Renta básica
ODS Coia: “Coa renda básica pedimos que se garanta o dereito a unha vida digna”

Nas vindeiras semanas, falouse da posibilidade dun Ingreso Vital Mínimo achegado polo Goberno por mor da crise do coronavirus. Un total de 12 colectivos galegos, veñen de asinar un manifesto propoñendo unha renda básica universal e incondicional. “A chave está na redistribución dos cartos. A axuda acádase subindo os impostos ás persoas coas rendas máis altas”, declaran. 

O "paraugas" da renda básica, que recolle a toda a sociedade, simbolizado nunha mobilización en Vigo.
O "paraugas" da renda básica, que recolle a toda a sociedade, simbolizado nunha mobilización en Vigo.

Na Galiza, preto de 1 de cada 5 persoas (470.000) están baixo risco de exclusión social. Segundo o Informe Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galiza de 2019, o 41,6% da poboación atópase nunha situación precaria e conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social e con risco de caer en situacións de pobreza, sobre todo, no caso dunha nova crise económica. A pobreza acentúase máis nas mulleres: un 20% dos fogares sustentados por mulleres están baixo risco de exclusión segundo o mesmo estudo.

As prestacións públicas no Estado Español están xestionadas polos gobernos autonómicos. Na Xunta, en canto ás medidas que ofrece a administración para “paliar” esta pobreza estructural, atopamos a RISGA. Esta axuda inclúese dentro da media estatal nos servizos de prestacións sociais.

Nas últimas semanas, colleu forza a idea dun Ingreso Mínimo Vital por parte do Goberno de España para protexer ás persoas baixo risco de pobreza, que oscilan entre 2 e 3 millóns de familias segundo diversas estadísticas oficiais. Desde diferentes colectivos sociais, veñen xa desde fai máis dun ano demandando unha renda básica coma dereito universal para as persoas.

Un total de 12 colectivos de toda Galiza, “en contacto con quen máis padece as desigualdades estructurais”, veñen de asinar un manifesto en defensa desta renda básica para a crise da COVID-19. Diego Lores, portavoz da ODS de Coia, argumenta todas as melloras desta medida para a reducción das desigualdades e a mellora da sociedade no seu conxunto.

Criticades a RISGA xestionada pola Xunta. Cales son as deficiencias desta axuda económica?
En Galiza, unha persoa en desemprego, sen recursos e baixo posibilidade de exclusión social debe a acudir á RISGA para paliar estes problemas. Iso é na teoría, pero atopámonos co que recoñece a propia Xunta: cunha cuantía media de 439 euros ninguén pode vivir dignamente. Segundo a administración galega, os prazos para a chegada da axuda son de 3 meses, pero polos procesos burocráticos sempre aumentan. Hai quen chega a esperar ata 9 meses pola axuda sen ter ningún tipo de ingreso. En cidades coma Vigo, cun custo da vida máis alto que nas vilas, é moi complicado sobrevivir sen ingresos.

En moitas ocasións, os procesos deixan fóra a quen quere solicitalo. Quen o pide, non pode ter ingresos. Ademais, vemos un excesivo control social que sofre quen percibe a RISGA. Tamén está a criba que fan os dereitos sociais onde, se non tes nacionalidade española ou residencia, non podes acceder á axuda. Por exemplo, unha persoa portuguesa que ven a Galiza sen residencia e se atopa nunha situación de precariedade, non accede á prestación. Como non teñen cartos non acceden á vivenda e porén, a axuda. É a pescadilla que se morde a cola. Hai unha morea de obstáculos que evitan poder conseguila e, polo tanto, de ter unha posibilidade real de saír da pobreza.

A propia administración sabe que coas axudas vixentes non se garantizan uns mínimos de dignidade”

Falabades no manifesto de que 10.000 persoas cobraron a RISGA en 2020 fronte ás case 500.000 persoas en risco de exclusion social en Galiza. Como é que acontece isto?
As axudas como a RISGA están pensadas para disciplinar á poboación empobrecida. Malia que en teoría sirva para erradicar a pobreza estructural na sociedade, a aplicación da axuda está máis para dicir que se fai dun xeito superficial que como algo de real utilidade. A propia administración sabe que coas axudas vixentes non se garantizan uns mínimos de dignidade. Ademais, a lóxica do funcionamento das medidas, sempre teñen a vista posta en posicionarse no mercado laboral.

De feito, desde a ideoloxía liberal poñen coma un risco negativo no referente á renda básica que a poboación non se empregue.
Nós estamos en contra da tese da CEOE de que a mellor política social é o emprego. O dereito a unha vida digna vai máis aló de poder acceder ou non ao mercado laboral, xa que a realidade é que moitas compañeiras nunca van poder acceder a un posto de traballo. O emprego non debe ser a única vía que teñamos coma persoas para garantir as nosas necesidades básicas.

Ademais, o propio sistema capitalista, precisa dunha man de obra barata e hiper precarizada para manteren os grandes capitais e a sociedade de clases. Apostamos por un novo modelo que supera esa lóxica do capitalismo onde, coma no caso galego, unha gran parte da sociedade ten que aceptar traballos temporais e con salarios miserentos para poder subsistir.

A xente que se ve empregada nestes minijobs e traballos temporais están baixo o risco de pobreza?
Quen ten que recurrir a eles coma maneira se subsistir sí. Non hai explicación racional a como alguén pode estar cun contrato temporal co que percibe uns 400 euros ao mes e logo ten que pagar un aluguer no que lle vai case todo o salario.

