Movimiento vecinal
A quen mira por nós

Auto-organización civil coruñesa durante a crise do Covid-19.

Corentena coruña 4
Mascariñas cosidas e repartidas polo grupo “Cose na Casa” dos G.A.M. da Coruña. Óscar Górriz
5 may 2020 09:00

Está rematando xa unha primavera que nos foi roubada. Ao mesmo tempo, comeza a recuperación da liberdade de movemento e camiñamos cara a fases menos restritivas de illamento social. Estes días daranse tamén pequenos pasos que reiniciarán con moitas restricións algúns sectores económicos que ficaban conxelados pola declaración do estado de alerta por mor da crise do Covid-19.

Primeiros de Maio do ano do Coronavirus

A Economía con maiúsculas, a do capital supra-territorial, o que ten poder para tensar ao estado en calquera situación, fixo presión dende o principio para que a crise lle afectase o menos posible. Mentres, nas cidades e nas vilas as rúas estiveron baleiras e o consumo local caído durante case dous meses de establecementos e pequenos comercios fechados. Son os lugares comúns de toda crise, sempre. Debido a isto, e inversamente á sensación de liberdade e recuperación da normalidade que trae aire á maioría da poboación -a da chamada “des-escalada”-, a realidade é que estamos comezando unha escalada grave que nos conduce a unha crise de sustentabilidade da que aínda non chegamos a comprender a súa verdadeira dimensión.

Hoxe mesmo, nos nosos barrios, o illamento social e a falta de axudas están xerando xa situacións de crise humanitaria para moitas familias.

Corentena coruña 2
Vista da cidade en confinamento. O Barrio das Flores. Óscar Górriz

A situación ten a algúns axentes sociais desbordados

As axudas do estado non dan cuberto todos os casos de persoas que xa estaban no límite e que agora durante o confinamento entraron en situación de pobreza. Alén diso, no horizonte albíscase unha treboada que chegará mais cedo que tarde: o momento en que propietarios de vivendas, bancos, empresas e o mesmo estado retomen o cobro de alugueres, créditos, recibos esenciais e impostos que foron adiados estas semanas. Para situarnos ben, lembremos que esta crise estalou xusto no momento en que a capacidade de aforro da poboación aínda era feble e hoxe hai moitos fogares nos que a carencia de axudas dificulta aos seus membros poder preservar dereitos básicos, como acceso a unha alimentación saudable, á electricidade, a educación ou a internet, entre outros.

A pé da crise, en Coruña hoxe os servizos sociais, tanto os oficiais coma o tecido asociativo civil, están ao límite ou desbordados. O banco de Alimentos, unha grande central encargada de recoller almacenar e entregar recursos alimentarios durante todo o ano para o resto de axentes sociais, está traballando a tope de rendemento ou por riba da súa capacidade. A comida que entra no Banco de Alimentos ven de doazóns privadas, de establecementos, grandes superficies e compras masivas de produto básico por parte do estado, entre outras. A Cociña económica, Cáritas, Protección Civil, reciben comida do Banco.

Javier, colaborador do Banco de Alimentos e encargado de recollidas de doazóns, asegura que “normalmente en Coruña ninguén queda sen comer e sen cama”, existen múltiples asociacións e fundacións traballando nunha rede de asistencia ás familias que inclúe acceso aos servizos sociais, alimento, asesoramento legal, ou teito. “Antes da crise atendíamos aproximadamente ao 10% da poboación da Coruña”, di Javier. “Sobre unhas 27.000 persoas. Agora nesta situación chegamos ás 35.000”. Xa dende os primeiros días da crise e con boa previsión, o Banco acadou un acordo con todas as institucións, de xeito que as axudas estes días non se filtran por listas baseadas en renda. Agora Servizos sociais pide e o Banco móveo, sen mirar a quen.

A comida no Banco recóllea protección civil, asociacións e grupos de voluntariado, que a fan chegar a quen a precisa. O concello concedeu precisamente estas semanas centos de permisos para voluntariado que realizan toda unha serie de actividades como esa: facilitar comida, desprazar a persoas necesitadas, etc. En teoría todo pasa polo 010 e os traballadores sociais, pero na práctica non chegan a todos os casos.

“Antes da crise atendíamos aproximadamente ao 10% da poboación da Coruña”, di Javier. “Sobre unhas 27.000 persoas. Agora nesta situación chegamos ás 35.000”.

