Memoria histórica
Miguel Riaño: “‘Ciudad de la Selva’ é a historia de xente moi valente que deixaron soa na súa loita”

Miguel Riaño dirixe Ciudad de la selva, un documental en proceso de produción que fala dun lugar oculto nas montañas, onde vivía e loitaba a guerrilla durante a guerra civil. 


Miguel Riaño
Miguel Riaño, director de ‘Ciudad de la Selva’.
5 ene 2021 12:00

Ciudad de la Selva é un documental en proceso de produción —e que se espera que se estree en 2022— dirixido por Miguel Riaño, xunto co equipo de Metrópolis.coop, e centrado precisamente na coñecida como ‘Ciudad de la Selva’, un lugar oculto nas montañas ao redor da aldea de Casaio (Ourense).  “Durante a guerra civil e a posguerra, diferentes persoas do mundo da cultura, así como de diferentes organizacións políticas ou sindicalistas, están fuxindo da represión”, explica Miguel Riaño. “Unhas delas chegan aos montes de Casaio e fundan esta cidade. Co tempo, os refuxiados acaban mudando en guerrilleiros que subsisten e loitan contra a garda civil, esperando a axuda de Europa”.


A idea deste documental nace duns achados arqueolóxicos da man de ‘Sputnik Labrego’.
Si, dunhas escavacións que comezan máis ou menos no ano 2017. Eu coñezo desde hai moitos anos a Carlos Tejerizo, director do proxecto arqueolóxico de Sputnik Labrego. Un día comentoume que levaban moito tempo traballando nestas escavacións e pensaban que era unha historia moi potente, pero querían que alguén máis a mirara. Entón analicei a situación e chegamos á conclusión de que non só era un historia moi poderosa, senón que era necesaria en termos de memoria. E supón unha revolución moi importante a nivel historiográfico, porque agora mesmo é o lugar de Europa occidental con máis xacementos de guerrilla. Ademais que desmitifica moito a posición da guerrilla —que moita xente confunde con maquis—.


En que sentido a desmitifica?
A xente pensa que a guerrilla estaba formada por xente moi esquiva e botada a perder. Porén, alí as arqueólogas e arqueólogos atoparon obxectos como cremas da marca Mielina, cortadores de unllas, penicilina, municións mexicanas, checas, de mauser, revólveres... É dicir, cousas que nos din que a capacidade que tiña a guerrilla en termos loxísticos era brutal. E que a maiores era xente que tiña a súa hixiene e se preocupaba polo seu coidado persoal.

Por exemplo, a penicilina non era nada doada de atopar nestes anos a nivel comercial, só a podías atopar a nivel xeral en sitios como Madrid ou Barcelona. Entón, como unhas persoas no medio do monte podían tela? Isto evidencia que a súa loxística era asombrosa. Por iso digo que en termos científicos e historiográficos é absolutamente revolucionario o que atoparon alí.

A penicilina non era nada doada de atopar nestes anos a nivel comercial, Entón, como unhas persoas no medio do monte podían tela? Isto evidencia que a súa loxística era asombrosa.

Canta xente e que tipo de persoas son as que vivían nese lugar?
Podemos asegurar que máis ou menos había en torno a cincuenta edificacións rudimentarias de pastoreo —que chamamos ‘chozos’— onde vivía a guerrilla, e que máis ou menos había en torno a 200 persoas vivindo de media alí. Porén, cóntase que foron varios centos, ou incluso milleiros, as que nalgún momento pasaron por ela. Era un punto estratéxico para a guerrilla, e polo tanto tamén para axudar aos refuxiados derivados da guerra civil e aos represaliados da ditadura. De feito hai moitas historias que falan da Ciudad de la Selva. Por exemplo, dise que era o único sitio onde ondeaba a bandeira republicana durante a ditadura, e moitos guerrilleiros, como Quico, ou Camilo de Dios —o último guerrilleiro vivo de Galiza que faleceu hai un ano— pasaron por aquí ou falaron do lugar, porque o coñecían.

En canto ao tipo de persoas, maioritariamente estaba formada por fuxidos do ámbito das cidades. O bando sublevado o primeiro que toma son as grandes cidades e vilas —porque desde alí existe certa infraestrutura e comunicacións a nivel de víveres e tráfico de persoas—, polo que a xente desas zonas son as que primeiro intentan fuxir. Como digo, viñan de organizacións xa constituídas, sindicatos.... E hai que ter en conta que a súa pretensión inicial non era defender o territorio, senón a vida. Queren evitar o seu asasinato. Mais, cando se atopan entre a espada e a parede deciden dar este paso proactivo e valente de loita contra o franquismo.


