Municipalismo
Abanca Riazor, un nome que escoce

O Estadio Municipal da Coruña chamaráse até 2025 Abanca Riazor. Un gol simbólico que exemplifica os límites do poder dos ‘concellos do cambio’

Abanca Riazor. O Estadio Municipal de Riazor co nome que levará ata 2025
O Estadio Municipal de Riazor co nome que levará ata 2025 Pablo Santiago
Galiza
13 sep 2017 08:45

“ Non somos mercadorías nas mans de políticos e banqueiros”, berraba o 15M, predecesor da victoria, en xuño de 2015, dos ‘concellos do cambio’. Dous anos máis tarde o goberno municipalista da Marea Atlántica concedeu ao Deportivo da Coruña a posibilidade de que, mediante un acordo financeiro con Abanca necesario para a supervivencia do clube, o Estadio Municipal de Riazor pase a denominarse, até 2025, Abanca Riazor. O Concello aforra co acordo aproximadamente seis millóns de euros en mantemento e reformas no estadio ás que se comprometeran gobernos anteriores, ademais de obter outras contraprestacións menores.

frustracións
Seguramente o nome do campo dun clube de fútbol de primeira división sexa o lugar do municipio máis nomeado nos medios de comunicación nacionais e internacionais

A nova é indixesta para os sectores máis achegados a Marea e xera algunhas análises críticas, coma sinalar o acordo coma un acto de covardía. Teñamos presente que o nome do campo dun clube de fútbol de primeira división é seguramente o lugar do municipio máis nomeado nos medios de comunicación nacionais e internacionais. E que moitas das participantes e simpatizantes de candidaturas electorais como a coruñesa son persoas comprometidas con causas como a banca ética e a economía solidaria, loitas contra a especulación financeira ou as plataformas de afectadas pola estafa das preferentes. Non nos sorprende que a nova provoque frustracións e reaccións airadas. Así e todo, convén fuxir de lecturas maniqueas que, aínda que comprensíbeis, aportan pouco para entender e transformar mellor unha realidade que é, coma todo feito humano, enormemente complexa e contraditoria.

O simbólico importa

No marco das políticas de impulso ao consumo consciente en Barcelona ten lugar unha nova actividade, a Feira de Nadal do Consumo Responsábel e a Economía Solidaria. Desde hai dous anos o principal espazo público da cidade —Plaça Catalunya— vese ocupado por postos e actividades que fomentan outro modelo económico.

Nos anos anteriores á chegada ao goberno de Barcelona en Comú, a praza era ocupada cada Nadal por unha pista de xeo, un exemplo paradigmático dun modelo de ocio consumista, contaminante e clasista (o acceso á pista era de pago). A nova proposta, ben diferente, mantense malia as fortes presións mediáticas na súa contra. Non sendo menor a importancia efectiva da feira, pola que pasan máis de cen mil persoas cada ano, é moi destacábel o seu valor simbólico: a que tipo de actividade concede un goberno o espazo máis importante da cidade nunhas das datas máis sinaladas do ano. Reforza a análise o pequeno orzamento da feira, arredor dos cen mil euros anuais. Namentres, a axuda municipal ao Circuito de Montmeló seguía sendo de 2,5 millóns de euros (2016). Por moito que o apoio económico ao circuito fose reducido a case a metade no primeiro ano da nova alcaldía, e por moito que a intención do goberno sexa a de seguilo reducindo paulatinamente malia a presión dos lobbies, a comparación é impactante.

Non se trata de minimizar ao simbólico as posibilidades dun goberno municipal. En campos como a transición enerxética ou a economía solidaria as accións en Barcelona transcenden o terreo do divulgativo, con investimentos en catro anos de 130 e 24 millóns de euros respectivamente. O obxectivo da feira consiste en destacar a importancia do simbólico a través dun exemplo positivo. Como o que representa a cesión do goberno coruñés do seu lugar no palco VIP de Riazor a entidades sociais da cidade.

Unha lenta partida de xadrez

A miúdo as propostas electorais pecan de exceso de épica nas súas mensaxes, como exemplifica aquel lema de “Vai subir a marea para mudalo todo”. E daqueles pos veñen agora estas lamas en forma de frustracións e desenganos.

Malia a declarada receptividade do goberno coruñés, o único avance que se coñece en promoción de alternativas como a banca ética é divulgativo

Podemos agardar que se vaian freando algunhas políticas, como as subvencións públicas ás carreiras de Fórmula 1; que se teñan que asumir outras, coma o caso do nome do estadio na Coruña u a celebración do Mobile World Congress en Barcelona; e que se implementen outras innovadoras como algunhas das citadas anteriormente. Mais non é realista que se poida “mudar todo”, e menos en pouco tempo.

