Salud mental
A morte por suicidio: os estigmas e o dó (I)

Os estigmas sociais e o descoñecemento invisibilizan o que é a primeira causa de morte externa no Estado español.
suicidio 1
O Plan de Pevención reclamado desde hai anos aínda non se chegou a implementar. Foto: MGSM
27 may 2021 07:37

No 2019 morreron por suicidio en Galicia 292 persoas. Aínda así, esta continúa a ser unha realidade silenciada. A pesar das elevadas taxas de morte por suicidio, segue sen haber un plan de prevención estatal e, a nivel galego, segundo especialistas na materia, non se implementou o plan de prevención de 2017 por escaseza orzamentaria. O silencio ao redor do suicidio non axuda a desarraigar os prexuízos que vimos arrastrando historicamente, e as familias e amigas das persoas que morren por suicido continúan, moitas veces, vivindo soas o dó.

“Somos unha sociedade que tendemos a esconder e a ocultar o que non comprendemos, a facer ver que iso é cousa dos demais e que a nós non nos vai acontecer. O suicidio, xunto cos trastornos psiquiátricos,  é unha destas cousas”, explica Rosa Cerqueiro, voceira do Movemento Galego de Saúde Mental. Delia Guitián, psicóloga clínica do Sergas na provincia de Lugo, fai fincapé nas posibles causas históricas que influenciaron en que, a día de hoxe, arrastremos prexuízos sobre o suicidio: “Antigamente non se enterraba no camposanto ás persoas que faleceran por suicidio e, por exemplo, na cultura saxoa o intento de suicidio era un delito penal que podía levar á cadea”. Un dos mitos máis espallados ao redor do suicidio é o seu presunto efecto contaxio. Isto foi o que levou a que, durante moitos anos, non se falara deste tema nos medios de comunicación. “Chamamos a que se fale do suicidio de xeito responsable. De feito, a propia Organización Mundial da Saúde explica abertamente que os medios poden ser unha ferramenta poderosa na prevención dos suicidios”, explica Rosa Cerqueiro. A OMS elaborou unha guía destinada ás profesionais da comunicación para que poidan informar sobre os suicidios dende a óptica da prevención e afastándose do sensacionalismo.

“É necesario entender que existen situacións de sufrimento intenso as que unha persoa pode non verlle saída. Non son ideas raras. Pero pódese traballar e tratar”

Unha das cuestións máis salientadas á hora de como informar sobre as mortes por suicidio é evitar o reducionismo. “Non se pode vincular o suicidio con unha soa causa. É un acto moi complexo, que non descoñecido, no que se combinan moitos factores que van dende nivel individual ata factores macroeconómicos”, asegura Rosa Cerqueiro. Eduardo Rodríguez é psicólogo na Unidade de Prevención de Suicidios de Vigo. A esta Unidade de Prevención, que leva funcionando dende o pasado marzo, chegan pacientes das urxencias e das unidades de atención psiquiátrica, e trabállase con elas nun programa intensivo durante seis meses cun equipo composto por psicólogas, enfermeiras e psiquiatras. “Cando alguén ten ideas suicidas quere dicir que está pasando por un período de gran sufrimento. É necesario entender que existen situacións de sufrimento intenso as que unha persoa pode non verlle saída. Non son ideas raras. Pero é necesario que se saiba que isto se pode traballar e tratar”, explica Eduardo Rodríguez.

Carles Alastuey é psicopegagogo e cofundador da asociación de superviventes Despres del Suicidi, que erixiu en 2012, tralo falecemento do seu sobriño, coma un espazo para o acompañamento das superviventes a morte por suicidio. A supervivente é calquera que se ve afectada de forma negativa e significativa pola morte por suicidio dunha persoa. Carles Alastuey explica a conduta  suicida deste xeito: “As persoas pasamos por malos momentos e podemos chegar a considerar o quitarnos a vida como unha suposta solución aos nosos problemas. É unha conduta que forma parte da conduta humana aínda que estea invisibilizada”. Despres del Suicidi foi unha asociación pioneira en España, xa que ata ese momento non existía ningunha outra organización que tratara as familiares e amigas das persoas que morren por suicidio. “Cando montamos a asociación, non existían recursos para superviventes pola seguridade social. A día de hoxe, segue sen habelos”, explica Carles. Para el, é fundamental que existan recursos para as persoas superviventes: “A OMS calcula que por cada persoa que se suicida, van a quedar profundamente afectadas entre seis e 10 persoas por esa perda e, se acontece nun posto de traballo, poden chegar a quedar profundamente afectadas ata 60 persoas. Se multiplicamos a cifra actual de persoas que se suicidan en España pola máis baixa, sae que ao ano poden quedar profundamente afectadas 18.000 persoas por unha perda por suicidio ”. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, en 2019 morreron por suicidio en España 3.671 persoas.

