Salud
“Non temos cultura de saúde pública, e os políticos son os primeiros ignorantes co tema”

Desde Ferrolterra, Carlos Piñeiro botou a andar a investigación médica da exposición ao amianto hai xa case trinta anos. Hoxe moitos dos problemas persisten e nin a pandemia semella poder sacar da crise o modelo sanitario baseado na promoción da saúde.

Carlos Piñeiro, médico de atención primaria
Carlos Piñeiro nunha rúa de Ferrol.

Carlos Piñeiro é médico de atención primaria, hoxe xubilado. Nos anos 90 foi unha das persoas que botou a andar a investigación médica sobre as patoloxías derivadas da exposición ao amianto. Daquela aínda se ignoraban —á mantenta— os seus efectos, desde a propia empresa á administración pasando por parte dos sindicatos.

Amianto
Ferrolterra Amianto, pó branco en buzo azul
Milleiros de traballadoras dos estaleiros de Ferrolterra estiveron expostas ao amianto. Un problema de saúde pública nin moito menos resolto.

Case trinta anos despois, o compromiso das administracións non mudou moito: non hai fondo de compensación para vítimas, non hai censo de edificios con amianto, a súa retirada segue sendo a conta dos propietarios e non se lembra a última campaña de sensibilización ao respecto. Son algunhas das cuestións que recolle a proposta do Grupo da Lei Integral do Amianto, da que forma parte Carlos. Falamos tamén con el da crise da idea de saúde pública e dun modelo de promoción da saúde.

Porque hai que seguir falando da exposición por amianto en 2020?
Ten que ver co que xa hai construído. Aínda que pasaron moitos anos, todas as edificacións previas a 1990 teñen algún tipo de amianto, sobre todo tellados de uralita. Neste sentido, non se tomou ningunha medida cando se puideron empregar axudas europeas, e así estamos. Quitar a uralita é carísimo, e por lei tena que quitar unha empresa especializada. Outra cuestión é que despois de todo este tempo, ese material é máis perigoso e hai máis risco de contaminación.

Espérase que sigan aparecendo persoas afectadas mínimo até o ano 2040, é dicir, que mentres non se elimine vai seguir habendo risco?
Si, a latencia da enfermidade pode ser de ata cincuenta anos, polo que van seguir aparecendo casos de enfermidades a nivel pulmonar, como mesoteliomas.

“Todas as edificacións previas a 1990 teñen algún tipo de amianto, sobre todo tellados de uralita. Neste sentido, non se tomou ningunha medida cando se puideron empregar axudas europeas, e así estamos”

Nese sentido, que se fixo e que se pode facer desde a atención primaria?
Aquí temos a sorte que hai un protocolo e unha unidade específica, no que insistiu a asociación de vítimas. Alí identifícanse problemáticas relacionadas coa exposición do amianto, que foi unha das claves. Na primaria, cando unha persoa traballou co amianto e ten un problema de tipo pulmonar, larinxe ou esófago, hai que preguntar polo grao de exposición e outras cuestións e derivar a esa unidade. A gran vantaxe desa unidade específica é que permite resolver calquera dúbida que poida xurdir, e nesta zona temos moita experiencia, porque aquí formulamos a revisión destas persoas expostas pola vía da atención primaria. Séguese o protocolo, pregúntase pola súa exposición, pídese unha radiografía e as probas precisas... Realmente esta contribución da atención primaria é moi importante, e non se fai en todas as comunidades, e antes aquí tampouco.

Nunha resolución do Parlamento Europeo de 2013 demandábase aos estados membros medidas para a eliminación do amianto. Que se está incumprindo?
É importante indicar que o que se aprobou en 2013 daba a oportunidade de acabar de facer o censo de presencia de amianto nas cidades, pero en España pasouse olimpicamente deste tema. Non houbo interese. Facilitaría tamén que as vítimas puideran percibir as súas indemnizacións, e canalizalas cun sistema regrado; agora segue sendo unha busca individual das solucións, aínda que exista unha asociación de vítimas, pero é algo moi gravoso e problemático. O ditamen do comité económico e social europeo sobre a erradicación do amianto describía de xeito detallado esa problemática, e isto non se desenvolveu no estado español. No seu momento entrevistámonos co Ministro de Industria daquela solicitando que nos concellos deran un censo de onde había amianto, e realmente a nivel político non fixeron nada. Dicían que estabamos contribuíndo a que desaparecesen empresas, a propósito de Navantia. Dicían que iso significaba asumir a retirada do amianto e que iso custaba cartos. Sempre hai unha resposta económica como se realmente fora o máis importante, cando o problema real era fundamentalmente humano e que morrían persoas a causa desa situación.

“O que se aprobou en 2013 daba a oportunidade de acabar de facer o censo de presencia de amianto nas cidades, en España pasouse olimpicamente deste tema”

Semella entón que os responsables políticos seguen coa mesma lóxica dos 90, negando un problema que existe malia todos os datos que se teñen agora?
Si, ademais ata sairía máis barato ter un fondo de compensación para as vítimas, como teñen en Francia, por exemplo. Esas indemnizacións axudan á familia da vítima cando a persoa morre e cada vez son máis importantes. En Estados Unidos ían camións especializados polas cidades para facer resonancias, e denunciábase sistematicamente que contribuía a que pecharan moitísimas empresas, sobre todo aseguradoras. Ese era o medo que tiñan en Europa, pero o que aconteceu foi que os enfermos e as vítimas non acadaron os seus dereitos e que esta situación se perpetuou. Ademais, o cadro de enfermidades profesionais non se ampliou nestes anos. Isto é un problema moi grave, e é moi triste, porque hai recollidas moi poucas enfermidades profesionais derivadas da exposición ao amianto ao tempo que hai máis picos de cancro de casos onde se demostra que un dos factores foi a exposición a amianto.  