No municipalismo e á súa relación coa banca destacan políticas como as multas de Barcelona á grande banca por manter fóra do mercado pisos baleiros. En promoción de alternativas como a banca ética, no caso coruñés, malia a declarada receptividade do goberno, o único avance que se coñece é divulgativo, e consiste na inclusión da temática na oferta de actividades divulgativas municipais. Concellos como Donostia ou Barcelona demostran que é posible ir máis alá, contratando créditos á cooperativa de banca ética Fiare por valor de varios millóns de euros. Mais hai que incluir na análise que as limitadas capacidades dos bancos con valores impídenlles estar en todas as frontes, como argúe o Concello da Coruña explicando que tentou sen éxito a participación de Fiare, Triodos e Caixa Rural nun concurso público.

Expectativas realistas

Na Coruña unha grandísima parte da sociedade local sinte os intereses do Deportivo coma propios, polo que unha posición ríxida “contra o Dépor” podería supor un elevado custe electoral que poría en risco logros como a renda social municipal ou as novas políticas de vivenda social. Seguramente resulta moito pedir para un goberno novo e en minoría liderar batallas coma a que nos ocupa sen o apoio e a presión de medios de comunicación potentes que poidan trasladar outro relato, sen alternativas bancarias á altura (malia o esperanzador crecemento da banca ética nos últimos anos), e sen axentes sociais capaces de incidir nos grandes debates. Lembremos que rara vez alguén cuestiona con forza na cidade a actual cesión pública do estadio ao Deportivo por 50 anos ao prezo simbólico dunha peseta anual.

Poderíamos aplicar un dito que se di nestas terras: “As milagres, a Caión”. Porque, como mostra este exemplo, gañar algúns gobernos locais non é, nin moito menos, gañar o poder. E para poder afrontar con garantías de éxito retos maiores fai falta seguir avanzando posicións en todas as frontes: cultural, organización social, alternativas socioeconómicas, e tamén no poder político. Porque toda mudanza é, por si soa, condición necesaria mais non suficientes dos cambios profundos ás que aspiran as propostas transformadoras. Por todo isto as expectativas razoábeis, a paciencia e a perseveranza son ingredientes imprescindíbeis para non caer en tentacións como o desánimo e a desesperanza. Incluso cando toca “tragar sapos” indixestos como o de Abanca Riazor. Que, para que negalo, proe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión El pesimismo es contrarrevolucionario
Muchas cosas no encajan en la épica de grandes victorias y derrotas: las redes ciudadanas, la defensa de derechos sociales y económicos o las múltiples estrategias de solidaridad que sostienen la vida cotidiana.
Derechos reproductivos
Ofensiva antiabortista Unidas Podemos Plasencia denuncia que la Concejalía de Igualdad está financiando asociaciones antiabortistas
UP Plasencia señala que Igualdad subvenciona con dinero público a Red Madre, de la que está detrás políticos populares como Benigno Blanco, ex Presidente del Foro de la Familia y ex Secretario de Estado con Aznar.
Municipalismo
Manipulación de presupuestos Denuncian que el Ayuntamiento de Olivenza manipula los presupuestos participativos
Izquierda Unida Olivenza denuncia que el Ayuntamiento (PSOE) ha mandado papeletas a los vecinos con votos ya marcados, involucrando incluso a menores de edad de centros educativos de Primaria y Secundaria de la localidad.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que es caro)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Gasto militar
Rearme Pedro Sánchez anuncia un aumento del gasto militar de más de 10.000 millones de euros
El presidente del Gobierno ha anunciado la intención de cumplir este año con el objetivo de invertir el 2% del PIB en Defensa, para lo que se van a gastar 10.471 millones de euros.

Recomendadas

Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Sáhara
Culturas El idioma de Cervantes sigue resonando en las arenas del Sáhara
El español se ha convertido en una forma de resistencia de la identidad cultural saharaui frente al borrado del ocupante, pese a muchas dificultades.
Culturas
Culturas En la industria editorial el libro ya es lo de menos… pero leemos más y mejor que nunca
Expertos, editores y libreros analizan cómo el libro-evento y los denostados como “libros-basura” sostienen un sector en el que, por otra parte, los números dicen que leemos más y con más variedad que nunca.