Canto tempo estiveron vivindo nesta cidade?
Pensamos que os fuxidos están alí desde os últimos momentos da Guerra Civil, nos anos 38-39. Ao principio teñen un papel pasivo, reactivo en canto ás agresións que recibían da garda civil e de diferentes colectivos como os falanxistas. Poren, no ano 41 fundan alí a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Nese momento o lugar constitúese como Ciudad de la Selva, e o termo acúñano eles mesmos na acta desta fundación. Por esta razón poñemos o nome en castelán, porque todos os conceptos que usamos neste documental son os que sabemos que se utilizaron de xeito canónico nesta acta. Ao tempo, no momento desta fundación, os fuxidos reconvértense en guerrilla, e aguantarán ata o ano 46.


Chamáronlle ‘Ciudad de la Selva’ porque era un sitio recóndito no medio do bosque?
Intuímos que si, porque era un sitio moi salvaxe e ao que era moi difícil acceder. Ademais é un lugar súper basto, hai tranquilamente 15 ou 20 km de monte totalmente en liña dende os primeiros chozos ata os derradeiros.

Sen querer desvelar a película, a garda civil non atacaba o complexo porque era un lugar inhóspito —algo que tamén queremos deixar moi claro na gravación—.  Nós para gravar algunhas das escenas, tivemos que camiñar unhas tres horas, e iso facendo o 75% do traxecto en coche. Polo tanto, para os guerrilleiros, podemos estar a falar de catro ou de 5 horas para chegar dende Casaio, foi unha resistencia moi dura. Era un lugar tan inhóspito que a garda civil, que non coñecía a zona, directamente non entraba, a pesar de que sabían que os fuxidos estaban alí. Facían algunha prospección, intentaban entrar a través de certo espionaxe —disfrazándose de fuxidos ou guerrilleiros, por exemplo— pero non o conseguían.

Pensamos que os fuxidos están alí desde os últimos momentos da Guerra Civil, nos anos 38-39. Ao principio teñen un papel pasivo, reactivo en canto ás agresións que recibían da garda civil e de diferentes colectivos como os falanxistas. Poren, no ano 41 reconvértense en guerrilla.

E como sobrevivían as guerrilleiras e guerrilleiros nun lugar de tan difícil acceso?
A través dunha rede de contrabando. Iso era o máis importante. Esta xente vivía no monte, mais tiñan un grupo de persoas no seu entorno, que vivían tamén da guerrilla e formaban parte dela, pero que tiñan outro papel, non o da loita con armas. Eran as encargadas de conseguirlles absolutamente todo. Como sabes, dise que o maior xacemento de volframio do mundo está na Ría de Vigo, e a rede que había en torno ao volframio, e en torno ao contrabando, entre as diferentes rías galegas, e entre Portugal, etcétera, era moi forte. A guerrilla participaba diso. Se ves precisamente no mapa, onde está Pena Trevinca é un punto perfecto de paso entre Galiza, Asturies, O bierzo, Portugal... Realmente é moi complexo, é un sitio e escarpado e difícil, pero onde podes conectar perfectamente grupos que veñen de diferentes sitios. De feito, a guerrilla estaba composta principalmente por galegos e asturianos.

É bastante interesante, se me permites, a cuestión do entorno da guerrilla. O incipiente franquismo e o bando sublevado durante a guerra, desprazaron economicamente a moitísimas persoas que, ao marxe da súa condición politica, acabaron botándose ao contrabando para sobrevivir. Polo tanto, pódese dicir que foi xusto a represión a que levou á aparición da rede de contrabando que favorecía á guerrilla. Aínda que tamén foi a súa máxima debilidade, porque era moitísima xente a que tiña relación con ela.


Excavaciones casaio
O equipo de 'Sputnik Labrego' escavando en Casaio | Cedida.

Mencionades no documental precisamente a mina de volframio.
Si. Nós estrevistamos ao derradeiro garda da mina, José Barrio. A mina chegou a funcionar ata os anos setenta. Foi inicialmente dunha empresa belga, e logo pasou a mans do Estado que a cedeu á Alemaña nazi —a extracción estaba dirixida por un grupo de enxeñeiros alemáns— e, de feito, durante a ditadura conseguían a extracción a través de traballo escravo; dun penal onde se di que houbo entorno a 5.000 persoas que pasaron por alí en total. A mina de volframio de Valborraz era practicamente un universo per se por todo o que se movía ao seu arredor.