Por sorte, unha parte da veciñanza da cidade acumula a intelixencia e experiencia colectiva necesarias que está tecendo na práctica unha rede de soporte á vida que axuda a paliar o impacto da recesión e o recorte de dereitos fundamentais que se están a vivir nos fogares coruñeses. Paralelamente aos servizos sociais oficiais, hoxe hai unha primeira liña de soporte para as persoas en situación de emerxencia, baseada na auto-organización veciñal e o uso social das tecnoloxías dixitais e colectivas.

GAM_ultima
Imaxe do Mercado Municipal de Elviña durante estes dias de estado de alarma. Óscar Górriz

GAM: Grupos de Apoio Mutuo

Gabriela colabora co Grupo de Emerxencia Alimentaria da rede dos G.A.M., (Grupos de Apoio Mutuo). Son unha ampla rede de activistas independentes, na súa meirande parte mulleres, persoas que coidan persoas. Traballan dende as súas casas coordinadas tamén nos barrios para resolver emerxencias que non están chegando ás canles oficiais de asistencia do Concello.

O traballo previo de Gabriela como activista, dando soporte a mulleres vítimas de maltrato e nos movementos globais pola non violencia, dálle un grado de experiencia en auto-organización colectiva e mobilización de recursos. Hai días que emprega boa parte do seu tempo axudando en casos de urxencia que lle chegan a través dos grupos de Telegram nos que se comunican e coordinan un grupo de activistas de toda a cidade.

O Grupo de Emerxencia Alimentaria no que ela colabora, trata de solucionar de urxencia as necesidades alimentarias básicas para persoas que se atopan en situación de emerxencia. “Normalmente é dun día para outro. Se non atendo isto hoxe, esa persoa ou esa familia mañá non come”, explica mentres atende no chat varios casos que se comprometeu a xestionar durante a fin de semana. Estes días, xunto co resto do grupo axudaron especificamente a 4 familias.

A estrutura destes grupos é descentralizada: Ademais de haber varios transversais como o de emerxencia alimentaria, o de dereito á vivenda ou o de comercio local, hai arredor de 14 grupos de apoio de barrios na zona urbana de Coruña. Algúns grupos de barrio como os do Agra e Montealto son nos que xeralmente hai máis traballo, por que son barrios obreiros de traballadores ou migrantes nos que moitas familias están en situación peor. Todos os grupos son autoxestionados e conforman a base para a identificación de situacións extremas que os servizos sociais da cidade non chegan a identificar, pero como colectivo en si, os G.A.M. non teñen unha forma xurídica legal, polo que en teoría non poden acceder oficialmente aos medios que facilitan as entidades da rede asistencial da cidade, como o Banco de Alimentos. Son invisibles administrativamente, aínda que algúns dos voluntarios que se deron de alta no concello si están colaborando nos grupos.

Corentena coruña 3
Atardecer nun barrio céntrico durante o confinamento. Óscar Górriz

Como funcionan os GAM?

Cando algún voluntario recibe o contacto dun caso urxente, reenvíase a información ao grupo do barrio correspondente no que se encontra a persoa ou familia demandante de axuda. En cada barrio hai persoas voluntarias que tratan de que se poida resolver canto antes. As primeiras medidas paliativas son o acceso a comida, mercada preferentemente nas tendas de barrio para favorecer a economía de proximidade. Como medio de previsión, gardan víveres en pisos de referencia en cada barrio, repartidos xa en bolsas con alimentos non perecedoiros, que se complementan logo con frescos mercados no momento. O diñeiro que usan para estas emerxencias ven de doazóns que chegan de toda a cidade, e estanse creando caixas de resistencia nalgúns comercios locais que se adhiren á rede.

Ao mesmo tempo que atenden as urxencias relativas a cada caso, diríxese ás persoas aos servizos sociais, facilitándolles información que teñen recompilada e organizada. Os chats internos ferven e cada día entran novos casos.

Cando algún voluntario recibe o contacto dun caso urxente, reenvíase a información ao grupo do barrio correspondente no que se encontra a persoa ou familia demandante de axuda. En cada barrio hai persoas voluntarias que tratan de que se poida resolver canto antes.

