Crisis climática
Petrocalipsis vs. a Lei de Cambio Climático

O libro de Antonio Turiel expón o principal punto cego da nova Lei que deberá guiar a Transición Enerxética en España.
Antonio Turiel
Antonio Turiel. Cedida

Coordinador do Instituto Resiliencia

21 abr 2021 11:00

Petrocalipsis é o título do libro publicado en setembro do pasado ano polo máis coñecido divulgador do Teito do petróleo en España, o científico pescudador do CSIC Antonio Turiel. E o subtítulo é ben revelador do que as súas 200 páxinas lle ofrecen a calquera persoa interesada en coñecer a perspectiva desa apocalipse petroleira á que nos diriximos a toda máquina se os gobernos non toman cartas no asunto de verdade: “Crise enerxética global e como (non) a imos solucionar”. O libro vén resumir o estado da cuestión enerxética que o autor leonés radicado en Cataluña debulla desde hai máis dunha década no blog máis visitado da Web hispana sobre o Peak Oil, The Oil Crash.

O libro ofrece un completo repaso aos vinte e un porqués que explican —dun xeito sinxelo mais sen perder nunca o rigor que caracteriza o autor— a nosa situación e as vías erradas que se nos están a propor para saír dela: o fracking e outras fontes de pseudopetróleos, o carbón e mais o gas fósil (natural), a enerxía nuclear, as diversas renovables, a eficiencia, os coches eléctricos e mesmo trapalladas por desgraza aínda demasiado presentes no imaxinario de moita xente, coma o motor de auga ou as chamadas enerxías libres. Coa mesma intención didáctica ca no seu libro, Antonio Turiel acudiu o pasado 12 de abril ao Senado español para comparecer a petición de EH Bildu ante a Comisión de Transición Enerxética, precisamente no intre en que a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética (LCCTE) entraba nesta cámara despois dunha revolta tramitación no Congreso dos Deputados, no que recibiu máis de setecentas emendas. Malia tanta modificación, Turiel sinalou na súa comparecencia —seguida por milleiros de persoas a través do streaming e posteriormente nas redes sociais coma Twitter— que ía nacer cunha gravísima carencia: “Para min, o principal problema que ten (...) é que non integra a crise enerxética, que é un problema moi grave”.

Antonio Turiel advertiu no Senado de que a Lei de Cambio Climático vai nacer cunha grave carencia: non integra a crise enerxética.

Esta advertencia, aclarou Turiel aos membros desta comisión do Senado, non parte de ningún outsider, senón do propio organismo da OCDE encargado de asesorar os países industrializados sobre as perspectivas enerxéticas: a Axencia Internacional da Enerxía. E é que o físico e matemático leva tempo lanzando a voz de alarma, baseándose nos informes oficiais anuais da AIE dos que é un dos analistas máis sobranceiros, de que nos enfrontamos a moi curto prazo a un potencial descenso da dispoñibilidade de petróleo que pode situarse entre o 20 e o 50% dos niveis de extracción actuais. Porén, ao longo de todo o trámite da LCCTE, así como no debate social e mediático a que deu pé, este factor imprescindible para poder calibrar os prazos e tipo de Transición Enerxética que debe realizar España, estivo totalmente ausente, mesmo por parte dos partidos autodefinidos coma verdes ou ecoloxistas. “[A] incomprensión do nexo que existe entre enerxía e economía é o que fai que as políticas públicas sobre enerxía estean tan mal guiadas”, denuncia Turiel no seu libro.

Así, na redacción actual da Lei —que non é previsible que sexa emendado polo Senado, onde será aprobado coa máxima celeridade— non aparece a máis mínima mención ao declive na dispoñibilidade do combustible imprescindible para a mobilidade non só persoal da maioría da poboación, senón tamén das mercadorías transportadas por camión que fornecen os nosos supermercados e farmacias, por non falar da industria petroquímica que fornece de materias plásticas a unha infinidade de sectores, moitos deles tamén críticos, ou dos tractores e outra maquinaria agrícola que actualmente precisamos para o cultivo de alimentos. “Imos vivir, si ou si, unha situación de descenso enerxético e, polo tanto, de descenso material, e non é unha cousa que poidamos escoller. Imos experimentar un certo decrecemento, polo menos da base material, do que é o metabolismo na nosa sociedade. O que se pode escoller é como facemos este decrecemento”, advertiu aos grupos políticos presentes, nun fito histórico, pois probablemente fose a primeira vez que no Parlamento español alguén facía unha defensa tan explícita da necesidade ineludible do Decrecemento.

