Okupación
Que voen os paxaros!

O enfrontamento ou a repelencia entre movemento okupa e gobernos municipais son circunstancias óptimas para o adversario común, polo tanto, deberían ser actitudes a evitar.

A Insumisa_2
Actuación musical no CSOA A Insumisa Sara Roca
19 ene 2018 12:37

A situación é a seguinte: o Ministerio de Defensa é propietario do terreo que okupa o CSO A Insubmisa. Defensa, a pesar de manter unha política de liquidación das súas propiedades inmobiliarias, cede agora eses terreos –que tiña ás arañas- ao Concello, á vez que Fomento se ofrece a financiar unhas obras para acondicionar o predio. E para iso hai que desaloxar o Centro Social.

Dende o Concello resaltan que conseguir o investimento de Fomento é importante por tres razóns: unha, para garantir a cesión e evitar así que os esquilmadores do público podan especular con eses terreos no futuro, como xa lograron facer cos aparcadoiros de Mestranza; dúas, para non perder a oportunidade de recibir unha nova infraestrutura a coste cero para as arcas municipais e tres, para dar cobertura institucional ao proxecto do centro social, tendo o barcelonés Ateneu de 9 Barris como modelo.

Antes de confrontar ese relato, fagamos antes unha viaxe mental á Compostela de fins de maio de 2017. Alí, a cúpula da oligarquía de bandeiriña e subvención culminaba o seu último golpe mestre, un golpe que xa levaba tempo argallando o seu brazo mediático, ao longo de meses de infoxicación, creando acusacións contra do movemento okupa, vencellándoo co fenómeno de usurpación de vivendas e con innúmeras actividades ilícitas e culpando ao goberno municipal de Compostela pola falta de man dura cara o dito movemento. Unha vez que lograran crear certo clima de tensión, tocoulle mover ficha á Delegación do Goberno, que sen previo aviso enviou un continxente sorprendentemente numeroso de antidisturbios para lidar co desaloxo e posteriores mostras de apoio ao CSO Escárnio e Maldizer, un conflito, porén, que segundo todo evidencia, non cabe máis que cualificar como nimio. Con todo, a partir de aí as rotativas redobraron os ataques contra o goberno municipal: que se Compostela Aberta estaba do lado da delincuencia, que se non se preocupara pola saúde dos axentes, que se aplaudía a okupación. A montaxe saldouse con ducias de persoas multadas e lesionadas, o distanciamento entre goberno municipal e movementos sociais e a enésima agresión ao dereito á información de todas e todos.

Por que é importante ter en mente o acontecido hai meses en Compostela? Por unha razón moi sinxela: o caso reúne todos os ingredientes do plan que se ten artellado para A Coruña.

O lanzamento de medias verdades e mentiras enteiras contra do movemento okupa é unha das accións de guerra prioritarias para medios como La Voz de Galicia e El Correo Gallego, tanto na Coruña como en Compostela. Non sorprende. O que é de estrañar é que non cargasen antes contra os centros sociais okupados, auténticas escolas de democracia para boa parte da mocidade galega. Pero o caso tamén é calcado por outro motivo: no punto de mira están dous gobernos municipais que esa oligarquía quere derribar custe o que custe.

En canto á Insubmisa, as saídas ao seu impase parecen ser tres: ou se produce o desaloxo voluntario, con vistas a crear un remake do Ateneo de 9 Barris; ou se produce o desaloxo forzoso por parte do Concello para poder asegurar a cesión e mailo investimento ou o Concello abandona a pretensión de conseguir o investimento, afrontando logo o tirón de orellas de Xosé Gago, Rosa Gallego e demais peixes da cidade.

A primeira das opcións parece a favorita do goberno municipal, pero non vai ser posíbel, pois a asemblea da Insubmisa xa decidiu non aceptar esa vía. Unha decisión que parece moi acertada, pois institucionalizar formalmente o fóra é o xeito máis eficaz de neutralizalo. Así aconteceu, por exemplo, co movemento sindical en 1976, cando un PCE inzado de políticos forxados no exilio decidiu formalizar o sindicato máis potente da época, CCOO, establecendo unha dirección, órganos estábeis e a afiliación obrigatoria. A historia posterior non paga a pena rememorala.

Hogano o Ateneu 9 Barris é un centro cultural que funciona a un ritmo vertixinoso, o seu éxito é tal que as entradas para as súas actuacións incluso se poden adquirir a través de Ticketea. Non parece que esa sexa unha saída de continuidade razoábel para un espazo, a Insubmisa, que vai alén dunha oferta meramente cultural, e que organiza, a día de hoxe palestras, obradoiros, xantares, deportes e ata labranza.