O volframio foi determinante para mellorar os armazóns dos tanques e proxectís alemáns, polo que a Alemaña nazi estaba moi interesada nel. Inicialmente, todo o proxecto da Ciudad de la selva a nivel arqueolóxico partíu dos intereses do desenvolvemento técnico nas zonas rurais vencellado co Estado. É dicir, como o Estado se preocupa de certas zonas do rural cando interesa. E claro, nós sabemos que unha das primeiras zonas en ter tendido eléctrico na provincia de ourense practicamente foi a mina de Valborraz, pola necesidade de extracción do volframio. Isto todo implicou un enorme desenvolvemento para a zona. Ao tempo, estaba o que digo do tema do contrabando relacionado coa mina, como a guerrilla intercambiaba materiais cos reos e como incluso algúns se incorporaron como guerrilleiros. Con todo, o tema da mina é tan inmenso que tivemos que acurtalo moito, porque daría para unha serie propia.

Pódese dicir que foi xusto a represión a que levou á aparición da rede de contrabando que favorecía á guerrilla.

Foi por todo isto que a garda civil non parou ata acabar co lugar a pesar do difícil acceso?
Realmente a guerrilla da Ciudad de la selva facía moito dano á garda civil. A xente da guerrilla lanzábase ás aldeas desde as montañas e atacaba os postos da garda civil, roubaba a X persoa ou intercambiaba materiais con quen fose. Despois volvían ao monte. Entón a garda civil non podía deixar que actuasen.

Mais, como non podían entrar directamente, creo que a desaparición da guerrilla está máis vinculada coa idea de facer unha presión moi forte no entorno de colaboradores da guerrilla, no contrabando, ata que conseguiron que cantaran e lles deran certos datos para saber onde e como atacar. Porque, por poñer unte un exemplo, alí recoñécense os sitios por referencias paisaxísticas. Ti chegas a un alto e sabes que mirando á árbore máis alta alí vas atopar un chozo. Pero se ti non sabes que tes que mirar á arbore máis alta non o vas atopar porque está totalmente fusionado co entorno. Outro exemplo, había un grupo de chozos baixo unha fervenza, para evitar que se escoitara actividade humana grazas ao son da auga. Para chegar ata alí, alguén che tiña que dicir que tiñas que seguir o río, senón nunca o atoparías.

É dicir, sen estas indicacións era imposible que atoparas os asentamentos, e podías perderte e morrer de frío ou de fame buscándoos.


Polo que dis, a algunhas persoas cústalles volver sacar este tema, levanta feridas?
Si, hai xente que aínda ten medo. Hai que ter en conta que na zona de Casaio chegou a haber tiroteos na rúa e a garda civil fixo moito dano, ameazando a moita xente porque cría que colaboraba coa guerrilla.

Tamén, tras a destrución da Ciudad de la Selva xa ben entrada a ditadura, houbo un proceso de desmemoria por parte do franquismo, de asegurar que iso nunca existira e de que os guerrilleiros practicamente eran o demo. Moitas das persoas coas que nós falamos eran crianzas cando isto aconteceu —como Fermín que sae no tráiler—. Pequenos pastores que levaban ovellas ao monte e que pensaban que a guerrilla era case como un monstro. E claro, manteñen ese medo infantil, aínda que, de quen tiñan medo realmente, era da garda civil.

Tras a destrución da ‘Ciudad de la Selva’ xa ben entrada a ditadura, houbo un proceso de desmemoria por parte do franquismo, de asegurar que iso nunca existira e de que os guerrilleiros practicamente eran o demo.

Que acontece en 1946?
Ata que a guardia civil non ataca esa periferia da guerrilla, a súa gran rede, non conseguen ter suficientes datos como para atacar a Ciudad de la selva, pero cando o logran e a atopan acaban queimándoa.


E foron asasinados esperando unha axuda que nunca chegou.
Exacto. Había moitas organizacións anarquistas, socialistas, comunistas... que tiñan a idea de que tras o fin da segunda guerra mundial os aliados ían chegar a liberar España. De feito, compañías como a 9 en París foron a vangarda da loita antifascista en Europa. E está xente estaba alí, no monte, esperando que rematase a guerra mundial e os axudasen.

E a guerra rematou, mais non houbo ningún tipo de intención de quitar a Franco do medio. Así que quedaron totalmente desvalidos, sen ningún tipo de implicación por parte dos aliados durante a guerra —Francia decidiu non participar e Gran Bretaña incluso sancionaba a brigadistas internacionais que viñan ata aquí—, e despois dela. Por iso creo que unha historia de xente que foi tremendamente valente pero á que á vez deixaron soa na súa loita. No seu contexto si que tiveron apoios, porque os traballaron, mais é unha historia de resistencia moi triste.


E moi necesario que se conte, non?
Si. Eu creo que ademais hai que ter presente —desde a miña perspectiva, que eu me considero antifascista—, que as derrotas de certas persoas nun momento concreto tamén teñen que servir un pouco para entender os problemas que acontecen agora, non? O seu exemplo de loita creo que é algo que temos que ter en conta agora mesmo, porque non porque eles perdesen a batalla a temos que esquecer. Agora vivimos un momento no que creo que esta memoria antifascista é absolutamente fundamental.