De aquí a 2050 aínda se producirán ao redor do 40% de enfermos totais por exposición, segundo recolledes no manifesto por unha lei integral. Aínda queda moito por facer, non?
Mentres exista amianto nos edificios, e tendo en conta o illamento do amianto, cada día se poñen en perigo a máis persoas. Hai dúas semanas comezou unha campaña en Australia para advertir do risco de facer obras, algo que fan máis nos cambios de estación. Pasa nos colexios, por exemplo. En moitos países está regulado pero en España non.

Cres que falta cultura de saúde pública nas administracións? O tema da pandemia podería cambiar isto dalgún xeito?
O tema da pandemia inflúe na nosa vida, claro, e é un exemplo do que pasa coa saúde pública. Esa cultura de saúde pública non existe. No tema da pandemia, vese na falta de costume de seguir as medidas de distanciamento social, por exemplo. Pensamos que a enfermidade ten unha orixe e un final, e non é así, e  isto é un problema. Co tema do amianto o problema está máis cronificado, por ese período de latencia tan longo. Fíxate que Jonsson and Jonsson está denunciada en estados unidos porque nos polvos de talco botaba amianto e provocou cancros de ovario en moitas mulleres. Isto pasa en xeral cando hai unha exposición de típico químico, que existe pouca información, que non se planificou unha cultura de prevención e non temos unha gran cultura de saúde pública, que é o gran problema. E os políticos son os primeiros ignorantes do tema. É gravísimo que tendo toda a información, non se adopten medidas. Esa cultura de saúde pública practicamente non existe neste país.

Está en crise o modelo de Alma Ata? De previr máis que curar, de promoción da saúde?
Si, os que somos salubristas realmente botamos de menos que non se mantivese isto. Eu acabo de xubilarme, e viña xente para formarse no centro de saúde de Narón en medicina comunitaria. É curioso que isto estea agora case en risco de desaparición. Agora chámanlle saúde comunitaria ás vacinas e a dúas ou tres cousas sinxelas, pero non existe esa cultura específica de prevención e de aspectos comunitarios que axuden a isto. É algo que se bota de menos, e cando comezamos o programa ese ‘Cien mil kilos de peso’ para reducir a obesidade, tivo moitísimo impacto e chegou a 400 millóns de persoas. Por que tivo ese impacto? Precisamente porque a saúde comunitaria non existe, non se aborda, e a obesidade é un dos problemas do século. E aquí a nivel local pasou o mesmo, que a exposición a un tóxico coma o amianto foi ignorado, e en todo o mundo foron millóns de persoas expostas que seguen e seguirán sufrindo as consecuencias. 

Como cres que afecta esa carencia de cultura de saúde pública e comunitaria en casos como o desta pandemia?
Penso que a aprendizaxe máis importante é que a problemática climática é un dos grandes problemas que existen, e canto máis estrés se provoque á humanidade, animais e demais... imos provocar isto. Existen milleiros de bacterias que aínda non coñecemos. Durante a administración Trump pechou un dos mellores laboratorios de ‘cazadores de virus’ como lles chaman; agardemos que co novo presidente recuperen financiación. Ese é o tema, que precisamos previr, e dispoñer de recursos para detectar esas ameazas que poidan xurdir. O estrés climático está provocando enfermidades coas que xa contabamos; non fai moito tempo se fixo un simulacro cun coronavirus con Bill Gates á cabeza e varios países, e xa era previsible que sucedese algo como o da gripe hai cen anos. Hai quince máis ou menos falábase que podería aparecer unha mutación do virus da gripe e provocase algo como o que aconteceu. Os virus mutan e para iso está o observatorio da OMS e os laboratorios, para detectar os cambios xenéticos dos virus, e mesmo coñecer o xenoma e coñecer a circulación de virus que poden ser patóxenos. É un dos grandes problemas do futuro. O cambio climático, aí é onde temos que traballar.

Afectou a pandemia ás reivindicacións relacionadas co amianto?
Antes da pandemia xa había acordos para desenvolver a lei integral, e é bastante preocupante que o goberno actual non faga os esforzos precisos para botala adiante, que é moi necesaria. Tamén hai que facer campañas para que todos, e tamén os políticos, volvan ter conciencia de que existe este problema. Hai que incidir e reivindicar, protestar por esta situación, porque entón sempre estaremos cun sistema de moito control aparente, pero sempre se escapan cousas que provocan mortes que son evitables.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Salud laboral
Salud laboral El Congreso vuelve a aprobar resarcir a los enfermos por el amianto mientras sigue sin indemnizarles
El real decreto aprobado en 2022 establecía un plazo de 90 días para aprobar el Fondo de Compensación que se encargaría de gestionar las futuras indemnizaciones.
Amianto
Amianto Condenan a Sidenor y Cofivacasa por la muerte de un trabajador expuesto a amianto
El Juzgado de lo Social número 2 de Gasteiz condena a las empresas a pagar 277.000 euros a la viuda e hijos del gruista fallecido a causa de la inhalación de asbesto.
Amianto
Salud Laboral Una víctima del amianto recibiría una indemnización siete veces menor que una víctima del terrorismo
Organizaciones de afectados y sindicatos denuncian que las indemnizaciones recogidas en la propuesta de fondo de compensación para víctimas del amianto se quedan cortas.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.