A Insubmisa non aposta (só) pola cultura alternativa, aposta por modelos de vida alternativos. A insubmisa é un deses lugares nos que aniñan novos mundos. Como se pode formalizar un proxecto así?

Quizais explique mellor este paradoxo o poema Txoria txori do recentemente falecido Joxean Artze, que dicía: «Se lle tivera cortado as ás/ tería sido meu/ non me tería escapado/ Pero así/ tería deixado de ser un paxaro». Deixemos, por tanto, voar o paxaro!

O que a opción da xestión comunitaria propón é, en realidade deixar en mans da comunidade un ben público. Pero os bens públicos, xa se sabe, non deixan de ser bens privados que pertencen ao Estado e que este pode, ou non, deixar ao desfrute de todas -unha categoría oposta ao ben público/privado é o ben común, é dicir, o que pertence á comunidade. Desde xeito, esta primeira opción, a da xestión comunitaria, aínda presenta unha outra eiva non menos grave: canto duraría tras unha eventual mudanza de goberno municipal? Ou, no mellor dos casos, canto tería que transixir ese hipotético proxecto para seguir en pé cun goberno do PSOE ou do PP?

Por outro lado, o investimento de Fomento tampouco se antolla unha escusa aceptábel, especialmente se se ten en conta que o Goberno que hoxe se amosa tan xeneroso coa Coruña é o artífice da Lei Montoro e da modificación –«con nocturnidade e aleivosía», diría Pérez Royo- do artigo 135 da Constitución. Como se pode explicar que o partido político que máis ten atacado a facenda dos concellos agora teña interese en financiar na Coruña infraestruturas municipais que ninguén precisa?

En canto ao resto de saídas posíbeis, cómpre resaltar que un desaloxo forzoso tería todas as consecuencias negativas da desautonomización, pero engadiría outra situación indesexábel: a do enfrontamento irreconciliábel entre o dentro e o fóra, entre un movemento que aspira a democratizar as institucións municipais e un movemento que aspira a liberar os corpos, entre a academia e a tinalla. Mais tampouco parece que o abandono da tensión e a súa tradución nunha repelencia mutua sexa o mellor escenario de cara ao futuro próximo.

O enfrontamento ou a repelencia entre movemento okupa e gobernos municipais son circunstancias óptimas para o adversario común, polo tanto, deberían ser actitudes a evitar. Abondaría se callar con explorar paradigmas que permitan mudar os marcos dunha relación que debe ser sempre tensa, pero non de inimizade: pode que a simbiose e o recoñecemento mutuo podan ser un bo punto de partida.

Na simbiose ambas partes se benefician da súa relación, como cando o búfalo se deixa quitar os parasitos polos picabois, unhas pequenas aves que, ao permanecer preto dos búfalos, logran disuadir o axexo dos grandes predadores. Aplicar o paradigma da simbiose na nosa cidade permitiría decatarnos de que a coexistencia duns e outros activismos é necesaria para unha transformación social real e o recoñecemento mutuo posibilitaríanos abrirmos o horizonte de posibilidades de mellora da vida das maiorías sociais. Quizais o impulso necesario para conseguir esa mudanza poda xurdir da necesidade de dar solución a un problema común: a guerra aberta que a oligarquía corrupta, espoliadora, especuladora e represiva está librando á vez fronte a un goberno municipal e fronte a un movemento social que, aínda, teñen a virtualidade de espertar ilusións en miles de persoas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
Xan
19/1/2018 22:31

Parabéns pelo artigo, acaido e cheio de grandes e boas reflexões :) ainda que creio poder permitir-me sugerir ao autor que se achegue um pouco mais ao projecto do Ateneu de 9 Barris, da sua história de 40 anos. Querocrêr que essa imagem que eu detecto "reduzida" e quase "caricaturada" do Ateneu de 9 Barris é fruto do desconhecimento e não que o autor queira restar valor aos que ,como mim, pensamos que ter um Ateneu 9 Barris na Corunha seria um sonho e um facto histórico para nossa cidade. Nestes 40 anos de história do Ateneu 9B poderíamos observar como serviu de base e serve para tecer redes de solidariedade no bairro com diferentes gerações de pessoas migrantes (novxs vizinhxs). De como nasceu como okupa nos 70 numa contaminante planta asfáltica, foi adquirida pelo concelho a começos dos 80 mas isso não impide que siga a ser de gestão comunitária o que significa uma grande independência adia de hoje. Claro que desde logo já não se pode considerar tecnicamente "okupa" no sentido de espaço não cedido ou usurpado, mas estaremos dacordo em que a okupação é um ferramenta e , desde logo em Nou Barris, podemos ver (segundo meu ponto de vista) um dos seus éxitos maiores. O autor de olhar com mais atenção esse espaço poderia ver e da enorme implantação e arraigo que tem na Trinitat Nova, não unicamente como espaço de exibição como parece indicar este artigo, se não como realmente ponto de encontro e de criação de cultura de participação, de conexão e reconhecimento inter-geracional, etc.... De como é e foi exemplo para outros muitos espaços semelhantes em toda a cidade, etc, etc....