“Quen mais está chamando son migrantes”, di Gabriela, que describe aos G.A.M. como un verdadeiro bastón para o Concello estes días, unha organización civil descentralizada que na práctica está a facer a labor dunha ONG. Como toda crise, esta afecta máis ás familias máis desarraigadas e ás que previamente estaban xa no límite. “Tamén a xente que está en ERTES ou sen emprego e aínda non cobraron ou non teñen recursos abondo. Hai de todo, pero todos os casos que atendemos esta fin de semana son persoas migrantes. Xente que non ten papeis”, engade. Ela atendeu 4 casos de urxencia alimentaria a familias. Unha delas eran persoas sen traballo, sen papeis e sen ingresos. Levaban sen comer un día. Outro caso foron persoas que chegaron con permiso de traballo e estaban en proceso de ERTE e sen cobrar.

Hai moitos tipos de emerxencias. Algunhas son por causa de bloqueos burocráticos da administración, outros son casos de xente maior que non ten apenas mobilidade ou acceso a cousas esenciais no medio do illamento e non saben con quen falar. Tamén están habendo situacións de maltrato, de abandono do fogar e, aínda que non estea permitido legalmente botar a ninguén da súa casa durante o confinamento, están acontecendo desafiuzamentos ilegais por impago do aluguer. Algúns casos son persoas que non teñen acceso a internet, moitas delas levan asociadas situacións de pobreza dixital, o que impide que o acceso a información, ou o que é peor: ás veces non queren pedir axuda aos servizos sociais ou a veciños por vergoña social ou de clase, e nalgúns casos non saen a procurala ate que non están ao límite.

“Os grupos de axuda non entenden de clases”, afirma Gabriela. “Axudamos a quen o precise. Aí fora, nalgunhas familias hai moitísima vergoña, pero comer é un dereito, no deberan ter vergoña. Vergoña habería que tela para roubar, non para pedir axuda. Estamos para darnos a man, deixar ver a humanidade que temos, que a solidariedade existe, indo xuntas”. Para ela, colaborar co grupo de emerxencia alimentaria e con todas esas persoas, descoñecidas entre si,que deixan a súa tranquilidade a un lado para axudar á xente a se manter dignamente é un orgullo que lle enche de felicidade. Emociónalle.

Corentena coruña 5
Gabriela traballa nun caso de emerxencia alimentaria desde a súa casa. Óscar Górriz

Persoas, máis que casos

Detrás de cada caso hai historias humanas, algunhas delas moi duras. Durante os días pasados, algunhas persoas que axudaban chegaron ao límite emocionalmente e precisaron coller aire por uns días para se recuperar. A implicación de moitas é grande e toca o corazón. O conxunto da rede cóidase mutuamente, danse ánimos e cóbrense unhas persoas a outras para continuar adiante co traballo, que non pode parar.

Gabriela tamén acolleu estes días a Alexis e Javi na súa casa. Son unha parella chegada de Colombia hai tres meses vía Madrid, onde pediron asilo político. No seu país sufrían unha situación grave de acoso homófobo por parte dun grupo de persoas do seu barrio, segundo comentan, unha situación perigosa. Sentían ameazada a súa integridade e ate a das súas familias. Chegaron a perder os seus traballos. No seu país Alexis traballaba nunha cadea de ópticas coñecida e Javi era garda de seguridade nun supermercado. “En Colombia os grupos paramilitares, as guerrillas, as mafias, ademais da violencia estrutural, participan maiormente da violencia e o acoso anti-LGTBI. Alí, aínda que temos unha lei que nos protexe, na rúa non funciona así”, explica Alexis. Por iso cando chegaron decidiron pedir asilo e ficar en España.

Tras iniciar os trámites para obter a tarxeta vermella que lles permitiría procurar traballo legal, desprazáronse a casa dun familiar en Monforte onde se empadroaron para pedir o Risga. Mais tarde decidiron desprazarse a Coruña a buscar traballo e alugar un cuarto na casa dunha muller. Era o mes de Marzo e contaban con poder comezar a traballar xa a metade de mes. Pero xusto o día 14 decretouse o estado de alarma, polo que quedaron atrapados cunha habitación por pagar e sen cartos para poder nin se quer mercar o esencial. A dona da casa, sabendo que non tiñan a onde ir, pediulles que se marcharan por que precisaba o diñeiro. Os pisos de acollida das asociacións estaban cheos e soamente quedaba sitio no albergue que o Concello da Coruña montou no pavillón de Riazor.

