energia eolica, energía eólica, molino, molinos

Energías renovables
Canto tempo require unha Transición Enerxética?

Fálase moito de que precisamos unha transición cara ás enerxías renovables, mais case nada de se nos dará tempo a realizala.

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 jul 2020 06:00

Quen máis quen menos xa terá oído falar a estas alturas da Transición Ecolóxica e dunha das súas facetas, a máis fundamental, poderiamos dicir: a Transición Enerxética. O grupo EmerCiv defínea como o “proceso de cambio dun modelo enerxético baseado nun determinado tipo de enerxía(s) a outro no que é preponderante outro tipo de enerxía” e apunta a que na historia humana teñen existido varias transicións enerxéticas, principalmente a que se realizou da biomasa ao carbón ao comezo da Revolución Industrial (século XIX principalmente), e a seguinte na que o petróleo (posteriormente complementado polo gas natural) desbancou o carbón como principal fonte de enerxía, xa a mediados do século XX. Aínda que tamén se poden considerar transicións prehistóricas a que levou ao dominio do lume e mais a que implicou o paso do modelo recolector-cazador aos asentamentos nos que se explotaba a enerxía dos cultivos e dos animais domesticados. Agora da transición da que se fala é a que deixaría de empregar maioritariamente (e chegado a un punto, totalmente) as fontes de enerxía non renovables (fósiles + uranio) para pasar a usar principalmente (e despois unicamente) fontes de enerxía renovables e de moita menor emisión de carbono, de aí que se denomine tamén comunmente a este proceso “descarbonización” da economía ou do metabolismo socioeconómico.

Unha cuestión fundamental que raramente se aborda cando se fala desta nova Gran Transición nos alicerces enerxéticos da humanidade é a do tempo que vai ser preciso para completala. Para responder a esta pregunta podemos utilizar diferentes métodos. Un sería recorrer ás transicións anteriores, e tentar extrapolar ao caso actual a información histórica que aquelas experiencias nos achegan. No caso da transición da biomasa ao carbón, falamos basicamente do proceso inverso ao que teriamos que realizar agora, pois a sociedade preindustrial tamén era 100% renovable, pero nun contexto totalmente diferente, cunha biosfera que non estaba esgotada nin moi danada, e cunha poboación humana sete veces menor. Aquel proceso levou, no caso dun país como os EE. UU., practicamente un século: alí o carbón non superou á leña como principal fonte de enerxía até a década de 1890. Nos principais países europeos levou entre século e século e medio. E teriamos a cifra de 60 anos como referencia para a seguinte transición, cara á predominancia dos hidrocarburos, se contamos os países da OCDE, ou entre 47-69 se tomamos as potencias europeas. No caso de España foron 111 anos de transición da biomasa ao carbón, e 69 do carbón a petróleo+gas+electricidade. Así, é común atopar a cifra aproximada do medio século como estimación histórica do tempo que require unha transición enerxética na época moderna nun país industrializado. Teremos agora tanto tempo?

As transicións enerxéticas anteriores levaron como mínimo medio século. Hai base para pensar que agora nos vai levar menos tempo?

Outro dos métodos que podemos empregar para tentar albiscar como sería e canto duraría unha transición enerxética deste tipo é a modelización mediante Dinámica de Sistemas, como se ten realizado no proxecto europeu MEDEAS, continuado agora no proxecto Locomotion. Mais o que achegan estes modelos é que forzando determinados parámetros si que se podería na teoría facer unha transición para 2050, mais a conta de provocar unha “dependencia de minerais escasos, unha ocupación con infraestruturas humanas de moito máis territorio” e que, ao final, mesmo así non se puidese evitar un colapso en forma de profunda e rápida caída dos parámetros económicos, segundo explica un dos seus modelizadores na Universidade de Valladolid, Carlos de Castro.

In the Black contry
In the Black Country, 1890. Constantin Emile Meunier

Outro dos autores que máis ten estudado as transicións enerxéticas, Vaclav Smil, afirmou que as transicións enerxéticas son normalmente procesos longos (varias xeracións), e que “soamente economías pequenas dotadas dos recursos axeitados poden realizar transicións moi rápidas” dun recurso (enerxético) a outro, no cal coincide con algún outro estudo que apoia esa posibilidade da transición local e parcial rápida. En consecuencia, Smil cualifica os obxectivos políticos como o de conseguir o 50% da enerxía de fontes renovables para 2050 como “non realistas” (non sabemos como cualificará entón o obxectivo europeo de conseguir o 100%), e apunta ao feito de que, aínda que a captación de enerxía de fontes renovables continúa a aumentar, tamén o seguiu facendo durante as pasadas décadas o uso dos combustibles fósiles, e polo tanto, no canto de estarnos librando deles, seguimos a depender nunha proporción abafadora da tríade petróleo-gas-carbón. A conclusión á que poderiamos chegar é que a Transición Enerxética, en realidade, aínda non arrincou, ao contrario do que moitos políticos, industrias do sector e mesmo activistas ambientais, aseveran. Smil concluía o seu texto para o Foro Económico Mundial en 2013 advertindo de que malia ser un futuro non-fósil “altamente desexable e, ao final, inevitable”, unha “civilización construída sobre os combustibles fósiles non pode facer esa transición nin doada nin rapidamente”.

