Memoria histórica
Cultura, exilio e loita das bibliotecarias galegas na Segunda República: a vida de María de los Ángeles Tobío

Durante os primeiros anos trinta, as bibliotecas tornaron en espazos de traballo ideais para un modelo de muller que aspiraba ser independente e que manifestara un claro compromiso político. A Guerra Civil remataría con todas as súas aspiracións.
M de los Ángeles Tobío retrato mix
Retrato de Mª de los Ángeles Tobío. Fonte: Museo do Pobo Galego.
22 feb 2025 05:30

Houbo un tempo no que as bibliotecas non eran só espazos para almacenar e consultar libros, senón o soño dun proxecto político e cultural. Tamén dun proxecto de muller, o das modernas, como as denominou a hispanista Shirley Mangini, e que noutras latitudes chamaron flappers ou garçons: intelectuais, profesionais e comprometidas cun proxecto, o da Segunda República, que fixo da cultura alicerce fundamental do seu ideario político.

Memoria histórica
Memoria histórica Así foi como o Patronato de Protección a la Mujer transformou Galiza nun convento de clausura
As mulleres que caeron nas redes do Patronato iniciaron un periplo de encerro, humillacións, abusos e explotación laboral que é descoñecido para a maior parte da poboación. Fica hoxe na impunidade dun silencio que temos a obriga de romper.

Situámonos nunha Galiza, a de inicios do século XX, que recoñera cunha Real Orde o acceso das mulleres á universidade en 1910 e na que as demandas colectivas femininas estaban cada vez máis organizadas. A evolución do Partido Galeguista foi a principal mostra da progresiva politización das galegas durante a Segunda República: na súa III Asemblea, celebrada en Ourense en xaneiro de 1934, participaron por primeira vez as integrantes do Grupo Feminino do partido na cidade, e nel fóronse inserindo progresivamente mestras, modistas, empregadas, labregas e algunha médica e propietaria. Foron tamén os anos das Irmandades da Fala, cuxa pegada feminina Aurora Marco visibilizaría coa publicación en 2020 do seu ensaio Irmandiñas.

M de los Ángeles Tobío retrato
Retrato de Mª de los Ángeles Tobío. Fonte: Museo do Pobo Galego.

A liberdade nun libro

As bibliotecas foron un deses espazos pioneiros para a entrada de novas profesionais: a creación en 1932 do Cuerpo de Auxiliares de Archivos, Bibliotecas y Museos abriu a vía para unha comprensión da profesión  máis práctica. Combinouse con outras iniciativas oficiais, como a Junta de Intercambio y Adquisición de Libros para Bibliotecas Públicas. Por primeira vez, vaise desenvolver unha política bibliotecaria con obxectivos claros e aspiracións globalizadoras, con recursos e continuidade no tempo, un orzamento ambicioso e un incremento notable dos fondos bibliográficos. Tratábase de que as bibliotecas se asociasen coa democracia e coas posibilidades que o novo Estado republicano ofrecía a toda a súa pobación para instruirse e, en última instancia, identificarse co réxime que lle ofrecía tales posibilidades, tal e como Ana Martínez Rus analizou no seu ensaio La política del libro durante la II República.

María de los Ángeles Tobío viu nesas bibliotecas un espazo idóneo para experimentar coas novas posibilidades profesionais que se lles abrían a mozas coma ela, procedentes da clase media dunha pequena cidade do noroeste peninsular. Uns anos antes abriran o camiño, como funcionarias do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos dous nomes femininos claves: María Moliner, autora do famoso dicionario, que aprobou a oposición en 1922, e un ano despois, Juana Capdeville, quen traballaría na Universidad Central de Madrid e terminaría sendo asasinada ao inicio da guerra.

M de los Ángeles Tobío
Discurso no Instituto Ruíz de Alarcón ao que asiste Mª de los Ángeles Tobío (sentada, a primeira á dereita da mesa). Fonte: Arquivo do Museo do Pobo Galego

María de los Ángeles Tobío nace en 1908 en Viveiro, pero con só oito anos pasa a instalarse en Santiago, tal e como recolleu Ana Celia Rodríguez Buján na ficha que dela elaborou para o Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega. A súa familia tiña una estreita relación co vizoso ambiente cultural galego da época, pois o seu pai, Luis Tobío y Campos, era poeta (curmá da gran Rosalía de Castro), etnógrafo e profesor da Escola de Maxisterio, mentres que o seu irmá maior, Luís, foi un dos promotores da creación do Seminario de Estudos Galegos e membro do equipo redactor do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936.

