Juventud
Medrar cara a precariedade sistemática

A vulneración de dereitos fundamentais, o estigma social e unha pronta e obrigada inserción ao mercado laboral son algúns dos factores que expoñen á mocidade tutelada e ex-tutelada á exclusión social arredor de todo o Estado.
Menores en Melilla
.
28 ago 2021 10:17

O sistema de tutela é a institución xurídica de competencia autonómica encargada de protexer á poboación menor de idade que viviu unha situación de desprotección ou desamparo no seu contexto familiar durante a súa infancia ou adolescencia. Como medida de protección, a tutela das menores pasa xuridicamente á administración pública.

Segundo os datos das organizacións non gobernamentais Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes) e Punt de Referència de Cataluña, encargadas de traballar coa mocidade tutelada e ex-tutelada, as circunstancias que levan ás menores de idade a unha situación de desprotección son diversas e inclúen temas de abuso, maltrato, abandono ou falta de recursos, entre outros. Mais tamén pode ser ocasionada por ser nenas, nenos ou adolescentes que migraran sen compañía dos seus familiares. O sistema de protección de tutela é o dereito que teñen todas as persoas menores de idade de seren coidadas pola administración.

Unha vez en marcha o sistema de tutela, a prioridade é re-ubicar ás menores nun contexto seguro. “O que se busca é que ese neno, esa nena, poida seguir vivindo nun contexto familiar. Se pode ser cun familiar biolóxico, mellor. Se non pode ser porque esa figura non está ou non é recomendable, pois a segunda prioridade sería unha familia non biolóxica, o que chamaríamos unha familia de acollemento. O que pasa é que non hai tantas familias como rapaces dentro do sistema. Polo tanto, hai unha terceira solución que son os centros de protección de menores”, comenta Pedro Solla, director de comunicación da organización Igaxes.

“As menores tuteladas emancípanse dez anos antes da media do resto da mocidade no territorio español”

Nestes centros de protección, as menores viven con outras persoas na mesma situación e están acompañadas por profesionais de educación, asistencia social e psicoloxía. Cando a mocidade se achega á maioría de idade, comeza a fase de saída do sistema de protección. O ano pasado, a organización non gobernamental internacional e sen fins de lucro especializada no coidado de nenas e nenos, Aldeas Infantiles SOS, cifrou en 4.835 a mocidade tutelada que cumpriu a maioría de idade en todo o territorio do Estado español durante o ano 2020. Deles, 833 procederon da modalidade de acollemento familiar e 4.002 da modalidades de acollemento residencial.

Dependendo da lexislación de cada comunidade autónoma, o dereito de protección finaliza cumpridos os 18 anos salvo que haxa algún tipo de protección complementaria que poida colaborar no paso da mocidade, agora ex-tutelada, á autonomía económica. Cataluña foi a primeira administración do Estado que ofreceu recursos para acompañar no camiño cara a independencia. Un deles foi crear a área de apoio á mocidade tutelada e ex-tutelada, que cobre a transición desde os 18 anos até os 21. Esta área ofrece prestación económica temporal, a posibilidade de acceder a pisos asistidos e servizos de orientación xurídica e de orientación laboral. Na Galiza, este instrumento complementario de protección está xestionada pola organización Igaxes a través do seu Programa Mentor.

Con todo, para Rita Grané, directora da organización Punt de Refèrencia, a pesar dos programas de extensión temporal da tutela, saír do sistema e alcanzar a independencia económica continúa a representar un problema que, polo contexto legal e socio-económico do Estado español, vulnera ás persoas ex-tuteladas e os expón de xeito sistemático á unha situación de exclusión social.

Autonomía forzada, oportunidades rachadas

Segundo os datos de Igaxes, a idade media en que as menores tuteladas saen das vivendas asistidas está en torno aos 19 anos, dez anos antes da media de emancipación da mocidade no territorio español. Esta pronta emancipación dificulta a autonomía das persoas ex-tuteladas desde varios frontes, mais, o factor común que lles diferencia do resto da mocidade é a falta dunha rede de apoio. “Temos que ter en conta que estamos a falar de persoas que, precisamente, pola vida que lles tocou vivir, non teñen un respaldo familiar. Basicamente, non teñen un plan B. Mentres estean baixo o amparo do sistema de protección, teñen todas as súas necesidades atendidas, teñen unha vivenda, unha manutención... Mais cando saen, non teñen unha vivenda familiar á que volver. Ademais de que é que frecuente que o numero de persoas ás que poden acudir en caso de necesidade está moi limitado”, engade Solla.

