We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Salud
O alumnado médico móvese en prol dos dereitos humanos e a concienciación
Alumnos e alumnas da USC saen á rúa para desestigmatizar, concienciar sobre dereitos humanos e aportar solucións polo Día Mundial da Saúde.
O pasado 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde. É unha data que conmemora a creación da Organización Mundial da Saúde, que este ano propuxo como tema de debate a Cobertura Sanitaria Universal. Os alumnos da facultade de Medicina da USC, organizados baixo a asociación Meiga e coa colaboración da ONG Médicos do Mundo, propuxeron unha serie de actividades para reflexionar sobre 8 ámbitos da saúde, o acceso á Sanidade e os mitos e estigmas que aínda perduran acerca de moitas enfermidades.
Nun percorrido de 15 minutos baixo a carpa colocada na Alameda de Santiago, descubrimos que as ETS están relacionadas co cancro, que os enfermos mentais poden sufrir autoestigmas, analizamos que é exactamente doar médula, aprendemos a facer unha RCP e enterámonos de por que é necesaria una Cobertura Sanitaria Universal. E todo isto cóntannolo uns alumnos e voluntarios que non parecen contar co apoio da USC.
'MEIGA', O ALUMNADO ORGANIZADO
Baixo o teito branco que cubriu a Alameda, falamos con Paula Castro, coordinadora do departamento de Saúde Pública de MEIGA, e como tal unha das causantes de que esta iniciativa saia adiante. MEIGA é unha asociación de estudantes de Medicina e o comité local de IFMSA Spain (Federación Internacional de Asociación de Estudantes de Medicina, polas súas siglas en inglés). Ten como obxectivo levar a medicina á rúa, que a xente aprenda sobre temas tan fundamentais como primeiros auxilios e prevención de ETS, ou que os nenos “perdan o medo a bata branca”. Paula explícao mentres observa orgullosa a sección infantil da que tampouco se esqueceron. Xunto a ela, podemos atopar postos sobre nutrición, tabaquismo, psicoloxía, sexualidade, presión arterial, primeiros auxilios, doazóns, diabetes e glucemia ou dereitos humanos. Paula sabe da importancia de educar dende a infancia: “Dende o departamento de Saúde Pública visitamos colexios e facemos obradoiros onde tratamos de ensinarlles que non se debe de asociar estar enfermo con tomar unha pastilla”.
Sangue, órganos e médula insuficientes
Un dos postos ensina ao público como axudar de forma activa a salvar vida a través da doazón de sangue, órganos ou médula. Esta última está especialmente estigmatizada debido á crenza popular de que o doante cede parte da súa médula espiñal. Non obstante, “que non cunda o pánico!”, ninguén recibe unha picadela na espiña dorsal cando dona médula. Nesta doazón extráese médula ósea, un tecido esponxoso situado dentro dos ósos planos -pelve, esterno...- no que se fabrican as células nai. Estas transfusións son fundamentais en casos de leucemia, por exemplo. O 70% das persoas que precisan un transplante de médula non teñen familiares compatíbeis, de aí a súa importancia.A estigmatización do proceso chega até as persoas falecidas, e as negativas familiares a doar órganos de parentes finados na Galiza é dun 36%, case duplicando a media española (21%).
No caso dos órganos pasa algo semellante. Galicia bateu en 2018 o seu récord de doantes de órganos, pero estas achegas non son en absoluto suficientes. Por cada millón de habitantes, atopamos 43 doantes. A estigmatización do proceso chega até as persoas falecidas, e as negativas familiares a doar órganos de parentes finados na Galiza é dun 36%, case duplicando a media española (21%).
contra a estigmaticación das Enfermidades mentais
No posto de psicoloxía menciónase moito a palabra estigma. “Tendemos afastarnos das persoas que padecen algunha enfermidade mental porque as consideramos un tabú. Está demostrado, non obstante, que o mellor para as persoas que as padecen é falar da saúde mental, aínda que tan só sexa preguntarlles que tal?”, explican estudantes de Psicoloxía. “Aínda que se nos conteste que non apetece falar diso nese momento, estamos aportándolles unha conexión, dicíndolles eu estou aquí”.Para contribuír a rematar con este tabú debemos cambiar a nosa propia linguaxe. Un rapaz con TDH non é “un hiperactivo”. Non existe “o autista”, senón a persoa con autismo. Doutro xeito, creamos unhas denominacións que non favorecen a estas persoas. “Cando chamamos a un rapaz con autismo “autista”, estamos asumindo que o autismo é parte da súa identidade, estámolo reducindo a iso. Isto que pode causar? Que o propio afectado se vexa a si mesmo desa maneira, identificado coa súa enfermidade e incapacitado para combatela”.