María Luisa cursou a carreira de Filosofía e Letras e no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela consérvase o seu expediente (Caixa/Legaxo 1454, Expediente número 6, anos 1926-1936), que permite dilucidar que foi unha estudante excelente, pois cando en 1930 obtivo o seu título, fíxoo obtendo cualificacións de sobresaínte e matrícula de honra na maior parte das materias.

En 1931 trasládase a Madrid e compaxina o seu traballo no Centro de Estudios Históricos coa preparación das oposición ao corpo de Auxiliares  de Archivos, Bibliotecas e Museos. Aprobada a oposición, ocupa destino en Ourense, se ben por circunstancias familiares debe viaxar a Madrid, onde se ve atrapada tralo golpe de Estado. Nese momento, entra a formar parte da Comisión Xestora do corpo facultativo dende a Biblioteca Nacional e, amosando o seu compromiso coa política bibliotecaria da Segunda República, comeza a colaborar en tarefas de conservación e custodia dos fondos incautados ás persoas e colectivos afíns aos rebeldes. En 1937, con Madrid sometida a bombardeos incesantes e o desexo de protexer á súa familia, trasládase a Valencia, onde continúa o seu labor de protección e conservación de fondos da man de Tomás Navarro Tomás, director da Biblioteca Nacional dende 1936.

En Anacos da vida dunha muller galega ela mesma relataría a súa complicada fuxida no inverno de 1939, coa derrota republicana xa moi próxima no horizonte. Para entón xa causara baixa no escalafón de auxiliares co eufemismo “abandono de destino” escrito no seu expediente. Francia non sería, con todo, o último destino da azarosa travesía da familia: finalmente, toman o camiño do exilio mexicano, onde María Luisa seguiría colaborando activamente a prol da cultura republicana, implicándose na posta en marcha, no mesmo 1939, dun centro fundado polos exiliados, o Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón, no que se responsabilizaría da dirección da denominada “Escuela de Señoritas”.

Un soño que se converteu en pesadelo

O seu regreso a España non se produciría ata o ano 1948. Nese momento solicita o seu reingreso no corpo de auxiliares, tras ser dada de baixa en 1939, mais a maquinaria sancionadora do franquismo non perdoou a súa colaboración co goberno anterior: será readmitida pero degradada e inhabilitada para a ocupación de cargos directivos. Así, desempeña labores no Arquivo Xeral de Galicia da Coruña e retorna a Santiago para traballar na biblioteca da súa universidade e o Instituto Arcebispo Xelmírez, pero sen chegar a desenvolver, debido ao seu pasado, cargos de responsabilidade nestes centros. Para unha muller á que, segundo as súas propias palabras, lle encantaba “axudar aos que quixeran ler”, tivo que ser sen dúbida moi complicado ver como a activa política bibliotecaria republicana quedaba definitivamente no esquecemento. Finalmente, falecería en Vitoria no ano 2004, con case cen intensos anos vividos.

O proxecto bibliotecario republicano no que ela e tantas outras mulleres traballaran esfarelouse por completo tralo fin da guerra: xa en marzo de 1940 a Sección Femenina dotarase dun Departamento Central de Bibliotecas y Conferencias, entendido como un mero instrumento ao servizo do adoutrinamento, centrándose no fomento da lectura relixiosa, de textos históricos e do propio Movimiento.

As primeiras décadas do século XX foran para María de los Ángeles Tobío e tantas outras mulleres galegas o territorio do posible: un intre histórico no que crear traxectorias profesionais e persoais que as súas nais e avoas non puideran sequera entrever. A finalización da II República e fonda ferida da guerra foron para elas moito máis que un peche de etapa: supuxeron a desaparición dos seus soños e aspiracións. Uns soños que nunca máis se volverían recuperar, e o inicio dun pesadelo no que esas bibliotecarias modernas non tiñan asignado ningún papel protagonista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Galicia
Galicia Faro de Vigo despide a su trabajador número 20 en una década mientras firma beneficios de 2,5 millones
El comité de empresa y el Colexio de Xornalistas reprueban la decisión de la empresa del grupo catalán Prensa Ibérica y convocan una protesta semanal en las redacciones del periódico por toda Galicia.
Más noticias
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.