Este artigo já tem uns anos, mas pode servir para puder intuir o espírito desses 40 anos! https://elpais.com/diario/2007/01/21/eps/1169364414_850215.html

6
0
Carlos Díez
19/1/2018 14:47

Hai unha diferencia fundamental entre a Insumisa e o Maldizer. O segundo é un edificio privado que entrará no mercado especulativo. A insumisa é un edificio de titularidade pública, agora do Concello da Coruña. Que sexa do concello quere dicir que é da cidadanía, de toda a cidadanía, non só da que xestiona a Insumisa. E ese é un matiz importante porque un movemento okupa loita por recuperar espazos para a cidadanía okupando espazos privados.

Aquí hai unha oportunidade de coller eses terreos, arranxalos coa inversión de Fomento e ter un espazo autoxestionado de titularidade municipal. Fronte a iso hai un grupo reducido e minoritario que quere seguir alí facendo o que lles pete. Se as naves da Mestranza estivesen á venda para especular, eu estaría o primeiro loitando para que non fora así, pero non é o caso, así que me pregunto cal é o obxectivo real da xente que está alí.

14
24
Leon Goretzka
19/1/2018 22:58

Amigo Carlos, creo que vostede descoñece o funcionamiento do CSO A Insumisa porque a xestión do espazo non corresponde a un ente concreto senon á asamblea e a xente que se interesa nel, hai moitos que estivemos nos primeiros meses e por diversos motivos (traballo, estudos, etc) deixamos de acudir á asamblea, igualmente entrou nova xente con folgos e ideas e seguirá sendo así conforme o espazo siga en pé. Decir que o espazo pertence únicamente a un grupo reducido que fai o que lle peta e pensar que nunha xestión tutelada polo Concelo isto vai ser mellor paréceme atrevido e desafortunado no mellor dos casos, e se pensara mal de ti chamaríate hipócrita mais non te coñezo de nada así que pensarei que a túa opinión é "naive" e fruto do descoñecemento do funcionamiento do espazo. A Insumisa é máis libre e aberta a cidadanía que en calquer outra fórmula posible, outra cousa é que exista xente na cidade con prexuizos, ou que non se atreva ou que no lle interese participar.

Por outra banda, os exemplos de espazos como o Ateneu en Barcelona únicamente son plausibles en grandes cidades con mais de 20 ou 30 centros sociais okupados onde a perda hipotética - ou hibridación - dun espacio independiente é ata certo punto asumible polo remantente de CSOs. Nunha cidade pequena como é Coruña o CSO Insumisa é insustuíble porque é o único espazo das súas características, ademais xa existen proxectos ou espazos de xestión mediada como o Proxecto Cárcere ou o Lab.

10
5
Carlos Díez
21/1/2018 12:29

Ocupad la Casa Cornide y así tendríais un impacto brutal en la ciudad por todo lo que representa. Ya demás cumpliría el objetivo de lo que es el movimiento okupa.

Que sea asambleario no lo hace más abierto, porque sabes perfectamente que un CSO no atrae a todo el mundo, tiene una tendencia ideológica muy concreta que difícilmente va a suponer que todo el mundo se acerque y participe con igualdad.De hecho están deciciendo muy pocas personas de la Insumisa sobre un espacio que es de titularidad pública, de toda la ciudad, y poniendo al concello de la Marea entre la espada y la pared, haciendo el juego al PP, PSOE y La Voz de Galicia, y todo para defender un supuesto mejor uso de las instalaciones, algo que no debería depender de la decisión de una asamblea reducida.

La Insumisa ya logró su objetivo teórico, que es el de liberar a un espacio de la especulación inmobiliaria. Ahora toca aprovechar que hay un gobierno municipal que quiere aprovechar esas instalaciones para un uso público cogestionado, no un centro cívico que es otra cosa.

1
4
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.