Opinión
Lavado morado e mulleres revoltas en Cineuropa

Cineuropa, Santiago de Compostela, un festival de cinema que marca a axenda cultural desta cidade cada novembro. Mais, cumpre as expectativas de igualdade que proclama?

Cineuropa, Santiago de Compostela, un festival de cinema nunha cidade de tamaño mediano que marca a axenda cultural cada novembro. Ten historia e alcance, celébrase desde 1988 e é un dos certames de maior duración temporal, e o nivel de asistencia é moi alto, xa que miles de persoas acoden cada ano. Cineuropa, como tantos outros, é un festival con pretensións progres. Pero esas pretensións non son máis que pretensións, como exemplo, o que aconteceu o ano pasado.

Na pasada edición de Cineuropa (novembro de 2018) programouse a película “O último tango en Paris" na que se amosa sen ningún pudor, nin máis nin menos que unha violación real. Como consecuencia, produciuse unha choiva de críticas e protestas feministas, ás que o festival non deu ningunha importancia e ás que contestou co argumento de que a película entraba no marco de "cinema sen lei nin mordazas". Curiosa forma de entender as mordazas.

Fomos moitas as que por redes pedimos que se rectificase e explicamos como reproducía a cultura da violación. Falamos da barbaridade que era emitila, aínda por riba nun festival que se adhería á campaña contra a violencia machista Compostela en Negro. Fixeron caso omiso e, cando un grupo de activistas tentaron boicotear a súa proxección, a resposta dunha persoa da organización foi: se era unha violación real á actriz, que o denunciara no seu momento. Con esta indignación, moitas persoas decidimos facerlle boicot para edicións posteriores.

Tras esta vergoñenta actuación por parte do festival, a primeira impresión desta edición foi algo esperanzadora ao coñecer que a dirección e organización cambiaran de mans, e sobre todo ao ler que se centraría no cinema feito por mulleres e o feminismo estaría presente. Mesmo a primeira palabra empregada na presentación do festival era feminismo. Con esta impresión, e non sen certa desconfianza polo acontecido, puxémonos a explorar profundamente a web, a ler os textos de presentación, a ver cada sección e os trailers das películas que contiñan, a ler críticas sobre elas... . E a decepción foi monumental, así como a rabia, ao apreciar a enorme distancia entre os titulares do festival autodenominándose como feminista, e a realidade da programación. Por non falar, que falaremos, dos textos descritivos da páxina web.

Cineuropa 1

Inmediatamente viñeron á cabeza dous conceptos, totalmente relacionados entre si, que desgraciadamente son moi comúns na práctica. Purplewashing, e o clásico “engada mulleres e revolva”. Coñécese como purplewashing, ou lavado morado, a práctica de presentar algo como feminista coa fin de agochar os seus aspectos negativos e así limpar a súa imaxe. Un claro exemplo serían as “feminist” camisetas de Inditex. E en Cineuropa lavar, sabían que había moito que lavar, empregar o tema feminista semellaría idóneo para recuperar parte do descontento. Mágoa que fose deste xeito, moito máis próximo ao marketing que á loita feminista polo cambio social. O “engada mulleres e revolva”, mencionado por autoras como Sandra Harding e Gillian J.Hewitson (1986 e 1999), parece ser o método empregado. É obvio que hai que rachar co nesgo androcéntrico nas programacións de cinema, e benvida sexa a iniciativa de incluír a máis directoras, pero isto non converte o festival en feminista. Para iso, hai que facer unha revisión e cambio moito máis profundos. O feminismo (os feminismos) é un posicionamento político. Non basta con engadir mulleres para non cambiar nada. E que mínimo que, polo menos, non programar filmes abertamente sexistas e misóxinos (Carrie, de Brian de Palma é un dos casos) nin, obviamente, de directores denunciados por agresións sexuais como Woody Allen e Roman Pollanski —este último recoñeceu violar a unha moza de 13 anos—. Na súa película J'accuse, atrévese mesmo a facer un paralelismo entre o seu proceso e o do protagonista suxerindo unha inxusta persecución. En Francia a mobilización feminista logrou a cancelación da súa estrea, Cineuropa usouna como un reclamo publicitario.

Non basta con engadir mulleres para non cambiar nada.

Carrie, incluída neste ciclo de cinema e feminismo, conta a historia dunha adolescente que sofre bullying. Esta película ten innumerables aspectos sexistas e misóxinos. Deixamos aquí un anaco de diálogo, sobre unha invitación para o baile dun mozo a Carrie, para que cadaquén poida sacar as súas propias conclusións:

Carrie: Xa che dixen que non .
Mozo: Pensei que cambiarías de opinión, as mozas facedes isto todo o tempo .
Mozo: Imos!
Carrie: Non.
Mozo: Imos!
Carrie: Non.
Mozo: Pero por que?
Carrie: Xa cho dixen! non podo .
Mozo: Imos!
Carrie: Non!
Mozo: Non marcharei ata que digas que si
Carrie: Por favor, vaite!
Mozo: Non ata que digas que si.
Carrie: Vale, si.

Cincuenta veces non, non é si, é non. Confundirse non é aceptable, como tampouco é en absoluto aceptable outra escena na que durante unha especie de discusión dunha parella, o mozo dille á súa moza que sabe o que ela quere. Acto seguido, cóllelle a man e obrígaa a tocar o seu pene. A moza protesta e insúltao, el pégalle unha hostia. E segue todo coma se nada. Normalización.

Cineuropa 2

Así como non basta engadir mulleres e revolver, tampouco o Test de Bechdel é suficiente para converter o ciclo “Cinema e feminismo. Bechdel en Hollywood”, nun ciclo realmente feminista, aínda que fose o outro método de purplewashing que utilizaron.