A renda sería algo superior ao SMI, duns 1080 euros ao mes por persoa”

E como funcionaría a renda básica que propoñedes?
É un mecanismo que se basea en redistribuir a riqueza. A renda sería algo superior ao SMI, duns 1080 euros ao mes por persoa, tendo en conta a renta per cápita do último ano en Galiza. Podería poñerse en marcha desde xa cos recursos que temos. Con esta medida, buscamos que se garanta o dereito á vida digna. Nunha situación de crise coma o actual é o momento de protexer ás persoas e garantir dereitos alén das necesidades dos grandes capitais, así como reducir as inxustizas e desigualdades sociais. Por iso, defendemos a súa universalidade para todas as persoas dun territorio e incondicionalidade para toda a sociedade.

Entón, como se considerarían os factores de clase? É dicir, os que máis cobran tamén percibirían esta renda?
Sí. Ana Botín percibiría a mesma cantidade que unha persoa desempregada do barrio de Coia. O matiz está na redistribución da riqueza. Os cartos para a renda básica acádase subindo os impostos (coma o IRPF) ás persoas coas rendas máis altas. Como falamos dun dereito público, os grandes empresarios terían as mesmas posibilidades que de acudir á sanidade privada ou á educación pública. A maiores, hai un estudo de 2012 sobre a viabilidade desta renda.

Hai economicistas, sociólogos e psicólogos que tamén falan das vantaxes dunha renda básica a nivel social. Por exemplo, no aumento do poder de negociación dos traballadores coas empresas.
Efectivamente. Se unha persoa ten uns ingresos mínimos para poder sobrevivir cunha certa dignidade, tamén facilitan as loitas e resistencias contra o patrón. Pensamos tamén nas mulleres que sofren violencia machista. Debido ao patriarcado, moitas delas dependen economicamente do maltratador. A renda básica daríalles esa independencia económica.

Nun nivel psicolóxico, hai estudos que aseguran que as familias con menor renda toman peores decisións á hora de levar unha alimentación saudábel. Ter ese mínimo económico para poder sobrevivir, permite que todos os desacougos da vida cotiá desaparezcan. A partir de aí, poderemos organizar a nosa vida e a sociedade dun xeito máis igualitario e fóra da sociedade do consumo na que estamos inmersos. A xente sería productiva doutro xeito fóra do posto de traballo.

Que diferencias hai entre a renda básica e o Ingreso Mínimo Vital proposto polo Goberno?
Por agora, hai pouca información do Goberno. Non sabemos como será nin cando, mais si que hai cousas que o confrontan coa renda básica. Eles falan dun prototipo de familias que percibirían esta axuda temporal, nós demandamos que sexa un dereito individual e permanente. Tamén falan de contraprestación, é dicir, ligar sempre este ingreso a accións que posibiliten a inserción laboral. Semella que ninguén quere ver o paro estructural que afecta a unha gran parte da poboación ano tras ano. Nós demandamos un novo dereito, cartos para el hainos.

Temos que elaborar o sentir común pensando en crear un escenario que permita un tránsito a outros modelos de sociedade"

Ante ese suposto Ingreso Mínimo Vital, a dereita defíneo coma unha “paguita” que xera preguizosos.
Hai moitos votantes dos partidos de dereitas que viven ou viviron a violencia sistemática e a pobreza do capitalismo. É un dereito baseado na solidariedade e en reducir desigualdades. O que pasa é que eles queren esas desigualdades vixentes e que non haxa alternativa para as clases traballadoras.

Fálase de que ese Ingreso Mínimo Vital custaría 5.500 millóns de euros. Nese caso, está xustificada a cuantía?
Os cartos están acumulados por unha pequena parte da sociedade. Nós falamos de redistribuilos entendendo que, dependendo onde nazcas, tes un diferente acceso ás oportunidades. O Goberno de España adicou máis de 65.000 millóns de euros a rescatar aos bancos privados, por non falar do perdido en paraísos fiscais. Os impostos retribuidos aos máis desfavorecidos están máis que xustificados. Temos que elaborar o sentir común pensando en crear un escenario que permita un tránsito a outros modelos de sociedade.

Gastáronse 65.000 millóns de euros en rescatar aos bancos privados. Os impostos retribuidos aos máis desfavorecidos están máis que xustificados”
Nestes días, outros colectivos fixéronse eco de que non se quere volver á normalidade, sobre todo, no sentido en que a situación que tiñamos antes xa era precaria e autodestructiva per se.
Por esa mesma situación previa, a moitas persoas esta crise pilloulles espidas e desprotexidas. Quen xa estaba mal, vai a rematar moito peor. Sempre foi algo estrutural. Buscamos saídas á crise baixo o común e cooperando entre todas nós para que a vida e a sociedade sexa unha mellor que a que deixamos antes da crise. Por todo iso, nós e o Foro Galego de Inmigración, os Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galicia, ONGD Viraventos, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Asociación Fuco Buxán e a Vangarda Obreira da Coruña asinamos esta demanda.
Coronavirus
“Tivo que vir unha pandemia para visibilizar a situación dos sen teito”
O COVID—19 golpeounos a todos dun xeito inesperado. Neste caso, pode servir para visibilizar as condicións de deshumanización nas que viven as persoas máis empobrecidas.

Renta básica
Una Renta Básica para salir juntas de esto

Son muchas de nuestras vecinas y vecinos con las que compartimos aplausos a las 8 de la tarde, personas que nunca pensaron verse en una situación así porque siempre han “ido tirando” y normalizando la precariedad.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.