Trata
Club Ninfa’s do Carballiño: aberto a pesar de todo

O dono do prostíbulo que explotou sexualmente a muller atopada sen vida no punto limpo foi condenado en dúas ocasións, procurado pola Interpol e expulsado do Brasil.
ninfas artigo
Mobilización feminista pola morte de M. M. fronte ao club Ninfa's. Elena Buch

Tras o recente falecemento da brasileira M. M. na comarca do Carballiño, diversos axentes sociais apuntan á súa contorna e condicións de vida como posibles causantes da morte. Na tarde do pasado venres 18, feministas desprazadas desde distintos puntos de Galiza mobilizáronse para pedir xustiza e manifestar a súa oposición “ao sistema prostitucional e os proxenetas” perante o club Ninfa’s (Listanco), no que M. M. tiña exercido a prostitución e que desde hai máis de dúas décadas rexenta Aquilino González Iglesias.

ninfas concentracion
Mobilización feminista pola morte de M. M. fronte ao club Ninfa's. Elena Buch
Colectivos como Feminismo Unitario Vigo —que convocou unha concentración na cidade olívica— poñen o acento en que “a día de hoxe este local continúa aberto” e devolven ao debate público a polémica sentenza do 2016 que evitou que os donos do club entrasen en prisión, malia demostrarse que explotaran sexualmente mulleres procedentes de Goiás, como o era M. M. Porén, a de 2016 non era a primeira sentenza que condenaba a Aquilino pola súa actividade ao mando do prostíbulo, nin a primeira ocasión na que o Ninfa’s era obxecto de polémica.

Un negocio coma outro calquera

Corría o ano 2004 cando un equipo da liga Rexional Preferente galega era noticia en medios de comunicación de ámbito estatal, e non se debía a ningunha proeza futbolística. Tratábase do Club Deportivo O Carballiño, actual Club Deportivo Arenteiro, cuxas camisolas da temporada estaban patrocinadas polo club Ninfa’s.

Días despois de coñecerse isto, unha moza brasileira de 19 anos denunciaba, ao identificar a Aquilino na televisión, que chegara enganada no 2003 e estivera prostituíndose “por medo” durante catro meses no club Ninfa’s xunto a 40 mulleres máis, “algunhas menores”. Tras fugarse do local sería localizada por Aquilino González, que a obrigaría a prostituírse “baixo ameazas de morte” noutro establecemento que tamén xestionaba, o club Cóndor (Mos), de onde fuxiu novamente tras unha redada policial. De acordo coa asociación Alecrín, que a asistía, para intimidar as mulleres do club Ninfa’s “dixéronlles que a asasinaran”. Esta información púxose en coñecemento da Xustiza e foi investigada no Xulgado de Instrución número 2 do Carballiño.

“Unha moza denunciou que estivera prostituíndose “por medo” no club Ninfa’s xunto a 40 mulleres, “algunhas menores”. Tras fugarse sería localizada por Aquilino, que a obrigaría a prostituírse “baixo ameazas de morte” noutro local”

A presión social, dos medios e da Xunta —que ameazou con retirar as subvencións ao equipo de fútbol— conseguiu que o C.D. O Carballiño mudase o patrocinio dúas semanas despois. “Eu diría que foi unha hipocrisía, déronlle un bombo que me asustou”, declarou o presidente do equipo ao diario AS.

Pola súa parte, Aquilino González afirmou nunha entrevista para La Voz de Galicia que tiña a conciencia moi tranquila ao respecto e continuaba á procura de novos patrocinios: “Seguirei colaborando co mundo do deporte, sempre que poida”. E, efectivamente, deseñou unha eficaz estratexia publicitaria.

ninfas 2
Vehículo do Ninfa's Team nunha imaxe publicitaria que estivo aloxada no sitio web do equipo de rally.