O seu exemplo de loita creo que é algo que temos que ter en conta agora mesmo, porque non porque eles perderan a batalla a temos que esquecer. Agora vivimos un momento no que creo que esta memoria antifascista é absolutamente fundamental.

Estades facendo un crowdfunding para poder sacar adiante este proxecto, certo?
Si, para poder rematar o documental, estamos facendo un crowdfunding que remata a finais de marzo, —porén a primeira parte da campaña pecha o vindeiro 30 de xaneiro—. A idea é facer ademais dentro do documental unha animación na que imos recrear a historia destes guerrilleiros e guerrilleiras.  Despois, con isto queremos promover tamén que se explote esta zona dun xeito responsable. A comunidade de montes de Casaio está facendo un esforzo enorme por recuperar o monte, facer un museo, rutas de sendeirismo... cousas estupendas que teñen que ver coa natureza, a cultura, a memoria e o patrimonio.

Pero, sobre todo, esta é a última fronte de batalla da guerra civil. É unha historia moi descoñecida, polo que paga a pena que a xente mire aínda que sexa só a campaña e que divulgue o que se está a traballar a nivel científico por parte da xente de Sputnik Labrego. E se poden partillar e aportar, fantástico, porque este é un proxecto que estamos a facer desde abaixo e necesitamos todo o apoio posible.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Memoria histórica
Holocausto Conmemoración del 80º aniversario de la liberación de Auschwitz en Berlín
La conmemoración del 80º aniversario de la liberación de Auschwitz en Berlín ha quedado empañada por la complicidad de Alemania en el genocidio en Palestina
Cine
Cine ‘La ciudad es nuestra’, la película sobre las primeras asociaciones vecinales de Madrid, cumple medio siglo
‘La ciudad es nuestra’, de Tino Calabuig y Miguel Ángel Cóndor, continúa igual de vigente que cuando se filmó, convirtiéndose en una película de imprescindible visionado, tanto por su valor documental histórico como por el ejemplo que presenta.
Literatura
Antonio Orihuela “En España existía un sujeto femenino radical y de cambio antes del movimiento sufragista”
A propósito de la publicación de su ensayo “Las sin amo”, repasamos con Antonio Orihuela la historia silenciada de unas escritoras de los años treinta comprometidas contra la lógica burguesa, el Estado, el capitalismo y la explotación.
Hidrógeno
Descarbonización Los planes de expansión del hidrógeno en Europa chocan con la falta de energía verde para producirlo
La escasez de hidrógeno producido con renovables y el exiguo desarrollo del aluvión de proyectos anunciados ponen en entredicho la estrategia de descarbonización en Europa, según un informe de Global Energy Monitor.
Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
La Unidad de Acción de Madrid convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Ayuntamiento de Madrid
Convenio colectivo Las cuidadoras ganan a Almeida: Madrid anuncia nuevos pliegos con la subida salarial pactada
Las trabajadoras de cuidados seguirán en huelga dado que “no hay nada tangible”. El anuncio afectaría a 12.000 personas empleadas por el Ayuntamiento, pero no a las 2.000 trabajadoras más convocadas a la huelga que trabajan para la Comunidad.

Últimas

Cine
El Salto recomienda Diez películas y series en Filmin para acercarse a la diversidad de Andalucía
Una selección realizada por la periodista de El Salto Aurora Báez Boza sobre las mejores películas y series para descubrir las diversidades que habitan dentro de Andalucía
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.
Opinión
Opinión No es Poder Popular todo lo que reluce
VV.AA.
No hay alternativa capaz de cambiar este sistema que no hable claramente de socialismo y de clase trabajadora
Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Más noticias
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Cultura y resistencia desde América del sur
Cuatro historias sonoras de experiencias creativas y comunitarias en algunas ciudades de Perú, Argentina y Paraguay

Recomendadas

Dana
Tres meses de la dana “Aquí no llovió casi nada”
VV.AA.
Un vecino de Benetússer explica cómo la riada arrasó y cambió para siempre las vidas de miles de personas.
Crímenes del franquismo
Isabel Alonso Dávila “El franquismo fue una máquina de fabricar miedo y dolor hasta el final”
Detenida en Granada en 1974 y 1975 por su vinculación con el movimiento estudiantil antifascista de la época ha presentado la primera querella en Andalucía por Crímenes contra la Humanidad en la dictadura franquista
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
Redes sociales
Nuevas normas Meta abraza el discurso de odio y desafía la normativa anti discriminación
La plataforma de Mark Zuckerberg anunció cambios en sus normas: cuando empiecen a aplicarse, los comentarios misóginos y LGTBIAQ+fobos no violarán su política, pero existen herramientas para denunciar el discurso de odio.