We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
Esther F. Carrodeguas, dignidade en escena
A dignidade está no centro da obra de Esther F. Carrodeguas. Abonda unha ollada a obras súas como a exitosa Iribarne, a potente investigación escénica sobre a figura de Manuel Fraga, ou o seu poemario Malcriada, na que dá voz ás empregadas do fogar, para entrever o que move o seu espírito creativo.
Esta preocupación pola dignidade non só se reflicte nos seus proxectos artísticos, senón tamén no seu compromiso ético co traballo e o coidado das relacións profesionais. Isto fálanos dunha praxe onde a humanidade, o respecto e a colaboración son centrais, demostrando que a dignidade é algo que debe transcender a escena e converterse nun principio rector do día a día.
No último episodio da Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, tivo a ocasión de falar sobre como é crear e xestionar unha compañía teatral propia como ButacaZero, como equilibrar o carácter creativo e o administrativo e como a poesía e a vontade de conexión o anegan todo.
Como sempre, A Catapulta tamén pode escoitarse en formato podcast.
O seguinte programa emitirase en directo o luns 21 de outubro e contará coa presenza do poeta Luix Kaf.