Corentena coruña 6
Alexis e Javi na súa casa de acollida. Óscar Górriz

Durante este tempo estiveron en contacto con dúas traballadoras sociais, as cales explicáronlles que a súa situación non era doada de resolver por estar xa empadroados fora. Todo isto tenos aínda hoxe nun bloqueo burocrático complexo de cara a poder recibir asistencia na súa situación.

Por sorte para eles, na cociña económica coñeceron a Gimena e Mari Tere, quen, entre outras axudas, recomendáronlles poñerse en contacto cos G.A.M. En canto chegou o caso aos Grupos de Apoio Mutuo moveuse a información e por sorte a propia Gabriela tiña libre un cuarto. Aos poucos días chegaron á súa casa, agochados no coche doutro colaborador para non seren vistos polas patrullas da policía durante a viaxe. Agora teñen un espazo propio con certa intimidade e desprázanse dúas veces á semana á cociña económica.

Alexis está preocupado e trata de saber como se desenvolverá toda esta situación, non só por non querer abusar da situación de acollida, se non principalmente por que non ten a certeza de que a cousa mellore pronto e poidan conseguir un traballo que lles permita alugar un cuarto e continuar coas súas vidas.

O cárcere do illamento na periferia urbana e a crise por vir

Maika traballa de asistente administrativo nos Servizos sociais de Culleredo, e aporta información importante sobre a situación que están a vivir algunhas zonas urbanas próximas á Coruña como a de Vilaboa ou o Burgo, que son as poboacións nas que a subsistencia faise máis complexa para familias con carencias económicas importantes. Se ben no ámbito rural do concello é máis doado que a xente se sosteña, ben pola axuda de veciños, pola capacidade de auto abastecemento, ou en xeral pola cultura rural de autosuficiencia, os coidados e a axuda mutua non están no ADN social das zonas urbanas deste concello tan diverso, un dos máis grandes da provincia.

Segundo Maika, unha das causas é o illamento natural que xa se producía en poboacións-dormitorio coma estas, onde a meirande parte das familias dependen do seu traballo fora e non se xeran relacións de proximidade entre a veciñanza. No seu edificio, pon como exemplo, son 24 portas nas que ninguén se coñece. O Concello non ten todos os recursos que precisaría. “Viría ben contar cunha ou dúas traballadoras mais. Culleredo ten unha estimación non oficial de preto de 35.000 habitantes, e xa traballando normal é moitísimo traballo”, asegura. “Dende o ano pasado chegou tanta xente migrante sen recursos, que cada semana atendían a 5 ou 6 familias numerosas chegadas de fora”, explica. Nas zonas rurais é mais doado que un veciño faga saltar unha alarma, e os servizos sociais están chamando tamén cada semana á xente maior para saber como están, como evolucionan coas distintas fases da corentena, pero se non hai alertas non poden acceder. “non temos unha variña máxica”, lamenta. “Seguramente haberá moitas mulleres que estean a pasalo mal por violencia de xénero. Haberá tamén xente illada e sen apenas familia”.

Segundo Maika, unha das causas é o illamento natural que xa se producía en poboacións-dormitorio coma estas, onde a meirande parte das familias dependen do seu traballo fora e non se xeran relacións de proximidade entre a veciñanza.

Un dos maiores problemas está na vivenda, cos prezos nas zonas urbanas igual de inflados que na Coruña. “Logo acontece que algunhas axudas non chegan ás persoas por que non poden cumprir con toda a documentación que se lles pide. Facelo ben require unha serie de recorridos por oficinas de Facenda, Seguridade Social, bancos, etc. Algúns deses papeis custan diñeiro e requiren desprazamentos que hoxe son imposibles. Para resolver moitos casos precísase diñeiro, coñecemento e tamén certa axuda, dependendo da idade ou nacionalidade da persoa. Logo tamén pode que non che concedan a axuda por que non cumpres todas as condicións ou falta algún documento. Se vai pola Xunta aínda é peor”, explica. “É bastante complexo todo”. Maika fala tamén da incapacidade de moitas familias de acceder a computadores ou conseguir acceso a internet para resolver xestións, que se converten en verdadeiros recursos de luxo.

“Por agora aínda están chegando axudas do goberno. Pero despois vai ser o peor, cando cheguen as facturas adiadas de luz, alugueres, etc. A partires de xullo todo o mundo vai querer cobrar. E iso vaise facer dun xeito ou outro”, explica. “Quen ten Risga parece que pode ir tirando, ou por axudas á vivenda, pero cando pase isto será cando os servizos sociais sufran un verdadeiro desbordamento”.

