS), asegura que os recursos hídricos utilizados en Mediterranea Saidia proveñen na súa totalidade do río Moulouia e que e “a auga que os agricultores non utilizan nas súas actividades”.
A pesar de que Mediterranea Saidia conta cun permiso para a extracción de auga do río Moulouia, os agricultores teñen prohibido sacar auga de alí. Os recursos hídricos destinados ao regadío e ao consumo humano proveñen dunha presa que abastece a nove provincias. “Isto antes non era así, outras localidades como Oujda tiñan os seus propios recursos, pero agora a escaseza provoca que unha área xeográfica moito máis longa dependa desta presa”, explica Yahya. Aínda así, en ocasións, algúns campesiños cuxas terras se sitúan preto do Moulouia utilizan auga do río para fortalecer o rego das súas colleitas. “Isto está prohibido, pero as veces faise a vista gorda ante a escaseza de auga no depósito”, continúa Yahya.

Antes, despois

En Saidia, segundo Bachiri, antes de que comezara a construción do complexo turístico, tamén proliferaba a agricultura. “Había grandes cultivos, pero agora todo é cemento”, explica. A súa organización, Homme et Environment, posicionouse en contra do proxecto Mediterranea Saidia dende que comezou a construírse no 2004. “A nosa principal preocupación sempre foi o medio ambiente porque Saidia, xunto coa desembocadura do Moulouia, é unha área protexida”, conta Bachiri.

Costa Miño Golf
En 2001 o concello de Miño asinou o acordo con Fadesa para a creación do complexo urbanístico. Pablo Santiago

O de Saidia é o único complexo incluído no Plan Azur que se atopa na beira do Mediterraneo. Os outros cinco despréganse ao longo da costa atlántica marroquí. A empresa encargada do proxecto Mediterranea Saidia foi, nun principio e ata a súa quebra, a española Fadesa. “Dende o primeiro momento pedímoslles un plan de impacto medioambiental e nunca nolo deron”, asegura Bachiri. Segundo este ecoloxista, a construción do complexo hoteleiro perxudicou a moitas especies da fauna e flora do lugar. Tamén en Galiza, cando a promotora construíu o proxecto urbanístico Costa Anácara, que co tempo pasaría a chamarse Costa Miño Golf, organizacións como Ecoloxistas en Acción advertiron dos danos medioambientais que “unha das maiores aberracións urbanísticas perpetradas en Galicia” estaba causando. Nun informe publicado por esta organización alertábase dos impactos negativos que os lodos procedentes dos desmontes de terra para a construción de edificios estaban tendo na Praia Grande e Marisma de Baixoi a través do río Xario.

Segundo Bachiri, a construción do complexo hoteleiro perxudicou a moitas especies da fauna e flora do lugar.

Golf sen auga

Na actualidade —despois de que Fadesa entrara en bancarrota— é o Goberno marroquí quen se fai cargo da financiación do complexo turístico. A partir de 2012, entrou a formar parte do proxecto a Sociedade de Desenvolvemento de Saidia. O seu presidente, Mounir El Farissi, asegura que agora o medio ambiente é unha preocupación esencial en Saidia e que traballan día a día para preservalo. Sen embargo, Bachiri non está de acordo con El Farissi: “Se tes dous campos de golf nunha área tan castigada pola seca, quere dicir que non te preocupas moito polo medio”. Tras preguntar na entrevista con El Farissi a cantidade de litros de auga utilizados para manter as instalacións de Saidia e asegurar el mesmo que os enviaría, despois de insistirlle en varias ocasións máis, nunca chegou a mandalos.

El Farissi tampouco respondeu ante a pregunta de cantos empregos creou ata o momento o complexo hoteleiro e cantos deles corresponden a poboación local. Mediterranea Saidia forma parte dos obxectivos turísticos de Marrocos que, para o ano 2020 pretenden crear 23.000 novos postos de traballo en Saidia. A pesar de que non hai cifras oficiais ao respecto, Bachiri asegura que esta cantidade non se acadou e que, ademais, a maioría da poboación contratada é estranxeira e os marroquís so desempeñan “tarefas secundarias como as de camareiros/ou limpiadores”.

Segundo datos do Alto Comisionado do Plan, institución estatística gobernamental independente, a taxa de paro xuvenil en Marrocos é do 26%. “A xente nova aquí non ten traballo e o que lles queda é emigrar a Europa”, asegura Bachiri. Datos do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados establecen que, dende xaneiro ata maio de 2019, o principal país de orixe dos migrantes chegados a España, tanto por mar como por terra, é Marrocos —2.789 persoas—, seguido por Guinea —1.493—.

“Se tes dous campos de golf nunha área tan castigada pola seca, quere dicir que non te preocupas moito polo medio”.