O piloto Chelís Gómez e o seu Mitsubishi Lancer Evo IX foron a aposta de Aquilino. O vehículo competiu nos anos 2005, 2006 e 2007 coa silueta dunha muller recostada e o logo amplamente visible do club Ninfa’s ante os centos de nenos e adultos que seguían os rallies como espectadores. O Ninfa’s Team foi a sensación daqueles anos e a súa web era obxecto de diversión e comentarios xocosos pola publicidade tan invasiva que nela se facía do prostíbulo. A páxina incluía fotografías para fixar como fondo de pantalla nas que o Mitsubishi quedaba semioculto por mulleres en bikini.

“O piloto Chelís Gómez e o seu Mitsubishi Lancer Evo IX foron a aposta de Aquilino. O vehículo competiu co logo do club Ninfa's ante centos de nenos e adultos que seguían os rallies”

Lonxe quedaba aquela denuncia por explotación sexual de 2004. Diversos medios presentaban a Aquilino como un empresario máis e nunca lle faltou clientela, a xulgar porque nin sequera pensou en cambiarlle o nome ao club para desvinculalo daqueles feitos. Ao contrario, procurou facelo ben visible e gañarse o respecto da veciñanza e a fama de ‘mecenas do pobo’ a través dos patrocinios, disfrazados de apoio ao deporte local, ou neste caso ao rally.

Unha operación policial practicada no 2006 poñería fin ao Ninfa’s Team e mantería a Chelís fóra das competicións durante sete anos ante a ausencia de empresas dispostas a asumir un investimento en publicidade tan custoso como o que requiría o seu equipo.

Os anos de Aquilino no Brasil

O 6 de setembro do 2006 Aquilino viaxa a São Paulo ao ter sospeitas de que o investigaba a Policía Nacional en España. Porén, as pescudas estábanse levando a cabo de maneira coordinada coa Policía Federal do Brasil, país no que Aquilino tiña unha estrutura de captación de mulleres establecida no Estado do Goiás, de maneira que foi inmediatamente arrestado xunto ao resto de investigados —outros 9 en Brasil e 21 en España— e encarcerado en prisión preventiva á espera de ser xulgado en Goiânia (capital do Goiás).

De acordo con La Voz de Galicia, as denuncias a través da asociación Alecrín de varias mulleres explotadas sexualmente que non se coñecían entre si resultaron cruciais para iniciar as indagacións policiais. As forzas de seguridade calculaban, segundo El Correo Gallego, que arredor de 200 mulleres terían sido trasladadas a España baixo engano, contraendo unha débeda que debían saldar prostituíndose en varios locais nos que serían maltratadas, e os donos distribuían cocaína aos clientes e ás propias mulleres. A cocaína é habitualmente empregada polos proxenetas como mecanismo para fidelizar as mulleres, que recorren a ela para soportar o ritmo de vida e render sexualmente, pero a cambio xéralles adicción e incrementa a súa débeda económica.

A rede que se estaba investigando era de tipo familiar. Por unha banda, Aquilino González Iglesias e os seus fillos Aquilino e Solimar González Freire capitaneaban o negocio en España. Pola outra, Magna P. C. M., irmá da entón parella sentimental de Aquilino González Iglesias, Mônica G. C. M., dirixía desde Goiânia a rede de captación.

Tras quedar en liberdade condicional, unha cidadá anónima contactou coa Policía e comunicoulle que acababa de recoñecer a Aquilino acompañado de tres mulleres ás que estaba mercando roupa: “Está facendo iso de novo”

A prisión preventiva de Aquilino concluíu aos dous meses da detención, quedando en liberdade condicional. O 13 de febreiro de 2007 unha cidadá anónima contactou coa Policía e comunicoulle que acababa de recoñecer a Aquilino no centro comercial Flamboyant acompañado de tres mulleres ás que estaba mercando roupa: “Está facendo iso de novo”. A Policía comprobaría a denuncia revisando as gravacións das cámaras de seguridade e descubriría que xa lles comprara o billete para voar o día seguinte. Dependentas das tendas de roupa citadas a declarar como testemuñas ratificárono e engadiron que Aquilino abordou incluso a unha das vendedoras para recrutala. Ante a súa negativa, Aquilino respondería: “Entón, queda aí gañando trescentos reais”.