“Na lóxica dos seres humanos, necesitamos unha explicación do que nos acontece. No caso do suicido, esta expectación queda en moitos casos invalidada porque a maior parte dos suicidios non teñen una explicación única”

Antonia Jiménez é experta en conduta suicida e cofundadora do grupo de achegados en dó por suicidio da Asociación de Investigación, Prevención y Intervención del Suicidio y Familiares y Allegados en Duelo por Suicidio (RedAIPIS.FAeDS). Nun primeiro momento, na organización dedicábanse a investigar sobre o suicidio pero, tan pronto abriron unha páxina, empezáronlles a chegar chamadas e mensaxes de superviventes que precisaban axuda. “Ao principio derivabámolos  a Despres del Suicidi, a única organización que existía, en Barcelona. Pero estaba demasiado lonxe. Por iso decidimos crear un grupo de superviventes e empezamos a realizar encontros”, conta Antonia. “O dó polo que pasa unha persoa que perdeu a alguén por suicidio é diferente de calquera outro dó por dúas cuestións principais: por unha parte, está o tema do estigma social e, pola outra, o tema da culpa”, afirma Eduardo Rodríguez. Carles Alastuey explica que o dó “é unha experiencia pola que vamos a pasar todos ao longo da nosa vida”. Segundo el, o dó non ten só que ver coa perda de alguén a quen queremos, senón tamén “coa perda dun traballo, cunha ruptura, coa perda nun membro do noso corpo, etc.”. Na maior parte dos casos, o dó sucederase en condicións de normalidade: “Por exemplo, se morren os nosos pais despois dunha longa enfermidade, despois dun proceso de deterioro, aínda que nos doia, é algo que somos quen de entender. Sen embargo, nos casos de perda repentina, traumática, o dó pode ter unha evolución que non é saudable”. Nos casos de morte por suicidio, esta condición pode aínda complicarse máis xa que, moitas veces, non existe unha sucesión lóxica dos acontecementos nin existe un elemento externo co que enfadarse, ao que culpabilizar. “Na lóxica dos seres humanos, que somos seres narrativos, necesitamos unha explicación do que nos acontece. No caso do suicido esta expectación queda en moitos casos invalidada porque a maior parte dos suicidios non teñen una explicación única. Aí é cando entra a culpa: por que non me din conta? Por que non puiden evitalo? Por que non mo dixo? Por que me deixou?”, explica Carles.

A propósito dos sentimentos encontrados que lle poden chegar a unha persoa que viviu de preto unha morte dos suicidios, Antonia Jiménez fala da importancia dos grupos de apoio: “Estas persoas non se senten entendidas polo seu entorno. Cando chegan a un espazo no que hai outra xente que pasou polo mesmo, séntense comprendidos e a dor compartida alivia”. As mortes por suicidio son realidades que moitas veces incluso se ocultan dentro da propia familia. Antonia Jiménez asegura que, en ocasións, só se sabe a causa da morte o núcleo familiar máis pechado porque “se avergoñan e se senten xulgados polo entorno”. Segundo esta psicóloga, outra das características deste dó é que é moi grande e dura moito tempo: “Ninguén lles pode acelerar o proceso. Non se poden dicir cousas como ‘xa pasou un ano, deberías estar ben’ porque é un proceso lento, ten os seus propios tempos. As veces, dentro da familia, deciden non falar, non preguntar, para non xerar recordos ou para non ferir e, polo xeral, a xente necesita expresarse porque, se non expresas a angustia e a dor que che ocasiona algo, queda dentro e fai dano”.

“As persoas que perderon a alguén por suicidio tenden a usar a expresión morreu por suicidio. Intentan dicir con isto que morrer por suicidio é outra maneira de morrer, como se pode morrer por un accidente de tráfico”

As expertas consultadas para esta reportaxe resaltan a cantidade de sentimentos encontrados que pode experimentar unha persoa que perdeu a alguén por suicidio: culpa, enfado coa persoa que morreu, enfado cunha mesma por enfadarse, vergoña, etc. Antonia Jimenez déixao claro: “Todos os sentimentos son válidos. Se estás enfadado é normal, é válido, dio, exprésao”. Ela tamén resalta que, en ocasións, cando unha persoa se comeza a recuperar do dó, a rirse dun chiste, a ir ao cine e desfrutar dunha película, poden chegar a sentir culpa. “Compartir estas experiencias con outras persoas que pasaron o mesmo, que che din que é normal, axuda a ir percorrendo un camiño de dó”. Para acabar con estigmas relacionados co suicidio, Antonia fala da importancia da linguaxe: “Agora as persoas que perderon a alguén por suicidio tenden a usar a expresión morreu por suicidio e non suicidouse ou é un suicida porque isto lles causa dor.  Intentan dicir con isto que morrer por suicidio é outra maneira de morrer, como se pode morrer por un accidente de tráfico”.