O test de Bechdel é un test inventado pola escritora, debuxante, activista feminista e lesbiana Allison Bechdel no seu libro Dykes to watch out for, e que serve para avaliar se unha obra de arte cumpre os requisitos mínimos para evitar a fenda de xénero. Para iso a obra ten que obedecer tres requisitos: ten que haber polo menos dúas personaxes femininas non secundarias, teñen que falar entre si, e a conversa ten que ir de algo que non sexa un home. Mais, como a propia Bechdel di, trátase de estándares mínimos, non da utopía feminista. É un mínimo contra tanto androcentrismo asfixiante.

O feito de que este ciclo mencione e critique este test, para nin tan sequera aplicalo ás películas que inclúe na sección, resulta desconcertante. Para saber que en Hollywood non se supera o test non é preciso reproducir os seus filmes unha e outra vez. Que 15 das 19 películas deste ciclo estean feitas por homes; que se inclúa unha película de Woody Allen (tan coñecido polas súas pelis como polas súas agresións sexuais); ou películas machistas como Barbadelle ou Conan the destroyer (unha historia dun home cis súper viril que debe rescatar un obxecto precioso e a unha muller, a cambio de que a raíña resucite á súa moza), nas que unha vez máis as mulleres son obxectivadas e relegadas a un segundo plano reforzando unha masculinidade hexemónica e tóxica é, sen dúbida, para anoxarse. Pero claro, o criterio de escolla de películas que engaden ao test é o de “os valores cinematográficos por encima de todo”. Que terrible. Todo isto tendo que aturar que o festival presuma de estar marcado por un feminismo transversal.

Como a propia Bechdel di, trátase de estándares mínimos, non da utopía feminista.

Ademais dunha elección como mínimo problemática das películas a exhibir, a lectura dos diferentes apartados da web foi inquietante e decepcionante. Ao comezo, referíndose ao feminismo, afírmase que “a súa pegada en todos os ámbitos sociais e a asimilación dos seus postulados é, de feito, un reto que vemos cada día superado na nosa contorna”. Isto é dunha autocompracencia tremenda. Superado? De que feminismo falan? Obviamente non do interseccional, anticapitalista, antiracista, anticolonial, anticapacitista, transfeminista... Unha morea de suxeitos a quen se segue a excluír para que o espazo siga ocupado polos de sempre. 

Cineuropa 3
Ademais desta autocompracencia, obsérvase unha clara falta de honestidade intelectual. O test de Bechdel serve simultaneamente para tinguir de feminismo e para escusar a inclusión de películas machistas culpando, á súa vez, a este test de ser insuficiente.

En varias ocasións fálase da visión ou mirada feminina. Non puidemos evitar preguntarnos que é isto, xa que, desgraciadamente, o termo nos lembraba á sección “feminina” (da Falange). Tampouco que resoase esa mirada feminina como un outro, que se considera desde o centro, do que é universal. E que diversidade inclúe ese termo? A diversidade noméase tamén unha ducia de veces para presumir das bondades do festival, pero parécenos moi claro que o que se fai é terxiversar e baleirar de contido o termo. Semella que por diversidade se entende programar o de sempre, o hexemónico. Películas feitas por e para homes brancos cis heterosexuais, engadindo aquí e alá algunhas películas de directoras, incluso algunha feminista e algunha dalgún país afastado, un toque exótico, revolvendo e decorándoo cunhas boas doses de palabrería pretendidamente progre. Onde queda todo o que está fóra da heteronorma, os relatos feitos por, ou que polo menos inclúen, persoas trans ou disidentes de xénero, persoas con diversidade funcional, os relatos creados desde as marxes? Por só pór un exemplo, unha película tan racista, ademais de androcéntrica, como The Emerald Forest non é compatible con nada que se diga feminista e pola diversidade. 

Cineuropa 4

É indignante e até ofensivo, tamén, que se xustifique que o festival se centre no cinema feito por mulleres “tras valorar a colleita cinematográfica mundial deste ano, onde os filmes dirixidos por mulleres ou cunha temática claramente combativa eran moitos e de alta calidade”. Parece ser que se asume que isto é unha excepción. Como afirma a artista Rut Suso, hai unha crenza patriarcal estendida de que os produtos culturais non feitos por homes (e que gustan a mulleres) son de segunda. E por tanto teñen que demostrar a súa calidade.

Todo isto tendo que aturar que o festival presuma de estar marcado por un feminismo transversal.

O cinema ten un gran potencial como creador e reprodutor de narrativas, de referentes e imaxinarios colectivos. Por iso, o que se programe en calquera sala de cinema, en calquera canle de televisión, en calquera festival de cinema (e máis se é un referente na vida cultural dun lugar, como é o caso de Cineuropa en Santiago de Compostela) non é unha cousa menor. Asumir que un festival, que se di centrado no cinema con mirada “feminina” e marcado por un feminismo transversal, está de feito repleto de cinema con mirada do suxeito con privilexios, o que non forma parte do feminismo, o home cisheteroblanco e de películas totalmente androcéntricas, é desolador. Sobre todo nun panorama como o actual de auxe de extrema dereita e ataques aos feminismos. É desolador que se perda unha boa oportunidade para chegar desde un escaparate grande a moitas persoas. Porque precisamos, urxentemente, outros relatos, narrativas feministas, transfeministas, antirracistas, onde nos poidamos recoñecer todes, que rematen coa hexemonía que oprime e exclúe.

Hai algunha película en Cineuropa que merecese a pena ver? Parécenos que si, pero non é suficiente. De todos os xeitos, igual tampouco habería que pór expectativas en algo que cada ano se vai convertendo nun festival máis grande, co que isto implica. Con grandes patrocinadores e os seus coches de alta gama co logotipo do festival paseando pola cidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.