O episodio non quedou reflectido en ningunha sentenza ao non chegar a consumarse o delito, pero sería empregado nun auto xudicial como argumento para manter a partir dese instante a Aquilino en prisión preventiva ata ter sentenza firme pola causa iniciada no 2007: “É un individuo que fai da prostitución a súa fonte de renda” sen desincentivos “para reincidir na conduta criminal, pois é este o seu medio de vida: o club Ninfa’s continúa activo”. “Unha vez cos pés fóra da penitenciaría, ou delinquirá novamente ou, o que é máis probable: fuxirá para coidar os seus negocios [...] e gozar dos milleiros de euros que atesourou”.

No 2008 Aquilino foi condenado a prisión xunto a tres cómplices no Brasil. A sentenza probou que a estrutura de captación que controlaba Magna levaba operativa cando menos desde o 2002, e que entre xaneiro de 2005 e xuño de 2006 o lucro obtido da explotación sexual excedía o millón e medio de euros. A condena inicial de Aquilino, de 13 anos e 3 meses, foi rebaixada no 2009 nunha sentenza en firme a 9 anos e 11 meses sen que os feitos probados nin os tipos delituosos sufrisen modificacións: tráfico de persoas entre 2005 e 2006 —12 mulleres en total— e dirección do crime organizado.

“Aquilino foi posto en liberdade condicional en abril do 2010 tras cumprir parte da súa condena en prisión. Apenas uns meses máis tarde, lograra fugarse sen autorización xudicial para saír do país”

De acordo co previsto no Código de Execución Penal de Brasil, Aquilino foi posto en liberdade condicional en abril do 2010 tras cumprir parte da súa condena en prisión. Apenas uns meses máis tarde, tal como recolle o Diario de Xustiza do Estado de Goiás, ordenábase o seu retorno a prisión e comunicar a orde ao Consulado de España: Aquilino lograra fugarse sen autorización xudicial para saír do país. Mentres tanto, prescribíralle estando en Brasil unha causa aberta no 2001 por receptación, isto é, venda de mercadorías roubadas.

Operación Ninfas

En xullo do 2013, unha operación coordinada pola Policía Nacional española e a Policía Federal brasileira arresta en Ourense a Aquilino González Iglesias, xunto aos seus fillos Solimar e Aquilino e a parella deste último, de orixe brasileira, así como unha quinta familiar do clan proxeneta que acabaría sendo absolta. En Brasil eran detidas simultaneamente cinco persoas por recrutar mulleres para ser explotadas sexualmente.

A Policía Federal brasileira solicitaría daquela á Interpol a inclusión de Aquilino González Iglesias na listaxe vermella de buscados a fin de garantir a súa deportación para cumprir condena no Brasil no caso de saír de prisión en España.

“A Policía Federal brasileira solicitaría daquela á Interpol a inclusión de Aquilino González Iglesias na listaxe vermella de buscados”

Nesta causa xulgouse a trata de mulleres desde o ano 2010 —nada máis retornar Aquilino a Ourense— ata o ano da operación Ninfas. Segundo as pescudas policiais, a familia de Aquilino amasara unha fortuna de 3 millóns de euros por medio da explotación sexual de mulleres procedentes de Brasil e Venezuela nos clubs que xestionaban: Ninfa’s (Listanco), Os Corzos (Verín) e Goldfinger (Oia). No relato de feitos probados quedaría reflectido que os acusados impoñían normas, horarios e un sistema de débeda que contraían ao chegar a España. Tamén se demostrou a captación de cinco mulleres brasileiras e dúas venezolanas entre 2011 e 2013.