Todas as transicións enerxéticas do pasado realizáronse cando aínda era abondosa a fonte enerxética anterior, que se seguiu utilizando en cantidades crecentes

Un factor que foi sinalado por múltiples autores, ademais do propio Smil, é que historicamente cando se realiza unha transición enerxética non se abandona a fonte anterior senón que continúa o seu uso, mesmo en aumento. Así, a biomasa usada en 1700 era equivalente a 280 millóns de toneladas de petróleo (Mtoe), pero hai 20 anos era xa de 2.500 millóns, é dicir, 10 veces máis (dúas transicións despois!). E nunca se consumiu tanto carbón como na actualidade (medio século despois de ser superado polo petróleo como fonte enerxética principal). De feito, a enerxía que permite realizar a transición é, loxicamente, a enerxía preponderante na fase anterior, porque é a dispoñible. É dicir, foi a leña a que permitiu a minaría do carbón, e foi o carbón o que permitiu a construción e transporte das torres petrolíferas. Así, hoxe, son os combustibles fósiles os que fan posible a minaría do silicio das placas fotovoltaicas ou a fundición do aceiro e a elaboración do formigón dos aeroxeradores, por poñer tan só uns exemplos entre os moitos que poderiamos escoller. É por isto que algúns críticos cos mitos das renovables, como Pedro Prieto, cualifican estes sistemas como “extensións (e non substitutos) das enerxías fósiles” e denomínanos “sistemas non renovables de captación temporal de fluxos de enerxía renovable”. Esta dependencia para a súa construción, funcionamento e substitución ao final da vida útil con respecto ás enerxías que se supón deben substituír é un dos principais puntos débiles do proxecto da Transición Enerxética actual.

Consumo mundial de enrxía

Mais volvendo á cuestión temporal, se observamos as gráficas do aumento do consumo de enerxía mundial ao longo da historia, diferenciando tipos de fontes enerxéticas, veremos que cada transición se desenvolveu ao longo dun período de apoxeo e abundancia da fonte enerxética anterior, o cal ten a súa lóxica, debido ao xa comentado de que é a fonte máis dispoñible nun momento dado a que debe alimentar a parte principal do proceso de desenvolvemento da nova (novas infraestruturas, tecnoloxías de extracción, tecnoloxías que a aproveitan, etc.). Pero non é o caso actualmente, porque se tomamos o momento en que petróleo cru chegou ao seu teito de extracción, xa o temos atrás no retrovisor da historia (2006), e se tomamos o teito de todos os combustibles fósiles estamos practicamente nel, segundo afirman algúns autores. Así que teriamos que realizar a Transición cara ás renovables na fase de declive (en cantidades e calidades) da principal enerxía primaria anterior, algo que nunca antes se realizou (agás, se cadra, no especial caso da crise da leña no Reino Unido nos séculos inmediatamente anteriores ao comezo da Revolución Industrial). Como advirte a Axencia Internacional da Enerxía, fixándose non tanto nas perspectivas de declive de dispoñibilidade de hidrocarburos senón na necesaria redución urxente das emisións de efecto invernadoiro: se non damos feito rapidamente esta transición, quedariamos “atrapados” nas infraestruturas anteriores, sen poder desenvolver as necesarias para a seguinte fase, e sería xa demasiado tarde [para dar feito a Transición].

Ademais, agora existe outro problema engadido que ten que ver coa Taxa de Retorno Enerxético e coa chamada densidade enerxética (enerxía contida por unidade de masa): até a actual, todas as anteriores transicións foron dunha fonte menos densa enerxeticamente a outra máis densa. Mais agora, as fontes renovables son moi pouco densas, e achegan moi pouca enerxía neta por cada watt-hora de enerxía investida na súa captación (agás o caso da hidroeléctrica, que ten unha TRE relativamente alta).

En resumo: factores como os longos prazos das transicións anteriores, o feito de que os combustibles que deben alimentar a nova transición están ante o seu inminente devalo (e aínda por riba debemos parar de usalos para evitar empeorar a mudanza climática), e ter que pasar a usar fontes menos densas enerxeticamente e de menor retorno, fan moi difícil que poidamos realizar a tempo unha Transición Enerxética como se nos vende desde os poderes políticos e económicos. Crer o contrario supón un enorme acto de fe sen xustificación nos datos constatados, e se cadra a única posibilidade realista de facer unha transición rápida sería un colapso rápido a niveis moi inferiores de consumo mentres aínda dispoñemos de cantidades importantes de combustibles fósiles e doutros recursos.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Tribuna
Transición Energética La transición energética se juega entre el dividendo y la ganancia
Mientras la transición energética se presenta como urgente, las decisiones clave siguen en manos del capital privado. Este artículo analiza sus límites y defiende la propiedad pública como condición para una transformación real y justa
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
#66374
29/7/2020 14:39

Estimado Casal. Valoro moito a súa aportación, mais debo introducir unha serie de comentarios ao respecto que obrigan a matizar lixeiramente certas afirmacións.

