We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Amose as mans. Déalles a volta. Expire aquí. Non se mova. Déame un perfil. Agora o outro. Abra a boca. Quite a roupa. Colla este extremo e vaia ata alí. Volva. Como é o seu nome? Descríbase. Recolla o pelo. Déixeo caer. Ten algunha marca de nacemento? Algunha cicatriz? Que lle suxire esta foto? E esta mancha? E esta cor? Recoñece esta sinatura? Flexione os xeonllos. Estire os brazos. Diga: “eu”. Diga: “el”. Diga: “ela”. Diga: “nós”. Diga: “vós”. Compare estas opcións e busque as diferenzas. Defínase. Enumere os seus desexos por orde de importancia. Enumere as súas carencias por orde de preferencia. Onde vive? Cal é o seu número de filiación? Escolla unha destas pezas e colóqueas no seu sitio. Anote aquí o seu número de conta bancaria. Canto mide? Resolva esta ecuación. Cando foi a última vez que mantivo relacións? E a última vez que mantivo discusións? Constrúa unha oración coa palabra “anatomía” en calquera normativa. Interésalle a política? Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de satisfacción. Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de insatisfacción. Memorice este texto e faga unha síntese. Considérase vostede unha persoa activa ou pasiva? Canto pesa? Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de sociabilidade. Mírese neste espello. Cantas veces ao día ten sentimentos de amor: moitas, poucas, ningunha? Cantas veces ao día ten sentimentos de odio: moitas, poucas, ningunha? Algunha vez tivo paranoia de persecución? Cal é o seu estado civil? Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de autoestima. Descubra o peito. Descubra os xenitais. Relate algún soño recente. Recorte pola liña de puntos. Practica algún deporte? Sufriu algún tipo de abuso? Lembra algún poema? Tome aire e sopre con forza. Tusa. Ten fantasías de tipo sexual? Asine esta conformidade. Asine esta renuncia. Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de atractivo persoal. Cualifique do 1 ao 5 o seu grao de atractivo sexual. Ten algún tipo de antecedentes na familia? Diga: “Si” Diga: “Non”.
Inverta a orde destes corpos.
Recoñécese nesta imaxe?