“Vai haber decrecemento si ou si, e o único que podemos escoller é como facemos ese decrecemento”.

Esta escandalosa carencia foi posta sobre a mesa polo científico ante as súas señorías, ás que advertiu nun dos intres máis cargados de dramatismo da súa intervención: “Entendo que é moi difícil; realmente, non lles envexo nada a súa situación. Ademais, cando veñan os problemas, será a vostedes a quen veñan reclamar; será a vostedes a quen os cidadáns van culpar se isto non se consegue afrontar da maneira axeitada”. Aínda que Turiel evitou mencionalo expresamente no Senado, no seu libro Petrocalipsis e nas entrevistas publicadas recentemente adoita ser moito máis explícito sobre o que sería “afrontar de maneira axeitada” a fin do petróleo abondoso e barato: cómpre abandonar o capitalismo, pois este require medrar permanentemente, e cando só teñamos as enerxías renovables, estas imporán un límite pois non permiten dispoñer dun fluxo sempre crecente de enerxía. “Non hai nada que se poida facer dentro do capitalismo. En tanto non abandonemos este sistema, esta crise non rematará nunca”, asegura con contundencia no seu libro, que xa leron varios milleiros de persoas, segundo as cifras das tres edicións que leva até o de agora.

Bomba petroleo
Bomba nun pozo petrolífero. Imaxe de drpepperscott230 en Pixabay

Na comparecencia do pasado luns quedarán outras escenas para a historia, como o intre en que, falando da mudanza climática e case de pasada pero con enorme énfase, lles dixo a senadoras e senadores: “o problema é moito peor do que se fala sempre, moitísimo peor... non se fan idea!”. Con todo, afirmou con retranca: “En canto a se imos conseguir a neutralidade de CO2 no 2050, teño unha boa nova para vostedes: creo que si... que a imos conseguir... porque non imos ter combustible para queimar!”. Isto coincide coas apreciacións que diversos analistas do declive enerxético xa sinalaran desde que a UE marcara obxectivos de redución de emisións para esa data que coincidían curiosamente cos ritmos previstos de declive da dispoñibilidade de combustibles fósiles, mais concretamente do petróleo. Porén, estanse marcando follas de ruta para ese declive que non teñen en conta que necesariamente nos deben levar a unha economía que en primeiro lugar reduza o seu metabolismo para posteriormente tentar manterse nesa “economía circular” que a relatora do PSOE no Senado, a presidenta do partido, Cristina Narbona, defendeu durante a quenda de preguntas a Turiel o pasado día 12. E, o que é peor, esas follas de ruta europeas, se teiman en manter niveis de consumo enerxético e material coma as actuais, conducirán inevitablemente a un espolio internacional de recursos, como non se cansa de advertir o propio Turiel por exemplo para o caso das necesidades actuais de transporte por estrada: “Europa non ten capacidade para producir hidróxeno abondo para manter a súa maquinaria pesada en marcha. En que está a pensar Europa? Está a pensar en África. Esquilmar e espoliar o enorme potencial eléctrico africano”.

“O problema do cambio climático é moitísimo peor do que se falar”, explicoulles Turiel aos senadores españois.

Con este panorama, e a LCCTE que estará xa aprobada cando este artigo vexa a luz, a única esperanza pode estar no Comité de Expertos que esta prevé para informar e asesorar sobre o desenvolvemento da Transición Enerxética, que aínda está a tempo de incorporar a persoas independentes do mundo da ciencia, coma Antonio Turiel, que axuden a corrixir dalgún xeito, por medio dos informes anuais que ha elaborar, a grave miopía coa que nace esta lei longamente esperada. Se cadra así poderemos dar como sociedade unha resposta á pregunta retórica que o científico lanza no seu libro: “Diante desta situación tan crítica, non estamos a facer nada realmente útil. Os nosos líderes políticos son incapaces de reaccionar ante o meirande perigo ao que fixo fronte a humanidade ao longo da súa historia. Por que?” Unha resposta que debe levar a unha solución drástica e urxente que evite a perspectiva da petrocalipse.

Con posterioridade á realización deste artigo, o propio Turiel publicou no seu blog unha análise detallada da LCCTE.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.