En primeiro lugar, o artigo, que aspira a posicionarse respecto da transición enerxética en marcha, non contén unha soa referenza a Estratexia de Longo Prazo da Unión Europea para a descarbonización da economía. Esta estratexia, publicada recentemente (outono de 2018), establece unha folla de ruta para acada-la neutralidade climática para 2050. Constitúe a principal folla de ruta existente actualmente para dita transición enerxética a escala da UE. É por isto que considero esencial unha análise e revisión crítica da mesma para todo aquel que aspire a posicionarse dun xeito ou outro sobre dita transición.

En segundo lugar, respecto ao inminente declive de combustibeis fósiles ao que refire no texto, a Axencia Internacional da Enerxía non ofrece as mesmas proxecións cas que se citan no artigo. Según as últimas publicacións “World Energy Outlook” desta fonte, non se podería afirmar dito inminente declive, especialmente no caso do carbón e o gas natural, dos cales se espera un significativo aumento da produción (polo menos no WEO 2016, que é o último ao que teño acceso). Máis concretamente no caso do petróleo, como vostede di, non tódolos autores se posicionan a favor de dito declive. Un exemplo é o propio Vaclav Smil (en Energy Myths and Realities: Bringing Science to the Energy Policy Debate), que se cita no texto. Este científico afirma que a produción de petróleo a gran escala é viable ata preto do final do século actual. Se ben o petróleo cru chegou ao seu teito en 2005, pódese producir petróleo doutros xeitos. Outra cousa son as posibles consecuencias da pandemia COVID-19, que efectivamente podería traer consecuencias dramáticas para o sector.
En canto á tasa de retorno enerxético, o artigo <<Solé, J., García-Olivares, A., Turiel, A., & Ballabrera-Poy, J. (2018). Renewable transitions and the net energy from oil liquids: A scenarios study. Renewable Energy, 116, 258-271>> conclúe que se ben existirá unha diminución da enerxía obtida de cada fonte a medida que pasa o tempo e se van esgotando os recursos enerxéticos de maior calidade, si é posible manter uns niveis de dispoñibilidade enerxética suficientemente altos como para soster unha transición enerxética como a que se pretende. A variable clave é, según estes autores, a inversión para que esta transición se leve a cabo a un bo ritmo.

Por último, faría tamén mención á cuestión da duración temporal das transicións enerxéticas na historia. Considero bastante evidente e que non fai falla xustificar, o feito de que a velocidade á que progresa a tecnoloxía, a información e o coñecemento, actualmente é moito más elevada que historicamente. A explicación atópase nas TICs e no carácter autocatalítico da propia tecnoloxía, como afirman autores como Dominique Foray e Jared Diamond. Por tanto, non hai suficientes motivos para considerar que a duración da actual transición enerxética sexa a mesma cás demais que tiveron lugar na historia.

Un cordial saúdo.
Juan José Gil Fernández
Consultor independente en desenvolvemento económico, sustentabilidade, innovación e cooperación internacional.
Enxeñeiro en Tecnoloxías Industriais.

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Galicia
Galicia Así opera en la sombra la banca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia
La sociedad público-privada Impulsa Galicia, que cimentó los primeros planes de la multinacional papelera y , está participada fundamentalmente por la Xunta y por el banco que surgió de la desastrosa fusión de la cajas de ahorro gallegas.
Religión
Religión Muere el papa Francisco, el primer pontífice latinoamericano
Jorge Mario Bergoglio ha muerto este lunes 21 de abril en su residencia en la Casa de Santa Marta, en Roma, según ha informado el Vaticano. Tenía 88 años.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí Tel Aviv encubre en un informe “lleno de mentiras” el asesinato de 15 trabajadores humanitarios
Una investigación interna admite la masacre realizada el pasado 23 de marzo, pero oculta información, es contradictoria y llena de falsedades, según denuncia la Media Luna Roja y la organización israelí Breaking The Silence.
Galicia
Medio ambiente Una cementera con emisiones de mercurio proyecta una planta de residuos a metros de un pueblo gallego
Sarria convive desde hace décadas con la contaminación provocada por la cementera de O Oural. Ahora, Votorantim Cimientos proyecta la instalación de una nueva planta para la producción de combustible a partir de la coincineración de residuos.
Humor
Humor Reacciones a la muerte del papa
La viñeta de Mauro Entrialgo sobre las reacciones a la muerte del Papa Francisco
Poesía
Poesía Poética de un temblor disidente
Frente al mandato de la sobreproducción, Txetxu González propone una poética de la lentitud en ‘Si te preguntas por qué un poco (Orígenes de la hiperestesia)’, una obra híbrida que se mueve entre la poesía, el ensayo y el archivo afectivo.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
El Salto Radio
El Salto Radio Balas de Goma
Carles Guillot y Ester Quintana perdieron un ojo tras recibir el disparo de una bala de goma disparada por un policía. En su carrera por identificar a los responsables, ambas encontraron el empuje necesario en sus compañeras y familiares.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Más noticias
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.

Recomendadas

Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.