Cando estalou a situación do estado de alarma o tema da vivenda xa prometeu converterse nun problema moi grave. Segundo explica Diego, colaborador dos G.A.M. en Coruña, actualmente hai rexistradas perto de 100 familias en risco de non poder pagar o aluguer nos vindeiros meses. O Grupo de Dereito á Vivenda está participando nunha plataforma emerxente a nivel estatal, en conexión con Madrid e Barcelona, que quere promover unha “folga de aluguer”. Trátase de que as familias non asuman solas esta situación, e de sumar forzas e recursos para presionar, de xeito que se visibilice o problema. “Tanto as carentes medidas institucionais como a situación dos prezos de aluguer están xerando casos de impago”, explica Diego. O sector inmobiliario é un melón que o goberno non está querendo abrir. Os grandes propietarios levan anos distorsionando un mercado que xa se atopa nun rango de prezos abusivos para unha comarca como a da Coruña. “As institucións tratan de preservar hoxe os beneficios dos rendistas, e logo aumentarán o endebedamento con créditos que logo vanse cobrar, nun escenario que vai ser brutal”, remata Diego.

En todo caso, segundo valora, “hai moita xente activándose agora mesmo, e iso é importante”. Unha das cousas que precisan son doazóns económicas para poder dar medios ás familias ás que axudan. Polo demais, van seguir poñendo os seus recursos, tempo e metodoloxías de organización ao servizo das persoas que o precisen.

O Grupo de Dereito á Vivenda está participando nunha plataforma emerxente a nivel estatal, en conexión con Madrid e Barcelona, que quere promover unha “folga de aluguer”. Trátase de que as familias non asuman solas esta situación, e de sumar forzas e recursos para presionar, de xeito que se visibilice o problema.

Diego remata cunha análise de futuro próximo. “Lonxe de que se estean reducindo os casos, están aumentando. As medidas a medio prazo implican movementos en todos os sectores. Por parte das institucións é precisa unha implicación moito maior. Fan falla políticas moi audaces, pero é fundamental tamén aumentar o tecido comunitario, as mobilizacións sociais e dende os barrios teñen que seguir aí para axudar a paliar os efectos do que está por chegar”.

DATOS DA ACTIVIDADE DOS GAM NA CORUÑA DESDE O COMEZO DA CRISE ATA O 4 DE MAIO:
● 12 Grupos de barrio creados.
● 1500 persoas inscritas nos grupos de Telegram.
● Aproximadamente 200 persoas activas cooperando.
● Perto de 3500 mascariñas cosidas e repartidas por toda a cidade e 570 gorrossanitarios.
● 105 familias atendidas en Emerxencia Alimentaria.
● 100 casos rexistrados en risco de impago de aluguer.

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Non sempre ter moitas luces é sinónimo de intelixencia
Que impacto ecolóxico e social produce a iluminación do Nadal de Vigo? A cidade sofre máis aló da masificación, o caos de tráfico, as molestias á veciñanza, o malgasto ou os recortes en orzamentos de emerxencia social.
Pontevedra
Ecoloxismo Unha investigación revela alta contaminación por nitratos en augas superficiais da comarca do Deza
Os resultados da análise de Ecoloxistas en Acción, con máis de 80 puntos de mostraxe, reflicten concentracións xeneralizadas e moi altas de NO3. Só o 19% das augas superficiais analizadas están “fóra de toda sospeita”.
Galego
Dereitos lingüísticos Miles de persoas desbordan a praza da Quintana para mudar o rumbo da lingua galega
A Plataforma Queremos Galego, que convocou esta mobilización, sinala unha nova data para outro acto protesta: o vindeiro 23 de febreiro na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
#59426
5/5/2020 11:31

"Activistas independentes" de quen? Coido que as persoas pertencen a colectivos e organizacións e así se comenta no artigo sen entrar.
Por outra banda, segue a sorprenderme a naturalidade con que se asume a existencia dos Bancos de Alimentos de FESBAL que son, esencialmente, unha manobra a favor das grandes empresas dirixida polo Opus Dei.
En fin... Recomendo darlle unha volta ao tema xunto a "Ciudadanismo" de Manuel Delgado.