En ocasións, cando se fala do suicidio, vincúlase coa liberdade de escoller entre a vida e a morte. Para Carles Alsatuey é importante destacar que “non se pode falar de liberdade cando falamos dunha morte tan terrible e con manifestacións tan violentas como o son en moitas ocasións as mortes por suicidio”. Antonia Jiménez coincide: “A angustia mental pode ser moi incapacitante. Non é unha decisión tomada con tanta liberdade nin con claridade mental, porque unha persoa, cando arrastra un sufrimento durante moito tempo, ten a mente ofuscada e, sobre todo, pensa que vai a continuar así toda a vida”. Desde Despres del Suicidi deixan claro que eles non están encontra da eutanasia, da morte digna, pero o suicidio “non é unha morte digna, senón a lectura sobre unha problemática que, probablemente, de ter recibido axuda, podería evitarse”. Carles Alastuey fai fincapé na posibilidade de previr as mortes por suicidio: “Debemos apelar a unha sociedade compasiva na que non se normalice que alguén se quite a vida porque non era feliz. Non é xusto para as persoas que se suicidan porque non recibiron axuda. Non hai liberdade despois da morte; a liberdade é o que conquistamos en vida. Se non podemos elixir, non hai liberdade. O suicidio normalmente non se produce dende a liberdade senón dende un profundo sufrimento”.

“En España non existe un plan de prevención de suicidios común. En Galiza, o plan de prevención de 2017 non se implementou por falta de orzamento”
Os medios de comunicación teñen responsabilidades en relación ao xeito de informar sobre o suicidio. “Cando sae unha noticia en prensa sobre unha persoa que morre por suicidio e se recalcan cousas como ‘divorciárase recentemente’ a culpa que lle queda á outra persoa é terrible e séntese xulgada polo seu entorno”, explica Antonia Jiménez. Ademais, segundo esta psicóloga, hai persoas superviventes que, nos días ou semanas posteriores á morte dalgún ser querido por suicido “se lles pasa a elas a ideación suicida pola cabeza”.

Cando preguntamos ás expertas consultadas sobre que facer se algunha persoa do noso entorno está pasando por un sufrimento intenso e pensa no suicidio, todas recalcan a importancia de escoitar, comprender, evitar o uso de frases evitar o uso de frases que imposibilitan calquera tipo de conversa como ‘non digas esas cousas, non penses niso’ e acudir, se é preciso, aos servizos de urxencias. Débese preguntar que lle pasa, cal é o seu sufrimento, cales son as cousas que lle están mancando tanto, darlle importancia ás súas palabras, acompañalo/a.

En España non existe un plan de prevención de suicidios común. Non existe un teléfono de asistencia oficial para as persoas que están pasando por unha crise. En Galiza, o plan de prevención de 2017 non se implementou por falta de orzamento. Unha media de máis de 10 persoas morren por suicidio ao día en España. Os servizos de saúde mental continúan colapsados.

As profesionais entrevistadas para esta reportaxe recalcan que, se estás pasando por un período de sufrimento intenso ou coñeces a alguén que estea pensando na idea do suicidio, podes poñerte en contacto coas organizacións:

RedAIPIS.FAeDS, Despres del suicidi, co teléfono da esperanza, en Galiza: 981 55 22 00, ou acudir ao teu centro de saúde.  

Salud mental
A morte por suicidio: un problema sanitario, social e político (II)
As mortes por suicidio non son só unha cuestión sanitaria, senón que deben abordarse tamén dende perspectivas sociais, políticas e económicas.

A segunda serie desta reportaxe fala dos plans de prevención de mortes por suicidio, o colapso do sistema de saúde mental e a necesidade de paliar o sufrimento xeral da poboación dende unha perspectiva de base.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.
Sáhara Occidental
Sáhara Occidental Crece la indignación por el apoyo de Sánchez a los planes expansionistas de Marruecos en el Sáhara
Los socios del Gobierno y el Frente Polisario acusan al Ejecutivo de Sánchez de dar la espalda al derecho internacional y usar el Sáhara como “moneda de cambio” para mejorar las relaciones con Rabat.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.