“Só 1% da mocidade ex- tutelada chega á universidade”

Esta carencia de rede de apoio faise patente ao momento que cumpren os 18 anos e deben afrontar, de súpeto, gastos de vivenda e manutención, especialmente nun mercado de traballo que, pola idade e situación de vida, lles ofrece contratos precarios e temporais que non proporcionan a suficiente estabilidade.

Baixo estas circunstancias, o ámbito educativo fica relegado. O director de comunicación de Igaxes afirma que, só pola ausencia familiar, o risco de abandono escolar prematuro multiplícase por seis e só 1% da mocidade ex- tutelada chega á universidade. A baixa cualificación profesional do 99% restante, tradúcese en traballos máis precarios que non lles permiten saír do risco de exclusión social. Un informe presentado pola organización galega antes mencionada o pasado mes de maio sinalaba que, a partir da crise sanitaria, só o 8,5% da mocidade ex-tutelada estaba a traballar, mentres que outro 10,8% estaba en ERTE. Ademais, o feito de que as normas do Ingreso Mínimo Vital publicadas no Boletín Oficial do Estado estipulen que a idade mínima para poder acceder ás prestacións sexan os 23 anos, exclúe a gran parte da mocidade ex-tutelada e sen algún tipo de apoio familiar.

Alén disto, o descoñecemento e a falta de sensibilización social respecto ao tema, tradúcese nunha serie de estereotipos que afectan a este segmento da mocidade e obstaculizan aínda máis un alcance de autonomía en condicións de igualdade respecto ao resto da mocidade. “Os centros de menores están asociados cunha idea de conflitividade e, polo tanto, pénsase que quen vive neles, non son persoas de fiar e que están alí porque fixeron algo malo. A realidade dos e das menores en protección é moi descoñecida a nivel social. A partir de alí aparece a desconfianza, a sospeita”, explica Pedro Solla logo de mencionar o xeito en que, só polo feito de vivir nun piso asistido, é máis complicado atopar un traballo e conseguir contratos de aluguer. Neste último caso, tanto pola desconfianza xerada polos estereotipos como pola falta de aval.

Sen redes de apoio, sen os medios materiais para continuar os estudos de especialidade, coa carencia de axudas sociais e cos estereotipos na súa contra, a independencia económica a que está obrigada a mocidade extutelada faise baixo o signo da precariedade.

A vulneración de dereitos da mocidade migrante

As menores de idade estranxeiras que chegan ao Estado español sen a compañía dun familiar tamén teñen o dereito de ser protexidas polo Estado, polo que entran no mesmo sistema de tutela que a mocidade española. Porén, enfrontanse aínda a máis dificultades para poder integrarse á sociedade do mellor xeito posible.

“Ao caso das menores que migran sen estaren acompañadas súmase ter que aprender a lingua, coñecer a cultura, adaptarse a ela e non ter aquela rede de persoas coñecidas que, en moitos casos, facilítannos a vida. Logo tamén está o tema da formación. Dependendo de cal sexa a situación da orixe, pode ser que haxa mozos ou mozas en situación de analfabetismo ou con niveis de estudio moi baixos. Ao final, as dificultades amplíanse, son maiores”, expón Grané.

Mais o maior obstáculo no momento de emanciparse atópano no campo lexislativo. Solla explica que “a súa condición de estranxeiros aínda lles pon unha situación de maior dificultade a efectos legais. Mentres sexan menores, teñen permiso de residencia e de traballo desde os 16 anos. Mais o marco legal establece que, no momento en que son maiores de idade, teñen que ter un traballo para poder renovar os seus permisos. Deben atopar un contrato de traballo de un ano a xornada completa. E, nas circunstancias socioeconómicas nas que estamos agora mesmo... non é doado”. 

“Calquera moza ou mozo estranxeiro que pase polo sistema de protección de menores debería saír coa documentación completa para ter a posibilidade de facer o proceso de emancipación desexado” - Rita Grané

Esta obriga de atopar un traballo nas condicións descritas, para Rita Grané, é unha situación de vulneración de dereitos, porque emigrar é un dereito universal básico. Entón é unha situación de vulneración dos dereitos humanos e unha situación de enorme desigualdade tamén. Hoxe é case imposible que unha persoa de 18 anos reciba  unha oferta de traballo e, polo tanto, xa e unha enorme discriminación. Logo, tamén pola necesidade de ter unha oferta tan inmediata a esa idade, limítase mais as posibilidades de formación, o que lles permitiría conseguir un traballo en mellores condicións”.