3
6
#59452
5/5/2020 13:57

Ola. Lonxe de eloxiar, este artigo contextualiza con información facilitada por un colaborador do Banco, para situar as redrs de asistencia da cidade, antes de falar sobre os Grupos de Apoio Mutuo. Non leva a intención nin as palabras que procuren encumbrar ás organizacións que o sosteñen. O que non se pode facer é deixar de asumir a existencia de algo que existe, mais aló da capacide do informante. Sobre a historia detrás do banco, xa existen artigos que dan boa conta desa información que engades, neste mesmo diario.

Polo demais, entendo que a análise que fas sobre ese detalle, dentro de todo o resto de información, xa serve para que quen informa mereza o trato insolidario que lle proxectas. Mala sorte temos estes días.

Saúde.

3
1
#59480
5/5/2020 18:12

"xa serve para que quen informa mereza o trato insolidario que lle proxectas."
Distingo contido de continente igual que mensaxeiro de mensaxe, gracias. Insisto en que "autoorganización", "independentes" sin adxectivos que quedan moi pouco apropiados nesta rede "espontánea". Tan boa non será a información cando apenas se menciona de onde veñen todas esas persoas "con experiencia" e o que teñen el común.

0
0
#59478
5/5/2020 18:04

Por desgraza, non é o único "detalle" so que alude o exemplo do Banco de Alimentos. Por algo comeza con "activistas independentes?". Adeu.

0
1
#59536
6/5/2020 14:49

Disculpa, pero non consigo comprender a suspicacia nin a mensaxe de fondo ou enfado que te inqueda. O que non podo permitirme é estar tratando de entenderte nunha conversa que só semella procurar desacreditar este traballo. Convídote a que escribas ti mesmo e des saída a esas suspicacias. Tamén podes enviarme un correo a ogorriz@gmail.com e tratar de empregar unha retórica mais clara. Se cadra chego a te comprender e gañamos todos.

Descarta desde logo que vaia redactar para ti baixo demanda. Agardo que comprendas ese principio de liberdade.

Por se persisten as suspicacias, descoñezo as situacións internas en calqueira grupo dos que falo, por que iso non aporta á mensaxe que quería trasladar de solidariedade entre persoas, algo que ti segues sen practicar conmigo.

Supoño, de novo, que o esforzo realizado non te satisface. Mágoa.

1
0
Genocidio
Genocidio El TPI emite la orden de detención contra Netanyahu y Gallant por crímenes de guerra
La Sala de Cuestiones Preliminares del TPI rechaza las impugnaciones de competencia formuladas por el Estado de Israel y emite órdenes de arresto contra Benjamin Netanyahu y Yoav Gallant.
COP29
Cumbre del clima La COP29 encara su última jornada con un final agónico sin acuerdo en los temas clave
Los borradores de los textos de negociación sobre la mesa quedan muy lejos de un acuerdo sobre financiación climática en línea con las necesidades para que el planeta no rebase los 1,5ºC de calentamiento medio.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Turismo
Opinión Abolir el turismo
VV.AA.
Lleguemos a donde lleguemos, no puede ser que sea más fácil imaginar el fin del capitalismo que el fin del turismo.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el CAED de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el Estado español.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Violencia machista
25 de noviembre Con el lema “Juntas, el miedo cambia de bando”, el movimiento feminista llama a organizarse este 25N
En un año en el que ha vuelto al primer plano el debate público sobre la violencia patriarcal sistémica que siguen padeciendo las mujeres, la marcha del 25 de noviembre vuelve a las calles el próximo lunes.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Paro del profesorado Nueva jornada de huelga en la educación pública madrileña
Este jueves 21 de noviembre el profesorado se vuelve a levantar contra las políticas del gobierno de Díaz Ayuso, que mantiene paralizadas las negociaciones para mejorar sus condiciones laborales.
València
dana A las 20:11, era tarde
Todavía conservamos el horror de cientos de coches amontonados y arrastrados por la riada. Es por esos millones de turismos y sus emisiones ─aunque no solo─ que vivimos en un planeta que se está calentando demasiado rápido.

Recomendadas

Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
València
Dana y vivienda “La crisis de vivienda multiplicada por mil”: la dana evidencia el fracaso de las políticas del PP en València
La dana ha dejado a miles de familias sin hogar. Ante la inacción de las instituciones, han sido las redes familiares las que han asumido el peso de la ayuda. La Generalitat, tras décadas de mala gestión, solo ha podido ofrecer 314 pisos públicos.