A Fiscalía pediría inicialmente unha suma de 33 anos de prisión para Aquilino, os fillos e a nora. Porén, os acusados anticiparon unha indemnización conxunta de 9.000 euros ás dúas testemuñas protexidas do caso e recoñeceron os feitos, polo que a Fiscalía lles ofreceu unha rebaixa de condenas ata os 18 meses por cabeza polos delitos de grupo criminal e inmigración clandestina con ánimo de lucro, apoiándose en que os acusados non tiñan antecedentes penais —en España—.

A pena imposta —que evitaba o ingreso en prisión— sería, ademais, suspendida ao cabo de dous anos a cambio do compromiso de non delinquir durante ese período. Porén, nin se ordenou o peche do club Ninfa’s nin se impediu á familia de Aquilino continuar coa mesma actividade, a efectos de evitar a reincidencia. A sentenza asinouse na Audiencia Provincial de Pontevedra no 2016, concretamente un 8 de marzo. O comportamento da Fiscalía no xuízo provocou a reacción da Rede Galega contra a Trata, que denunciou a “falta de dilixencia na persecución destes delitos”.

“A pena imposta sería suspendida ao cabo de dous anos a cambio do compromiso de non delinquir durante ese período. O comportamento da Fiscalía no xuízo provocou a reacción da Rede Galega contra a Trata”

Tras a sentenza, desde Brasil prohibiuse a entrada de Aquilino González mediante orde de expulsión do territorio e a súa ficha retirouse da listaxe de procurados pola Interpol. Na actualidade, o club Ninfa’s segue operativo. Dúas sentenzas xudiciais non abondaron, sequera, para que Aquilino se vise forzado a modificar o nome do establecemento.

Perder a vida pedindo axuda

Segundo declaracións de Aquilino González Iglesias, M. M. exercera a prostitución no club Ninfa’s, actualmente traballaba alí como camareira —aínda que estaba de baixa por depresión— e planeaba casar esa mesma semana co seu fillo, Aquilino González Freire. Fontes da investigación consideran que xa contraeran matrimonio esa semana e, segundo explicou a La Región unha amiga íntima que M. M. tiña en Goiânia, “levaba unhas semanas moi triste” e tivera discusións co seu sogro.

“Segundo a hostaleira do bar da estación de autobuses do Carballiño, M. M. tiña moito medo e pedía axuda porque dicía que a querían matar”

De acordo coa investigación, o sábado 12 de marzo, M. M. entrou en dous bares do Carballiño en pixama pedindo auxilio visiblemente nerviosa. Nos dous casos, ofrecéronse a chamar á Policía para que a atendese, ante o que fuxiu dos negocios. Segundo a hostaleira do bar da estación de autobuses do Carballiño, tiña moito medo e pedía axuda porque dicía que a querían matar. Minutos despois foi interceptada pola Garda Civil de Tráfico deambulando pola autovía cara Maside, que a trasladaron ao Punto de Atención Continuada (PAC) do Carballiño por sospeitas de maltrato. Segundo fontes consultadas por El País, M. M. narrou episodios de maltrato contraditorios e negouse a denunciar, tras o que abandonou o PAC sen que a Garda Civil activase o protocolo VioGén para vítimas que non denuncian. Por este motivo, o corpo armado abriu unha investigación interna.

M. M. foi atopada sen vida na noite do 12 ao 13 de marzo por un operario do camión do lixo ao baleirar os residuos recollidos dos contedores no punto limpo do Carballiño. Se ben a investigación aínda se atopa nas fases iniciais, actualmente a Garda Civil descarta que se trate dun homicidio en base aos testemuños recadados e sostén que posiblemente se introducise nun contedor tras sufrir un brote psicótico e falecese accidentalmente no traxecto do camión do lixo ao punto limpo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

País Vasco
PROXENETISMO EN EL OASIS VASCO El proxeneta de Aduna es la punta del iceberg de una red de clubes juzgada por fraude fiscal
Las mujeres que trabajaban en el Club Txapela eran desplazadas periódicamente a otros clubes de alterne controlados por los proxenetas del “clan La Rosa”.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.