“O Goberno decidiu apostar polo sector turístico para impulsar esta área, pero o problema é que con hoteis de cinco estrelas nos que está todo incluído, os visitantes quedan alí e non recorren o resto da rexión”, explica Bachiri. Mounir El Farissi, sen embargo, cree que dende o complexo hoteleiro de Saidia estase promocionando o turismo responsable: “Ofrecemos moitas actividades na natureza, queremos que a xente que ven a Saidia coñeza tamén os arredores e os nosos produtos locais”. Dende a asociación Homme et Environment creen que o turismo sostible se ten que basear na integración con persoas locais e no coñecemento da situación na que viven. “Se ves a Marrocos tes que intentar integrarte na sociedade e para iso non podes consumir 50 litros de auga ao día. Non pido a ninguén que se poña vestidos longos coma nós. Só quero que, se visitas o noso país, sexas consciente dos problemas que temos e consumas tan só dous ou tres litros de auga ao día”, afirma Bachiri.

Estratexia nacional

Na actualidade, os hoteis de Mediterranea Saidia non están abertos todo o ano, tan só durante a estación estival. “Agora abrimos de maio a, aproximadamente, outubro. Porén, cada vez intentamos promocionar máis actividades para que nun futuro os hoteis poidan estar abertos todo o ano”, conta El Farissi. Mentras tanto, dende a asociación Homme et Environment cren que o que realmente necesita esta rexión do oriental marroquí é que se estableza unha estratexia nacional sobre o sector agrícola. “Tendo en conta os efectos do cambio climático, apostar polo turismo de praia é un erro porque dentro duns anos no norte haberá un clima máis cálido e a xente xa non terá que desprazarse ao sur. Sen embargo, nós seguiremos sufrindo a seca e dende o plan nacional non se dan conta de que falar de agricultura é falar de auga”, sentencia Bachiri.

Empresas españolas coma Fadesa, Meliá, Barceló e Iberostar instaláronse en Saidia para formar parte deste proxecto hoteleiro na outra beira do Mediterráneo. Con todo, non son as únicas compañías españolas que viaxaron ata o continente veciño para continuar alí cos seus negocios. Segundo un informe elaborado pola fundación independente e sen ánimo de lucro Fuhem, “os países do Norte espolian con frecuencia os recursos naturais dos países africanos en colaboración con organizacións e persoas dos propios países do Sur”. No seu informe tamén critican a “impunidade” de moitas das empresas que van a África a “espoliar estas riquezas que para os seus habitantes non supoñen case beneficio pero si a vulneración dos Dereitos Humanos”.

O déficit de recursos hídricos e a ausencia de solucións eficientes provoca que cada vez sexan máis as familias marroquís que optan por construír, de maneira ilegal, pozos nas súas casas para poder regar as súas colleitas. O cultivo máis expandido e aclamado nesta zona de Marrocos é a laranxa. De feito, un dos reclamos turísticos da cidade é a escultura dunha laranxa nunha rotonda rodeade de fontes. Nas tardes estivais de calor, algúns curiosos achéganse ao lugar a facerse fotos e a refrescarse coa auga que mana das fontes, o seu particular parque acuático. 

Costa Miño Golf, unha débeda de 25,9 millóns
Ao percorrer o Camiño Inglés que leva a Santiago no seu tramo pola localidade coruñesa de Miño obsérvase un campo de golf que forma parte do complexo urbanístico que Fadesa impulsou nesta localidade coruñesa antes da creación de Mediterranea Saidia. 1.200 vivendas, campo de golf, centro comercial e porto deportivo nunha vila que non chega aos 6.000 habitantes.
“Eu recordo xogar de pequeno por alí no que era un gran monte cheo de natureza e árbores autóctonas. Despois, cando comezaron a expropiar, tan só se vía area e agora a paisaxe cambiou por completo”, conta un veciño do lugar.

A día de hoxe, 17 anos despois de que comezara a construción da macro urbanización, os veciños e veciñas que viron as súas terras expropiadas pola inmobiliaria aínda non cobraron o que lles corresponde.

En 2001 o concello de Miño, por aqueles tempos gobernado polo Partido Popular, asinou un acordo con Fadesa para a creación da urbanización que a día de hoxe se coñece como Costa Miño Golf. A empresa Martinsa, tras a súa fusión con Fadesa no ano 2006, adquiriu o proxecto. Despois da súa quebra en 2008, a construtora presentou a maior suspensión de pagamentos da historia de España.

Na actualidade, a veciñanza aínda non recibiu as compensacións necesarias pola adquisición dos seus terreos. No primeiro acordo, a cantidade a pagar por metro cadrado de terreo expropiado era de 6,29 euros. Sen embargo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sentenciou en 2010 que o valor do metro cadrado dos terreos expropiados aos veciños era de 25,9 euros. Na actualidade, o concello enfróntase, segundo os seus propios datos, a unha débeda de 22,3 millóns de euros. A principios do pasado setembro, a corporación muni cipal de Miño resolveu nun pleno solicitar un terceiro crédito ao Ministerio de Facenda para poder facerse cargo da débeda.

O río segue alí e o Muiño da Fraga tamén. Sen embargo, o seu entorno mudou: onde antes había verde, agora hai ladrillo.

 



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Alicante
Alicante Denuncian a un alto cargo de Mazón y al alcalde de La Nucía por prevaricación urbanística
AE-Agró acusa a Bernabé Cano, alcalde de la Nucia y al Director General de Urbanismo autonómico de haber cometido un delito de prevaricación urbanística y otro ambiental con el PAI la Serreta.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.