Pouca conciencia sobre ETS
Tras recibir a charla de sexualidade no instituto, todos nos lanzaríamos a afirmar que a concienciación é maior agora en temas sexuais que hai anos. Os datos non o din así. Proba diso é que cada vez hai máis casos de sífilis ou gonorrea, tal e como informa o posto sobre sexualidade. O sexo lésbico non está exento de contraer ETS; practicar sexo oral tampouco as evita. E as ETS, ademais, poden estar directamente relacionadas co cancro. Este é o caso do virus do papiloma humano, que se transmite ás mulleres e pode desencadear cancro de útero. Queda moito camiño por andar no eido da concienciación. O amor libre non se acadará ata que non se acade o amor seguro. ... E DEREITOS HUMANOS
Entre o balbordo e o movemento observamos un posto diferente. Tras el aténdennos os chalecos azuis, no canto de batas brancas. Trátase do stand de Médicos do Mundo, unha ONG que busca a Cobertura Sanitaria Universal (CSU). A CSU equivale ao dereito a unha sanidade pública de calidade garantida en calquera parte do mundo que atenda a todos, independentemente da nacionalidade, nivel socioeconómico, relixión, etc.A ONG actúa en dous eidos: axuda as persoas en situación vulnerábel a acceder á CSU e denuncia estes casos en busca de concienciación. Actualmente en España, e dende a modificación da Constitución en 2011, o sistema de saúde público deixa fóra aos inmigrantes en situación irregular agás menores, mulleres embarazadas ou persoas ao borde da morte. Pero dende a ONG aseguran que estas excepcións tampouco se respectan e que as facturas chegan ás súas casas tras unha intervención.
Máis da metade da poboación mundial carece de acceso á Sanidade, e isto afecta en especial as clases máis baixas.
A nivel mundial, a Cobertura Sanitaria Universal parece non ter moitos apoios políticos pese as súas vantaxes. A CSU implicaría non só o tratamento de enfermidades senón tamén a súa prevención. Actualmente, non existen servizos de control dos lugares de reprodución de especies coma os mosquitos, usuais transmisores de enfermidades en moitos países do mundo. Cunha CSU non só se tratarían a todas as persoas senón que se reduciría o número de enfermos porque se levarían a cabo labores de prevención.
Actualmente, máis da metade da poboación carece de acceso á Sanidade, e isto afecta en especial as clases máis baixas. Non todos os países do mundo poden permitirse unha sanidade pública de calidade, por iso deben tecerse redes de cooperación e colaboración internacional. Nós non somos o mellor exemplo diso: España doou 5 millóns de euros no último ano á Axuda Oficial de Desenvolvemento (AOD), lonxe dos 12 millóns que destinara en 2009, o que supón tan só 1,77€ por habitante.
Outro mundo máis xusto é posible e é viable. Son moitos os estudosos que ven posible o financiamento dunha Cobertura Sanitaria Universal, como mostra o informe A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria, llevado a cabo pola propia ONG.
o ALUMNADO VOLUNTARIO: que fago eu aquí?
No Estado español, IFMSA promove actividades como está por multitudes de cidades. Paula Montero fálanos dende a súa experiencia: “Para min vir aquí por primeira vez foi incrible. Cando estás en prácticas, é o médico o que interaciona co paciente, ti só atendes -e moitas veces pasan de ti-; pero aquí atópaste ti soa con xente que che fai preguntas e para as que es unha figura importante, e por iso eu penso que se aprende moitísimo”. Paula, aínda que non poida facer diagnósticos dende a carpa, si aprendeu a comportarse un pouco máis como unha profesional.Atendendo os postos de nutrición e tabaquismo atopamos a Lucía, unha rapaza que comezou a carreira de Medicina hai 8 meses. Ás oito da tarde, ela e a súa compañeira de stand xa están cansas, pero en ningún caso defraudadas. C. Rodríguez cóntanos que comezou o seu voluntariado cando viu a un mozo estranxeiro apoiado sobre a súa nai, esgotado e visiblemente enfermo, ao que negaban a asistencia médica por ser un irregular. Neste espazo, hai oco para todos os estudantes dispostos a aprender e colaborar nunha boa causa. Atopamos alumnos tanto de Medicina como de Psicoloxía e proximamente, abrirase o acceso a os de Enfermaría.