Mais estas exixencias non toman en consideración a realidade laboral á que se enfronta a mocidade en xeral. Segundo o últimos informe da ONG Jóvenes e Inclusión, o cal naceu co obxectivo de medir a incidencia da educación na exclusión social da mocidade, no 2020 a pequena porcentaxe de persoas menores de idade que conseguiu un contrato de traballo se desplomou un 9.5%. Ademais, este mesmo informe mostrou que a duración media dos contratos que asina a mocidade non é cercana ao ano, senón de só de dous meses e 25 dias.

Deste xeito, a protección que as menores migrantes sen compañía teñen asegurada en canto chegan ao territorio español pérdese en canto teñen 18 anos sen posibilidade de prórroga e o seu permiso de residencia está supeditado unicamente a un contrato de traballo.

Propostas para o fin do ciclo de exclusión social

Ademais de políticas de visibilización e sensibilización da poboación xeral con respecto á mocidade tutelada e ex-tutelada, fan falta ferramentas legais para asegurar as súas necesidades e dereitos. De tal xeito que poidan vivir un proceso de autonomía en igualdade de condicións que o resto da poboación. Para Grané, o máis urxente é “mudar a Lei de Estranxeiría. Calquera moza ou mozo que pase polo sistema de protección de menores debería saír coa documentación completa para ter a posibilidade de facer o proceso de emancipación desexado. En segundo lugar, penso que habería que ampliar a idade límite para recibir apoio, para que a mocidade tutelada poida acceder a oportunidades laborais mentres completan a súa formación. Isto debería de estar garantido e non obrigarlles a atopar traballo o más rápido posible, pois iso só xera precarización”. 

“No modelo educativo que temos está salvagardada a igualdade de acceso, mais non a igualdade de oportunidades. Para que sexa equitativo, debe estar construído sobre a idea de compensar as desvantaxes”- Pedro Solla

Por outra banda, desde o ano 2018, Igaxes fixo unha proposta oficial diante do Instituto Galego de Vivenda de Solo. A intención é reservar vivenda pública para que a rapazada que sae do sistema de protección teña a posibilidade de acceder a unha vivenda gratuíta durante unha estadía de dous anos, con opción de prórroga, até que poidan xerar eses ingresos que lles permitan facer fronte a súa vida.

Finalmente, Pedro Solla engade que urxen mudanzas no ámbito da educación: “No modelo educativo que temos está salvagardada a igualdade de acceso, mais non a igualdade de oportunidades. Para que sexa equitativo, debe estar construído sobre a idea de compensar as desvantaxes. Ao final isto tradúcese na falta de oportunidades e no fracaso escolar. O alumnado máis desfavorecido é, na súa grande maioría, quen abandona a escola antes de tempo. Non hai datos oficiais, polo que é preciso que se comece a estudar a repercusión do nivel de renda nos resultados académicos. Polo tanto, no caso das persoas tuteladas, faltan programas específicos de apoio educativo que compensen esas desvantaxes que teñen de partida e que lles permitan afrontar a súa vida escolar en igualdade de condicións para unha igualdade de oportunidades.  Ademais de calquera tipo de política de incorporación laboral incentivada para que haxa máis oportunidades de emprego para as persoas de esa idade”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Alemania como Israel
Un análisis personal y colectivo sobre las próximas elecciones en Alemania, un país en proceso de militarización de creación del enemigo y en un momento de rearme armamentístico y hundimiento moral.
Policía
Fabien Jobard “La abolición de la policía no es ninguna utopía”
Este politólogo ha dedicado gran parte de sus estudios a investigar cómo funcionan las organizaciones policiales de Francia y Alemania. Ahora presenta algunas de sus conclusiones en forma de cómic.
Migración
Migración El Gobierno 'regulariza' solo un año a migrantes afectados por la dana
El Consejo de Ministros aprueba un permiso extraordinario de residencia y trabajo con el requisito de estar empadronado en las zonas afectadas desde antes de la tragedia.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?